DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 04 de outubro de 2005 Páx. 16.310

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2005 pola que se convoca un curso sobre fotografía dixital.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a realización dun curso sobre fotografía dixital, que se deberá desenvolver conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Dotar os membros dos corpos de seguridade dos coñecementos fundamentais para levar a cabo as tarefas máis importantes no campo da fotografía dixital aplicada á función policial, especialmente aos atestados por accidentes de tráfico.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos da Policía local de Galicia.

Os participantes deberán posuír necesariamente coñecementos de informática a nivel usuario.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

20 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 17 de outubro de 2005 ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase do 25 ao 27 de outubro.

O horario será das 9.30 ás 14.00 horas e das 15.30 ás 19.00 horas; excepto o día 27, que será das 10.00 ás 14.00 horas.

Contido.

* Fotografía dixital.

-As cámaras dixitais: manexo e posibilidades.

-O tratamento de imaxes.

-A súa crecente utilización na operativa policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 19 de outubro a partir das 14.00 horas, no taboleiro

de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de setembro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA