DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 19 de outubro de 2005 Páx. 16.900

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

UNIVERSIDADE DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

RESOLUCIÓN do 28 de setembro de 2005 de delegación de sinatura da potestade certificante do secretario xeral no xefe da Unidade de Xestión Económica de I+D e no xefe da Unidade de Xestión da Produción Científica e Tecnolóxica.

Por Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 18 de agosto e do 17 de outubro), modificada pola Resolución do 18 de maio de 2004 (DOG do 1 de xuño), aprobouse a delegación de sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos. O punto sexto da dita resolución establece: «Delégase no director da Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT) o asinamento de certificacións relativas ao financiamento, ingresos e execución de gastos das actividades de investigación e desenvolvemento realizadas na USC, cando esa certificación teña que ser achegada como xustificantes ante entidades financiadoras das ditas actividades. Tamén se delega no mesmo órgano o asinamento de certificacións relativas aos datos que consten na documentación que se atopa nos arquivos da citada oficina. Estas certificacións irán visadas polo xefe da unidade administrativa que corresponda».

Producida unha situación de vacante no posto de director da Oficina de Investigación e Tecnoloxía (OIT), e tendo en conta o elevado número de cer

tificacións que se expiden e a urxencia destas, cómpre adaptar a delegación á nova situación.

Por todo o anterior, resolvo modificar a Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 18 de agosto e do 17 de outubro), modificada pola Resolución do 18 de maio de 2004 (DOG do 1 de xuño), sobre a delegación de sinatura da potestade certificante do secretario xeral en determinados órganos, do seguinte xeito:

Sexto.-No eido das competencias atribuídas na xestión da investigación universitaria:

a) Delégase no xefe da Unidade de Xestión Económica de I+D o asinamento de certificacións relativas ao financiamento, ingresos e execución de gastos das actividades de investigación e desenvolvemento realizadas na USC, cando esa certificación teña que ser achegada como xustificación ante entidades financiadoras das ditas actividades.

b) Delégase no xefe da Unidade de Xestión da Produción Científica e Tecnolóxica o asinamento de certificacións relativas aos datos que consten na documentación que se atopa nos arquivos da citada oficina.

Disposición derrogatoria

Esta resolución derroga parcialmente e nos termos indicados a Resolución do 14 de xullo de 2003 (DOG do 18 de agosto e do 17 de outubro) e a Resolución do 18 de maio de 2004 (DOG do 1 de xuño), polas que se aproban a delegación de sinatura da potestade

certificante do secretario xeral en determinados órganos, así como calquera outra que se opoña ao contido desta delegación de sinatura.

Disposición derradeira

Esta resolución terá eficacia o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2005.

Joaquín Rodríguez-Toubes Muñiz

Secretario xeral da Universidade de Santiago

de Compostela

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA