DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 19 de setembro de 2005 Páx. 15.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE TRABALLO

RESOLUCIÓN do 8 de agosto de 2005, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo do Consorcio da Cidade de Santiago.

Visto o expediente do convenio colectivo do Consorcio da Cidade de Santiago (código de convenio 1504042), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 11-7-2005, complementado o día 1-8-2005 e subscrito pola parte económica polo Consorcio da Cidade de Santiago e pola parte social polo comité de empresa e o delegado de persoal o día 27-4-2005 e ratificado pola comisión executiva do consorcio o día 31-5-2005, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o depósito do citado acordo no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 8 de agosto de 2005.

Cristina Azpilcueta González

Delegada provincial da Coruña

Segundo convenio colectivo para o persoal

do Consorcio da Cidade de Santiago

Preámbulo

Este convenio colectivo para o persoal ao servizo do Consorcio da Cidade de Santiago foi negociado dunha parte polos representantes legais dos traballadores, membros do comité de empresa e delegado de persoal para tal fin designados, participando os sindicatos Confederación Intersindical Galega e Comisións Obreiras en calidade de asesores daqueles e, doutra, pola representación legal do Consorcio da Cidade de Santiago, conforme o establecido nos artigos 87 e 88 do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores.

Capítulo I

Ámbito e normas xerais de aplicación

Artigo 1º.-Ámbito funcional e persoal.

Este acordo obriga ao Consorcio da Cidade de Santiago na súa relación cos traballadores vinculados a el, en virtude de relación xurídico-laboral de natureza indefinida ou temporal, que preste servizos para o Consorcio da Cidade de Santiago ou que perciban as súas retribucións con cargo ás correspondentes consignacións orzamentarias de persoal daquel.

Así mesmo, integrarase neste convenio o persoal que, con posterioridade á súa publicación, pase a depender do Consorcio da Cidade de Santiago.

Establécense nos seus capítulos XIX, XX e XXI as condicións específicas para o persoal da Real Filharmonía de Galicia.

Quedan excluídos do ambito de aplicación do convenio colectivo o persoal de alta dirección ao que se refire o artigo 2.1º a) do Estatuto dos traballadores contratados polo consorcio, ao abeiro do Real decreto 1382/1985, do 1 de agosto, e os que sexan contratados para o desenvolvemento de actividades non permanentes financiadas con recursos alleos de natureza finalista.

Artigo 2º.-Ámbito temporal.

Con independencia da data en que sexa aprobado e publicado no BOP, este convenio terá vixencia desde o día da sinatura (27 de abril de 2005), estendendo a súa duración ata o 31 de decembro de 2006.

Artigo 3º.-Denuncia e revisión do convenio.

Este convenio poderá ser denunciado por calquera das partes asinantes entre un (1) e tres (3) meses de antelación ao seu vencemento. A falta de denuncia expresa entenderase prorrogado tacitamente por períodos anuais. Así mesmo e en caso de que non chegara a constituírse a mesa de negociación, prorrogarase igualmente o contido deste convenio.En

ambos os casos a prórroga afectará á totalidade do texto do convenio non así aos conceptos salariais, que experimentarán o incremento porcentual que determinen as respectivas leis de orzamentos xerais da Administración do Estado para o persoal sometido ao réxime laboral.

A parte denunciante deberá xuntar proposta concreta sobre os puntos e contido que comprenda a revisión solicitada.

Artigo 4º.-Compensación e absorción.

As condicións económicas establecidas neste acordo compensarán todas as existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa orixe e natureza.

Artigo 5º.-Condicións máis beneficiosas.

Respectaranse, manténdose estritamente ad personam, as condicións particulares que, con carácter global e en cómputo anual, excedan do conxunto de melloras deste convenio e veñan derivadas da norma existente estatal ou convida colectivamente.

Capítulo II

Comisión paritaria de vixilancia

e interpretación do convenio

Artigo 6º.-Comisión paritaria.

No prazo dun mes contado desde a publicación deste convenio, constituirase unha comisión paritaria que terá por funcións as seguintes:

1. A interpretación da totalidade do articulado ou das cláusulas do convenio.

2. A vixilancia do cumprimento do pactado.

3. A facultade de conciliación previa naquelas cuestións que lle sexan sometidas de común acordo polas partes.

4. Elaborar unha proposta de xornada e horario diario en función da carga de traballo e das necesidades do servizo de cara á negociación do próximo convenio colectivo.

5. Elaborar unha proposta de relación de postos de traballo (RPT) con definición da clasificación profesional e as funcións por categoría e posto de traballo, tomando como base a actualmente vixente.

6. Revisar e facer o seguimento do plan de pensións para o persoal do consorcio, en cumprimento do artigo 15º deste convenio.

7. Xestionar as axudas de acción social que figuran no capítulo 6 deste convenio, así como outras que poidan establecerse.

A comisión estará composta por dous representantes do persoal, elixidos polo comité de empresa, e dous representantes do Consorcio da Cidade de Santiago, nomeados polo xerente.

A comisión reunirase con carácter ordinario unha vez cada tres meses e, con carácter extraordinario, a pedimento dunha das partes, que deberá indicar, en todo caso, os temas para tratar.

Logo da consulta á comisión, todas as condicións establecidas no convenio deberán ser interpretadas e aplicadas da forma que resulte máis beneficiosa para os empregados do consorcio, en caso de dúbida, ambigüidade ou escuridade en canto ao seu sentido e alcance.

Os acordos tomaranse por maioría entre as dúas representacións e serán recollidos en acta, e daráselles a debida publicidade nos taboleiros de anuncios dos centros de traballo, ou se a súa transcendencia o aconsella, publicaranse no DOG.

Na sesión constitutiva procederanse a designar, por acordo da comisión, as persoas que exercerán a súa presidencia e a súa secretaría.

Capítulo III

Vacacións, permisos e licenzas

Artigo 7º.-Vacacións.

Os traballadores terán dereito ao goce dun período de vacacións retribuídas anuais que non será renunciable nin substituíble por compensación económica. As vacacións terán unha duración dun mes anual, ou a parte proporcional se os servizos prestados foran inferiores ao ano, e gozaranse preferentemente entre os meses de xullo, agosto e setembro, ambos inclusive, agás petición expresa do interesado de gozalas fóra deste período, o que será considerado e autorizado pola empresa en función das necesidades de cobertura do servizo. O calendario de vacacións elaborarase dentro dos tres primeiros meses do ano, e trasladarase unha copia del a cada un dos traballadores incluídos no ámbito de aplicación deste convenio colectivo.

O período vacacional poderase desfrutar en dúas partes nunca inferiores aos quince días cada unha.

En caso de incapacidade laboral legalmente recoñecida, calquera que sexa a súa causa, así coma a baixa por maternidade ou paternidade, quedará interrompido o desfrute das vacacións, o cal se completará cando as necesidades do servizo o permitan, de común acordo entre as partes.

Artigo 8º.-Licenzas e permisos retribuídos.

Os traballadores, logo de xustificación, se é o caso, terán dereito a licenzas retribuídas polas causas e tempos seguintes:

a) Quince días propios naturais por matrimonio, os cales se poderán engadir ás vacacións.

b) Catro días naturais por nacemento dun fillo.

c) Dous días laborables por traslado de domicilio cotián dentro do mesmo concello e tres se o traslado é a outro concello.

d) Para concorrer a exames liberatorios, e demais probas definitivas de aptitude e avaliación en centros oficiais de formación, durante os días da súa celebración e coa debida xustificación.

e) Un día natural para asistencia ao matrimonio de parentes. Se se celebrase a máis de douscentos km de distancia, dous días naturais, e tres días naturais se fose a máis de cincocentos quilómetros.

f) Por ingreso hospitalario, enfermidade grave ou morte do cónxuxe ou fillo, cinco días; enfermidade grave, ingreso hospitalario ou morte dos pais, catro días; enfermidade grave ou morte doutros familiares ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, dous días. Cando o solicitante conviva co finado engadirase un día máis de permiso. Así mesmo, cando a localidade sexa distinta, nun ámbito de douscentos km de distancia, disporase en todos os casos anteriores dun día máis, e de dous días máis se a distancia é superior. Por falecemento dun familiar do terceiro grao de consanguinidade ou afinidade, o tempo que sexa necesario para asistir ao sepelio.

g) Polo tempo indispensable por asuntos propios e causa xustificada ou para o cumprimento dun deber inescusable de carácter persoal, público ou privado, non podendo superar a quinta parte da xornada computada trimestralmente. No caso de que a causa que motivou a licenza implique o percibo de retribución ou indemnización, descontarase o importe desta do salario a que teña dereito.

h) As traballadoras, por lactación dun fillo menor de nove meses terán dereito a unha hora de redución da xornada de traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. Este permiso poderá ser gozado indistintamente pola nai ou polo pai no caso de que ambos traballen.

i) Ata nove días laborables cada ano natural de traballo efectivo por asuntos particulares non incluídos nos puntos anteriores. O período de desfrute destes 9 días de asuntos propios será extensivo ata o 15 de xaneiro do ano natural seguinte. Tales días non poderán acumularse ás vacacións anuais retribuídas. O persoal poderá distribuír os devanditos días ao seu criterio logo da autorización do xerente. Os traballadores que se incorporen ao longo do ano natural gozarán destes días na proporción que corresponda ao período efectivamente traballado.

Sumarase un día máis para os traballadores que leven traballados quince anos na empresa, dous días para os que leven vinte anos, tres días para os que leven vinte e cinco anos, e así sucesivamente. Este permiso solicitarase con corenta e oito horas de antelación.

j) Os traballadores que por razón de garda legal, teñan ao seu coidado directo un menor de seis anos ou un diminuído físico ou psíquico que non desenvolva ningunha actividade remunerada, terán dereito a unha redución dun terzo ou da metade da xornada de traballo, coa redución proporcional das súas retribucións. A concesión de redución de xornada por este motivo será incompatible co desenvolvemento de calquera outra actividade remunerada.

k) No suposto de incapacidade do cónxuxe ou persoa coa que demostre convivir, do pai ou da nai, se convive co traballador, e previa a debida xustificación, poderase solicitar redución de xornada nas mesmas condicións que no parágrafo anterior.

Os permisos e licenzas anteriormente referidos recoñeceranse igualmente cando veñan xerados pola persoa que de cotío conviva -parella de feito- co traballador que os solicita, asimilando os familiares

desta a aqueles que por consanguinidade o sexan do traballador.

Os permisos referidos na letra f) deste artigo, estenderanse aos supostos de enfermidades infecto-contaxiosas dos fillos menores de idade, así como á tramitación administrativa para a adopción nacional e internacional.

Artigo 9º.-Licenzas sen soldo.

Os traballadores que teñan cumprido polo menos un ano de servizos efectivos, poderán solicitar licenzas sen soldo por un prazo non inferior a quince días nin superior a tres meses. As ditas licenzas seranlle concedidas, sempre que o permitan as necesidades do servizo, dentro dos quince días seguintes ao da solicitude. A duración acumulada destas licenzas non poderá exceder de tres meses cada dous anos. O persoal artístico da Real Filharmonía aterase á súa propia regulación.

Capítulo IV

Suspensión do contrato de traballo

Artigo 10º.-Excedencias.

A excedencia poderá ser voluntaria ou especial, nos termos contidos nos puntos seguintes:

1. Excedencia especial: serán causa desta:

a) A designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ao traballo.

b) Por coidado de familiar ata segundo grao de cosanguinidade ou afinidade, por enfermidade ou doenza deste.

c) Calquera outra causa que se estableza legalmente.

O traballador que goce de excedencia especial ten dereito a reserva sen soldo do posto de traballo, e ao cómputo da antigüidade adquirida durante todo o tempo que permaneza nesta situación. Desaparecida a causa que motivou a excedencia, o traballador deberá solicitar a reincorporación ao consorcio no prazo de trinta días naturais.

2. Excedencia voluntaria: concederáselle ao traballador, logo de petición por escrito con quince días de antelación, podendo solicitalo todos aqueles traballadores que teñan polo menos un ano de antigüidade no consorcio e non teñan gozado doutra excedencia voluntaria durante os tres anos anteriores.

O permiso de excedencia voluntaria concederase por un mínimo dun ano, con reserva do posto de traballo. Poderá ser prorrogable ata cinco anos, sen reserva do posto de traballo. Neste caso, o traballador que goce de excedencia voluntaria, reingresará no consorcio en canto se produza unha vacante na súa categoría laboral. Para estes efectos non se entenderá por vacante a realización dunha substitución temporal. Non obstante, se se producise unha vacante de inferior categoría á que antes ocupaba o traballador en excedencia, poderá optar a ela e esperar a que se produza a que corresponda á súa categoría.

Durante o tempo de excedencia voluntaria non se computará a antigüidade. Este dereito soamente poderá ser exercido de novo polo traballador unha vez que transcorresen tres anos desde a finalización da anterior excedencia.

Artigo 11º.-Permisos non retribuídos.

O traballador terá dereito ata un máximo de doce meses de permiso non retribuído, para a atención de familiares por consanguinidade ou afinidade de ata o segundo grao.

Así mesmo, o traballador e logo de acordo co consorcio, poderá solicitar unha redución de xornada de ata un cincuenta por cento, con redución das percepcións económicas na mesma proporción que a xornada, e durante o tempo necesario para prestar as atencións referidas no parágrafo anterior.

A solicitude, que se deberá efectuar por medio de escrito motivado perante o responsable de persoal, será resolta no prazo improrrogable de quince días, entendéndose concedida no caso de que sobre ela non recaia resolución expresa.

Mentres duren as situacións recollidas neste artigo, o traballador manterá reservado o seu posto de traballo, debendo producirse a reincorporación a este unha vez finalice o permiso concedido.

Capítulo V

Seguridade e hixiene no traballo

Artigo 12º.-Dos dereitos e deberes.

Todos os traballadores ao servizo do Consorcio da Cidade de Santiago teñen dereito á saúde laboral, a integridade física e a gozar dunhas medidas que garantan a debida protección en materia de seguridade e saúde laboral.

Os traballadores veñen obrigados a observar estritamente todas as medidas de seguridade e saúde laboral que se adopten con carácter xeral e específico en cada centro ou posto de traballo.

Así mesmo, os traballadores do consorcio teñen o deber de cooperar na prevención dos riscos profesionais e no mantemento da máxima hixiene no traballo, cumprindo coas instrucións e ordes sobre estas materias.

Neste eido, os traballadores estarán expresamente obrigados a:

Usar correctamente os medios de protección persoal e coidar do seu perfecto estado de conservación.

Dar conta inmediata ao seu superior xerárquico ou directamente ao comité de seguridade e saúde laboral das avarías e deficiencias que poidan supoñer riscos ou ocasionar perigo en calquera centro de traballo.

Coidar e manter a súa hixiene persoal, para evitar enfermidades contaxiosas ou molestias aos seus compañeiros.

Someterse a recoñecementos médicos periódicos e a vacinacións ou inmunizacións ordenadas polas autoridades sanitarias ou o comité de seguridade

e saúde laboral, sendo neste último caso de carácter voluntario. O traballador deberá renunciar por escrito á realización dos recoñecementos médicos.

Non consumir bebidas alcohólicas durante a xornada laboral e absterse de fumar nos lugares nos que puidera resultar molesto aos propios compañeiros ou cidadáns, e non presentarse ou permanecer no posto de traballo en estado de embriaguez ou de calquera outro tipo de intoxicación.

Cooperar na extinción de sinistros e no salvamento e auxilio de vítimas de accidentes de traballo nas condicións que, en cada caso, fosen racionalmente exixibles.

Todo traballador, en caso de risco inminente, e logo de solicitar do seu inmediato superior os medios de protección e prevención de carácter preceptivo para a realización do seu traballo, poderá demorar a súa execución mentres non lle sexan facilitados tales medios. Neste suposto dará conta inmediatamente do feito ao comité de seguridade e saúde laboral ou a un dos seus membros, sen prexuizo de poñelo en coñecemento da Inspección Provincial de Traballo.

Será de aplicación nas dependencias do consorcio a Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo e demais normas legais relativas a esta materia.

Artigo 13º.-Do comité de seguridade e saúde laboral.

Todo traballador ten dereito a participar, por medio dos seus representantes, en materia de seguridade e saúde laboral no traballo.

Para estes efectos, constituirase un comité de seguridade e saúde laboral co obxecto de velar pola adopción, mantemento e perfeccionamento dunhas medidas axeitadas de seguridade e saúde laboral nos centros de traballo dependentes do consorcio.

Estará composto por representacións paritarias do consorcio e dos traballadores.

O comité de seguridade e saúde laboral elaborará o seu propio regulamento de funcionamento, no que se determinarán as funcións que deberá asumir.

Capítulo VI

Acción social

Artigo 14º.-Acción social.

O consorcio dotará anualmente no seu orzamento unha partida de polo menos seis mil euros, para o financiamento de gastos de acción social, a cal estará incluída na masa salarial, e será suplementada ata o importe que permita a masa salarial autorizada segundo os criterios que establece a Lei de orzamentos xerais do Estado.

Artigo 15º.-Das axudas.

O destino da partida de acción social será o seguinte, con independencia de que a comisión de interpretación e vixilancia do convenio poderá, no futuro, acordar outras ou modificar as actuais medidas con base na consideración doutras necesidades ou no cambio nas prioridades actuais.

a) Axudas sanitarias. Estarán dirixidas ao financiamento de gastos sanitarios non incluídos na cobertura do sistema da Seguridade Social, requirindo xustificación do gasto efectuado.

b) Axudas por gardaría. Financiarán os gastos derivados da atención en gardarías dos fillos dos traballadores do consorcio, e ata que non se xeneralice o réxime de gratuidade do tramo de educación infantil establecido pola Administración correspondente, exixíndose xustificación do gasto efectuado.

c) Axudas por fillos ou cónxuxe diminuidos físicos, psíquicos ou sensoriais. O consorcio aboaralles aos traballadores do consorcio unha axuda por este concepto, sempre que non perciban ou teñan dereito a outro tipo de axudas por este motivo.

d) Axuda a compra de vivendas. O consorcio financiará durante un ano a compra ou promoción dunha primeira vivenda destinada a residencia habitual e permanente dos traballadores ao seu servizo. As axudas económicas consistirán na subvención de tres puntos nos xuros devengados por créditos concedidos para adquisición de vivenda ou na concesión de axudas a contías alzadas, de acordo cos criterios que estableza a comisión de interpretación e vixilancia do convenio.

O importe das axudas concedidas, conforme as letras a), b), c), e d), non poderá superar o importe establecido no artigo 14, practicando no seu caso as pro ratas que resulten necesarias.

e) Plan de pensións. O persoal do consorcio gozará dun plan de pensións individualizado cunha contía total anual cos topes que se establezan nos orzamentos xerais do Estado dentro da masa salarial autorizada. A comisión paritaria elaborará a proposta concreta do plan de pensións.

A xestión destas axudas realizarase de conformidade con este convenio tendo en conta o principio de capacidade económica dos solicitantes para os efectos de establecer as prioridades e contías das subvencións. A comisión paritaria xestionará o diñeiro das axudas, para o cal os representantes da parte social estarán obrigados a realizar unha asemblea anual nos dous centros de traballo afectados por este convénio con todos os traballadores e someter a súa proposta a votación, a cal será vinculante para a parte social.

Artigo 16º.-Dos anticipos.

Todo o persoal con máis dun ano de antigüidade terá dereito a solicitarlle ao Consorcio da Cidade de Santiago un anticipo sen xuros ata o importe de tres mensualidades do salario real. A amortización deste anticipo non excederá do dez por cento (10%) do seu salario mensual.

Complementariamente, os traballadores terán dereito a percibir, en caso de urxente necesidade, un anticipo de ata o noventa por cento das retribucións mensuais, o cal se descontará automaticamente na nómina do mesmo mes na que se conceda.

Artigo 17º.-Pólizas de seguro.

O Consorcio da Cidade de Santiago garantirá:

A prestación de asistencia xurídica especializada aos traballadores técnicos que a precisen por razón de conflitos con terceiros derivados da prestación do servizo.

A subscrición dunha póliza de seguro que permita unha cobertura suficiente das responsabilidades civís que puideran derivar da prestación do servizo dos traballadores ténicos do consorcio, agás nos casos de neglixencia debidamente acreditada.

A subscrición dunha póliza de seguros colectivo de vida, que cubrirá as continxencias de morte ou invalidez en calquera dos seus graos, e con independencia das circunstancias que a orixinen, e en contía de vinte e catro mil corenta euros para o período de vixencia deste convenio.

Artigo 18º.-Complemento de incapacidade temporal.

O Consorcio da Cidade de Santiago completará as percepcións económicas dos traballadores durante a situación de incapacidade temporal ou similar, con independencia da circunstancia que a orixine, ata o cento por cento das súas retribucións mensuais durante o período.

Capítulo VII

Política de promoción de emprego

Artigo 19º.-Promoción de emprego.

O Consorcio da Cidade de Santiago queda obrigado a constituír bolsas de emprego coas vacantes que se produzan por xubilación, incluíndo nas súas ofertas de emprego prazas de idéntica categoría profesional ou outras de distinta categoría que se creen por transformación das citadas vacantes.

Artigo 20º.-Idade de xubilación.

Todo traballador que, cunha antigüidade mínima de quince anos de servizo no Consorcio da Cidade de Santiago, se acolla á xubilación anticipada, percibirá en concepto de gratificación á vinculación as seguintes cantidades:

Idade de xubilaciónPrima de xubilación

60 anos7 mensualidades

61 anos6 mensualidades

62 anos5 mensualidades

63 anos4 mensualidades

64 anos3 mensualidades

Igualmente, coa previa conformidade do traballador, poderá producirse a xubilación aos sesenta e catro anos, segundo o establecido no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo, naqueles casos en que a contratación simultánea doutro traballador, exixida no citado real decreto, sexa aconsellable por circunstancias do servizo ou da función.

Artigo 21º.-Xubilación parcial.

Todo traballador maior de sesenta anos que así o solicite terá dereito a reducir a súa xornada entre un corenta e un sesenta por cento (40%-60%), por paso a situación de xubilación parcial, o cal será

substituído polo menos en idéntica proporción e mentres dure a referida situación por un traballador contratado baixo a modalidade de contrato de relevo.

Capítulo VIII

Da muller traballadora

Artigo 22º.-Da igualdade no traballo.

Os traballadores son iguais perante a lei, sen que poida prevalecer ningunha discriminación por razón de sexo.

Serán nulos de pleno dereito calquera acordos, decisións ou prácticas unilaterais da dirección do Consorcio da Cidade de Santiago que conteñan discriminacións adversas no emprego, así como en materia de retribucións, xornada, organización do traballo e outros que teñan a súa orixe nalgún tipo de discriminación.

Artigo 23º.-Da protección á maternidade.

O Consorcio da Cidade de Santiago definirá os postos de traballo con riscos que afecten especificamente á maternidade, ben á nai, ben ao feto e, elaborará unha relación de postos alternativos para ocupar polas traballadoras embarazadas.

Cando o posto de traballo ocupado supoña un risco para a nai ou o feto e o consorcio non poida adaptala a el nin ofertar outro posto compatible coa súa situación, poderase declarar o posto da traballadora afectada na situación de suspensión de contrato por risco durante o embarazo.

Mentres dure a situación referida, a traballadora manterá reservado o seu posto de traballo e percibirá un salario igual que unha mensualidade normal.

Capítulo IX

Dereitos sindicais

Artigo 24º.-Dereitos sindicais.

Os membros do comité de empresa que exerzan o cargo de presidente ou secretario, poderán dispoñer dun número adicional de quince horas mensuais para atender tales cargos.

O goce de horas sindicais só precisará de comunicación previa e no seu cómputo excluirase o tempo de asistencia a reunións con órganos do Consorcio da Cidade de Santiago.

Poderánselle acumular a un membro do comité de empresa as horas sindicais correspondentes a outros membros do comité de empresa.

Os gastos derivados das funcións propias do comité de empresa e do delegado de persoal serán subvencionados polo consorcio.

Capítulo X

Réxime disciplinario

Artigo 25º.-Principios do réxime disciplinario.

A xerencia do consorcio comprometerase a esgotar a vía do diálogo previa á iniciación de expediente disciplinario a calquera traballador do Consorcio da Cidade de Santiago.

O comité de empresa será oído nos expedientes disciplinarios que se incoen contra traballadores do Consorcio da Cidade de Santiago, tanto na fase de instrución como na de resolución, sempre que exista petición expresa neste sentido pola parte do inculpado.

Neste eido, o comité de empresa deberá ser notificado da iniciación, tramitación e resolución de todos os expedientes disciplinarios que se incoen. Así mesmo, terá dereito a ser oído en comparecencia directa polo xuíz instrutor e pola autoridade ou órgano competente en materia sancionadora, logo de adopción de resolución.

En todo caso, en calquera das fases do procedemento, gardarase total discreción en canto á identidade do traballador en cuestión e dos feitos que se lle imputan.

Sempre que se inicie expediente disciplinario, deberá poñerse fin ao procedemento coa correspondente resolución por parte do órgano competente. A resolución haberá de ser motivada e nela non se poderán aceptar feitos dos que non serviron de base ao prego de cargos e a proposta de resolución, sen prexuízo dunha distinta valoración xurídica.

Artigo 26º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

1. A suma de catro faltas de puntualidade na asistencia ao traballo cando exceda de dez minutos no período dun mes.

2. Non cursar en tempo oportuno a baixa correspondente cando se falte ao traballo por motivo xustificado, a non ser que se probe a imposibilidade de telo efectuado.

3. Pequenos descoidos na conservación nos xéneros ou do material do consorcio.

4. Non comunicarlle ao consorcio calquera modificación de domicilio.

5. As discusións con outros traballadores dentro das dependencias do consorcio, sempre que non sexa en presenza de público.

6. O abandono do traballo sen causa xustificada, aínda cando sexa por breve período de tempo. Se como consecuencia deste se orixinara un prexuízo grave ao consorcio ou causara risco á integridade das persoas, esta falta poderá ser considerada como grave ou moi grave segundo os casos.

7. Falla de aseo e limpeza persoal cando sexa de tal natureza que poida afectar á imaxe do consorcio.

8. Non atender ao público coa corrección e dilixencia debidas.

Artigo 27º.-Faltas graves.

Consideraranse como faltas graves as seguintes:

1. A suma de cinco faltas de puntualidade na asistencia ao traballo cando exceda de trinta minutos nun mes.

2. A desobediencia á dirección do consorcio ou a quen se atope con facultades de dirección ou organización no exercicio regular das súas funcións en materia de traballo. Se a desobediencia fose reiterada ou implicase quebranto manifesto da disciplina no traballo ou dela derivase prexuízo para o consorcio ou para as persoas, poderá ser cualificada como falta moi grave.

3. Descoido importante na conservación de xéneros ou material do consorcio.

4. Simular a presenza doutro traballador, asinando ou fichando por el.

5. As discusións con outros traballadores en presenza de público ou que transcenda a este.

6. Empregar para uso propio artigos, aparellos ou roupa do consorcio, ou sacalos das instalacións ou dependencias do consorcio a non ser que exista a pertinente autorización.

7. Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares dentro da xornada laboral.

8. A inasistencia ao traballo sen a debida autorización ou causa xustificada de tres días en seis meses.

9. A comisión de tres faltas leves, aínda que sexan de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado amoestación por escrito.

10. Faltar un día ao traballo sen a debida autorización ou causa xustificada.

Artigo 28º.-Faltas moi graves.

Consideraranse como faltas moi graves:

1. Faltar máis de cinco días ao traballo, sen a debida autorización nun período de seis meses, sempre que teñan mediado sancións previas polos mesmos feitos.

2. A simulación de enfermidade ou accidente.

3. A fraude, a deslealdade ou abuso de confianza nas xestións encomendadas, así como facer negociacións de industria ou comercio por conta propia ou doutra persoa sen a expresa autorización do consorcio dentro do horario de traballo, así como a competencia desleal na actividade desta.

4. Facer desaparecer, inutilizar ou causar desperfectos en materiais, útiles, ferramentas, maquinaria, instalacións, edificios, aparellos e documentos do consorcio.

5. O roubo, furto ou malversación cometidos tanto ao consorcio como aos compañeiros de traballo ou a calquera outra persoa dentro das dependencias do consorcio, durante a xornada laboral ou en calquera outro lugar.

6. Violar o segredo da correspondencia ou documentos reservados do consorcio, durante a xornada laboral ou en calquera outro lugar.

7. Orixinar frecuentes rifas e liortas cos compañeiros e compañeiras de traballo.

8. Falta notoria de respecto ou consideración ao público.

9. Malos tratos de palabra ou obra ou a falta grave de respecto e consideración aos xefes ou aos seus familiares, así como aos compañeiros e subordinados.

10. Toda conduta, no ámbito laboral, que atente gravemente contra o respeto á intimidade e dignidade mediante a ofensa, verbal ou física, de carácter sexual. Se a referida conduta é levada a cabo prevaléndose dunha posición xerárquica, suporá unha circunstancia agravante daquela.

11. A comisión por un superior dun feito arbitrario que supoña a vulneración dun dereito do traballador legalmente recoñecido, de onde derive un prexuízo grave para aquel subordinado.

12. A continuada e cotiá falla de aseo e limpeza, de tal índole que afecte á imaxe do consorcio da Cidade de Santiago.

13. A embriaguez cotiá e drogodependencia manifestada ao longo da xornada laboral e no posto de traballo. Estes estados manifestados unha soa vez son constitutivos de falta grave.

14. Diminución continuada e voluntaria no rendemento normal do seu traballo, sempre que non estea motivada por ningún dereito recoñecido polas leis.

15. A comisión de tres faltas graves, aínda que sexan de distinta natureza, sempre que se cometan dentro dos seis meses seguintes de terse producido a primeira.

16. Acoso moral ou sexual no traballo.

17. A utilización continuada e abusiva dos medios tecnolóxicos e materiais do consorcio para uso distinto do seu cometido.

Artigo 29º.-Réxime de sancións.

Corresponde á Xerencia do Consorcio da Cidade de Santiago a facultade de impor sancións nos termos estipulados neste convenio. A sanción das faltas leves, graves e moi graves requirirá comunicación escrita ao traballador, facendo constar a data e os feitos que a motivan.

Para a imposición de sancións seguiranse os trámites previstos na lexislación vixente, incluída a facultade do traballador de solicitar a cancelación segundo o disposto no acordo de cobertura de baleiros.

Artigo 30º.-Sancións máximas.

As sancións poderán imporse en cada caso, atendendo á gravidade das faltas cometidas, e serán as seguintes:

1. Por faltas leves: amoestación verbal e amoestación por escrito, en presenza do representante legal dos traballadores, se así o solicitase o traballador sancionado.

2. Por faltas graves: suspensión de emprego e soldo de un a dezaseis días.

3. Por faltas moi graves: desde a suspensión de emprego e soldo de dezaseis a sesenta días, ata o despedimento nos supostos nos que a falta sexa cualificada no seu grao máximo.

Artigo 31º.-Prescrición.

A facultade da xerencia do consorcio para sancionar prescribirá para as faltas leves aos dez días, para as faltas graves aos corenta e cinco días e, para as faltas moi graves a partir dos noventa días desde que o consorcio tivo coñecemento da súa comisión.

Artigo 32º.-Expediente sancionador.

Calquera que sexa a falta cometida, con carácter de grave ou moi grave, dará lugar á instrución de expediente sancionador, comunicándolle por escrito ao traballador o grao da falta cometida, a data e os feitos constitutivos, así como con carácter previo á representación sindical dos traballadores.

O traballador deberá asinar o xustificante da recepción, e contará a partir desa data cun prazo de cinco días hábiles para formular as alegacións que estime adecuadas na súa defensa. O consorcio remitirá ambos os documentos ao comité de empresa co obxecto de que emita o oportuno informe no prazo de tres días.

A imposición de calquera sanción grave ou moi grave seralle comunicada ao comité de empresa por escrito, asinando este o recibo correspondente.

O incumprimento do Consorcio da Cidade de Santiago dos trámites previstos neste artigo dará lugar á nulidade da sanción.

Capítulo XI

Formación e perfeccionamento do persoal

Artigo 33º.-Formación e perfeccionamento do persoal.

De conformidade co previsto no artigo 23 do Estatuto dos traballadores, o consorcio facilitará a formación e promoción profesional do seu persoal.

O consorcio facilitará cursos de formación e perfeccionamento do persoal do Consorcio da Cidade de Santiago. O consorcio establecerá anualmente, informando ao comité de empresa e ao delegado de persoal, por curso académico, un plan de formación e perfeccionamento do persoal, estruturado por áreas profesionais.

A organización dos citados cursos poderá realizala directamente o consorcio ou mediante convenios con institucións públicas ou privadas. Ao persoal do consorcio que imparta a docencia en cursos de formación organizados polo Consorcio da Cidade de Santiago computaránlle como horas de xornada ordinaria.

Complementariamente, o consorcio poderá autorizar, cando o permitan as necesidades do servizo, a asistencia dos seus traballadores a cursos, seminarios ou encontros profesionais. Cando o seu contido o aconselle, a asistencia poderá computar como xornada de traballo e poderán ser sufragados os gastos de asistencia correspondentes.

Persoal técnico administrativo

Capítulo XII

Clasificación profesional

Artigo 34º.-Sistema de clasificación profesional.

A comisión paritaria elaborará unha proposta de clasificación profesional de todo o persoal do Consorcio da Cidade de Santiago.

Artigo 35º.-Criterios para determinar a pertenza aos grupos profesionais.

A determinación da pertenza a un grupo profesional será o resultado da ponderación, entre outros, dos seguintes factores: titulación, coñecementos, iniciativa, autonomía, responsabilidade, mando e complexidade.

Artigo 36º.-Persoal con capacidade diminuída.

Cando se dan circunstancias de capacidade diminuída, sobrevida e permanente nun traballador, debidamente acreditadas, este poderá ser destinado mediante resolución do xerente co informe do comité de empresa, a postos de traballo vacantes definidos na relación que sexan axeitados ás súas condicións, deixando vacante o posto do que era titular e percibindo as retribucións que tiña recoñecidas nel, se é o caso, o importe equivalente as pensións compatibles que perciba do sistema da Seguridade Social.

Capítulo XIII

Organización do traballo e modificación

das súas condicións

Artigo 37º.-Organización do traballo.

A organización do traballo, conforme a lexislación vixente, é faculdade exclusiva do Consorcio da Cidade de Santiago, correspondendo a súa aplicación práctica ao xerente, todo iso sen prexuízo dos dereitos e facultades de audiencia e información recoñecidos aos traballadores no Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido do Estatuto dos traballadores, e demais disposicións legais que resultan de aplicación.

Artigo 38º.-Cambio de quenda.

Cando as necesidades do servizo o fagan necesario, poderase proceder ao cambio permanente de quenda dos traballadores. Para iso será necesario emitir un informe xustificativo por parte do xerente, que se remitirá ao comité de empresa e ao traballador ou traballadores afectados co fin de que aleguen o que ao seu dereito conveña. No caso de existir discrepancia elevaranse as conclusións de cada unha das partes á comisión paritaria co fin de que se pronuncie sobre o referido cambio, e iso sen prexuízo das accións legais que correspondan. En todo caso o cambio será temporal e estenderase ata que non cesen as causas que o motivaron.

Cando por baixas, permisos ou outras licenzas recollidas neste convenio, exista necesidade de proceder ao cambio temporal de quenda dos traballadores, esta non poderá prolongarse máis dun mes.

No caso de ser necesario, establecerase un sistema de rotación nos cambios de quenda con base no criterio de menor antigüidade no centro de traballo, caso de estar definido, ou na categoría. Destas decisións darase conta ao comité de empresa.

Artigo 39º.-Mobilidade funcional.

Traballos de categoría superior: cando así o exixan as necesidades do servizo, o xerente, informando o comité de empresa, poderá encomendarlles aos traballadores a realización de funcións correspondentes a unha categoría ou posto singularizado superior ao que exerzan, dentro da mesma área funcional, por un período non superior a seis meses durante un ano ou oito durante dous. Nestes casos, os traballadores terán dereito a percepción da diferenza retributiva correspondente. Se superados estes prazos, existise un posto de traballo vacante da mesma categoría, deberá ser cuberto polos procedementos de provisión establecidos no convenio. Para os efectos do artigo 23.3º do Estatuto dos traballadores, os procedementos de provisión de vacantes por quenda de ascenso serán os únicos que permitan modificar a categoría profesional dos traballadores.

Traballos de categoría inferior: se por necesidades perentorias e imprevisibles fose necesario destinar un traballador a tarefas correspondentes a outra área funcional, os xefes das unidades e servizos poderán propoñelo á xerencia a través dun informe motivado, logo de comunicación ao comité de empresa, á vista do cal a xerencia poderá facelo por tempo non superior a un mes dentro do mesmo ano. Nestes casos, aos traballadores manteráselles a retribución e os demais dereitos da súa categoría profesional. A un traballador non se lle poderán asignar traballos de categoría inferior en tanto en canto o resto de traballadores encadrados no mesmo grupo profesional e área funcional non se viran afectados pola situación aquí presentada.

Artigo 40º.-Mobilidade de centro de traballo.

A Xerencia comunicarálle ao comité de empresa e ao delegado de persoal os traslados de centro de traballo do persoal.

Capítulo XIV

Provisión de vacantes, selección e contratación.

Do inicio e extinción da relación laboral

Artigo 41º.-Oferta de emprego.

A oferta de emprego é o acto polo cal se regulará anualmente a provisión de vacantes, selección e contratación do persoal laboral do consorcio. Unha vez determinadas as vacantes existentes comunicaráselle ao comité de empresa e ao delegado de persoal a relación destas. A oferta de emprego conterá todas as vacantes existentes, deducindo as que se provean por reingreso de traballadores procedentes da situación de excedencia voluntaria.

Artigo 42º.-Promoción profesional.

As condicións de exercicio do dereito a promoción profesional dos traballadores dentro da súa área profesional negociaranse entre o consorcio e ó comité de empresa e o delegado de persoal cada ano en

función da súa situación do cadro de persoal e as vacantes para prover en cada oferta de emprego. Para iso, poderanse establecer quendas específicas de promoción sobre a totalidade ou parte das vacantes de cada categoría. As quendas de promoción requirirán, en calquera caso, que os aspirantes reúnan os requisitos de titulación das prazas ás que queren acceder así como a superación de probas de capacidade.

Artigo 43º.-A selección.

O programa das probas selectivas e a convocatoria correspondente, serán obxecto de informe polo comité de empresa e o delegado de persoal antes da súa aprobación polo Consello de Administración. Nos tribunais que xulguen as probas garantiranse o respecto ao criterio de especialización. En calquera caso, garantirase a presenza dun representante dos traballadores designado polo comité de empresa e delegado de persoal.

Artigo 44º.-A contratación temporal.

Os postos de traballo que respondan á actividade regular, normal e permanente do consorcio serán atendidos por persoal laboral. A contratación temporal só terá lugar nos termos do artigo 32 do Real decreto 2223/1984, así como no disposto na Lei 12/2001, do 9 de xullo, de medidas urxentes de reforma do mercado de traballo para o incremento do emprego e o propio Estatuto dos traballadores reformado, e nos casos seguintes:

-Para proceder á substitución de persoal en situación de enfermidade, accidente de traballo e por ausencia xustificada dun traballador nun período inferior a un ano ou excedencias especiais.

-Para a posta en funcionamento de novos servizos e ata a súa definitiva cobertura.

-Para reforzar os servizos existentes en caso de acumulación de tarefas ou campañas especificas. Este tipo de contrato poderá concertarse por un tempo non superior a seis meses en un tempo de doce meses. Naqueles casos nos que o contrato se concertase por un prazo inferior ao establecido, poderán prorrogarse por unha ou máis veces ata o referido prazo máximo de seis meses.

-Para a selección de traballadores contratados temporalmente, as convocatorias de prazas por quenda libre para persoal fixo poderán prever a constitución de listas de espera dos aspirantes proporcionais á puntuación obtida. Igualmente, cando non existan listas de espera dispoñibles e nos casos en que a singularidade da categoría ou praza o aconselle, poderase proceder á convocatoria dun proceso concursal para reforzar os servizos existentes.

Artigo 45º.-Do período de proba.

Os contratos de traballo formalizaranse por escrito, incluirán unha cláusula de que o contrato é subscrito polo traballador con coñecemento das obrigas que derivan da normativa de incompatibilidades sen prexuízo da responsabilidade que se puidese deducir noutro posto de traballo que viñera desempeñando. En calquera caso, o consorcio subministrarálle infor

mación ao traballador, antes da sinatura do contrato, das normas sobre incompatibilidades que o afecten.

Para a fixación do período de proba, establécense os seguintes períodos:

-Grao superior: 6 meses.

-Grao medio: 3 meses.

-Resto persoal: 2 meses.

-Persoal non cualificado: 1 mes.

Artigo 46º.-Do inicio da relación laboral.

A admisión do persoal efectuarase de acordo coas disposicións legais vixentes na materia, así como o regulado neste capítulo.

A totalidade dos contratos subscritos dentro dos ámbitos de aplicación deste convenio -temporais e indefinidos- formalizaranse por escrito, e rexistraranse na Oficina Pública de Emprego no prazo dos dez días seguintes á formalización, dando traslado da copia básica deles á representación legal dos traballadores e, en todo caso, entregándolle unha copia ao traballador no prazo dos quince días seguintes ao seu rexistro na correspondente oficina pública.

Artigo 47º.-Da extinción da relación laboral.

Da relación laboral temporal: a extinción da relación laboral temporal, calquera que fose a súa modalidade de contratación e duración, deberá serlle notificada ao traballador por escrito e con polo menos quince días de antelación. Este aviso previo será substituído por unha indemnización equivalente a un día de salario por cada día de atraso co que se produza a referida comunicación.

Cesamento voluntario: o traballador que desexe cesar voluntariamente no servizo estará obrigado a poñelo en coñecemento desta por escrito e cunha antelación mínima de quince días naturais ao día do cesamento.

Liquidación o seu aboamento: ao finalizar a relación laboral, calquera que sexa a causa, o consorcio porá á disposición do traballador a liquidación detallada por conceptos. O traballador poderá, se así o desexa, solicitar a presenza dun representante legal na sinatura da liquidación.

Comunicación do despedimento: o consorcio deberá informar aos representantes legais dos traballadores de todas aquelas comunicacións de despedimento formuladas aos traballadores, podendo os representantes destes obter información sobre os documentos relativos á finalización da relación laboral.

Capítulo XV

Xornada e horario de traballo

Artigo 48º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo será de trinta e sete horas e media efectivas semanais, prestadas de luns a venres en réxime de xornada continuada desde as 7.45 ata as 15.15 horas.

Non serán laborables os seguintes días:

-Día 24 de decembro.

-Día 31 de decembro.

Tamén serán días non laborables aqueles días que aparezan reflectidos no calendario laboral para o Concello de Santiago de Compostela.

O persoal do consorcio disporá dun descanso de vinte e cinco minutos diarios retribuídos e non recuperables dentro da xornada laboral.

Para os efectos do establecido neste artigo computarase como tempo de traballo efectivo, o estritamente necesario para vestirse coa roupa de traballo efectivo, recoller, gardar ou ordenar as roupas, uniformes, materiais, ferramentas e demais útiles de traballo. En calquera caso, o tempo empregado en cambiarse de roupa non será superior a sete minutos.

Así mesmo, entenderanse comprendidos dentro da xornada laboral ordinaria os tempos empregados en pausas regulamentarias, desprazamentos e outras interrupcións derivadas do cumprimento das normas de seguridade e hixiene ou da propia organización do traballo.

En síntese, considérase tempo efectivo de traballo o comprendido entre a hora de entrada en que o traballador estea no centro de traballo e a hora de saída do propio centro.

O incumprimento da xornada de traballo establecida neste acordo dará lugar ás correspondentes deducións en nómina, sen prexuízo das responsabilidades disciplinarias a que poida dar lugar.

Artigo 49º.-Xornada de verán.

Durante os meses de xullo e agosto, o horario ordinario reducirase a trinta horas semanais en xornada continua desde as 8.30 ata as 14.30 horas.

Na semana do 25 de xullo, a xornada de traballo será desde as 9.00 ata as 14.00 horas.

Artigo 50º.-Horas extraordinarias.

Non se poderán realizar horas extraordinarias agás as necesarias para previr ou reparar sinistros, danos ou para atender necesidades extraordinarias e urxentes. Estas horas non se terán en conta para efectos da duración máxima de xornada ordinaria laboral, nin para o cómputo do número máximo de horas extraordinarias utilizadas. Cando non existan traballadores que desexen realizalas voluntariamente, a xerencia poderá sinalar quen teña que executalas, comunicándollo ao comité de empresa. As horas extraordinarias e a razón da súa urxencia seranlle comunicadas ao comité de empresa nas corenta e oito horas seguintes á súa realización.

Artigo 51º.-Descanso entre xornadas.

Calquera que sexa o réxime de organización do traballo de cada servizo, entre o final dunha xornada e o comezo da seguinte mediarán como mínimo doce horas.

Capítulo XVI

Dereitos lingüísticos

Artigo 52º.-Dereitos lingüísticos.

Os traballadores ao servizo do Consorcio da Cidade de Santiago teñen o dereito e o deber de desenvolver a súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua oficial na Comunidade Autónoma e, en particular, no Consorcio da Cidade de Santiago, e a acceder a vías de formación lingüística en relación co servizo público e co perfil do posto de traballo, no marco das disposicións contidas no Estatuto de autonomía, Lei 3/1983, de normalización lingüística de Galicia, Lei 5/1988, que regula o uso do galego nas entidades locais, e Regulamento municipal de normalización lingüística.

O Consorcio da Cidade de Santiago establecerá, de acordo coas disposicións normativas citadas e coas que puidesen ditarse neste ámbito, as medidas adecuadas para garantirlles aos seus empregados o exercicio pleno e sen retribucións dos dereitos recollidos neste capítulo, nos niveis oral e escrito do uso do idioma galego.

Estas medidas incluirán necesariamente, entre outras, as seguintes:

a) A regulamentación da avaliación do coñecemento do idioma galego para os efectos de acceso, promoción interna e provisión de postos de traballo.

b) A implantación de sistemas de traballo que aseguren o exercicio do dereito dos traballadores do consorcio a desenvolver a súa actividade laboral en galego.

c) A adopción das medidas imprescindibles tendentes a garantir o dereito dos administrados a seren atendidos na lingua oficial de Galicia.

Os traballadores teñen dereito a asistir a cursos de aprendizaxe e perfeccionamento do idioma galego organizados polo consorcio dentro do horario de traballo. O tempo investido na asistencia aos devanditos cursos será computado como tempo efectivo de traballo.

O Consorcio da Cidade de Santiago disporá dos medios suficientes no que a substitución de persoal se refire, para posibilitar e promocionar a asistencia dos traballadores ao seu servizo a cursos de aprendizaxe ou perfeccionamento do idioma galego.

Nas probas selectivas que se realicen para o acceso ás prazas incluirase unha proba de coñecemento da lingua galega.

Capítulo XVII

Vestiario e uniformes

Artigo 53º.-Provisión do vestiario e uniformes de traballo.

Corresponderálle ao Consorcio da Cidade de Santiago a provisión do vestiario e uniformes de traballo ao persoal que o necesitase estritamente para o exercicio do seu posto, como é o caso de ordenanzas e encargado/a de limpeza.

Capítulo XVIII

Réxime retributivo

Artigo 54º.-Conceptos retributivos.

A retribución do persoal do consorcio afectado por este convenio fixarase na táboa salarial do anexo I deste convenio e estará integrada polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Antigüidade.

c) Pagas extraordinarias.

d) Complemento salarial de posto de traballo.

Artigo 55º.-Salario base.

En concepto de salario base mensual para cada grupo profesional será o que se detalla no anexo I deste convenio nas táboas salariais, tendo efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 2005.

Para o ano 2006, a comisión paritaria elaborará as táboas salariais referidas para este ano, coa suba prevista nos orzamentos xerais do Estado para este concepto.

Artigo 56º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade para todas as categorías, consistente en cuadrienios que se aboarán mensualmente en 14 pagas a razón do cinco por cento (5%) do salario base, segundo o establecido na táboa salarial do anexo I deste convenio.

Artigo 57º.-Complemento salarial de convenio e de postos de traballo.

Establécese para todos/as os/as traballadores/as incluídos no ámbito de aplicación deste convenio, un complemento salarial de convenio con contías detalladas no anexo I, e que serán aboadas en 12 mensualidades.

Artigo 58º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá dúas pagas extraordinarias en igual contía que unha mensualidade de retribucións de soldo base, antiguidade e unha cantidade adicional equivalente á que se lles recoñezan aos funcionarios, de acordo co establecido na Lei de orzamentos xerais do Estado, as cales se percibirán coa paga dos meses de xuño e decembro.

A percepción das pagas extras será proporcional ao tempo traballado en cómputo de anos naturais, considerándose as fraccións de mes por exceso como mes completo. Así mesmo, consideraranse como traballados, para os efectos referidos, os períodos de permanencia en situación de IT por parte do traballador.

Artigo 59º.-Horas extraordinarias.

As horas extras realizadas polos traballadores compensáranselles ben en descanso ben economicamente do xeito que a continuación se determinará e tomando para iso como base do cálculo o salario-hora, resultado de dividir a totalidade das percepcións

económicas que percibirá o traballador entre o número de horas traballadas.

O setenta e cinco por cento (75%)nas horas extras de días laborables, de incremento con respecto á hora normal.

O cento cincuenta por cento (150%) nas horas extras de domingos e festivos, de incremento con respecto á hora normal.

Artigo 60º.-Remuneración anual.

En cumprimento do disposto no artigo 26.5º do vixente Estatuto dos traballadores, detallaranse na táboa salarial do anexo I deste convenio os salarios en cómputo anual, en función da xornada efectiva pactada neste acordo.

Artigo 61º.-Revisión económica.

A que se fixe nos orzamentos xerais do estado para o persoal laboral.

Artigo 62º.-Indemnizacións por razón de servizo.

Devengaranse nas mesmas condicións que as establecidas na normativa vixente.

Artigo 63º.-Gratificacións.

Poderán recoñecerse gratificacións para o persoal laboral polo desempeño de servizos extraordinarios, dentro dos créditos que para ese concepto se autoricen nos orzamentos anuais do Consorcio da Cidade de Santiago. O devengo de tales gratificacións non xerará dereito ningún de consolidación. As gratificacións non poderán ter a natureza de periódicas no seu devengo ou de fixas na súa contía.

Real Filharmonía de Galicia

Capítulo XIX

Da Real Filharmonía de Galicia, do seu persoal

Artigo 64º.-Do persoal da Real Filharmonía de Galicia.

Dada a peculiar organización que preside a relación de traballo dos membros da RFG, e entendendo que merece ser tratada de xeito particular e diferenciado respecto do sistema de clasificación profesional pactado para o resto dos traballadores, establécese o seguinte sistema de clasificación profesional para todos os membros, o cal se clasificará nos seguintes grupos profesionais:

O cadro de persoal da Real Filharmonía de Galicia divídese nos seguintes grupos:

-Dirección.

-Persoal técnico e administrativo.

-Persoal artístico.

Artigo 65º.-Dirección.

A dirección comprende ao director artístico titular e ao director técnico.

Artigo 66º.-Categorías laborais do seu persoal técnico e administrativo.

-Encargado de comunicación e documentalista (titulado superior).

-Copista-arquiveiro (titulado superior ou diplomado universitario).

-Produción (oficial de 1ª administrativo).

-Auxiliar administrativo (auxiliar administrativo).

-Utilleiro (persoal cualificado).

Artigo 66º.1.-Descrición das categorías do persoal técnico e administrativo.

1. Encargado de comunicación e documentalista (titulado superior): é o traballador con experiencia e coñecementos suficientes, que ten por finalidade a coordinación e control de todo o material impreso e dixital da RFG, relacións cos medios de comunicación, elaboración de programas de man para os concertos e coordinación das diferentes publicacións e campañas de promoción que se fagan sobre a orquestra. Depende directamente do director técnico.

2. Copista-arquiveiro: preparar e poñer á disposición dos profesores e directores da orquestra, as partituras e partichelas necesarias.

3. Produción (oficial de 1ª administrativo): é o traballador con suficientes coñecementos e experiencia que ten por finalidade todo aquilo relacionado coa produción das actividades da orquestra. Depende directamente do director técnico.

4. Auxiliar administrativo (auxiliar administrativo): é o traballador que ten como funcións principais o apoio no traballo realizado polas diversas áreas que integran a unidade. Depende directamente do director técnico.

5. Utilleiro (persoal cualificado): é o traballador que executa directamente as necesidades técnicas de instalación da RFG. Depende directamente do director técnico.

Artigo 66º.2.-Condicións específicas do persoal técnico e administrativo.

Seralle de aplicación xeral a epígrafe correspondente ao persoal técnico administrativo, a excepción das causas xeradas polas necesidades particulares deste servizo que se especifican a continuación, así como as retribucións, que se rexerán polas táboas salariais do anexo II para o ano 2005. Para o ano 2006, a comisión paritaria elaborará as táboas salariais referidas para este ano, coa suba prevista nos orzamentos xerais do Estado para este concepto, e o artigo 95 do capítulo XXI deste convenio.

-Xornada de traballo: a xornada de traballo será de trinta e sete horas e media efectivas semanais, prestadas de luns a venres segundo acordo entre o comité de empresa da Real Filharmonía e a dirección da empresa, asinado o mesmo día da sinatura do convenio.

-Horas extraordinarias: establecerase (debido á dispoñibilidade horaria para o persoal que viaxa coa orquestra) unha compensación en tempo libre para os excesos de xornada derivados destas funcións.

Nas saídas e xiras que teñan lugar en horario non laboral, venres á tarde, sábados, domingos e festivos, cada hora de dispoñibilidade horaria compensarase cun 50% sobre da hora ordinaria, de xeito que cada hora de traballo realizada en horario non laboral (venres á tarde, sábados, domingos e festivos) será compensada cunha hora e media de descanso, así como para os excesos da xornada habitual.

-Axudas de custo: establécense como axudas de custo para percibir polo persoal técnico administrativo que se desprace en xiras e saídas fóra da cidade de Santiago de Compostela e dentro do territorio nacional, a partir das seguintes cantidades:

* Saídas: 20 euros.

* Xiras: media axuda de custos: 20 euros; axuda de custos completa: 40 euros.

* Xiras internacionais: media axuda de custos: 40 euros; axuda de custos completa: 80 euros.

As cantidades aquí reflectidas son para o ano 2006. Para o ano 2005 serán as cantidades actualmente existentes.

Provisión do vestiario e uniformes de traballo: corresponderálle ao Consorcio da Cidade de Santiago a provisión do vestiario e uniformes de traballo ao persoal que o necesitase estritamente para o exercicio do seu posto, como é o caso do utilleiro.

Artigo 67º.-Categorías laborais do persoal artístico.

-Concertino.

-Axuda de concertino.

-Principais de corda, vento e percusión.

-Coprincipais de corda e vento.

-Tutti de corda.

Artigo 67º.1.-Descrición das categorias do persoal artístico.

a) Concertino.

Denomínase concertino ao primeiro violín da sección de violíns primeiros. O concertino é o posto de maior responsabilidade dos do cadro de persoal da RFG. Por iso, ademais das funcións que como profesor instrumentista lle corresponden e das que se lle poidan encomendar, será responsabilidade do concertino:

1. Afinar a orquestra.

2. Supervisar os ensaios por seccións, formacións reducidas ou conxunto sinfónico completo que lle sexa encomendado.

3. Sinalar os arcos e anotacións que considere oportunos, coa suficiente antelación. En casos en que sexa xustificado, poderá recorrer ao concurso dos principais de corda para poñer criterios en común ou consensuar a tarefa.

O concertino, dentro das súas funcións, é o máximo colaborador do director artístico titular e dos directores convidados. Na ausencia do director artístico

titular, poderá asumir a responsabilidade da execución do servizos.

b) Axuda de concertino.

Denomínase así o segundo violín da sección de violíns primeiros.

c) Principal.

Terán a condición de principal os profesores que exerzan a maior responsabilidade musical dunha sección, agás nos primeiros violíns.

Os principais, ademais das funcións que como profesores instrumentistas teñen encomendadas, coidarán e responsabilizaranse do funcionamento da súa sección, sen prexuízo das atribucións xerais do concertino. Cando o director artístico titular o estime necesario ou ben por iniciativa propia, deberán realizar ensaios parciais coa súa respectiva sección. Os principais terán en conta a opinión da súa sección respecto á recomendación para a contratación de reforzos. Serán considerados principais os profesores que desempeñen o exercicio dos seguintes postos:

-O primeiro violinista da sección dos segundos violíns.

-O primeiro violista.

-O primeiro violonchelista.

-O primeiro contrabaixista.

-O primeiro frautista.

-O primeiro oboista.

-O primeiro clarinetista.

-O primeiro fagotista.

-O primeiro e o terceiro trompista.

-O primeiro trompetista.

-O timbaleiro.

Os principais de vento poden tocar voluntariamente o segundo instrumento que lle corresponde obrigatoriamente ao coprincipal da súa sección.

O timbaleiro igualmente pode tocar voluntariamente os instrumentos de percusión.

d) Coprincipal.

Terán a condición de coprincipal os profesores que ocupen o lugar inmediatamente seguinte ao dos principais. Serán considerados coprincipais os profesores que desempeñen o exercicio dos seguintes postos:

-O terceiro violinista da sección dos primeiros violíns.

-O segundo violinista da sección dos segundos violíns.

-O segundo violista.

-O segundo violonchelista.

-O segundo contrabaixista.

-O segundo frautista.

-O segundo oboista.

-O segundo clarinetista.

-O segundo fagotista.

-O segundo trompista.

-O segundo trompetista.

Os coprincipais estarán obrigados a interpretar como segundo instrumento, cando sexan requeridos para iso:

-O frautín na sección de frautas.

-O corno inglés na sección de oboes.

-O clarinete baixo na sección de clarinetes.

-O contrafagot na sección de fagotes.

Nos casos do clarinete baixo e contrafagot, os instrumentos serán achegados pola RFG.

A comisión paritaria deste convenio determinará ao comezo da temporada e co coñecemento da programación que se vaia realizar, e en función do esforzo artístico que require a interpretación deste segundo instrumento, cando terá a consideración de principal para efectos artísticos e retributivos o coprincipal por esta interpretación.

Igualmente, e para o resto de coprincipais, a comisión paritaria deste convenio será a que determine cal é o seu segundo instrumento, establecendo igualmente cando terá por esta interpretación a consideración de principal para efectos artísticos e retributivos.

e) Tutti.

Serán considerados tutti os profesores instrumentistas que desempeñen o exercicio dos seguintes postos:

-Sete primeiros violíns.

-Seis segundos violíns.

-Cinco violas.

-Catro violonchelos.

-Un contrabaixo.

Considérase, así mesmo, unha gratificación variable cada vez que un músico coa categoría de axuda de concertino, coprincipal ou tutti cambia de posición na orquestra, que se valora calculando a diferenza do soldo mensual entre ambos os postos, dividido por 30 e multiplicado polo número de días en que o músico teña permutado a súa posición en cada obra musical. O resultante divídese entre o número de pezas que compoñen o programa, e multiplícase polo número das pezas que o músico ten tocado efectivamente.

Artigo 68º.-Mobilidade funcional.

O axuda de concertino, os coprincipais e os tutti poderán ocupar unha categoría superior sobre da que estean contratados para cubrir excedencias voluntarias dunha duración de máis dun mes e inferior a un ano, e excedencias especiais ata o seu remate, sempre que así o determinen o director artís

tico e técnico, asumindo todas as funcións e retribucións da categoría superior mentres dure a situación anteriormente descrita, e sen que isto signifique a consolidación da praza.

Capítulo XX

Do persoal artístico da Real Filharmonía,

da selección de persoal e organización do traballo

Artigo 69º.-Plan de actividades.

O plan xeral de actividades estará suxeito ao calendario xeral de programación previamente aprobado polo Consello de Administración baixo o control da Xerencia do Consorcio da Cidade de Santiago.

Porase en coñecemento dos músicos cunha antelación de tres meses os avances anuais do calendario xeral de programación, referidos respectivamente á tempada de abono e a tempada de verán (xuño-marzo, respectivamente), nos que se detallará toda a información dispoñible neses momentos sobre os contidos da programación, as obras, os solistas e directores, datas de ensaios, concertos ou representacións públicas, xiras e gravacións. Unha vez aprobada e coa maior antelación posible ao inicio de cada tempada, entregarase a revisión actualizada da programación incluíndo o plan de actividades, o cadro de persoal, os programas e os servizos (ensaios, representacións públicas, gravacións ou xiras) con carácter definitivo.

Artigo 70º.-Oferta de emprego.

A oferta de emprego é o acto polo cal se regulará anualmente, a provisión de vacantes, selección e contratación do persoal laboral da Real Filharmonía. Unha vez determinadas as vacantes existentes, comunicaráselle ao comité de empresa a relación destas. A oferta de emprego conterá todas as vacantes existentes, deducindo as que se provexan por reingreso de traballadores procedentes da situación de excedencia voluntaria. O consorcio publicitará as prazas existentes, ademais de polas vías e medios habituais, noutros medios especializados logo de comunicación ao comité de empresa.

Artigo 71º.-Organización de concursos.

Os tribunais de selección para a provisión de vacantes na Real Filharmonía de Galicia estarán compostos polos seguintes membros:

-O director titular da orquestra, como presidente do tribunal, con voz e voto de calidade.

-O principal director convidado con voz e voto.

-O concertino, con voz e voto.

-O principal da sección, ou ben o principal dunha sección afín, normalmente dentro da mesma familia instrumental -cando se convoque un posto de principal-, con voz e voto.

-Un membro da sección, ou da familia instrumental con voz e voto, elixido pola propia sección.

-O director artístico consultará cos principais a necesidade de invitar a un especialista, o cal será elixido de común acordo entre a orquestra e a dirección, con voz e voto.

-Un representante da Administración, que actuará como secretario, con voz e sen voto.

-O director técnico da RFG, con voz e sen voto.

-Un representante dos traballadores, con voz e sen voto.

O veredicto do tribunal determinarase mediante unha votación, sendo necesaria a obtención de maioría absoluta. Se por causa de abstencións ou votos en branco se producise un empate, decidirá o director como presidente do tribunal, con voto de calidade.

A primeira volta dos concursos efectuarase detrás dunha cortina, para garantir a opinión imparcial dos membros do tribunal.

O director artístico estipulará as roldas oportunas na celebración da audición, o cal se especificará nas bases da convocatoria.

En cada especialidade procederase da mesma forma: unha vez rematada a primeira volta de audicións e realizadas as deliberacións e votacións do tribunal, farase pública a lista de seleccionados para realizar a seguinte volta: unha vez realizada a última, e resolto o veredicto do tribunal, farase pública a lista de admitidos mediante a súa exposición no taboleiro da orquestra.

No caso de que algún profesor titular da orquestra opte a un posto de superior categoría e obteña esta praza, o posto que ocupaba ata o momento quedará automaticamente vacante, podéndose ofrecer a outro dos candidatos que, a xuízo do tribunal, reúna as condicións necesarias. O afianzamento da súa praza quedará, non obstante, condicionado a que o profesor que cambiou de posición se afiance no seu novo posto tras o correspondente período de proba.

Se o tribunal o estima oportuno, no caso de dúbida entre dous candidatos que demostraran unha cualificación equivalente, poderáselles outorgar a posibilidade de experimentar algunhas semanas de proba coa orquestra, reservando o veredicto definitivo para despois dese período. Neste caso o tribunal terá en conta a opinión do conxunto da RFG.

A non ser que na convocatoria se especifique outra cousa, a incorporación dos seleccionados producirase de maneira inmediata, unha vez resoltos os asuntos legais. Excepcionalmente, non obstante, teranse en conta os impedimentos particulares que obriguen a demorar tal incorporación, sempre e cando se comunicasen con anterioridade á finalización do proceso.

Artigo 72º.-Profesores de reforzo.

Para a contratación dos profesores instrumentistas de reforzo ou substitutos, a Administración deberá consultar cos principias de cada seccion e a dirección artística.

Para efectos de provisión das vacantes eventuais existentes na empresa, tanto para suplir vacantes que se produzan derivadas de baixas e inasistencias dos titulares como interinos (máis dun mes), o consorcio aproveitará os concursos que se realicen nos

termos descritos no artigo 71º coa finalidade de establecer unha bolsa de interinos cos presentados a estes concursos que non obteñan a praza convocada, ordenando a estes en función do seu resultado de cara a prover estas vacantes. Este proceso estará supervisado polo comité de empresa de cara a garantir o seu normal funcionamento.

Artigo 73º.-Período de proba.

Os contratos de traballo formalizaranse do seguinte xeito:

-Contrato por interinidade.

-Contrato indefinido.

-Contrato por reforzo.

Os contratos indefinidos formalizaranse cun ano de proba. O aviso previo de non superación do período de proba deberá ser comunicado cando menos con 60 días de antelación. Para os efectos da decisión de superación ou non do período de proba, a dirección da orquestra e a xerencia do consorcio terán en conta a opinión do conxunto da RFG.

Artigo 74º.-Xornada de traballo do persoal artístico.

A xornada laboral do persoal artístico será de trinta e sete horas e media semanais, das cales vinte e sete e media destinaranse a traballo do conxunto e as dez restantes ao estudo persoal dentro ou fóra dos locais de ensaio, sen horario fixo.

A duración máxima dunha sesión de traballo será de cinco horas e a cantidade de horas traballadas nun día non poderá exceder de sete.

Artigo 75º.-Calendario laboral.

Ata tres semanas antes do inicio dos ensaios previstos para a preparación dun programa, a dirección poderá realizar as alteracións sobre o calendario orixinal que estime oportunas. Un programa enteiro só se poderá incluír cunha antelación de seis semanas. Unha vez superado este prazo non se poderá realizar ningunha modificación.

No cadro orquestral especificaranse os profesores de corda en rotación de descanso e obrigados polo sinalado no artigo 78º deste convenio.

Artigo 76º.-Descanso semanal.

Para o persoal artístico fíxase con carácter xeral un descanso semanal de dous días consecutivos, preferentemente sábado e domingo.

Artigo 77º.-Plan de ensaios.

Esquema de ensaios normais semanais para os concertos regulares de abono.

Procurarase como marco xeral que os ensaios para os concertos de abono sexan planificados segundo o esquema seguinte:

-Dous días cun ensaio de catro horas cada un.

-Un día cun ensaio de tres horas e un ensaio de dúas horas e media.

-Un día co ensaio xeral ás 11.00 horas e co concerto público ás 21.00 horas.

A dirección do consorcio poderá cambiar o descanso semanal establecido con carácter xeral organizando outros servizos en sábados e domingos cun máximo de dez veces ao longo do ano.

Nestes casos o descanso semanal desprazarase e terá que ser como mínimo de trinta e seis horas consecutivas.

Artigo 78º.-Obrigas en situación de libre traballo conxunto.

Todo o persoal artístico de vento e percusión que por mor da programación estea libre de traballo de conxunto segundo o cadro de persoalorquestral distribuído coa antelación suficiente, estará dispoñible por se tivera que suplir algún posto da súa sección, estando en todo momento localizable, e facendo efectiva a súa incorporación se é avisado pola mañá, canto antes, e como máximo na tarde do mesmo día, e se é avisado pola tarde, na mañá do día seguinte.

Para efectos do persoal artístico de corda incluiranse nos cadros de persoal orquestrais os nomes daqueles profesores que terán que estar dispoñibles segundo a orde de rotación.

Artigo 79º.-Servizos.

Entenderase por:

-Medio servizo: un desprazamento inferior a cento cincuenta quilómetros no día, ou inferior a tres horas de duración se se realiza por avión.

-Un servizo: un concerto ou actuación pública, unha sesión de gravación ou un desprazamento superior ao recollido no punto anterior, ou ben un ensaio non superior a tres horas.

-Un servizo e medio: un ensaio de ata catro horas.

-Dous servizos: un ensaio de cinco horas.

Poderanse programar un máximo de dous servizos por día.

O máximo de servizos á semana será de nove.

O cómputo de servizos mensuais non poderá ser superior a trinta.

Cando as circunstancias o exixan, cun máximo de oito veces ao ano, poderanse facer ata dez servizos semanais, compensando estes cunha redución de servizos equivalente a aqueles realizados de máis, dentro dos trinta días naturais arredor desta excepción; en catro destas ocasións poderase chegar a un número máximo de once servizos semanais e sempre e cando o noveno e décimo primeiro se correspondan con desprazamentos.

O tempo máximo de ensaio, gravación ou concerto nun día non será superior a cinco horas e media, e terá que ser distribuído da seguinte maneira:

-Ensaio + ensaio: tres máis dúas e media horas (3 h + 2,5 h), con descansos de vinte minutos respectivamente.

-Ensaio xeral + concerto: a duración das obras máis os descansos.

-Desprazamento + concerto.

-Ensaio + desprazamento.

-Concerto.

Só en caso de gravacións se poderá exceder das cinco horas e media, cunha marxe máxima de dez minutos. Non se efectuarán máis de catro días seguidos de gravacións, tentando evitar que se realicen en domingos e días festivos.

O desprazamento non poderá superar as cinco horas entre ida e volta cando a maiores hai outro servizo, sexa ensaio ou concerto.

Se a actividade do día é só o desprazamento, procurarase que este non supere as sete horas, e cinco, no caso en que o desprazamento se realice en autobús.

O tempo que terá que mediar entre dous servizos terá que ser sempre de dúas horas como mínimo.

Non se realizarán dous concertos ou actuacións públicas no mesmo día a excepción dos concertos didácticos, os cales poderán abranguer dúas sesións de traballo non superiores a unha hora cada unha delas, podendo mediar entre ambos unha pausa non superior a dúas horas. En todo caso non poderá haber outro servizo no mesmo día.

Cando a representación teña unha duración superior a dúas horas e media, non se efectuará ningún outro servizo no mesmo día, exceptuando, de ser o caso, o desprazamento, polo que o ensaio xeral se terá que realizar con anterioridade a ese día.

Así mesmo, e de cara á existencia dunha equidade na repartición do traballo, todos os traballadores dunha sección da orquestra deberán realizar os mesmos servizos en cómputo anual. No caso de existir algunha diferenza ao remate do ano, esta deberá ser compensada en repartición de traballo no ano seguinte.

No inicio da temporada a dirección artística indicaralle aos profesores coas categorias axuda de concertino, principal e coprincipal en que programas require a súa presenza, tendo en conta o dito no punto anterior.

Artigo 80º.-Cancelación de servizos.

Un servizo será computado como realizado se non é cancelado con polo menos corenta e oito horas de antelación. Este tempo verase aumentado a quince días cando tal anulación corresponda a toda a actividade correspondente a unha semana.

Artigo 81º.-Prolongación de servizos.

Segundo o plan de actividades, o director artístico ou, de ser o caso, o director musical poderá, eventualmente e previo acordo cos profesores da Real Filharmonía de Galicia, prolongar os servizos de ensaio en fraccións suplementarias.

No último descanso anterior á prolongación avisaráselle do cambio ao persoal que vexa afectado.

Cada fracción terá que ser retribuída coa aplicación de criterios de horas extraordinarias con respecto ao seu aboamento, ou ben cunha compensación en tempos equivalentes de descanso retribuído, incrementados na mesma porcentaxe que a prevista para as horas extraordinarias.

Artigo 82º.-Descansos entre servizos.

Os descansos nos servizos estruturaranse do seguinte xeito:

-Servizos de dúas horas: un descanso de quince minutos.

-Servizos de dúas horas e media: un descanso de vinte minutos.

-Servizos de tres horas: un descanso de vinte minutos.

-Servizos de catro horas: un descanso de vinte minutos e outro de quince.

-Servizos de cinco horas: un descanso de trinta minutos e outro de quince.

-Nos servizos non se poderá traballar máis de hora e media continuada.

Artigo 83º.-Cómputo horario.

Consideraranse horas de conxunto as efectuadas en ensaios, gravacións, probas acústicas e concertos, así como as horas investidas nos desprazamentos.

Artigo 84º.-Limitacións en horarios de servizos.

O traballo, fóra de xiras ou desprazamentos, efectuarase a razón dun ou dous servizos por día, podendo ter lugar estes entre as nove horas da xornada e a unha e cuarto do día seguinte.

Procurarase que o horario de ensaios e gravacións se programe entre as dez e as dezaoito horas; os ensaios que por diferentes circunstancias se programen a partir das dezaoito horas computaranse como medio servizo a maiores do establecido.

Estes servizos poderán ter unha duración segundo o xa establecido.

Artigo 85º.-Xiras e saídas.

Son saídas aquelas actividades que se efectúen fora do municipio de Santiago de Compostela. Son xiras aquelas saídas que requiran pernoitar.

Artigo 86º.-Vacacións anuais.

O período de vacacións do persoal artístico será dun mes e medio enteiro ou partido, quedando así compensadas as actuacións que se realicen en días festivos, aínda que por mor da programación se poidan dividir as vacacións en dúas partes, sendo trinta días destas vacacións consecutivas. O período de IT, calquera que sexa a súa causa, así como a baixa por maternidade ou paternidade, interrompe o desfrute das vacacións.

O mes de vacacións deberá quedar fixado o 15 de decembro do ano anterior ao que faga referencia, e sempre e en todo caso con dous meses de antelación ao inicio do desfrute do período vacacional.

Os restantes 15 dias de vacacións serán fixados no primeiro trimestre do ano en curso e, en todo caso, con dous meses de antelación ao seu desfrute.

Artigo 87º.-Desprazamentos.

Procederase do xeito que a continuación se detalla:

-Medios de transporte.

-Os desprazamentos faranse preferentemente en transporte colectivo, para o cal o consorcio facilitará o medio de locomoción ou os billetes correspondentes.

-En avión, voo regular, clase turista ou chárter.

-En ferrocarril, de día, primeira clase.

-En ferrocarril, de noite, coche cama.

-En autobús, máximo confort.

Nas xiras, o máximo de actividade do conxunto será de sete horas diarias. Para efectos do cómputo considerarase a semana de sete días contados a partir do día de saída. En xira, por cada seis días traballados observarase rigorosamente un día de descanso, no que non se realizarán desprazamentos nin outros servizos.

Durante ese día non se realizarán actuacións de ningunha índole. En caso de non poder manter este compromiso, consensuarase co comité de empresa a solución máis axeitada. Os descansos semanais desfrutaranse preferentemente ao regreso da xira e, en calquera caso, antes de iniciar un programa distinto.

En caso de que en calquera desprazamento se produzan atrasos por causas alleas ao consorcio ou de causa maior, a comisión paritaria arbitrara o xeito de compensación.

Artigo 88º.-Aloxamentos.

O aloxamento terá que ser facilitado polo consorcio, e deberá cumprir polo menos as seguintes características: hoteis ou apartamentos polo menos de tres estrelas, en réxime de habitación dobre e almorzo. En xiras cunha duración de máis de 8 días procurarase que o aloxamento sexa individual.

Se algún profesor da orquestra desexa excepcionalmente un cuarto individual deberá solicitalo á dirección coa antelación suficiente. A orquestra procurará atender esta petición e o solicitante deberá abonar a diferenza que puidera existir.

Artigo 89º.-Condicións de transporte do material.

Debido á extrema fraxilidade dos instrumentos, terase en conta para o seu transporte (tanto nas saídas como nas xiras) as extremas condicións climáticas que poidan existir, e tratarase de organizar co maior coidado e precaución, contando con persoal cualificado para isto e vehículos acondicionados, garantindo unha temperatura constante nos medios de transporte.

Así mesmo, o consorcio disporá de caixas especiais para transportar axeitadamente todos os instrumentos.

Artigo 90º.-Aluguer de instrumentos.

Sempre que por mor da programación se necesite alugar instrumentos para ser interpretados polos profesores da orquestra, procurarase que estes estean en perfecto estado de utilización e serán entregados coa suficiente antelación para a preparación individual, sendo esta antelación cando menos dunha semana.

Artigo 91º.-Condicións nas salas onde actúa a orquestra.

O consorcio, logo de revisión das salas, disporá as condicións mínimas para que os concertos poidan levarse a cabo e que polo menos serán as seguintes:

-Disporase de espazo suficiente para que todos os músicos poidan tocar con comodidade tanto física como acusticamente. No seu defecto, reducirase o cadro de persoal no número, debendo avisar os profesores no plan de traballo semanal.

-A temperatura será de entre vinte e vinte e seis graos, máis-menos dous graos.

-Iluminación suficiente para a lectura correcta das partituras.

-Calquera compra de material para a RFG consultarase cos músicos afectados.

-Asegurarán, en calquera caso, unhas condicións hixiénicas e de seguridade mínimas para poder actuar, tanto no escenario como en camerinos e servizos.

-Disporanse de cadeiras axeitadas para os concertos fóra da sede da Real Filharmonía de Galicia.

-Os camerinos serán repartidos proporcionalmente, asegurando espazo suficiente para todos os membros da Real Filharmonía de Galicia, entre músicos: mulleres e homes.

Artigo 92º.-Proba acústica.

A proba acústica terá unha duración máxima de trinta minutos, e suprimirase nos seguintes casos:

-Cando o concerto se celebre no mesmo lugar que o ensaio xeral.

-Cando se trate de segundos ou ulteriores concertos no mesmo local (repetición do programa).

-Cando o director artístico o estime conveniente.

Entre o remate da proba e o comezo do concerto haberá unha pausa de trinta minutos. Cando o concerto teña lugar nunha igrexa, esta proba realizarase media hora antes do comezo do concerto.

A proba acústica non ten consideración de servizo independente senón que forma parte do servizo de concerto ao que preceda.

Capítulo XXI

Do persoal artístico da Real Filharmonía,

das súas retribucións, dereitos e deberes

Artigo 93º.-Réxime retributivo do persoal da Real Filharmonía de Galicia.

A retribución do persoal artístico e técnico da Real Filharmonía afectado por este convenio fixarase na

táboa salarial do anexo II deste convenio e estará integrada polos seguintes conceptos:

a) Salario base.

b) Antigüidade.

c) Pagas extraordinarias.

d) Complementos salariais de posto de traballo.

Artigo 94º.-Salario base.

En concepto de salario base mensual, para cada grupo profesional, será o que se detalla no anexo II deste convenio nas táboas salariais, tendo efectos económicos desde o día 1 de xaneiro de 2005.

Para o ano 2006, a comisión paritaria elaborará as táboas salariais referidas para este ano, coa suba prevista nos orzamentos xerais do Estado para este concepto.

Artigo 95º.-Antigüidade.

Establécese un complemento persoal de antigüidade para todas as categorías, consistente en cuadrienios que se aboarán mensualmente a razón do establecido na táboa salarial do anexo II deste convenio. Para o persoal técnico e administrativo da Real Filharmonía, a antiguidade consistirá en cuadrienios a razón do 5% do salario base en 14 pagas.

Artigo 96º.-Complementos salariais.

Establécense para todos os traballadores incluídos no ámbito de aplicación deste convenio, os seguintes complementos salariais, coas contías detalladas no anexo II, e que serán aboadas nas 12 mensualidades:

a) Complemento de asistencia, que percibirá o persoal artístico nas contías sinaladas no anexo II e en 12 pagas.

b) Complemento de posto de traballo: que percibirá todo o persoal da Real Filharmonía (artístico e técnico e administrativo), en 12 pagas e detallado nas táboas salariais do anexo II deste convenio.

c) Complemento por desgaste de instrumento: os músicos que acheguen o seu instrumento percibirán este complemento en 12 pagas e detallado nas táboas salariais do anexo II deste convenio. Este complemento será por cada instrumento obrigatorio que o músico achegue.

d) Complemento de docente: que percibirá o persoal artístico que preste servizos como docente na escola de altos estudos musicais, mentres os preste como retribución fixa de carácter mensual e sen que supoña consolidación, cunha contía de 552,97 A mes e 6.635,69 A en cómputo anual no caso de realizar os servizos durante todo o ano.

Artigo 97º.-Pagas extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá dúas pagas extraordinarias en igual contía que unha mensualidade de retribucións de soldo base, antigüidade, e unha cantidade adicional equivalente á que se recoñeza aos funcionarios, de acordo co establecido na Lei de orzamentos xerais do Estado, as

cales se percibirán coa paga dos meses de xuño, e decembro.

Artigo 98º.-Música de cámara.

Os profesores que de modo voluntario e logo da aprobación do organo correspondente do Consorcio da Cidade de Santiago participen nos ciclos da música de cámara organizados polo consorcio terán dereito a unha retribución complementaria, e esta fixarase anualmente entre a dirección da Real Filharmonía de Galicia e o comité de empresa.

Artigo 99º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas realizadas sobre a xornada ordinaria de traballo, segundo o calendario laboral establecido.

As horas extraordinarias aboaranse cun incremento do setenta e cinco por cento sobre o salario que correspondería a cada hora ordinaria, ou ben serán compensadas por tempos equivalentes de descanso retribuído incrementados na mesma porcentaxe ou ben en diñeiro, a escoller polo traballador.

Artigo 100º.-Axudas de custo.

Establécense como axudas de custo para percibir por todo o persoal artístico que se desprace en xiras, saídas fóra da cidade de Santiago de Compostela e dentro do territorio nacional, a partir das seguintes cantidades:

-Saídas: 20 euros.

-Xiras:

Media axuda de custos: 20 euros.

Axuda de custos completa: 40 euros.

-Xiras internacionais:

Media axuda de custos: 40 euros.

Axuda de custos completa: 80 euros.

As cantidades aquí reflectidas son para o ano 2006. Para o ano 2005 serán as cantidades actualmente existentes.

Artigo 101º.-Propiedade intelectual.

Nas gravacións audiovisuais (TV, radio, discos, etc.) que xeren ingresos para o Consorcio da Cidade de Santiago, o cincuenta por cento dos beneficios serán repartidos a partes iguais entre os profesores músicos que teñan participado nesas gravacións, unha vez que xeren crédito a favor do Consorcio da Cidade de Santiago. Esta remuneración realizarase en concepto de gratificación variable a cargo da habilitación do consorcio.

O consorcio consultará todas as gravacións comerciais co comité de empresa.

Todo o mencionado con anterioridade farase sen prexuízo do resto dos dereitos conexos que puideran asistir aos diferentes profesores en calidade de executantes e que se reputen do exercicio individual.

O comité de empresa promoverá a afiliación á Sociedade de Artistas e Interpretes ou Executantes (A.I.E.) dos profesores da Real Filharmonía de Gali

cia, e o consorcio facilitará as sucesivas declaracións de cada gravación fixada, que produza dereitos de tipo individual aos profesores participantes, para o seu envío a A.I.E. por parte do comité de empresa.

Artigo 102º.-Licenzas sen dereito a retribución.

Todos os profesores da Real Filharmonía de Galicia poderán gozar de permisos non retribuídos por desenvolvemento profesional ou asuntos propios nas seguintes condicións:

1. Deberá solicitarse ao Consorcio da Cidade de Santiago cunha antelación de vinte días naturais nos casos das letras a) e b) do punto quinto deste artigo, trinta dias no caso da letra c) e sesenta días no caso da letra d), a correspondente solicitude acompañada dos documentos xustificativos.

2. O permiso será concedido, de ser o caso, tras ser aprobado polo consorcio.

3. No caso de que a solicitude sexa denegada, deberase xustificar a causa da denegación, para evitar calquera tipo de discrepancias entre os profesores da Real Filharmonía de Galicia.

4. Ao remate do permiso deberá presentar unha xustificación.

5.Os permisos poden ser dunha duración de:

a) Un ou dous días, sempre que non coincida en ensaio xeral.

b) Unha semana.

c) Ata tres meses.

d) Superior a tres meses e inferior a un ano.

6. Unha vez rematado o permiso a incorporación será inmediata. Se non puidera realizarse a incorporación de forma inmediata a xuízo da dirección do consorcio por atoparse un programa en fase avanzada, esta incorporación realizarase ao inicio do seguinte programa. Neste último caso, os días non traballados non serán retribuídos se o posto fose ocupado eventualmente por outra persoa. Nos permisos sinalados no punto d) a incorporación deberá solicitarse cunha antelación dun mes ao remate do permiso e realizarse dentro dos tres días seguintes ao seu remate, coa excepción do programa avanzado sinalado no parágrafo anterior.

A concesión dun permiso tipo d) implicará a suspensión temporal do contrato durante a súa vixencia, causando o traballador baixa no réxime da Seguridade Social. No suposto de que coincidan diferentes solicitudes para o mesmo programa, concederanse por rigorosa orde de solicitude.

7. Cando un profesor solicite un permiso para realizar unha actividade remunerada (en período de ensaios ou concertos) este farase cargo da diferenza de custos ocasionada ao Consorcio da Cidade de Santiago derivados da contratación dun profesor substituto.

Artigo 103º.-Comisión artística.

Acórdase a constitución con carácter permanente dunha comisión artística de carácter consultivo.

1. Composición: este comité estará formado por tres profesores instrumentistas elixidos polos membros da Real Filharmonía de Galicia, por un período dun ano, sendo posible a súa reelección.

Procurarase que estean representadas todas as seccións da orquestra, e que os asuntos artísticos se traten periodicamente cos profesores da Real Filharmonía de Galicia.

2. Atribucións:

-Elaborar informes sobre a programación de cada temporada.

-Realizar o seguimento da calidade artística de directores invitados, concertinos, solistas invitados, e profesores de reforzo ou substitutos.

3. Dereitos e deberes: os membros da comisión artística terán dereito a coñecer en todo momento a marcha de todas as cuestións relativas á programación, e as súas opinións deberán ser tomadas en consideración.

Terán dereito a tomar decisións en nome dos profesores da orquestra cando sexa necesario facelo, sen privar a consulta aos demais profesores aínda que a práctica habitual haberá de ser a de mantelos informados e sondar os criterios maioritarios.

Deberán estar coordinados cos membros do comité de empresa para aquelas cuestións que constitúan ao mesmo tempo materia artística e laboral.

Artigo 104º.-Seguro de instrumentos musicais.

O consorcio asegurará os instrumentos de todos os/as profesores/as da Real Filharmonía de Galicia, e aqueles outros instrumentos que por necesidades da programación se utilicen.

O seguro cubrirá as seguintes eventualidades: rotura, desperfecto, incendio, roubo, sexa no lugar de traballo, sexa in itinere, sexa no lugar de estudo.

Calquera cambio de instrumento deberá serlle notificado inmediatamente ao consorcio, acompañado da documentación necesaria para formalizar o seguro.

Artigo 105º.-Vestiario.

Os profesores da Real Filharmonía de Galicia actuarán de frac, e as profesoras vestirán de negro (vestido longo negro, traxe negro, blusa negra e saia ou pantalón longo negro). Se as circunstancias (concertos matinais, ópera, zarzuela...) o requiren, vestirán con camisa ou blusa negra e pantalón negro.

O consorcio destinará unha cantidade para que os profesores poidan renovar cada catro anos as partes do vestiario que estimen necesario. O persoal da orquestra responsabilizarase de manter en todo momento o vestiario das actuacións limpo, pranchado e en perfectas condicións de uso.

Artigo 106º.-Localidades en concertos.

Nos concertos organizados pola Real Filharmonía de Galicia facilitaránselle a todos os traballadores que o soliciten, dúas localidades de balde por programa.

Cando a orquestra interveña en concertos non organizados polo Consorcio da Cidade de Santiago, este procurará que os organizadores faciliten unha invitación por traballador.

Artigo 107º.-Retribucións dos solistas.

Os profesores que toquen como solistas coa orquestra, tanto por primeiro concerto como polas repeticións sucesivas, así como partes solísticas, percibirán unha retribución establecida no anexo III deste convenio. En todo caso, poderanse acordar outras cantidades por este concepto, que sempre serán superiores ás aquí pactadas.

ANEXO I

Retribucións do persoal técnico e administrativo

da Casa de Vaamonde

CategoríaSalario base

mes

Complemento específico mesTotal anual

Xefe oficina supervisión

(arquitecto)

1.108,922.575,3246.428,69

Arquitecto coordinador

de proxectos (xefe oficina

supervisión e infraestrutura)

1.108,922.575,3246.428,69

Director técnico (arquitecto)1.108,922.575,3246.428,69

Coordinador de proxectos

(arquitecto)

1.108,922.516,7045.725,31

Informática (titulado superior)1.108,921.923,3438.604,92

Delineante895,10593,8719.657,82

Administración (oficial de 1ª)876,29805,521.934,13

Administración (auxiliar)727,52278,5313.527,64

Administración (auxiliar)727,5218,4310.406,44

Conserxe740,76391,6115.069,84

Limpadora727,5218,2610.404,41

ANEXO II

Retribucións do persoal

da Real Filharmonía de Galicia

-Persoal artístico.

Categoría

Salario base

mes

Complem.

asistencia mes

Complem.

específico mes

Complem.

achega instrumento mes

Total anual

Antigüidade (valor cuadrienio)

Concertino3.021,59253,81921,2551,3857.019,6654,24

Axuda de

concertino

1.846,66155,12563,0351,3835.087,5654,24

Principal1.703,45143,09519,3651,3832.414,3043,79

Coprincipal1.582,86132,96482,5951,3830.163,1543,79

Tutti1.424,56119,67434,3451,3827.208,4742,87

-Persoal técnico e administrativo.

CategoríaSalario base

mes

Complemento específico mesTotal anual

Director técnico1.085,002.527,3645.518,32

Encargado de comunicación

e documentalista

1.108,92903,9826.372,69

Produción (oficial de 1ª)876,29805,6121.935,35

Utillero876,29670,4620.313,60

Copista-axudante de arquivo876,29420,1917.310,40

Administración (auxiliar)727,52278,5313.527,64

ANEXO III

Retribucións dos profesores da Real Filharmonía de Galicia que actúen coma solistas

Número de actuaciónsCantidade (A)

1ª actuación920

2ª actuación e programa repetido457

3ª actuación e seguintes co mesmo programa307