DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 181 Martes, 20 de setembro de 2005 Páx. 15.769

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

ORDE do 10 de agosto de 2005 pola que se fixa o prezo de venda ao público da publicación Manual de Cirurxía Menor en Atención Primaria.

A Lei 6/2003, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 51, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo de informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandato e despois de emitido o preceptivo informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ao público da publicación editada polo Servizo Galego de Saúde e que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, de ser o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 10 de agosto de 2005.

Mª José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade

ANEXO I

* Manual de Cirurxía Menor en Atención Primaria: 6 euros.