DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Luns, 03 de outubro de 2005 Páx. 16.261

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CENTRO DE ESTUDOS XUDICIAIS E SEGURIDADE PÚBLICA DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2005 pola que se convoca un curso básico de transportes.

Dentro das actividades programadas para o ano 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 1/2005, do 4 de xaneiro, do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, anúnciase a celebración dun curso básico de transportes, que deberá desenvolverse conforme as seguintes bases:

Obxectivos.

-Actualizar os membros dos corpos de policía local nos coñecementos e normativa necesarios que lles poidan ser útiles no desempeño posterior do seu labor profesional.

Destinatarios.

O curso vai dirixido aos membros dos corpos de policía local da Comunidade Autónoma de Galicia.

Inscrición.

A inscrición dos participantes será totalmente gratuíta.

Prazas.

40 prazas.

Solicitudes.

1. O persoal que desexe participar neste curso deberá presentar, cuberta á máquina ou con letra moi clara, a instancia que figura no anexo.

2. O prazo para a presentación de instancias rematará o día 11 de outubro de 2005, ás 14.00 horas.

3. As instancias deberán enviarse ao Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na Avenida da Cultura, s/n, 36680 A Estrada; ou ben poden entregarse en calquera dos lugares previstos no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Datas.

O curso realizarase en datas do 17 ao 21 de outubro, cunha duración de 20 horas lectivas.

Contido.

-I. Ámbito e normativa de aplicación. Clasificación. Títulos habilitantes. Distintivos.

-II. Transporte de mercadorías perigosas.

-III. Aparello de control tacógrafo. Tempos de condución e descanso.

-IV. Prestación de servizos: transporte escolar, mercadorías perecedoiras, taxis, etc.

-V. Práctica de inspección e procedemento sancionador. Documentos de control.

Relación de admitidos.

A relación de admitidos farase pública o día 13 de outubro a partir das 14.00 horas, no taboleiro de anuncios do Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, ou ben poden coñecer e confirmar a súa asistencia chamando ao teléfono 986 59 02 41.

Lugar.

O curso desenvolverase no Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia, sito na Avenida da Cultura, s/n, no concello da Estrada.

Certificado de asistencia.

Ao remate do curso entregaráselle un certificado de asistencia a aquelas persoas que acrediten a súa participación continuada nel.

Modificacións.

O Centro de Estudos Xudiciais e Seguridade Pública de Galicia poderá modificar o desenvolvemento do curso para adaptalo ás necesidades da Administración e ás continxencias que poidan xurdir.

A Estrada, 22 de setembro de 2005.

Carlos Suárez-Mira Rodríguez

Director do Centro de Estudos Xudiciais

e Seguridade Pública de Galicia