DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 27 de setembro de 2005 Páx. 16.043

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 8 de setembro de 2005 pola que se autoriza o cambio de denominación do CEIP Lagoas 3 de Ourense.

Tendo en conta o artigo 8.1º do anexo do Decreto 374/1996, do 17 de outubro, polo que se aproba o Regulamento das escolas de educación infantil e dos colexios de educación primaria, (DOG do 21 de outubro), así como os correspondentes informes, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa, esta consellería

DISPÓN:

Autorizar o cambio de denominación do colexio que no anexo se relaciona.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Ourense.

Localidade: Ourense.

Código do centro: 32015669.

Denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Lagoas 3.

Nova denominación: Colexio de Educación Infantil e Primaria Mestre Vide.