DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 19 de outubro de 2005 Páx. 16.880

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 21 de setembro de 2005 pola que se fixan as tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada polo Servizo Galego de Saúde e se actualizan os prezos dos concertos vixentes.

O Real decreto 1679/1990, do 28 de decembro, polo que se aproban as transferencias á Comunidade Autónoma de Galicia das funcións e servizos do Instituto Nacional da Saúde, establece como unha das súas funcións a actualización dos concertos coas entidades e institucións sanitarias ou asistenciais que presten servizo á comunidade autónoma.

A Lei 7/2003, do 9 de decembro, de ordenación sanitaria de Galicia, no seu artigo 21 establece que lle corresponde á Consellería de Sanidade aprobar os módulos económicos para a prestación de servizos propios, conveniados ou contratados do Servizo Galego de Saúde, así como a súa modificación.

En atención a isto, a contratación, no ámbito do Servizo Galego de Saúde (en diante Sergas), de servizos de asistencia, axustarase ás modalidades de prestación que se establezan e no xeito e condicións en que se determinen.

A Orde do 8 de outubro de 2002, publicada no DOG nº 205, do 23 de outubro, establecía as normas para a revisión das condicións económicas aplicables á prestación de asistencia sanitaria concertada polo Sergas, con efectos do 1 de xaneiro de 2002.

Non obstante, tendo en conta a evolución do índice de prezos do ano 2004, as previsións para o ano 2005 e as tendencias dos custos da asistencia sanitaria,

resulta necesaria a actualización para este exercicio das condicións económicas dos concertos actualmente vixentes.

En virtude de todo isto, por proposta da División de Recursos Económicos,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Tarifas máximas.

Esta orde ten por obxecto fixar as tarifas máximas aplicables á asistencia sanitaria concertada para o ano 2005 e a actualización dos prezos dos concertos vixentes para todos aqueles concertos que non teñan establecido no seu texto un sistema de actualización de prezos específico para este.

De conformidade co punto anterior as tarifas máximas e a actualización de prezos para o ano 2005 serán as que se especifican nos puntos seguintes:

1. Asistencia en réxime de hospitalización.

Tarifas máximas por día de hospitalización para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos e

niveis

Porcentaxe

aumento%

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

G. INI3,323,3516,83
NII3,329,6023,09
NIII3,335,1928,82

G. IINI3,330,7324,14
NII3,342,2535,71
NIII3,365,6359,36

G. IIINI3,337,1130,69
NII3,354,4648,26

Grupos e

niveis

Porcentaxe

aumento%

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

G. IVNIA3,363,6457,06
NIB3,348,8842,41
NII3,367,9761,57
NIII3,367,9761,57

G. VNI3,357,0451,11
NII3,363,4257,53
NIII3,386,3780,34

G. VINI3,351,5545,52
NII3,373,6467,82
NIII3,386,3280,50

G. VIINI3,3107,75101,82
NII3,3131,73125,88
NIII3,3166,50160,54

2. Asistencia ambulatoria.

2.1. Primeiras consultas, intervencións cirúrxicas menores e urxencias.

Tarifas máximas por prestación para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos e

niveis

Porcentaxe

aumento%

Tarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

G. INI3,320,2110,10
NII 3,320,2110,10
NIII3,320,2110,10

G. IINI3,320,2110,10
NII3,320,2110,10
NIII3,330,2510,77

G. IIINI3,320,2110,10
NII3,325,4610,77

G. IVNIA3,328,7614,81
NIB3,322,1014,81
NII3,331,2818,85
NIII3,331,0918,85

G. VNI3,326,8618,85
NII3,329,8518,85
NIII3,340,4621,55

G. VINI3,329,8519,19
NII3,334,6519,52
NIII3,340,6420,88

G. VIINI3,350,7522,22
NII3,361,4423,56
NIII3,376,0425,59

Consultas sucesivas e revisións:

Tarifas máximas por prestación para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Grupos e

niveis

Porcentaxe

aumento%

Tarifas

médicos

propios

(euros)

Tarifas

médicos

Sergas

(euros)

G. INI3,310,105,05
NII3,310,105,05
NIII3,310,105,05

G. IINI3,310,105,05
NII3,310,105,05
NIII3,315,125,38

G. IIINI3,310,105,05
NII3,312,745,38

G. IVNIA3,314,387,41
NIB3,311,047,41
NII3,315,649,43
NIII3,315,559,43

G. VNI3,313,429,43
NII3,314,939,43
NIII3,320,2410,77

G. VINI3,314,939,60
NII3,317,339,76
NIII3,320,3210,43

G. VIINI3,325,3811,10
NII3,330,7311,78
NIII3,338,0212,79

3. Servizos especiais de diagnóstico e tratamento en centros hospitalarios e non hospitalarios.

3.1. Oxixenoterapia a domicilio, incluíndo aerosolterapia e ventiloterapia.

O Sergas aboaralles aos pacientes sometidos a tratamento de oxixenoterapia domiciliaria con concentradores, en concepto de compensación económica polos gastos de electricidade, a cantidade de 13,59 euros por mes de tratamento. A citada cantidade poderase aboar directamente ao paciente ou ben á empresa subministradora, logo da xustificación do pagamento ao paciente, na facturación mensual presentada por aquela.

3.2. Rehabilitación.

Tarifas máximas para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento en réxime de sesión diaria3,380,75

2. Por cada sesión deste tratamento3,33,23

3.3. Fisioterapia e logopedia.

Tarifas máximas para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento de fisioterapia ou logopedia en réxime de sesión diaria3,394,08

2. Por cada sesión deste tratamento3,33,74

3.4. Rehabilitación para paralíticos cerebrais.

Tarifas máximas para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Por cada mes completo de tratamento de rehabilitación integral, incluíndo fisioterapia, logopedia, foniatría, terapia ocupacional, ortopedia e neuropediatría3,3175,83

2. Por cada sesión deste tratamento3,37,05

3.5. Hemodiálise por sesión.

Tarifas máximas por sesión de tratamento para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. En centros hospitalarios 3,3 126,18

2. Nun club de diálise3,3122,16

3. En centros satélites con persoal sanitario do Servizo Galego de Saúde3,397,26

4. En centro satélite con persoal sanitario da empresa concertada3,3115,65

5. No domicilio do paciente con máquina3,3107,48

6. Diálise domiciliaria con máquina a través de club de diálise3,3107,48

3.6. Hemodiálise por día.

Tarifas máximas por día de tratamento para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Diálise peritoneal ambulatoria continua (DPAC)3,339,34

2. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora-66,63

3. Diálise peritoneal domiciliaria con cicladora baixo volume (< 15 l./día)-53,50

4. Diálise peritoneal ambulatoria a través de club de diálise3,3

38,79

5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático-46,97

3.7. Suplemento de diálise.

Tarifas máximas por sesión de tratamento para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Suplemento por dialización mediante concentrados de bicarbonato:

a) Hemodiálise no domicilio do paciente con máquina

b) Resto de hemodiálise

3,3

3,3

14,79

7,97

2. Suplemento por diálise peritoneal ambulatoria con solución de poliglucosa3,35,88

Co obxecto da facturación e aboamento dos servizos de hemodiálise a domicilio, diálise peritoneal ambulatoria continua e diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático, as tarifas establecidas no punto anterior para estas prestacións diferenciaranse, dada a súa distinta fiscalidade, nos conceptos que se recollen a continuación:

1. Hemodiálise a domicilio con máquina:

-Material funxible: 45,10 A.

-Material fixo: 62,38 A.

2. Diálise ambulatoria continua:

-Material funxible: 39,34 A.

3. Diálise a domicilio con cicladora:

-Material funxible: 52,86 A.

-Material fixo: 13,77 A.

4. Diálise a domicilio con cicladora baixo volume (< 15 l./día):

-Material funxible: 42,80 A.

-Material fixo: 10,70 A.

5. Diálise peritoneal domiciliaria con último cambio automático:

-Material funxible: 40,11 A.

-Material fixo: 6,86 A.

Con independencia da tarifa fixada no punto 3.5, número 5, por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, aboaráselle á empresa con

certada a cantidade, de pagamento único, de 1.617,32 euros en concepto de gastos pola instalación dos aparellos e exclusivamente para aqueles pacientes que utilicen por primeira vez o tratamento de hemodiálise no seu domicilio.

Polos servizos de diálise peritoneal ambulatoria, prestados no domicilio do paciente a través dun club de diálise, o Sergas aboará, ademais da tarifa por sesión establecida no punto 3.6, en concepto de pagamento único pola formación e adestramento do paciente nas operacións previas á diálise, unha vez remitido o paciente logo da instalación do catéter polo centro de referencia, a cantidade de 291,12 euros, que se aboarán na facturación do mes seguinte ao do inicio do tratamento.

Así mesmo, na diálise domiciliaria realizada mediante un club de diálise, en concepto de seguimento clínico e controis analíticos rutineiros aboarase a cantidade de 3,01 euros por sesión.

O Sergas aboaralle ao paciente por cada sesión de hemodiálise domiciliaria con máquina, a cantidade de 4,06 euros por sesión, como compensación económica polo consumo de auga e electricidade, aboándose ao paciente, no suposto da diálise peritoneal domiciliaria con cicladora, a cantidade de 11,11 euros mensuais por gastos de electricidade.

3.8. Exploracións mediante tac-scanner.

Tarifas máximas por exploración para o ano 2005.

Actualización prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

Por cada exploración con ou sen contraste3,390,03

3.9. Exploracións mediante resonancia nuclear magnética.

Tarifas máximas por exploración para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

1. Por cada estudo simple3,3167,62

2. Por cada estudo dobre3,3242,12

3. Por cada estudo vascular3,3242,12

4. Complemento de anestesia3,393,12

5. Complemento de contraste3,349,67

3.10. Detección de doadores de órganos e tecidos. Este proceso comprenderá todas as probas e tratamentos precisos para a xeración de órganos e tecidos.

Porcentaxe

de aumento

Euros

Doador efectivo3,35.778,19

4. Asistencia concertada por procesos médicos ou cirúrxicos.

4.1. Litotricia renal extracorpórea.

Tarifas máximas por tratamento completo para o ano 2005.

Actualización de prezos de concertos vixentes:

Porcentaxe

de aumento

Euros

Litotricia renal extracorpórea3,3862,45

4.2. Outros procesos médicos ou cirúrxicos.

Tarifas máximas por procedemento para o ano 2005.

ProcesosTarifas médicos

propios (euros)

Tarifas médicos

Sergas (euros)

Extracción de cataratas638,62578,45

Colecistectomía1.277,241.156,85

Hallux Valgus:-unilateral-bilateral

574,75

788,47

520,61

646,42

Hemorroides510,89462,76

Hernia inguinal unilateral640,71531,79

Hernia inguinal bilateral999,16829,30

Hernia abdominal638,62578,45

Cosartrose (artoplastia total cadeira)2.873,792.603,05

Artroscopia diagnóstica427,15354,54

Artroscopia terapéutica919,58763,25

Ligadura e extirpación de venas varicosas:-unilaterais-bilaterais

638,62

894,06

578,45

773,00

Fisura e fístula anal

(incisión ou escisión)

510,89

462,76

Síndrome do túnel carpiano521,11472,02

Dupuytren510,89462,76

Hidrocele510,89450,71

Ligadura de trompas358,40297,46

4.3. A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñer a concertación de procesos médicos e/ou cirúrxicos distintos aos sinalados nos puntos anteriores de xeito individualizado aos centros privados xa concertados ou non. As condicións económicas e asistenciais quedarán fixadas con carácter previo e reflectiranse nos pregos ou requisitos de contratación.

4.4. A facturación por procesos médicos e cirúrxicos será incompatible coa facturación por estadías.

4.5. A inclusión no concerto dalgún dos procedementos cirúrxicos requirirá, en todo caso, que o centro se atope cualificado, de forma provisional ou definitiva, entre os grupos IV ao VII dos establecidos no anexo I da resolución da Secretaría de Estado para a Sanidade do 11 de abril de 1980.

Artigo 2º.-Revisión de tarifas.

1. As tarifas revisaranse aplicando a porcentaxe de aumento prevista en cada caso e segundo o procedemento que se estableza. En todo caso o incremento terá como límite as tarifas máximas establecidas no artigo 1º, polo que se aplicando a porcentaxe de actualización se superase o importe máximo auto

rizado, a nova tarifa quedará establecida neste importe máximo.

Esta actualización de tarifas non será aplicable se no texto do concerto se prevé unha cláusula de revisión distinta.

2. Nos concertos en que estean incluídos procesos médicos e cirúrxicos diferenciados, non recollidos no punto 4.2, a contía individual de cada proceso poderá ser incrementada na porcentaxe do 3,3%.

3. Non sufrirán incremento:

As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor desta orde que sexan iguais ou superiores ás tarifas máximas fixadas para o ano 2005.

As tarifas por prestacións especiais de hospitalización dos concertos vixentes á entrada en vigor desta orde que non estean asimilados aos grupos e niveis recollidos no artigo 1º, punto 1.

As tarifas dos concertos vixentes á entrada en vigor desta orde para as distintas prestacións de servizos de diagnóstico e tratamento non incluídos no artigo 1º, punto 3.

4. Serán revisadas automaticamente polo Sergas as tarifas dos concertos vixentes no 1 de xaneiro de 2004, con efectos desde o 1 de xaneiro de 2005. Para os concertos subscritos con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2004 a aplicación da revisión das tarifas será desde o transcurso dun ano desde a súa formalización, agás que nas súas estipulacións se recolla outra cousa.

Nas autorizacións de uso temporais a tarifa aplicable será a que expresamente sexa aceptada pola empresa para o período da súa vixencia. Non obstante, a partir da data de entrada en vigor desta orde as tarifas máximas que se autoricen serán as incluídas nela.

Artigo 3º.-Concertos singulares.

1. A División de Asistencia Sanitaria poderá propoñer a subscrición de concertos singulares distintos aos referidos no punto 2.1 da circular nº 1 conxunta da Dirección Xeral de Recursos Económicos, Secretaría Xeral e Dirección Xeral de Atención Especializada sobre procedemento de concertos de asistencia sanitaria.

2. As condicións económicas dos citados concertos estableceranse con carácter previo, podendo determinarse baixo a modalidade de unidades de produción hospitalaria (UPH), ou outras medidas de actividade asistencial.

3. A revisión das condicións económicas dos concertos singulares vixentes realizarase de acordo co previsto en cada un dos concertos subscritos, tendo en conta o grao de cumprimento dos obxectivos asistenciais pactados en cada caso e da actividade para o ano 2005, en que se incluirán os procesos médicos cirúrxicos que se determinarán en función das necesidades asistenciais.

Artigo 4º.-Delegación.

Delégase nos directores provinciais do Sergas a competencia para o asinamento dos concertos individuais que sexan precisos de hemodiálise e diálise domiciliaria, sen prexuízo das instrucións que ao respecto dite a División de Recursos Económicos e sen que en ningún caso poidan superarse as tarifas fixadas nesta orde.

Artigo 5º.-Contratos marco.

Para os efectos do previsto no artigo 159.2º f) do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, aprobado por Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, os concertos singulares regulados no artigo 3º desta orde terán a consideración de contrato marco en relación cos servizos establecidos no artigo 1º, puntos 3.8, 3.9 e 4, sempre que as ditas prestacións figuren na carteira de servizos do centro concertado.

Os contratos-programa anuais dos concertos substitutorios, así como as cláusulas adicionais dos restantes concertos singulares, que se subscriban a partir da entrada en vigor desta orde recollerán o carácter do seu contrato marco.

Constituirán condicións técnico-económicas, de carácter marco, para a contratación das prestacións recollidas no artigo 1º, puntos 3.8, 3.9, e 4, desta orde, as establecidas no propio concerto singular -se as houbese-, as que determine especificamente o Sergas ou, no seu defecto, as xerais establecidas nesta orde.

Artigo 6º.-Unidades de control.

As unidades de control de concertos das direccións provinciais velarán polo correcto cumprimento das obrigas das empresas concertadas e, en particular, daquelas que se refiren ao tratamento adecuado dos pacientes da Seguridade Social.

Artigo 7º.-Aplicación.

A aplicación retroactiva desta orde con efectos desde o 1 de xaneiro de 2005 a que se refire o artigo 2º non será aplicable no caso de autorizacións temporais de uso, nas cales a tarifa aplicable será a expresamente aceptada pola empresa para o período de vixencia. Non obstante, a partir da data da entrada en vigor desta orde as tarifas máximas autorizadas que poderán ser establecidas en novas autorizacións de uso serán as incluídas nela.

Artigo 8º.-Impostos e taxas.

Nas tarifas indicadas en todos e cada un dos puntos anteriores considéranse incluídos todos os impostos, taxas e demais cargas legais e, especificamente, o imposto sobre o valor incluído (IVE) dos servizos gravados con el.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltanse o secretario xeral e o director xeral da División de Recursos Económicos para adoitar as medidas necesarias en relación coa execución e desenvolvemento desta orde.

As normas de procedemento de revisión de tarifas serán establecidas por resolución do director xeral da División de Recursos Económicos de acordo co establecido nesta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2005.

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade