DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 14 de setembro de 2005 Páx. 15.487

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 3 de agosto de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (para o persoal adscrito ao servizo de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza urbana e de praias de Vigo).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. (para o persoal adscrito ao servizo de recollida e transporte

de residuos sólidos urbanos, limpeza urbana e de praias de Vigo), con nº de código 3601791 que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o 6-7-2005, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 22-6-2005. De conformidade co disposto no artigo 90 2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.- Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.- Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 3 de agosto de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. para su personal adscrito a los servizos de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza urbana e de praias da cidade de Vigo

Capítulo I

Normas xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio colectivo regulará as condicións de traballo da empresa Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. co seu persoal adscrito aos servizos de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza urbana e de praias da cidade.

Artigo 2º.-Duración e vixencia.

1. A duración do convenio será de catro anos polo que se estenderá a súa vixencia ata o 31 decembro de 2008.

2. Non obstante, este convenio seguirase aplicando ata a sinatura do novo convenio que o substitúa. Nese momento observarase o que determine a lexislación vixente en materia de negociación colectiva.

3. Este convenio entrará en vigor o día da súa sinatura, agás as condicións económicas que terán a súa vixencia a partir do 1 de xaneiro de 2005.

Artigo 3º.-Denuncia.

Este convenio considerarase automaticamente denunciado unha vez rematada a vixencia prevista

no artigo anterior, sen necesidade de aviso previo ningún.

Artigo 4º.-Condicións máis beneficiosas.

Todas as condicións económicas, ou de calquera índole, contidas neste convenio terán o carácter de mínimas, polo que os pactos, cláusulas ou situacións implantadas por anteriores adxudicatarios que impliquen condicións máis beneficiosas para os/as traballadores/as con respecto a este convenio, individual ou colectivamente, subsistirán para aqueles que as veñen gozando.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

1. As retribucións establecidas neste convenio compensarán e absorberán todas as existentes no momento da súa entrada en vigor, calquera que sexa a súa natureza ou orixe.

2. Os aumentos de retribucións que puidesen producirse no futuro por disposicións legais só serán aplicables cando, considerados globalmente e en cómputo anual, superen os aquí pactados. No caso contrario, serán compensados e absorbidos manténdose este convenio nos seus propios termos.

Artigo 6º.-Comisión mixta paritaria.

1. No prazo máximo de 10 días desde a sinatura do convenio, constituirase unha comisión mixta de interpretación e vixilancia do convenio.

2. Estará formada por 6 representantes da parte económica e 6 da parte social, pertencentes ao comité de empresa. Ambas as dúas partes poderán contar con asesores.

3. Reuniranse por instancia da parte, cantas veces sexa necesario, debendo celebrar a reunión dentro das 48 horas seguintes á convocatoria.

4. As súas funcións serán as seguintes:

a) Interpretación da totalidade das cláusulas deste convenio.

b) Vixilancia e cumprimento do pactado.

c) Estudo e valoración de novas disposicións legais de promulgación posterior á entrada en vigor deste convenio que poidan afectar ao seu contido.

d) Cantas outras actividades tendan á eficacia práctica do convenio e a unha maior solución interna dos conflitos.

5. As reunións da comisión mixta paritaria, cando sexan convocadas pola parte empresarial, o día correrá por conta da empresa, e cando sexan convocadas pola parte social, será o 50%: é dicir, o día investido na reunión correrá por conta da parte social e a seguinte reunión sempre por conta da empresa. Despois de cada negociación dun convenio colectivo, as catro primeiras reunións desta comisión serán por conta da empresa.

Artigo 7º.-Interpretación e aplicación do convenio.

1. Ambas as dúas partes conveñen en que calquera dúbida ou diverxencia que poida xurdir, sobre a interpretación ou aplicación deste convenio, sexa sometida, antes de establecer reclamación ante os órganos competentes, a informe da comisión mixta paritaria.

2. A comisión mixta paritaria deberá emitir o seu informe nun prazo máximo de 48 horas a partir do día seguinte en que fose solicitado.

3. As funcións e actividades da comisión mixta paritaria non obstruirán en ningún caso o libre acceso á xurisdición administrativa e contenciosa prevista na lei.

Capítulo II

Condicións económicas

Artigo 8º.-Condicións económicas.

1. As condicións económicas serán as que para cada categoría se establecen na táboa salarial anexa, de acordo cos artigos seguintes.

2. O pagamento da nómina mensual efectuarase o último día hábil de cada mes. Cando coincida en festivo ou en sábado, realizarase o día anterior. A entrega da nómina será o día anterior ao pagamento, e a partir de xaneiro de 2006 será en recibo confidencial.

3. O/a traballador/a, logo da notificación á empresa cun mes de antelación, poderá elixir calquera entidade bancaria para o ingreso da súa nómina, achegando, xunto coa solicitude, os datos relativos á súa conta bancaria.

4. Poderase solicitar o aboamento de anticipos quincenais, por conta do traballo efectuado, ata un máximo de 500 A. Este importe aboarase por medio de transferencia bancaria a conta que designe o traballador. Anualmente establecerase o calendario de datas para solicitar o anticipo, así como a data de seu aboamento na conta.

Artigo 9º.-Salario base.

O salario base do persoal afectado por este convenio será o que para cada categoría se establece na táboa salarial anexa. O salario base percibirase por día natural.

Artigo 10º.-Antigüidade.

1. O complemento de antigüidade consistirá en tres bienios do 5% e posteriores quinquenios do 7% sobre o salario base de cada categoría.

2. A antigüidade aboarase o primeiro mes do ano en que se cumpra o bienio ou o quinquenio.

Artigo 11º.-Complemento tóxico, penoso e perigoso.

1. O persoal afecto a este convenio percibirá un complemento do posto de traballo denominado complemento tóxico, penoso e perigoso, o seu importe será o 25% do salario base de cada categoría.

2. Quedan exceptuados da percepción deste complemento os postos de traballo desempeñados por empregados técnico-administrativos, que percibirán un complemento de calidade, da mesma contía ca a do complemento tóxico.

3. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Artigo 12º.-Complemento de actividade.

1. Para as categorías, e polos importes que figuran nas táboas anexas, devengarase este complemento por día efectivamente traballado.

2. Todo o persoal o percibirá cando efectúe o seu traballo cun rendemento correcto.

Artigo 13º.-Complemento de transporte.

1. Todo o persoal afecto por este convenio percibirá un complemento extrasalarial, denominado complemento de transporte, o seu importe será o establecido na táboa salarial anexa.

2. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Artigo 14º-Complemento de nocturnidade.

1. Os/as traballadores/as que realicen a súa xornada entre as 22.00 e as 6.00 horas percibirán un complemento de nocturnidade consistente no 30% do salario base de cada categoría.

2. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado en xornada nocturna.

Artigo 15º.-Gratificacións extraordinarias.

1. As gratificacións extraordinarias de verán, Nadal e beneficios aboaranse, cada unha, a razón de 30 días de salario base máis antigüidade.

2. As pagas de verán e de Nadal devengaranse semestralmente: a de verán, do 1 de xaneiro ao 30 de xuño; a de decembro, do 1 de xullo ao 31 de decembro. Aboaranse os días 20 dos meses de xullo e de decembro, respectivamente.

3. A paga extraordinaria de beneficios devengarase do 1 de xaneiro ao 31 de decembro, e aboarase o día 20 de marzo do ano seguinte ao seu devengo.

4. As pagas extras devengaranse día a día, non devengándose nas ausencias inxustificadas. Nos casos de IT observarase o disposto no artigo 29º.

Artigo 16º.-Complemento de produtividade.

1. O persoal afecto por este convenio percibirá un complemento de posto de traballo, denominado complemento de produtividade, que para cada categoría, será o que se especifica nas táboas salariais anexas.

2. Quedan exceptuados da percepción deste complemento os postos de traballo desempeñados polos empregados técnicos-administrativos.

3. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Artigo 17º-Festivos traballados.

1. Os festivos traballados serán aboados na contía de 77,53 A para todas as categorías, concedendo a empresa ademais un día de descanso compensatorio, que se aboará como día efectivamente traballado.

2. Cos descansos compensatorios pendentes de desfrute, a empresa confeccionará un calendario

anual, con todos aqueles que estean pendentes do seu desfrute, para facelo no período comprendido entre setembro (coincidirá co remate do período establecido de vacacións) e marzo. De setembro a decembro desfrutaranse os xerados ata finais de agosto, e de xaneiro a marzo os xerados de setembro a decembro.

3. Os peóns con carné da clase C e os oficiais de 1ª condutor poderán trocar entre se os traballos en festivos, logo da autorización e sempre que as necesidades do servizo o permitan.

Artigo 18º.-Complemento de vehículos lixeiros.

1. Os/as operarios/as que utilicen os vehículos lixeiros (porters, varredoras de beirarrúas e de rúas, baldeadoras de beirarrúas, tractores con calquera implemento, motos verdes (motocacas), vehículos gator ou outros de similares características que se poidan adquirir), percibirán este complemento na contía que se especifica nas táboas salariais anexas.

2. Este complemento aboarase por día efectivamente traballado.

Artigo 19º.-Axudas de custas.

1. Compensaranse economicamente os desprazamentos por motivos laborais fóra do municipio, sempre que se teña que pernoitar no lugar de desprazamento, ou cando sexa necesario xantar ou cear alí.

2. Compensarase da seguinte maneira:

Axuda de custas completa: 59,83 A día.

Media axuda de custas: 26,61 A día.

Artigo 20º-Incrementos salariais.

O incremento salarial dos catro anos de vixencia será o IPC real de cada ano, máis 1,5 puntos, aplicando este incremento sobre as táboas salariais e demais conceptos económicos vixentes no período anterior. Este incremento distribuirase linealmente entre todas as categorías.

Artigo 21º.-Cláusula de garantía salarial.

1. Para facer efectiva a aplicación do previsto no artigo 20º, en cada ano de vixencia do convenio aplicaráselles ás táboas salariais do ano anterior o incremento do IPC previsto polo goberno para o ano, máis 1,5 puntos.

2. Unha vez coñecido o IPC real de cada ano e no caso de que o IPC previsto polo goberno rexistrase, o 31 de decembro de cada ano, un incremento superior ao inicialmente previsto, efectuarase unha revisión salarial, na variación sobre a cifra indicada. Tal diferenza regularizarase con efectos do primeiro de xaneiro do ano que corresponda, servindo de base para as táboas salariais do ano seguinte.

Artigo 22º.-Diferenza salarial.

Aos/ás traballadores/as que desempeñen funcións de categorías superiores á súa categoría profesional, aboaráselles a diferenza de salario entre a súa categoría profesional e a categoría superior.

Capítulo III

Condicións de traballo

Artigo 23º.-Xornada de traballo.

1. No ano 2005 establécese unha xornada anual de 225 días de traballo efectivo, que corresponde a unha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo (incluídos 20 minutos para o bocadillo). Para o ano 2006 e seguintes establécese unha xornada anual de 222 días de traballo efectivo, cunha xornada diaria de 7 horas de traballo efectivo ( incluídos 25 minutos para o bocadillo).

