DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 13 de outubro de 2005 Páx. 16.603

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de outubro de 2005 pola que se conceden subvencións a escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Por Orde do 23 de marzo de 2005 (DOG do 7 de abril) publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlles as subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestimar as solicitudes presentadas polas escolas de música dependentes de institucións sen ánimo de lucro que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, antes do 15 de outubro de 2005, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

Solicitante

Concello

Contía da

subvención

concedida

Escola de Música e Danza (asociación)Chantada2.671,80 A

Escola de Música Banda de LalínLalín4.000 A

Solicitante

Concello

Contía da

subvención

concedida

Centro Recreativo Cultural de Torroso

Escola de Música de Mos

Mos4.000 A

Escola de Música Banda de NoiaNoia2.655,79 A

Banda de Música Unión de GulánsPonteareas2.109,07 A

Banda Escola de Música Xuvenil de XinzoPonteareas2.376,59 A

Agrupación Musical do RosalO Rosal4.000 A

Escola de Música da Real Sociedad Económica Amigos del PaísSantiago de

Compostela

2.964,98 A

Banda de Música de VisantoñaSantiso2.783,72 A

Asociación Cultural de Ensino da Arte da MúsicaVedra4.000 A

Sociedade Cultural e Deportiva Atlántida MatamáVigo4.000 A

Totais35.561,95

ANEXO II

SolicitanteConcelloCausa da

denegación

Banda Escola de Música de BeadeVigoFóra de prazo

Asociación Unión Cultural Campo Lameiro

Banda Escola de Campo Lameiro

Campo

Lameiro

Fóra de prazo

Unión Musical de CoruxoVigoFóra de prazo

Sociedade Recreativa de San Xoán de CaloTeoFóra de prazo

Escola de Música Agrupación M. de OiaVigoFóra de prazo

Por non estar rexistrada na Consellería de Educación e O.U.

Escola de Música de BembriveVigoPor non estar rexistrada na Consellería de Educación e O.U.

Escola de Música Asociación Cultural Deportiva de LavadoresVigoPor non estar rexistrada na Consellería de Educación e O.U.

Asociación Galega de Percutas OmarPontevedraPor non estar rexistrada na Consellería de Educación e O.U.

Escola de Baile Asociación Cultural Os XeitososTrazoPor non estar rexistrada na Consellería de Educación e O.U.