DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 21 de setembro de 2005 Páx. 15.870

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2005 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería do Medio Rural.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería do Medio Rural os cursos que figuran no anexo, que se deberán desenvolver segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo oficial que figura ao final da convocatoria, dirixiranse á Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal; rúa As Fontiñas, 31-baixo, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería do Medio Rural ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 66 51, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes rematará o día 7 de outubro de 2005.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os que figuran no anexo, segundo as características de cada curso, e respectarán en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 11 de febreiro de 2004 (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselles o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións dos cursos. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida, e dará lugar á baixa nos cursos coa perda de todos os dereitos.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2005.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega

de Administración Pública

ANEXO I

* Curso: aplicacións agrarias dos sistemas de información xeográfica.

1. Obxectivos:

Acadar coñecementos básicos dos distintos tipos de sistemas de información xeográfica e coñecer as súas aplicacións agrarias e ambientais.

2. Destinatarios:

Técnicos da Administración autonómica relacionados coas aplicacións agrarias dos SIX.

3. Criterios de selección:

1º Técnicos da Consellería do Medio Rural dos grupos A e B.

2º Técnicos doutras consellerías dos grupos A e B.

3º Outro persoal.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 18 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo) A Coruña.

4.3. Datas: 24, 25, 26 e 27 de outubro de 2005.

4.4. Horario: das 9.30 ás 14.00 horas.

4.5. Prazas: 50.

5. Contido:

Coñecementos básicos e tipos de sistemas de información xeográfica. Aplicacións do SIX: modelo dixital do terreo; mapa de usos do solo de Galicia; bacías hidrográficas de Galicia; prevención da contaminación de augas por actividades agrarias; xestión de abonado e fertilidade de explotacións agrarias.

* Curso: prevención da contaminación das augas por actividades agrarias.

1. Obxectivos:

Desenvolver boas prácticas agrarias de cara á protección de pozos, fontes, ríos, etc., fronte á contaminación microbiolóxica e química polo uso de fertilizantes inorgánicos, produtos fitosanitarios, etc.

Establecer medidas para preservar a potabilidade da auga no medio rural, como a construción adecuada de pozos, a delimitación de perímetros de protección e o establecemento de distancias de seguridade a cursos de auga.

2. Destinatarios:

Técnicos da Administración autonómica con responsabilidades en programas vinculados aos obxectivos do curso.

3. Criterios de selección:

1º Técnicos da Consellería do Medio Rural dos grupos A e B.

2º . Técnicos doutras consellerías dos grupos A e B.

3º Outro persoal.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 25 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo).

4.3. Datas: 21, 22, 23, 24 e 25 de novembro de 2005.

4.4. Horario: das 9.30 ás 14.00 horas, excepto o día 21, mañá e tarde (das 9.30 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 18.30 horas).

4.5. Prazas: 40.

5. Contido:

Conceptos básicos de hidroxeoloxía. Fontes de contaminación das augas no medio rural. Contaminación microbiolóxica das augas. Contaminación química das augas. Contaminación das augas por actividades agrarias. A calidade das augas en Galicia. Protección da calidade das augas.

* Curso: o pastoreo en Galicia, o proxecto europeo Grazemore.

1. Obxectivos:

Analizar as posibilidades de incrementar o pastoreo en Galicia. Resultados dun sistema de apoio ás decisións nas explotacións leiteiras. Distribución do programa ás explotacións que queiran dispor del.

2. Destinatarios:

Técnicos da Administración autonómica relacionados con responsabilidades en programas vinculados aos obxectivos do curso.

3. Criterios de selección:

1º Técnicos da Consellería do Medio Rural dos grupos A e B.

2º Técnicos doutras consellerías dos grupos A e B.

3º Outro persoal.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 16 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo (Abegondo) A Coruña.

4.3. Datas: 15 e 16 de novembro de 2005.

4.4. Horario: das 9.30 ás 14:30 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.

4.5. Prazas: 100.

5. Contido:

Concepto de sustentabilidade e produción baseada na utilización de pastos e forraxes. Coñecementos básicos e tipos de sistemas de información xeográfica. Limitación do pastoreo en Galicia. Proxecto Grazemore. Conclusións.

* Curso: utilización de aplicacións informáticas para a xestión de explotacións leiteiras.

1. Obxectivos:

O curso amosará o emprego dalgunhas aplicacións informáticas deseñadas para asistir á toma de decisións e xestión de explotacións leiteiras.

2. Destinatarios:

Técnicos da Administración autonómica relacionados con responsabilidades en programas vinculados aos obxectivos do curso.

3. Criterios de selección:

1º Técnicos da Consellería do Medio Rural dos grupos A e B.

2º Técnicos doutras consellerías dos grupos A e B.

3º Outro persoal.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 15 horas.

4.2. Lugar de realización: Centro de Investigacións Agrarias de Mabegondo.

4.3. Datas: 29 e 30 de novembro de 2005.

4.4. Horario: das 10.00 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 19.00 horas.

4.5. Prazas: 20.

5. Contido:

Visión xeral das aplicacións informáticas utilizadas na agricultura e as súas principais características. Utilización dunha aplicación informática para dar dimensión á explotación leiteira. Cálculo de racións para o gando leiteiro mediante aplicacións informáticas. Grazemore: unha ferramenta para optimizar o manexo do pasto.

* Curso: autocad MDT e a aplicación SIXPAC.

1. Obxectivos:

Darlles unha información adecuada aos xestores que interveñen no proceso de concentración parcelaria para que poidan aproveitar todas as utilidades da aplicación informática do Autocad, MDT e o SIXPAC.

2. Destinatarios:

Técnicos da Administración autonómica relacionados con responsabilidades en programas vinculados aos obxectivos do curso.

3. Criterios de selección:

1º Técnicos da Consellería do Medio Rural dos grupos A e B.

2º Técnicos doutras consellerías dos grupos A e B.

3º Outro persoal.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 60 horas.

4.2. Lugar de realización: aula de informática do edificio múltiple de Monelos (praza Luís Seoane s/n, A Coruña.

4.3. Datas: 17,18, 19, 20, 21, 24, 25, 26, 27, 28 e 31 de outubro e 2, 3, 4, 7, 8, 9, 10, 11, 14, 15, 16, 17, 18, 21, 22, 23, 24, 25 e 28 de novembro.

4.4. Horario: das 8.00 ás 10.00 horas.

4.5. Prazas: 15.

5. Contido:

Actualización e prácticas con Autocad, MDT: definición xeométrica de plantas e alzados. Sección transversal. Perfil lonxitudinal. Cubicacións. SIXPAC: obtención de información gráfica para a súa utilización en CAD.

* Curso: prevención de riscos laborais nos laboratorios químicos.

1. Obxectivos:

Formar e mentalizar o persoal que traballa en laboratorios químicos para a prevención dos accidentes laborais específicos do posto de traballo.

2. Destinatarios:

Persoal da Xunta de Galicia que traballa en laboratorios químicos, con prioridade para o persoal do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

3. Criterios de selección:

1º Persoal do Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia.

2º Persoal dos laboratorios do Centro de Formación Investigación e Tecnoloxía Agraria de Galicia.

3º Persoal dos laboratorios da Consellería do Medio Rural.

4º Persoal dos laboratorios doutras consellerías da Xunta de Galicia.

5º Outro persoal.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 21 horas.

4.2. Lugar de realización: Laboratorio Agrario e Fitopatolóxico de Galicia, Mabegondo.

4.3. Datas: 8, 9, 10, 14, 15, 16 e 17 de novembro de 2005.

4.4. Horario: das 16.00 ás 19.00 horas.

4.5. Prazas: 30.

5. Contido:

1. Introdución. 2. Riscos intrínsecos: 2.1. Os produtos químicos como factores de risco. 2.2. Reac

tividade química. 3. Material no laboratorio: 3.1. Almacén de produtos químicos. 3.2. Material de vidro. 4. Sistemas de control no laboratorio: 4.1. Control ambiental no laboratorio. 4.2. Traballo con gases a presión. 4.3. O manexo de produtos líquidos. 5. Organización: 5.1. Investigación de incidentes e accidentes. 5.2. Primeros auxilios. 5.3. Eliminación de residuos no laboratorio. Actuación en casos de verteduras e salpicaduras. 5.4. Organización e recomendacións xerais para o traballo no laboratorio. 6. Normativa relacionada coa prevención dos riscos profesionais nos laboratorios químicos. 7. Enquisa de autoavaliación de riscos nos laboratorios.

* Curso: formación de formadores de programas de sanidade e benestar animal.

1. Obxectivos:

Actualización e adquisición dos coñecementos teóricos e prácticos necesarios para a formación dos formadores que impartan os devanditos cursos.

2. Destinatarios:

Veterinarios dependentes da Consellería do Medio Rural.

3. Criterios de selección:

Os criterios por orde de importancia decrecente serán os seguintes:

1º Veterinarios que traballen en labores de coordinación ou inspección con respecto á sanidade e benestar animal.

2º Ter a condición de funcionario de carreira.

3º Estar en posesión dalgún curso ou título de formación específico de metodoloxía didáctica.

4º Antigüidade como funcionario.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 30 horas.

4.2. Lugar de realización: Escola Galega de Administración Pública (Santiago de Compostela).

4.3. Datas: 21, 22, 23, 24, 25, 28, 29 e 30 de novembro de 2005.

4.4. Horario: de luns a venres, das 16.30 ás 20.15 horas.

4.5. Prazas: 35.

5. Contido:

Temas de sanidade e benestar animal xenéricos e específicos que afectan as diferentes especies animais, incidindo sobre os animais de produción, así como temas de formación sobre metodoloxía didáctica.