2. Os días de descanso totais por operario/a serán 48 días ao ano, e retribuiranse como efectivamente traballados. Co fin de levar á práctica este descanso de forma equitativa para todo o persoal, establécese un correquendas semanal.

3. A xornada de traballo do persoal a tempo completo dos servizos de recollida e limpeza, distribuirase de luns a sábado.

4. Durante a vixencia do convenio, a xornada laboral do persoal a tempo completo irase fixando de luns a venres a medida que se aproben as ampliacións do servizo, fixando como día de descanso o sábado, quedando sen efecto o correquendas semanal de descansos. Daráselle prioridade para o troco a esta xornada de luns a venres ao persoal da quenda de noite, despois ao persoal da quenda de tarde e por último ao da quenda de mañá.

5. Para a xornada de traballo de sábados e domingos procederase á contratación de persoal a tempo parcial.

6. O persoal da quenda de noite non traballará os días 24 e 31 de decembro e o persoal das quendas de mañá e tarde non o fará os días 25 de decembro e 1 de xaneiro, agás no número necesario para o servizo que se debe prestar eses días.

Artigo 24º.-Calendario laboral. Debe ter en conta todos os servizos.

Achégase como anexo II o calendario laboral para o ano 2005.

Artigo 25º.-Descanso semanal.

1. Como norma xeral, o persoal das quendas de mañá e tarde realizará o seu descanso semanal o domingo. O persoal que efectúe a súa xornada na quenda de noite descansará a noite do domingo ao luns.

2. Malia o especificado no punto anterior, e ao tratarse dun servizo público de inescusable realización, existe a obriga de prestar o servizo en domingos e festivos. Para o servizo dos domingos contratarase persoal a tempo parcial. Os/as traballadores/as fixos que teñan que traballar nos festivos desfrutarán o seu descanso semanal ou a correspondente festividade outro día, segundo o artigo 17º.

3. Logo da autorización e sempre que as necesidades do servizo o permitan, o persoal que o solicite poderá trocar algún día de descanso con outro/a compañeiro/a que se encontre na mesma quenda e sexa da mesma categoría laboral. En casos excepcionais os condutores poderán solicitar o troco dalgún día

de descanso con algún operario que, aínda non sendo da mesma categoría, estea capacitado para substituílo.

4. A medida que se vaia establecendo a xornada de traballo do persoal fixo de luns a venres, os epígrafes 1 e 2 deste artigo quedarán sen efecto.

Artigo 26º.-Vacacións.

1. Todo o persoal adscrito a este convenio gozará de 30 días naturais de vacacións retribuídas, ou a parte proporcional que lle corresponda en función do tempo traballado.

2. As vacacións retribuiranse a razón de 30 días de salario base, antigüidade e 25 días de complemento tóxico, complemento de actividade, complemento de produtividade e complemento de transporte; igualmente, engadiráselles a cantidade que resulte de dividir por 3 a percepción dos tres meses anteriores ao desfrute das vacacións, polo concepto de nocturnidade.

3. As vacacións gozaranse durante os meses de xuño a setembro, ambos os dous inclusive. Para tal fin confeccionarase un calendario de vacacións.

4. A empresa concederá ao persoal que o solicite o desfrute das vacacións fóra do período establecido neste convenio, sempre que as necesidades do servizo o permitan e, en todo caso, antes da confección do calendario de vacacións anual.

5. A partir do ano 2006 establécese o período de vacacións en tres meses, do 15 de xuño ao 14 de setembro. Para tal fin confeccionarase un calendario anual con tres períodos para o seu desfrute, e con tres grupos de traballadores. Os traballadores que nun ano os desfrutan no primeiro período establecido, o seguinte ano farano no segundo, o seguinte no terceiro, e logo outra vez no primeiro, e así sucesivamente. Establecerase un calendario e faranse tres grupos cos condutores e co persoal en posesión do carné clase C, de modo que o servizo de condutores quede completo nos tres meses de vacacións.

6. A aqueles/as traballadores/as que con anterioridade ao período do desfrute das súas vacacións pasen a unha situación de IT derivada de accidente laboral, hospitalización, ou convalecencia, e que necesiten dunha prótese ou ortopedia, por un período igual ou superior a 30 días, fixaráselles a totalidade das súas vacacións, ou o resto que lles quede por disfrutar, en datas posteriores, dentro do ano natural a que corresponden.

7. Os/as traballadores/as poderán trocar entre se 15 ou 30 días ininterrompidos de vacacións dos que lles corresponden anualmente dentro do período vacacional, sempre que este troco se faga entre traballadores/as da mesma categoría, e antes da confección definitiva do calendario das vacacións anuais.

Artigo 27º.-Permisos e licenzas.

1. O persoal afecto a este convenio terá dereito aos seguintes permisos e licenzas:

2. A. Permisos: a empresa poderá concederlle ao persoal que o solicite, e por causas xustificadas,

ata 15 días de permisos ao ano, sen soldo, sempre que as necesidades do servizo o permitan. Os permisos deberán ser solicitados cunha antelación de 15 días, agás casos de urxente necesidade.

3. B. Licenzas: o persoal terá dereito, sempre que se cumpran os requisitos exixidos pola lei, aos días de licenzas retribuídas na forma e condicións que a continuación se indican:

a) Por matrimonio do/a traballador/a: 18 días naturais.

b) Matrimonio de fillos: 2 días se é na provincia e 3 se é fóra dela.

c) Por nacemento de fillos ou adopción: 3 días.

