DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 19 de setembro de 2005 Páx. 15.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 6 de xullo de 2005 pola que se aproban os concertos educativos cos centros docentes privados de educación primaria, educación secundaria obrigatoria, educación especial, programas de garantía social, ciclos formativos de grao medio e ciclos formativos de grao superior.

Advertidos erros na citada Orde do 6 de xullo de 2005, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 137, do 18 de xullo de 2005, cómpre facer as seguintes correccións:

Na páxina 12.727, no anexo VI, columna dereita, onde di: «F.C.T. CICLOS MEDIOS», debe dicir: «F.C.T. CICLOS SUPERIORES».