DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Xoves, 29 de setembro de 2005 Páx. 16.150

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 de xullo de 2005 pola que se adxudican as axudas correspondentes ao Programa de Tecnoloxías da Alimentación, convocadas no anexo VI da Orde do 1 de febreiro de 2005 (Diario Oficial de Galicia do 10 de febreiro).

Advertidos erros na devandita resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 145, do venres, 29 de xullo de 2005, cómpre realizar as seguintes correccións:

Na páxina 13.428, no anexo I, liña horizontal terceira (código da axuda: PGIDIT05TAL20801PR), dentro da subepígrafe titulada «Subproxectos», liña horizontal primeira, na columna vertical titulada «Duración (anos)», onde di: «2», debe dicir: «3».

Na páxina 13.428, no anexo I, liña horizontal terceira (código da axuda: PGIDIT05TAL20801PR), dentro da subepígrafe titulada «Subproxectos», liña horizontal segunda, na columna vertical titulada «Duración (anos)», onde di: «2», debe dicir: «3».