DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 19 de outubro de 2005 Páx. 16.899

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 6 de outubro de 2005 pola que se convoca un curso sobre documentación de condutores e vehículos estranxeiros.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, de creación do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso sobre documentación de condutores e vehículos estranxeiros, que se deberá desenvolver conforme as seguintes bases:

Obxectivos:

-Dotar os membros das forzas e corpos de seguridade dos coñecementos fundamentais en materia documental (formato, medidas de seguridade, validez, etc.), profundando nos relacionados coa condución e circulación de vehículos de motor e como complemento ás actividades relacionadas coa vixilancia do tráfico e o control policial.

Destinatarios:

O curso vai dirixido aos membros das forzas e corpos de seguridade.

Inscrición:

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas:

30 prazas.

Solicitudes:

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 27 de outubro de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares

previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas:

O curso realizarase os días 2, 3 e 4 de novembro das 9.30 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas, excepto o día 4, que será das 9.30 ás 13.30 horas.

Contido:

-Documentos.

-Permisos nacionais e internacionais de condución.

-Documentos de circulación. Propiedade de vehículos.

-Elementos de identificación de vehículos.

-Falsificacións. Cotexos documentos dubitados e indubitados.

Relación de admitidos:

A relación de admitidos farase pública o día 28 de outubro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando aos teléfonos 986 59 02 41, 59 02 43, 59 02 44.

Lugar:

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia:

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións:

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 6 de outubro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia