DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 27 de setembro de 2005 Páx. 16.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 22 de setembro de 2005, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se procede a nomear e facer pública a composición do tribunal que deberá xulgar a proba de madurez para o acceso ao nivel III da formación deportiva regulada pola Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro.

Segundo o establecido no artigo 4 da Orde do 24 de marzo de 2003, que regula as probas de madurez e de carácter específico para o acceso ás ensinanzas deportivas reguladas polo Real decreto 1913/1997, do 19 de decembro, para o ámbito da súa competencia, e publicada a Resolución do 2 de setembro de 2005, da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, pola que se convocan probas de madurez para o acceso ao nivel III da formación deportiva regulada pola Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, procede nomear o tribunal que deberá xulgar estas probas.

En consecuencia, esta dirección xeral

RESOLVE:

Facer pública a composición do tribunal único que deberá xulgar a proba de madurez para o acceso ao nivel III da formación deportiva regulada pola

Orde ECD/3310/2002, do 16 de decembro, que figura no anexo desta resolución.

Santiago de Compostela, 22 de setembro de 2005.

Antonio Vázquez Vázquez

Director xeral de Formación Profesional

e Ensinanzas Especiais

ANEXO

-Tribunal:

Presidente: Fernando Fernández Fraga.

Vogais:

Luz Ares Fandiño.

Ricardo Pita Fernández.

Pilar Peñas Boleas.

Nieves Seoane Martínez.

-Tribunal suplente:

Presidente: Gonzalo Iglesias Varela.

Vogais:

Belén Santos Lago.

Jesús Valcárcel López.

Ángeles Blanco Lamas.

Mª Pilar Cornide Seco.