En caso de intervención cirúrxica no parto: 4 días.

Se o nacemento é fóra da provincia: 5 días.

d) Falecemento, enfermidade grave, accidente, ou hospitalización de cónxuxe, pais, fillos: 4 días.

e) Falecemento, enfermidade grave, accidente ou hospitalización de avós, irmáns, netos: 3 días.

f) Falecemento de tíos ou sobriños: 1 día, (o día do enterro).

g) Por traslado do domicilio habitual: 2 días.

h) Os/as traballadores/as que non estando en situación de IT teñan que ser sometidos a unha intervención cirúrxica: 1 día, o posterior a esta.

i) Para renovación do carné de conducir das clases, C, D e E de todo o persoal que o requira para a realización do seu traballo na empresa, polo tempo que lle sexa necesario para efectuar recoñecemento psicotécnico ou exames.

j) A empresa, logo da petición dos/as traballadores/as que realicen estudos para obtención dun título profesional, e posterior xustificación, concederá as oportunas licenzas para asistir a exames.

k) Polo tempo indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público e persoal.

l) Todo o/a traballador/a, que unha vez iniciada a súa xornada de traballo e no seu transcurso se sentise enfermo, ou recibise notificación de falecemento, accidente ou enfermidade grave dalgún familiar ata segundo grao, e tivese que abandonar o seu posto de traballo, con posterior xustificación médica, percibirá o importe total da dita xornada. Nestes casos a licenza, comezará a cumprirse a partir do día seguinte.

m) Se rematada a xornada de traballo, se tivese dereito a unha licenza, esta comezará o día seguinte.

n) A partir do ano 2006 os/as traballadores/as fixos poderán solicitar 3 días para asuntos propios, que serán regulados pola comisión mixta paritaria.

4. Como norma xeral, as licenzas comezarán a contar na data en que se produza o feito que as motiva. Se por motivos de hospitalización de familiares, debido a enfermidade grave ou por necesidades de operación, se establecesen quendas de estancia no hospital co fin de atender o enfermo, o/a traballador/a

poderá comezar a súa licenza en data posterior ao feito causante.

5. A referencia que nos puntos anteriores se fai ao cónxuxe, entenderase feita, así mesmo, á/ao compañeira/o que de xeito estable e en situación de feito asimilable ao matrimonio, conviva co/a traballador/a, logo da certificación de convivencia que acredite a dita situación.

Artigo 28º.-Seguro de vida e seguro de accidentes.

1. A empresa cubrirá os riscos por falecemento e incapacidade permanente mediante un seguro colectivo de vida e un seguro colectivo de accidentes, que garanta as seguintes indemnizacións:

a) No caso de falecemento por accidente laboral ou enfermidade profesional: 21.000 A.

b) No caso de falecemento por accidente non laboral, ou enfermidade común: 12.000 A.

c) No caso de incapacidade permanente total para a súa profesión habitual, calquera que sexa a súa orixe (accidente laboral ou non laboral, ou por enfermidade común ou profesional) 18.500 A.

d) No caso de incapacidade permanente absoluta ou grande invalidez, calquera que sexa a súa orixe (accidente laboral ou non laboral, ou enfermidade común ou profesional): 24.500 A.

2. Para os efectos deste título considérase accidente de traballo e enfermidade profesional o sufrido con ocasión da prestación de servizos para esta empresa, incluíndo cando se produza in itinere.

3. O titular poderá designar, ante a entidade aseguradora e por escrito, os seus propios beneficiarios.

Artigo 29º.-Incapacidade temporal.

1. Nos supostos de IT derivada de accidente laboral, a empresa complementará ata o 100% do salario mensual desde o primeiro día de baixa e mentres dure esta.

2. De igual xeito, complementarase ata o 100% do salario mensual nos casos de hospitalización e mentres dure a convalecencia.

3. Nos supostos da IT por enfermidade común ou accidente non laboral, a empresa complementará ata o 75% do salario mensual os vinte primeiros días, e ata o 100% a partir do día 21 da baixa.

4. Seguirase igual criterio con respecto ao aboamento das pagas extraordinarias.

5. Será de aplicación a este artigo a retroactividade do seu aboamento a partir do 1 de xaneiro de 2005, así como en anos sucesivos.

Artigo 30º.-Roupa de traballo.

a) Entregáraselle anualmente de forma alternativa do persoal fixo, a seguinte:

Ano 1º

1. Conductores:

Roupa de inverno:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 cazadora.

1 gorro de la.

2 pares de calcetíns.

1 chaleco de alta visibilidade.

Roupa de verán:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 cazadora.

1 gorra.

2 pares de calcetíns.

2. Peóns:

Roupa de inverno:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 cazadora.

1 gorro de la.

2 pares de calcetíns.

1 chaleco de alta visibilidade.

Roupa de verán:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 cazadora.

2 pares de calcetíns.

1 gorra.

3. Mecánicos:

Roupa de inverno:

3 pantalóns.

2 camisas.

3 cazadoras.

1 gorro de la.

2 pares de calcetíns.

1 chaleco de alta visibilidade

Roupa de verán:

3 pantalóns.

2 camisas.

3 cazadoras.

1 gorra.

2 pares de calcetíns.

4. A roupa de verán entregarase do 1 ao 15 de maio. A roupa de inverno entregarase do 1 ao 30 de setembro.

Ano 2º

1. Condutores:

1 traxe de augas.

1 forro polar.

1 par de zapatos ou botas.

2. Peóns:

1 traxe de augas.

1 forro polar.

1 par de botas.

3. Mecánicos:

1 traxe de augas.

1 forro polar.

1 par de botas de seguridade.

4. A entrega da roupa farase do 1 ao 15 de maio.

b) Ao resto do persoal con contratos temporais para suplir vacacións, procesos de IT etc. ou ao contratado para sábados e/ou domingos, entregáraselle anualmente:

1. Condutores:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 cazadora.

2 pares de calcetíns.

1 chaleco de alta visibilidade.

1 traxe de auga.

1 par de calzado.

1 anorak (no inverno).

2. Peóns:

2 pantalóns.

2 camisas.

1 cazadora.

1 gorra.

2 pares de calcetíns.

1 chaleco de alta visibilidade.

1 traxe de augas.

1 par de calzado.

1 botas de auga.

1 anorak (no inverno).

1 gorro de la (no inverno).

c) En todos os casos, cando realizando o traballo, a roupa rompa ou quede inservible, a empresa trocaraa por outra nova, logo da entrega da roupa deteriorada.

d) Para a confección da roupa terase en conta o sexo do/a traballador/a.

e) Cando o comité de seguridade e saúde elixa a roupa, entregáraselle unha mostra desta.

f) A entrega da roupa será de forma alternativa considerando o ano 2005 como ano 1º, o 2006 como ano 2º, o ano 2007 como ano 1º e así sucesivamente de forma alternativa.

g) A implantación deste sistema novo de vestiario efectuarase de forma progresiva durante a vixencia do convenio.

h) Entregaráselle ao persoal que voluntariamente o solicite unha faixa lumbar.

Artigo 31º.-Retirada do permiso de conducir.

1. No suposto de que a un/unha traballador/a coa categoría de condutor, realizando o seu cometido cun vehículo de empresa e cumprindo coa función que lle foi encomendada, lle fose retirado provisionalmente o permiso de conducir, a empresa asignaralle outro posto de traballo axeitado ás súas facultades e respectándolle a retribución de condutor/a por un período máximo de dous anos. Ao remate da suspensión do permiso de conducir será reintegrado á súa antiga categoría e posto de traballo. O resto das categorías que desempeñen os labores de condutor/a rexeranse por este artigo.

2. Estes beneficios non terán lugar cando a causa da retirada do permiso de conducir sexa debida a imprudencia temeraria, embriaguez, drogadición, ou cando exista reincidencia.

3. A partir do ano 2006 a comisión mixta paritaria terá a facultade de pactar de novo este artigo, en función do que a lexislación viaria determine, sobre todo en canto á expedición, control e retirada do carné por puntos.

Artigo 32º.-Asistencia xurídica.

A empresa asumirá a asistencia xurídica daqueles/as traballadores/as que, en calidade de acusados, se vexan involucrados en procesos penais, como consecuencia da prestación dos seus servizos, en cumprimento das funcións encomendadas pola empresa.

Artigo 33º.-Rotacións.

a) Rotación de quendas.

1. A empresa, antes do remate de cada ano colocará nos taboleiros de anuncios unha nota coas instrucións que se seguirán para que os traballadores poidan solicitar o troco de quenda para o seguinte ano, en todo caso, o período para anotarse como voluntario non poderá ser inferior a 10 días.

2. As quendas serán rotativas obrigatoriamente, sempre que non haxa persoal voluntario, ou exceda o dito persoal, para cubrilas.

3. Cando non haxa persoal voluntario suficiente para cubrir as quendas realizarase un sorteo público entre o persoal das demais quendas ata completar o número necesario.

4. Os/as traballadores/as maiores de 50 anos non rotarán nas quendas, permanecendo na quenda do día, agás que voluntariamente queiran incluírse na rotación. En calquera caso deberán solicitalo por escrito dentro do período establecido. Os/as ditos/as traballadores/as, de non entraren na rotación, non poderán trocar a quenda co resto de persoal. Cando o persoal maior de 50 anos supere o 50% dos postos necesarios nas quendas do día, rotará entre eles.

5. Así mesmo, os/as ditos/as traballadores/as (maiores de 50 anos) que non entren no sorteo para a quenda da noite serán os que teñan que cubrir as vacantes do servizo da tarde. Se existisen excedentes entre este persoal realizarase un sorteo entre eles.

6. O persoal elixido en sorteo para trocar de quenda non volverá entrar neste ata que todo o persoal da súa quenda que estea afectado polo sorteo, sexa elixido nel, e se inicie un novo ciclo onde volverá entrar no dito sorteo todo o persoal afectado.

7. Para o cumprimento do punto 6 deste regulamento é necesario que se cumpra a permanencia de 6 meses en activo, na quenda que lle toque por sorteo, incluído o mes de vacacións. Quedan exentos deste cumprimento os/as traballadores/as que estean afectados polo punto 9 deste artigo.

8. Se por necesidades do servizo a empresa restablece á súa quenda habitual o/a traballador/a, farao por orde de lista do resultado do sorteo, de principio a final.

9. A empresa reserva para si a potestade de realizar os trocos de quenda que considere necesarios, en función do servizo, sempre seguindo os procedementos antes mencionados, agás en casos de necesidade ou emerxencia.

b) Rotación de vehículos lixeiros.

1. A empresa antes do remate de cada ano colocará nos taboleiros de anuncios unha nota coas instrucións que se seguirán para que os traballadores poidan anotarse como voluntarios. En todo caso este período non poderá ser inferior a 10 días.

2. Establécese un sistema de rotacións entre aqueles/as traballadores/as que voluntariamente opten a efectuar o servizo nos vehículos lixeiros.

3. Establécese, con carácter xeral, unha rotación bimensual entre os traballadores anotados como voluntarios para o manexo dos ditos vehículos, que dispoñan das autorizacións legais para manexalos e que estean en posesión de todos os cursos de formación correspondentes.

4. Como norma xeral confeccionarase un calendario anual co persoal voluntario que solicite entrar na rotación. O peche das listas dos/as traballadores/as que trocarán de servizo será entre os días 25 e 30 de cada mes. No intre do troco ao/á traballador/a que estea en situación de IT pasaralle a quenda.

5. Este persoal non se poderá anotar voluntario para a recollida de R.U.

6. No caso de non cubrirse o servizo con voluntarios procederase a cubrir os postos na forma que se determine na comisión mixta paritaria.

7. A comisión mixta paritaria determinará os postos en que as rotacións serán limitadas debido aos condicionantes de seguridade destes se así é acordado no comité de seguridade e saúde. Para estes postos as rotacións que se establecen serán anuais.

8. A comisión mixta paritaria establecerá os calendarios das rotacións, así como a propia quenda nos vehículos lixeiros.

9. O persoal con contrato temporal, salvo por necesidades do servizo, non poderá cubrir os postos deste persoal voluntario incluído no calendario de rotacións.

c) Rotación peóns co permiso de conducir da clase C.

1. A empresa antes do remate de cada ano colocará nos taboleiros de anuncios unha nota coas instrucións que se seguirán para que os traballadores poidan anotarse como voluntarios. En todo caso este período non poderá ser inferior a 10 días.

2. Establécese un sistema de rotación entre aqueles/as traballadores/as que voluntariamente opten por efectuar o servizo nos vehículos da empresa que requiran para a súa condución estar en posesión do permiso de conducir da clase C.

3. Establecese, con carácter xeral, unha quenda mensual entre os traballadores anotados como voluntarios para o manexo dos ditos vehículos, que dispoñan das autorizacións legais para manexalos e que estean en posesión de todos os cursos de formación correspondentes.

4. Como norma xeral confeccionarase un calendario anual co persoal voluntario que solicite entrar na rotación. O peche das listas dos/as traballadores/as que trocarán de servizo será entre os días 25 e 30 de cada mes. No intre do troco ao/á traballador/a que estea en situación de IT pasaralle a quenda.

5. O persoal que entre nesta rotación cubrirá os postos de traballo en todo tipo de servizos, tanto na recollida como en limpeza viaria e praias. Por regra xeral non poderá desprazar do posto a outro voluntario do servizo, ben sexa de vehículos lixeiros ou de recollida de R.U.

6. No caso de non cubrirse o servizo con voluntarios procederase a cubrir os postos na forma que determine a comisión mixta paritaria.

7. A comisión mixta paritaria determinará os postos en que as rotacións serán limitadas debido aos condicionantes de seguridade destes, se así se acordou no comité de seguridade e saúde. Para estes postos a rotación mínima que se establece será anual.

8. O persoal con contrato temporal, salvo por necesidades do servizo, non poderá cubrir os postos deste persoal voluntario, incluído no calendario de rotacións.

d) Rotación dos peóns da recollida do lixo.

1. A empresa antes do remate de cada ano colocará nos taboleiros de anuncios unha nota coas instrucións que se seguirán para que os traballadores poidan anotarse como voluntarios. En todo caso este período non poderá ser inferior a 10 días.

2. Establecerase, con carácter xeral, unha rotación mensual entre os/as traballadores/as anotados/as como voluntarios que estean en posesión dos cursos de formación correspondentes.

3. Como norma xeral confeccionarase un calendario anual co persoal voluntario que solicite entrar na rotación. O peche das listas dos/as traballadores/as que trocarán de servizo será entre os días 25 e 30 de cada mes. No intre do troco ao/á traballador/a que estea en situación de IT pasaralle a quenda.

4. En caso de non cubrirse o servizo con voluntarios/as procederase a cubrir estes postos na forma que se determine na comisión mixta paritaria.

5. A comisión mixta paritaria determinará os postos en que as rotacións serán limitadas debido os condicionantes de seguridade destes, se así é acordado no comité de seguridade e saúde. Para estes postos a rotación que se establece será anual.

6. O persoal con contrato temporal, salvo por necesidades do servizo, non poderá cubrir os postos deste persoal voluntario, incluído no calendario de rotacións.

e) Rotación dos oficiais 1ª condutores.

1. Os/as traballadores/as coa categoría de oficial 1ª condutor, rotarán polos distintos servizos da empresa en que se requira o permiso de conducir da clase C.

2. A comisión mixta paritaria, logo do informe do comité de seguridade e saúde, determinará os servizos e/ou vehículos nos que as rotacións serán limitadas, debido aos condicionantes de seguridade destes. Para estes postos a rotación mínima que se estabelece será anual.

f) Rotación por zonas de traballo (distritos).

As distintas zonas de traballo ou distritos serán rotativas obrigatoriamente para todo o persoal, segundo a secuencia de rotacións que acorde a comisión mixta paritaria.

g) Rotación do servizo de taller.

As rotacións de quendas do servizo de mecánicos será obrigatorio entre todos os oficiais 1ª deste servizo polas quendas de mañá, tarde e noite.

Para tal efecto confeccionarase un calendario anual de rotacións de quendas.

Artigo 34º.-Mobilidade.

No caso de que a empresa introducise innovacións nalgún dos servizos, e que estas supoñan a redución de persoal, a empresa adaptará os/as traballadores/as afectados a outro servizo existente ou novo, mantendo a categoría laboral se existise nese servizo.

Capítulo IV

Seguridade e saúde

Artigo 35º.-Seguridade e saúde.

1. Dada a importancia que recoñecen os asinantes á prevención de accidentes, inclúese este capítulo dedicado á prevención de riscos laborais. E Ambas as dúas partes consideran de obrigada aplicación a lexislación sobre seguridade e saúde, co obxecto de velar polo cumprimento das medidas legais e regulamentarias, así como para a posta en práctica do estipulado na Lei 31/1995, do 8 de novembro, de prevención de riscos laborais, modificada pola Lei 50/1998, do 30 de decembro, así como o Regulamento dos servizos de prevencións R.D. 39/1997, do 17 de xaneiro, modificado polos RR.DD. 780 e 790/1998, do 30 de abril, e demais lexislación vixente en materia de prevención.

2. A dirección da empresa adoptará as medidas de seguridade e hixiene pertinentes, como consecuencia do control do lugar do traballo e das instalacións e instrumentos que se pon a disposición dos traballadores. As medidas de protección afectarán igualmente aos/ás traballadores/as, abrigándoos a traballar con seguridade e coidar que os locais e instrumentos de traballo se atopen en perfectas condicións, debendo poñer en coñecemento do comité de seguridade e saúde, ou no seu defecto, do comité de empresa, todas as anomalías que se detecten para que este adopte as medidas oportunas.

3. Deber de protección. Integración da prevención: as partes asinantes deste convenio, comprométense ao desenvolvemento da protección da saúde e a seguridade no traballo, ao abeiro da Lei de prevención de riscos laborais. O dereito dos traballadores a un medio de traballo seguro e saudable tense que artellar a través da integración da seguridade e saúde laboral, en todos os estamentos da empresa.

4. Delegados de prevención: son os representantes dos traballadores con funcións específicas en materia de prevención de riscos no traballo.

5. Plan de prevención. Servizos de prevención: a empresa F.C.C., S.A. está obrigada a ter realizada, actualizada e documentada, a avaliación de riscos e a planificación de prevención. Así mesmo, deberá ter adoptado unha forma de servizo de prevención.

6. Información, consulta e participación: F.C.C., S.A. realizará as consultas obrigatorias aos representantes dos traballadores para poñer en marcha o seu propio sistema de prevención de riscos.

A información, que forma parte dación de prevención, sobre os riscos xerais e os inherentes ao posto de traballo, será recollida nos contidos das avaliacións de riscos, de forma escrita e dirixida a cada traballador por F.C.C., S.A.

7. Formación: a formación dos traballadores realizarase mediante cursos de seguridade e saúde laboral, sobre os riscos xerais de F.C.C., S.A. e os inherentes aos seus postos de traballo. A formación dos delegados de prevención, que forma parte do plan de prevención, realizarase mediante cursos de seguridade e saúde laboral, sobre os riscos de F.C.C., S.A. e do sector da limpeza pública.

Artigo 36º.-Medidas de emerxencias.

1. A empresa F.C.C., S.A., dentro do plan de prevención, ten a obriga de ter elaborado un plan de emerxencias para incendios, evacuación e primeiros auxilios, co persoal designado, formado e cos recursos necesarios para dar resposta a estas continxencias. Terase sempre en conta a posible presenza do persoal doutras empresas e de persoas alleas.

2. Risco grave ou inminente: ante a detección dun risco grave e/ou inminente, xa sexa na avaliación inicial, nas revisións da avaliación ou en calquera outro intre, na empresa F.C.C., S.A., xa sexa o persoal do servizo de prevención, delegados de prevención, ou calquera traballador, tomarase a iniciativa da paralización da actividade, operación, ou

de toda a actividade do posto de traballo. Realizarase a partir dese intre un procedemento que inclúa comunicación aos mandos superiores, tanto verbal como escrita, por parte de quen paraliza ou dos representantes se os houbese e as medidas de corrección do risco.

Artigo 37º.-Comité de seguridade e saúde.

1. O comité de seguridade e saúde terá unha composición de carácter paritario. A representación da parte social estará composta por seis delegados de prevención, tres dos cales pertencerán ao comité de empresa. Os membros non pertencentes ao comité de empresa terán un crédito mensual igual ao dos representantes dos/as traballadores/as.

2. As funcións do comité de seguridade e saúde serán as seguintes:

a) Promover a observancia das disposicións vixentes para a prevención de riscos profesionais.

b) Fomentar a colaboración de todo o persoal na práctica e observancia das medidas preventivas, estimular o ensino, divulgación, propaganda da seguridade e hixiene no traballo, fundamentalmente entre os representantes dos/as traballadores/as, tanto do comité de representantes como entre os propios membros do comité de seguridade e saúde.

3. A empresa facilitará os medios de propaganda necesarios, co fin de que todo o persoal estea ao día sobre as recomendacións, obrigas e prácticas en materia de seguridade e hixiene.

Artigo 38º.-Vixilancia da saúde.

1. A empresa F.C.C., S.A. obriga a garantir aos/ás traballadores/as a vixilancia periódica do seu estado de saúde, en función dos riscos inherentes ao traballo.

2. Anualmente ofreceráselles a todos os traballadores un recoñecemento médico de carácter voluntario. Deste carácter voluntario só se exceptuarán, logo do informe dos/as representantes dos/as traballadores/as, os postos en que a realización do recoñecemento sexa imprescindible para avaliar os efectos das condicións de traballo sobre a saúde dos/as traballadores/as, ou para verificar se o estado de saúde do/a traballador/a pode constituír un perigo para este, para os/as demais traballadores/as ou para outras persoas relacionadas coa empresa, ou cando así estea establecido nunha disposición legal en relación coa protección de riscos específicos e actividades de especial perigo.

