DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Xoves, 20 de outubro de 2005 Páx. 16.993

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de maio de 2005, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo das industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo das industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense, (código de convenio 3200875), publicado no BOP número 68, do 24 de marzo de 2004), que tivo entrada nesta Delegación Provincial de Asuntos Sociais, Emprego e Relacións Laborais, con data do 27 de abril de 2005, pola que se acorda a revisión da táboa salarial para o ano 2005, subscrita con data do 19 de abril de 2005 pola comisión paritaria do convenio, en representación tanto da parte económica como da parte social, e, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia

de traballo.

Esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 2 de maio de 2005.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta da comisión paritaria do convenio colectivo das industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense

Sendo as 18.00 horas do día 19 de abril de 2005, reúnese na sede da Confederación Empresarial de

Ourense, sita na praza das Damas, nº1, a comisión paritaria do convenio colectivo das industrias vitivinícolas, alcoholeiras e sidreiras da provincia de Ourense, formada polas persoas que a continuación se relacionan.

Pola parte empresarial: pola Asociación de Embotelladores do Ribeiro: Antero Docampo, e pola Confederación de Empresarios de Ourense (CEO) Julio Ricarte. Asesora: María de Miguel Pérez.

Pola parte social: UGT: Carlos March.

Segundo o establecido no artigo 5 do referido convenio constitúese a comisión paritaria adoptando os seguintes acordos:

Proceder á actualización da táboa salarial para o 2005 nos termos establecidos no artigo 17 do referido convenio que establece que o incremento para o 2005 será o IPC real constatado o 31 de decembro de 2004 +0,75. Constatándose que o IPC real feito público polo INE foi do 3,2, actualízase a táboa salarial de 2004 no 3,95%, resultando as cantidades que a continuación se indican.

ANEXO I

Táboa salarial 2005

GruposCategoríasSalario base

TécnicosEncargado xeral788,93

Técnico titulado superior645,49

Técnico titulado medio609,61

Encargado de bodegas e fábricas588,11

Encargado de laboratorio588,11

Axudante de laboratorio569,81

Auxiliar de laboratorio551,35

AdministrativosEncargado de administración624,86

Xefe de administración588,11

Axudante administrativo569,81

Auxiliar administrativo551,35

ComerciaisEncargado de vendas624,86

Xefe de vendas588,11

Vixiante569,81

Auxiliar de vendas550,98

ObreirosEncargado sección ou cuadrilla/oficial 1ª624,86

Oficial 2ª/condutor con carné de 1ª588,11

Oficial 3ª/almaceneiro569,81

Peón/condutor repartidor551,35

SubalternosMozo523,2

Conserxe523,2

Subalterno523,2

Recadeiro523,2

Persoal de limpeza523,2

Sen máis asuntos que tratar levántase a sesión, cando son as 18.30 horas no lugar e día expresados na cabeceira.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA