DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Venres, 07 de outubro de 2005 Páx. 16.441

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 514/2005, do 6 de outubro, polo que se dispón que cese Francisco Campos Freire como director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia.

De conformidade co artigo 10.2º da Lei do Parlamento de Galicia 9/1984, do 11 de xullo, de creación da Compañía de Radio Televisión de Galicia, no que se dispón que o mandato do director xeral da compañía coincidirá coa lexislatura do Parlamento de Galicia na que foi nomeado, prevéndose a continuación do mandato ata a designación do novo director xeral; nomeado por Decreto 510/2005, do 29 de setembro, Benigno Sánchez García; procede declarar con norma de suficiente rango o cesamento de Francisco Campos Freire.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día seis de outubro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese Francisco Campos Freire como director xeral da Compañía de Radio Televisión de Galicia, con efectos do 30 de setembro de 2005, data de publicación no Diario Oficial de Galicia do nomeamento de Benigno Sánchez García como director xeral da compañía.

Santiago de Compostela, seis de outubro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA