DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 16 de setembro de 2005 Páx. 15.616

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

DECRETO 498/2005, do 15 de setembro, polo que se nomea presidenta do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais a conselleira de Cultura e Deporte.

En virtude do establecido no artigo 11 da Lei 4/1989, do 21 de abril, de creación do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, modificada pola Lei 2/1991, do 14 de xaneiro, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de setembro de dous mil cinco,

Nomeo presidenta do Instituto Galego das Artes Escénicas e Musicais, por razón do seu cargo, a conselleira de Cultura e Deporte.

Santiago de Compostela, quince de setembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte