DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 16 de setembro de 2005 Páx. 15.616

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 9 de setembro de 2005 pola que se designa a Ana María Rúa Souto como presidenta da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

De conformidade co acordo subscrito o 5 de xullo de 1994, entre a Consellería de Industria e Comercio e o Instituto Nacional do Consumo, para a constitución da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia, en relación co disposto no artigo 3.1º p) do Decreto 192/2005, do 23 de xuño, polo que se establece a estrutura orgánica do Instituto Galego de Consumo, e para dar cumprimento no artigo 3.4º do Real decreto 636/1993, do 3 de maio, polo que se regula o sistema arbitral de consumo,

DISPOÑO:

Designar a Ana María Rúa Souto, presidenta do Instituto Galego de Consumo, como presidenta da Xunta Arbitral de Consumo de Galicia.

Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2005.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria