DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 19 de setembro de 2005 Páx. 15.685

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

ESCOLA GALEGA DE ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de setembro de 2005 pola que se convocan cursos en colaboración coa Consellería do Medio Rural.

Dentro do programa de actividades da EGAP para 2005, e conforme as funcións atribuídas pola Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da escola, e pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, de modificación da anterior, convócanse en colaboración coa Consellería do Medio Rural os cursos que figuran no anexo, que deberán desenvolverse segundo as seguintes bases:

Primeira.-Solicitudes.

As solicitudes de admisión para os cursos, segundo o modelo oficial que figura ao final da convocatoria, dirixiranse á Dirección Xeral de Investigación, Tecnoloxía e Formación Agroforestal, rúa Fontiñas, 31, baixo, 15703 Santiago de Compostela, e presentaranse no rexistro xeral da Consellería do Medio Rural ou en calquera das súas delegacións provinciais sen prexuízo do disposto no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Admitiranse tamén inscricións por telefax: 981 54 66 51, sen prexuízo da necesidade de remisión da solicitude orixinal por correo ordinario.

Segunda.-Prazo.

O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles e comezará a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG.

Terceira.-Selección.

Os criterios de selección serán os que figuran no anexo, segundo as características de cada curso, e respectarán en todo caso os criterios selectivos sinalados con carácter xeral na resolución da Escola Galega de Administración Pública do 11 de febreiro de 2004 (DOG nº 34, do 18 de febreiro).

Cuarta.-Certificado de asistencia.

Outorgaráselle o correspondente certificado de asistencia aos alumnos que participen con regularidade nos cursos.

É obrigatoria a asistencia e puntualidade a todas as sesións do curso. Toda ausencia deberá ser xustificada debidamente polo interesado. A falta de asistencia, aínda que sexa xustificada, a máis do 15% das horas lectivas programadas, impedirá a expedición da certificación anteriormente referida e dará lugar á baixa nos cursos coa perda de todos os dereitos.

Santiago de Compostela, 12 de setembro de 2005.

Antonio Izquierdo Escribano

Director da Escola Galega de

Administración Pública

ANEXO I

Curso: control de maduración por cata de uvas.

1. Obxectivos:

Impartir unha formación avanzada para coñecer os criterios mínimos que permitan un mellor coñecemento do control dos procesos de maduración por cata de uvas.

2. Destinatarios:

Persoal da Xunta de Galicia relacionado no seu traballo coa viticultura e a enoloxía.

3. Criterios de selección:

3.1. Técnicos da Consellería do Medio Rural, dos grupos A e B.

3.2. Técnicos das diferentes consellerías que traballen en temas relacionados coa viticultura e enoloxía, dos grupos A e B.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugar de realización: Consello Regulador da Denominación de Orixe Valdeorras. N 120, PK 403. 32340 Vilamartín de Valdeorras-Ourense.

4.3. Datas: 3 e 4 de outubro de 2005.

4.4. Horario: das 16.30 ás 21.30 horas.

4.5. Prazas: 20.

5. Contido:

Importancia da cata de uvas. Parámetros a valorar. Maduración organoléptica. Control de maduración por cata de uvas das principais castes galegas.

Curso: control de maduración por cata de uvas.

1. Obxectivos:

Impartir unha formación avanzada para coñecer os criterios mínimos que permitan un mellor coñecemento do control dos procesos de maduración por cata de uvas.

2. Destinatarios:

Persoal da Xunta de Galicia relacionado no seu traballo coa viticultura e a enoloxía.

3. Criterios de selección:

3.1. Técnicos da Consellería do Medio Rural, dos grupos A e B

3.2. Técnicos das diferentes consellerías que traballen en temas relacionados coa viticultura e enoloxía, dos grupos A e B.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 10 horas.

4.2. Lugar de realización: Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia (Leiro). Ourense.

4.3. Datas: 5 de outubro de 2005.

4.4. Horario: das 9.30 ás 14.30 horas e das 16.00 ás 21.00 horas.

4.5. Prazas: 20.

5. Contido:

Importancia da cata de uvas. Parámetros que hai que valorar. Maduración organoléptica. Control de maduración por cata de uvas das principais castes galegas.

Curso: produción integrada e agricultura ecolóxica nas explotacións agrarias do litoral cantábrico.

1. Obxectivos:

Coñecemento das técnicas de produción integrada e ecolóxica así como a normativa que lles afecta, para que poidan promover e apoiar con eficacia actuacións desta natureza.

2. Destinatarios:

Técnicos da Administración autonómica con responsabilidades en programas vinculados aos obxectivos do curso.

3. Criterios de selección:

3.1. Técnicos da Consellería do Medio Rural dos grupos A e B.

3.2. Técnicos doutras consellerías dos grupos A e B.

4. Desenvolvemento:

4.1. Duración: 28 horas.

4.2. Lugar de realización: CFEA Pedro Murias (Ribadeo-Lugo).

4.3. Datas: do 4 ao 7 de outubro de 2005.

4.4. Horario: das 9.00 ás 14.00 horas e das 16.00 ás 19.00 horas, (venres das 9.00 ás 13.00 horas).

4.5. Prazas: 30.

5. Contido:

Principios da produción integrada e da agricultura ecolóxica. Normativa de aplicación a estas producións. Desenvolvemento sustentable e técnicas de produción integrada e agricultura ecolóxica. A certificación en produción ecolóxica e integrada: sistemas de control. A rastrexabilidade na produción integrada. Mercados e comercialización.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA