DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 185 Luns, 26 de setembro de 2005 Páx. 16.005

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2005, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a celebración dun curso homologado de nivel básico para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das Consellerías de Agricultura, Gandería e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, polo que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia, a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como, para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicarán, aos organismos responsables, na comunidade autónoma, a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que se vai celebrar.

En consecuencia, anúnciase a celebración dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados polo Centro de Estudos CACUMEN, de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico.

2. Entidade organizadora.

Centro de estudos Cacumen.

3. Data.

15, 22, 29 de outubro e 5 de novembro de 2005.

4. Lugar de celebración.

Cacumen. Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo.

5. Número de prazas.

Máximo 18 alumnos.

6. Dirixido a todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.

7. Criterios de selección.

Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes.

Enviaranse a Cacumen (r/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo. Teléfono 982 24 39 44. Fax 982 28 41 61 cacumen*cacumenlugo.com) por fax, carta ou e-mail, acompañado da seguinte documentación:

-Solicitude segundo modelo anexo I.

-Xustificante de que ingresou a cota de 180 A/alumno na conta número 0030-6046-41-0387862273, do Banesto.

9. Data límite para a presentación de solicitudes.

Ata o 11 de outubro de 2005.

10. Programa.

15-10-05

9.00-11.00 hPraguicidas. Descrición e clasificación dos distintos tipo de praguicidas. Riscos derivados da manipulación de praguicidas

11.00-14.00 hPrincipais pragas. Pragas ambientais. Loita contra as pragas ambientais. Métodos de loita antivectorial

22-10-2005

9.00-11.00 hTécnicas de aplicación de praguicidas. Praguicidas e ambiente. Problemas de destrución de envases

11.00-14.00 hHixiene e seguridade na manipulación de praguicidas. Intoxicación, prevención, diagnóstico e primeiros auxilios

29-10-20059.00-14.00 hPrácticas: as principais pragas e métodos de loita. Métodos de prevención contra pragas

5-11-2005

9.00-11.00 hPrácticas: uso axeitado dos medios de protección persoal. Aplicación de distintos métodos de loita contra as pragas ambientais. Técnicas de aplicación de praguicidas. Destrución de envases.

11.00-14.00 hPrácticas: actuación e primeiros auxilios ante intoxicacións por praguicidas

16.00-17.00 hExame tipo test

11. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e en caso de superalas expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitar á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel básico.

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2005.

Ramón Medina González-Redondo

Director xeral de Saúde Pública

ANEXO I

Ficha de solicitude de inscrición.

Curso para a capacitación de aplicadores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico.

Entidade organizadora: centro de estudos Cacumen.

Data: 15, 22, 29 de outubro e 5 de novembro de 2005.

Lugar de celebración: Centro de estudos Cacumen. Concepción Arenal, 18-1º. Lugo.

Duración: 20 horas teórico/prácticas e 1 hora proba avaliación.

Horario: 9.00 a 14.00 (avaliación día 5-11-2005 das 16.00 ás 17.00 horas).

Nº máximo de alumnos: 18.

Prezo: 180 euros por alumno. Pagados mediante xustificante de ingreso (Banesto nº cta. 0030-6046-41-0387862273).

Inscrición: enviar boletín de solicitude a Cacumen r/ Concepción Arenal, 18-1º. 27004 Lugo. Teléfono 982 24 39 44. Fax 982 28 41 61 cacumen*cacumenlugo.com xunto co xustificante de pagamento antes do 11 de outubro. As inscricións realizaranse por rigorosa orde de chegada (solicitude + xustificante de pagamento).

Empresa: ... CIF ...

Enderezo: ... CP: ...

Localidade: ... Provincia: ...

Teléfono: ... Fax: ...

E-mail: ...

Apelidos, nome: ... NIF: ...