DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 04 de outubro de 2005 Páx. 16.309

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2005 pola que se convoca un curso de protección do medio.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso de protección do medio, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Coñecer a normativa máis importante que afecta a operativa ambiental.

-Dominar a operativa básica de actuación profesional na área de ambiente.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros das forzas e corpos de seguridade.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

80 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 18 de outubro de 2005 ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase do 26 ao 28 de outubro en horario das 9.30 ás 14.00 e das 15.30 ás 19.00 horas; exepto o día 28 que será das 9.30 ás 13.30 horas cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

I. Normativa estatal e autonómica.

II. Residuos e verteduras.

III. Toma de mostras.

IV. Procedemento sancionador.

V. Operativa e casuística policial.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 20 de outubro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselles un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada a el.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de setembro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia