DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 04 de outubro de 2005 Páx. 16.304

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2005, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se dispón a publicación do convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia para a execución do proxecto de remate do parque empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase.

Subscrito, logo da tramitación regulamentaria, o convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia para a execución do proxecto de remate do parque empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase, procede a publicación no Diario Oficial de Galicia do dito convenio, que figura como anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2005.

Anxo Ramón Calvo Silvosa

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

ANEXO

Convenio de colaboración específico entre o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia para a execución do proxecto de remate do parque empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase.

Na cidade de Madrid o 29 de xullo de 2005.

Dunha parte,

Antonio Joaquín Fernández Segura, secretario xeral de Enerxía, nomeado por Real decreto 990/2004, do 30 de abril, na súa calidade de presidente do Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, no exercicio das competencias atribuídas na disposición adicional décimo terceira da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, na redacción dada a esta pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

De outra,

Juan Rodríguez Yuste, conselleiro de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia, nomeado por Decreto 16/2003, do 18 de xaneiro, que en virtude do disposto no artigo 3 da orde da Consellería de Innovación, Industria e Comercio do 21 de xaneiro de 2003, sobre delegación das competencias en materia de subscrición de convenios no secretario

xeral da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, reclama neste acto para si o exercicio da competencia delegada pola anterior orde.

Ambos se recoñecen, na representación que desempeñan, capacidade para formalizar este convenio de colaboración específico para a execución do proxecto de remate do Parque Empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase e no do Protocolo de Colaboración subscrito o día 11 de febreiro de 1998 entre o Ministerio de Industria e Enerxía e a Comunidade Autónoma de Galicia, actualizado por acordo suplementario do 24 de novembro de 2004, e en virtude das competencias que ambas as partes se recoñecen no citado protocolo, e para tal efecto,

EXPOÑEN:

Que o proxecto de remate do Parque Empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase atópase recollido, entre os que se executarán, no anexo ao Protocolo de Colaboración subscrito entre o Ministerio de Industria e Enerxía e a Comunidade Autónoma de Galicia.

Que a cláusula quinta do Protocolo de Colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e a Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras de Galicia, logo de que en convenios de colaboración específicos adicionais ao citado protocolo se determinarían, entre outras, as seguintes cuestións:

-As actuacións que hai que realizar no desenvolvemento dun proxecto de infraestruturas, en concreto, o prazo de execución, o custo e a xustificación das actuacións para a súa realización.

-Unha vez adxudicada a obra, os termos en que se realizarán as contribucións económicas da Administración xeral do Estado, en concreto, do Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e o Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras.

-Calquera outra cuestión que se estime conveniente para o mellor desenvolvemento do convenio de colaboración específico de execución do proxecto de remate do parque empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase e do protocolo de referencia.

Que consideran conveniente proceder ao desenvolvemento do Protocolo de Colaboración na Comunidade Autónoma de Galicia e, en concreto, a realización do proxecto de remate do Parque Empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase e, que para iso,

ACORDAN:

Primeiro.-Desenvolver as actuacións necesarias en execución do proxecto de remate do parque empre

sarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase, do que o seu custo ascende a tres millóns douscentos trinta mil seiscentos setenta e sete euros (3.230.677 euros).

Segundo.-De acordo co previsto na cláusula terceira do Protocolo de Colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e a Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras do carbón, o Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras financiará as actuacións previstas neste convenio de colaboración específico cunha achega económica que non superará os tres millóns douscentos trinta mil seiscentos setenta e sete euros (3.230.677 euros).

A Consellería de Innovación, Industria e Comercio da Xunta de Galicia dedicará os fondos transferidos a financiar os investimentos na contía de tres millóns douscentos trinta mil seiscentos setenta e sete euros (3.230.677 euros).

O instituto resérvase a facultade de non financiar aquelas actuacións do proxecto de desenvolvemento que considere non axeitadas aos fins do convenio de colaboración específico ou que a súa posterior execución non sexa conforme ao proxecto.

Terceiro.

1. As achegas realizaranse con cargo aos orzamentos do Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras para o ano 2005, aplicación orzamentaria 20.101.457M.751, ou se é o caso, aos da anualidade correspondente, con suxeición á existencia de crédito e habilitación legal para iso.

2. O instituto transferirá os fondos á Consellería de Economía e Facenda do modo seguinte:

2.1. O 25% do importe do proxecto de remate do parque empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase no ano 2005 cando se produza a adxudicación da obra obxecto da inversión.

2.2. O 50% do importe do citado proxecto no ano 2006, cando a execución deste se efectuase en igual porcentaxe, tendo recibido os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado aos fondos.

2.3. O 25% restante no ano 2007, cando se executase a totalidade do citado proxecto, recibíndose os documentos xustificativos que o acrediten ou, se é o caso, mediante certificación do órgano competente do emprego dado aos fondos.

Xunto co anterior, será preciso presentar a memoria de execución e os informes aos que fai referencia a cláusula quinta do Protocolo de Colaboración.

Se a comunidade autónoma acredita a necesidade de realizar actuacións avaliables economicamente con carácter previo á adxudicación da obra, poderase

anticipar o seu custo ata un máximo do 10% do financiamento deste proxecto antes da citada adxudicación. Neste caso, aboarase a porcentaxe restante ata o 25% á adxudicación da obra.

3. As modificacións que superen a achega económica fixada no punto 2º deste convenio de colaboración específico para financiar as actuacións previstas en execución deste formalizaranse, se é o caso, mediante addenda, cumprindo os trámites legalmente exixidos e logo de informe da Comisión de Seguimento e Avaliación.

Cuarto.-De acordo co previsto na cláusula sexta do Protocolo de Colaboración entre o Ministerio de Industria e Enerxía e o Goberno da Comunidade Autónoma de Galicia para a promoción do desenvolvemento económico alternativo das zonas mineiras do carbón, nos carteis informativos de identificación do proxecto de remate do parque empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase que se instalarán nas obras das distintas actuacións que este comprende, deberá figurar, como cabeceira, en superior ou igual tamaño aos da comunidade autónoma, o escudo de España, Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a lenda Plan da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras, na forma que se establece no anexo a este convenio, e igualmente se deberá incluír a mención a proxecto financiado polo Instituto para a Reestruturación da Minaría do Carbón e

Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineras.

Así mesmo, en calquera outra publicidade que do proxecto ou das súas distintas actuacións, se realice, tanto pola Administración executante do convenio como polo adxudicatario deste, deberá incluírse o escudo e lendas na mesma forma antes exposta.

A comunidade autónoma deberá comunicar á presidencia do instituto, a data en que serán inauguradas as obras ou actuacións que comprende o proxecto de remate do parque empresarial de Penapurreira: urbanización e servizos, 1ª fase.

Quinto.-Este convenio ten natureza administrativa, sendo o réxime xurídico aplicable a este, o establecido no título I da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro. En materia de interpretación, modificación e resolución en xeral das cuestións non consideradas no citado protocolo, aplicaranse as normas de dereito administrativo, cando así sexa necesario.

Sexto.-A execución das actuacións que se recollen no punto primeiro deberá ter lugar no prazo de tres anos desde a sinatura deste convenio. A xustificación das ditas actuacións deberá producirse dentro dos catro meses seguintes á finalización da execución. Non obstante, o devandito prazo poderá ser ampliado polas entidades asinantes, logo de petición da Comisión Mixta de Seguimento e Avaliación, cando algunha circunstancia sobrevida así o aconselle e formalizán

dose para tal efecto. En caso de que a devandita ampliación de prazo supuxese modificación da distribución do gasto en anualidades, será sometida aos preceptivos actos de fiscalización e aprobación.

E en proba de conformidade, asinan os integrantes no lugar e data indicados no encabezamento,

Juan Rodríguez YusteAntonio Joaquín Fernández Segura

Conselleiro de Innovación,Presidente do Instituto para a

Industria e ComercioReestruturación da Minería

do Carbón e Desenvolvemento

Alternativo das Comarcas Mineiras