DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 201 Mércores, 19 de outubro de 2005 Páx. 16.875

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 30 de setembro de 2005 pola que se resolve a convocatoria de premios ás actuacións de calidade na educación postas en marcha por centros públicos de niveis non universitarios, durante o curso académico 2004-2005 cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Por Orde do 25 de abril de 2005 (DOG do 29 de abril) a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria convocou premios ás actuacións de calidade na educación postas en marcha por centros públicos de niveis non universitarios, durante o curso académico 2004-2005 cofinanciados polo Fondo Social Europeo.

Vista a proposta formulada polo xurado de selección, e de conformidade coa base undécima da convocatoria,

RESOLVO:

Primeiro.-Conceder, con cargo ao concepto orzamentario 07.04.3225.640.2, os premios que se relacionan no anexo desta orde.

Segundo.-Autorízase a Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais a ditar as instrucións necesarias para a aplicación e desenvolvemento desta orde.

Terceiro.-Contra esta resolución as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no DOG, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro) que modifica a Lei 30/1992, ou ben directamente recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 30 de setembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Categoría 1: premio á calidade na educación.

1. IES Perdouro, Burela.

2. CRA Nosa Sª do Faro, Ponteceso.

3. CFR Lugo, Lugo.

4. IES María Sarmiento, Viveiro.

5. IES Francisco Daviña Rey, Monforte.

6. IES Coroso Ribeira.

Categoría 2: premio ás accións de mellora.

1. CEIP Dr. Fleming, Vigo.

2. IES Ricardo Carballo Calero, Ferrol.

3. IES As Telleiras, Narón.

4. CPI de Atios, Valdoviño.

5. CEIP de Lourido, Poio.

6. IES Celanova, Celanova.

7. CEIP A Fraga As Pontes.

8. IES Afonso X O Sabio, Cambre.