DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 13 de outubro de 2005 Páx. 16.605

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 23 de setembro de 2005 pola que se adxudican as bolsas de iniciación á investigación agraria no Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

Advertidos erros na devandita resolución publicada no Diario Oficial de Galicia número 191, do martes 4 de outubro de 2005, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 16.306, no encabezado da resolución, onde di: «Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en Leiro», debe dicir: «Centro de Formación, Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia da Consellería do Medio Rural na Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia en Leiro».