DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 20 de setembro de 2005 Páx. 15.786

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

ORDE do 29 de agosto de 2005 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Límites de exposición profesional para axentes químicos, 2005.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido informe preceptivo favorable pola Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.-O prezo de venda ao público da publicación editada por esta consellería denominada Límites de exposición profesional para axentes químicos, 2005 será de 8,50 A, IVE incluído.

Santiago de Compostela, 29 de agosto de 2005.

Ricardo Jacinto Varela Sánchez

Conselleiro de Traballo

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA