DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Martes, 27 de setembro de 2005 Páx. 16.042

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 7 de setembro de 2005 pola que se lle autoriza a supresión dun ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa e a ampliación dunha unidade de educación infantil ao centro privado Loyola de Mugardos (A Coruña).

Examinado o expediente presentado polo centro privado Loyola de Mugardos, no que solicita a supresión dun ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa e a ampliación dunha unidade de educación infantil.

O centro conta, por Orde do 23 de xuño de 1999, DOG do 22 de xullo, con autorización para 2 unidades de educación infantil, 6 unidades de educación primaria, 4 unidades de educación secundaria obrigatoria e 2 ciclos formativos de grao medio de xestión administrativa.

Tendo en conta que o expediente foi tramitado pola Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña, quen o remite cos informes correspondentes.

Vistos a Lei 1/1990, do 3 de outubro (BOE do 4 de outubro), de ordenación xeral do sistema educativo; a Lei orgánica 10/2002, do 23 de decembro, de calidade da educación (BOE do 24 de decembro); o Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro (BOE do 10 de decembro), polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas escolares de réxime xeral; o Decreto 133/1995, do 10 de maio (DOG do 22 de maio), sobre autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e a Orde do 20 de setembro de 1995 (DOG do 15 de decembro) que o desenvolve.

Considerando que o devandito centro reúne os requisitos mínimos necesarios para poder acceder ao solicitado.

Esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa,

DISPÓN:

Autorizarlle a supresión dun ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa e a ampliación dunha

unidade de educación infantil, ao centro privado Loyola de Mugardos, segundo os datos que se relacionan no anexo desta orde, facendo constar que, para a súa posta en funcionamento, a Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, logo do informe da Inspección Educativa, aprobará expresamente a relación de persoal que imparta docencia na unidade que se amplía.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso potestativo de reposición perante a conselleira de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 4/1999 (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia: A Coruña.

Concello: Mugardos.

Localidade: Mugardos.

Enderezo: Curros Enríquez, 3.

Denominación: Centro Privado Loyola.

Titular: Odilia Bouza Manso.

Código do centro: 15009470.

Composición resultante:

a) Educación infantil: 3 unidades.

b) Educación primaria: 6 unidades.

c) Educación secundaria: 4 unidades de educación secundaria obrigatoria.

d) Formación profesional específica:

1 ciclo formativo de grao medio de xestión administrativa (1 unidade para 30 alumnos).