DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 182 Mércores, 21 de setembro de 2005 Páx. 15.857

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 12 de xullo de 2005 de aprobación definitiva do proxecto de modificación puntual número 6 das normas subsidiarias de planeamento de Marín (Pontevedra), equipamento dotacional para uso educativo gardaría. (Expediente PO-04026).

O Concello de Marín conta con normas subsidiarias de planeamento municipal, aprobadas definitivamente pola Comisión Provincial de Urbanismo en data 9-6-1978 (desde agora NN.SS.).

A documentación remitida consta de expediente administrativo e proxecto técnico da modificación.

O obxecto deste proxecto é a reclasificación duns terreos situados na barriada de San Pedro de Marín, clasificados nas NN.SS. como solo urbano de desenvolvemento previsible, en equipamento comunitario dotacional (educativo gardaría).

De conformidade co sinalado no artigo 93.4º da vixente Lei 9/2002 (desde agora LOUG), as modificacións de calquera dos elementos dos plans, proxectos, normas e ordenanzas suxeitaranse ás mesmas disposicións enunciadas para a súa tramitación e aprobación.

Terminada a fase de elaboración da modificación puntual, e inmediatamente antes da súa aprobación inicial, o concello remitiu o expediente a informe preceptivo desta consellería, que foi emitido en data 5-10-2004, de conformidade co disposto no artigo 85.1º da Lei 9/2002.

O Pleno do Concello o 14-1-2005 acordou a aprobación inicial, publicada en prensa e no DOG do 27-1-2005, co resultado da fase de información pública que consta no expediente tramitado e aprobado provisionalmente polo dito concello o 7-4-2005.

Revisado o documento relativo á modificación puntual nº 6 das NN.SS. Equipamento dotacional para uso educativo gardaría, e analizados os aspectos sinalados no artigo 85.7º da Lei 9/2002 LOUG, procede sinalar que foron emendadas as observacións contidas no anterior informe desta consellería.

De conformidade co disposto no artigo 89.1º da Lei 9/2002, a competencia para a aprobación definitiva dos plans xerais de ordenación municipal correspóndelle ao conselleiro competente en materia de urbanismo e ordenación do territorio.

En consecuencia, de conformidade co establecido na Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia,

e por proposta da Dirección Xeral de Urbanismo, desta mesma data,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Aprobar definitivamente o proxecto de modificación puntual número 6 das normas subsidiarias de planeamento de Marín (Pontevedra), equipamento dotacional para uso educativo gardaría.

Artigo 2º

De conformidade co disposto polos artigos 92 da Lei 9/2002, e 70 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, o concello deberá publicar a normativa e ordenanzas da modificación aprobada definitivamente no BOP.

Disposición derradeira

Contra esta orde cabe interpor recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao a da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2005.

Alberto Núñez Feijoo

Vicepresidente primeiro e conselleiro de

Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda