DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Xoves, 13 de outubro de 2005 Páx. 16.601

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de outubro de 2005 pola que se conceden subvencións a escolas de música públicas.

Por Orde do 23 de marzo de 2005 (DOG do 7 de abril) publicouse a convocatoria para a concesión de subvencións a escolas de música públicas.

Valoradas as solicitudes e elevada a proposta de concesión destas subvencións pola comisión constituída segundo o punto sétimo da orde de convocatoria, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

DISPÓN:

Primeiro.-Concederlle as subvencións, nas contías que se sinalan, ás escolas de música públicas que se relacionan no anexo I a esta orde.

Segundo.-Desestimar as solicitudes presentadas polas escolas de música públicas que se relacionan no anexo II, polas causas que se indican.

Terceiro.-Para facer efectivo o pagamento das subvencións, os beneficiarios presentarán na Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, Servizo de Ensinanzas de Réxime Especial, antes do 15 de outubro de 2005, a xustificación completa dos gastos realizados, segundo o disposto no punto décimo da orde de convocatoria.

Cuarto.-Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación no Diario Oficial de Galicia, perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo, perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Santiago de Compostela, 5 de outubro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO I

EscolaImporte

Agolada5.027,18 A

Allariz6.506,10 A

EscolaImporte

Arzúa3.951,40 A

Baiona5.157,34 A

Baña, A3.277,65 A

Barbadás9.685,18 A

Burela6.554,11 A

Cabana de Bergantiños5.679,18 A

Caldas de Reis7.156,30 A

Cambados7.550,52 A

Cangas10.493,30 A

Capela, A2.816,97 A

Carballiño, O5.060,64 A

Carnota4.852,76 A

Catoira7.363,41 A

Cee9.948,68 A

Chantada9.890,73 A

Coruña, A31.430,57 A

Estrada, A5.343,46 A

Fornelos de Montes3.941,35 A

Foz7.096,06 A

Guitiriz4.581,15 A

Maceda4.313,10 A

Marín7.469,10 A

Meira4.647,28 A

Mondoñedo7.933,97 A

Monforte de Lemos9.648,24 A

Neves, As4.087,06 A

Oleiros11.898,08 A

Ordes6.021,35 A

Ortigueira4.301,77 A

Ourense13.823,84 A

Paradela3.995,96 A

Pastoriza, A4.750,24 A

Pobra de Trives, A3.285,46 A

Porriño, O7.518,67 A

Porto do Son4.929,25 A

Quiroga4.212,10 A

Ribadavia4.613,29 A

Ribadeo11.426,12 A

Ribas de Sil3.686,95 A

Santiago de Compostela9.368,57 A

Sanxenxo8.606,32 A

Sarria6.711,20 A

Silleda8.269,74 A

Sober8.065,14 A

Taboada4.301,34 A

Tui10.144,03 A

Valadouro5.659,25 A

Valga13.669,77 A

Vila de Cruces10.174,56 A

Vilagarcía de Arousa19.104,21 A

Totais390.000,00 A

ANEXO II

Escolas de músicaCausas da denegación

RoisNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria), antes de finalizar o prazo das solicitudes.

SadaNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria)

MorañaNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria)

Castro de ReiNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria)

Palas de ReiNon ter autorización expresa da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a impartición das correspondentes ensinanzas (artigo 2 da orde de convocatoria)