DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 179 Venres, 16 de setembro de 2005 Páx. 15.614

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

DECRETO 492/2005, do 15 de setembro, polo que se dispón que cese Mª Carmen Bianchi Valcarce como delegada provincial de Pontevedra da Consellería de Innovación, Industria e Comercio.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Innovación e Industria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día quince de setembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese Mª Carmen Bianchi Valcarce como delegada provincial de Pontevedra da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, quince de setembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria