DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 16 de setembro de 2005 Páx. 15.615

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS E XUSTIZA

DECRETO 495/2005, do 15 de setembro, polo que se nomea secretaria xeral de Política Lingüística a María Sol López Martínez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de setembro de dous mil cinco,

Nomeo secretaria xeral de Política Lingüística a María Sol López Martínez.

Santiago de Compostela, quince de setembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

José Luis Méndez Romeu

Conselleiro de Presidencia, Administracións

Públicas e Xustiza