A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas as facultades de designación e separación dos vogais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.
O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos para o exercicio das devanditas competencias.
Conforme co previsto no artigo 40 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación e separación dos vogais dos consellos de administración deberán facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades e organismos representados no Consello de Administración, polo que, vista a petición realizada ao abeiro do disposto no artigo 40, número 2º, da Lei 27/1992, e, en canto órgano competente,
DISPOÑO:
O cesamento de Pablo Ramón Fernández Asensio como vogal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, 9 de setembro de 2005.
Carmen Gallego Calvar
Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA