DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Martes, 04 de outubro de 2005 Páx. 16.302

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 21 de xullo de 2005 pola que se fan públicas as axudas concedidas ao abeiro da Orde do 2 de febreiro de 2005, pola que se convocan axudas de cooperación exterior de carácter humanitario ou de emerxencia para o ano 2005, e pola que se aproban as bases reguladoras da concesión destas axudas.

O artigo 5º da Orde do 2 de febreiro de 2005 pola que se convocan axudas de cooperación exterior de carácter humanitario ou de emerxencia para o ano 2005 e pola que se aproban as bases reguladoras da concesión destas axudas, dispón que «Unha vez ultimada a concesión de axudas, publicarase no Diario Oficial de Galicia a relación das concedidas con indicación do beneficiario, contía, país de destino e finalidade».

Na súa virtude,

RESOLVO:

Publicar no Diario Oficial de Galicia as axudas concedidas por resolucións desta secretaría xeral por razón de carácter humanitario ou de emerxencia, por un importe global de douscentos mil euros (200.000 euros), nas contías, beneficiarios, país de destino e finalidade que se relaciona no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 21 de xullo de 2005.

P.D. (Orde 2-2-2005)

Jesús Gamallo Aller

Secretario xeral de Relacións coa Unión Europea

e Cooperación Exterior

ANEXO

ExpedienteBeneficiarioDenominación do proxectoPaísTotal axuda

concedida

1/2005Misioneras del Divino MaestroCentro de axuda Brisas del Este. Cidade BolívarVenezuela13.800

2/2005Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y PueblosMellora da calidade de vida de 945 persoas, a través da autoconstrución de sanitarios familiares en El AltoBolivia25.400

3/2005Asociación de Estudantes Galegos para Axuda Social (EGAS)Axuda alimentaria e sanitaria a familias cubanasCuba30.000

4/2005Manos UnidasAcompañamento físico e mental das vítimas da emerxencia Tsunami, estado de Tamul NaduIndia25.440

6/2005Addis-Galicia (Asociación pro Dereitos da Infancia)Ceonce: comedor de barrio para nenos indixentes e VIH positivos. Addis AbebaEtiopía18.000

8/2005Asociación España con AcnurEmerxencia no leste do Chad: acceso a auga potableChad30.000

9/2005Solidariedade Internacional de GaliciaMellora das condicións sanitarias no campo de refuxiados palestinos de DbayehLíbano25.000

10/2005Asamblea de Cooperación por la PazAxuda de primeira emerxencia para 1.950 persoas damnificadas polas inundacións causadas polo paso da onda tropical BeatrizEl Salvador20.000

11/2005Fundación Cume para el Desarrollo de Culturas y PueblosAxuda de emerxencia aos damnificados polo furacán Dennis en CubaCuba12.360

TOTAL200.000

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA