DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 180 Luns, 19 de setembro de 2005 Páx. 15.665

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

RESOLUCIÓN do 7 de setembro de 2005, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se anuncia a exposición pública das listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas dos programas I, II e III, correspondentes ás axudas do Fondo de Acción Social do ano 2005 para o persoal ao servizo da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co establecido no punto 6 -procedemento- das condicións xerais do acordo da Comisión Paritaria de Acción Social respecto dos criterios de repartición deste fondo para o exercicio 2005 entre o persoal ao servizo da Administración de xustiza nesta comunidade autónoma, ao cal se lle deu publicidade por medio da Resolución do 23 de maio de 2005, da Dirección Xeral de Xustiza, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 101, do 27 de maio; esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer públicas as listas provisionais das solicitudes admitidas e excluídas, correspondentes aos programas I, II e III: axuda para fillos e para estudos dos fillos, axuda para estudos de funcionarios e axuda para minusválidos. As devanditas listas están expostas nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, das audiencias provinciais, dos xulgados decanos, do Servizo de Xerencia e na páxina web desta consellería.

Segundo.-Os/As solicitantes destes programas poderán presentar un escrito e, se é o caso, documentos de reparación de faltas e erros no prazo de 15 días naturais a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, de acordo co establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e no devandito punto 6 do acordo sobre criterios de repartición do Fondo de Acción Social para o exercicio 2005. A presentación da documentación cómpre facela nos rexistros xerais dos órganos administrativos establecidos no artigo 38 da mencionada Lei 30/1992 e dirixilos ao director xeral de Xustiza da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (praza de Europa, 5 A-4º, polígono das Fontiñas, 15781 Santiago de Compostela).

Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2005.

Santiago Antonio Roura Gómez

Director xeral de Xustiza