3. A vixilancia da saúde, como actividade permanente de observación do estado de saúde dos traballadores, realizaraa o servizo de prevención alleo, nestes intres a mutua Fremap, e relacionarase cos riscos do posto de traballo. A realización de actividades puntuais de profundización, en forma de recoñecementos médicos, estará protocolizada e en calquera caso terá relación co traballo realizado. Tanto os resultados da vixilancia da saúde como do recoñecemento médico serán confidenciais, informandose a empresa exclusivamente da aptitude laboral de cada traballador.

4. Respectarase o dereito á intimidade e á dignidade da persoa e a confidencialidade de toda a información relacionada co seu estado de saúde, e comunicaranse os resultados directamente, desde o servizo médico, aos traballadores afectados.

Artigo 39º.-Traballadores sensibles, protección a maternidade.

Nas avaliacións de riscos incluirase a protección dos traballadores sensibles a determinados riscos, traballadoras embarazadas ou en período de lactación, e teranse en conta as diminucións e limitacións do traballador e os postos de traballo compatibles.

Capítulo V

Asuntos sociais

Artigo 40º.-Excedencias.

1. Excedencia voluntaria.

1.1. O/a traballador/a con, polo menos unha antigüidade na empresa dun ano, terá dereito a que se lle recoñeza unha excedencia voluntaria dun a cinco anos. A empresa reservaralle o posto de traballo ao/á traballador/a en dita situación, concertando para o efecto o contrato de interinidade ou substitución correspondente.

1.2. O dito contrato estará suxeito ás disposicións sobre a materia en vigor, no momento da substitución e ata que remate esta.

1.3. Se a excedencia fose solicitada por un prazo inferior a cinco anos, o/a traballador/a, logo da comunicación á empresa, poderá prorrogar a dita situación anualmente, ata completar os cinco anos. O/a traballador/a avisará a empresa con dous meses de antelación á data prevista para a súa reincorporación, ou prórroga da excedencia, ao posto de traballo.

1.4. Este dereito só poderá ser exercido polo/a mesmo/a traballador/a unha vez transcorridos catro anos desde o remate da anterior excedencia.

1.5. Para todo o non previsto neste artigo observarase o establecido con carácter xeral no artigo 46 do Estatuto dos traballadores e demais normas vixentes sobre a materia.

2. Excedencia forzosa.

2.1. A excedencia forzosa dará dereito á conservación do posto e ao cómputo da antigüidade da súa vixencia, concederase pola designación ou elección para un cargo público que imposibilite a asistencia ao traballo. O reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ao cesamento no cargo público.

2.2. Así mesmo, poderán solicitar o seu paso á situación de excedencia na empresa os/as traballadores/as que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

3. Excedencia por coidado de fillos e familiares.

3.1. Os/as traballadores/as terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a tres anos para atender o coidado da cada fillo, tanto cando o sexa por natureza, como por adopción, ou no suposto de acollemento, tanto permanente como preadop

tivo, contado desde a data de nacemento ou, se é o caso, da resolución xudicial ou administrativa.

3.2. Tamén terán dereito a un período de excedencia de duración non superior a un ano, os/as traballadores/as para atender o coidado dun familiar, ata o segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente, enfermidade ou discapacidade, non poida valerse por si mesmo, e non desempeñe actividade retribuída.

3.3. A excedencia prevista neste punto constitúe un dereito individual dos traballadores, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

3.4. Cando un novo suxeito causante dese dereito a un novo período de excedencia, o seu inicio dará fin ao que, se é o caso, se viñese desfrutando.

3.5. O período en que o/a traballador/a permaneza en situación de excedencia conforme o establecido neste artigo será computable para os efectos de antigüidade e o/a traballador/a terá dereito á asistencia a cursos de formación profesional, participación a que deberá ser convocado polo empresario, especialmente con ocasión da súa reicorporación.

3.6. Os/as traballadores/as terán o dereito da reserva do posto de traballo independentemente de cal fose o suxeito causante da excedencia.

Artigo 41º.-Redución da xornada por motivos familiares.

1. Permiso por lactación dun fillo menor de nove meses.

1.1. As traballadoras, por lactación dun/dunha fillo/a menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. A muller, pola súa vontade, poderá substituír este dereito por unha redución de xornada normal nunha hora coa mesma finalidade.

1.2. Este permiso poderano desfrutar indistintamente a nai ou o pai no caso de que ambos os dous traballen.

2. Redución da xornada por garda legal de menores ou outros supostos.

2.1. En aplicación do artigo 37.5º do ET, quen por razóns de garda legal teña ao seu coidado directo algún menor de oito anos ou minusválido físico, psíquico ou sensorial, que non desempeñe unha actividade retribuída, terá dereito a unha redución de xornada de traballo, coa diminución proporcional do traballo entre, polo menos, un terzo e un máximo da metade da duración daquela.

2.2. Terá o mesmo dereito quen precise encargarse do coidado directo dun familiar; ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade, que por razóns de idade, accidente ou enfermidade non poida valerse por si mesmo e que non desempeñe actividade retribuída.

2.3. A redución de xornada prevista neste punto constitúe un dereito individual dos/as traballadores/as, homes ou mulleres. Non obstante, se dous ou máis traballadores/as da mesma empresa xerasen este dereito polo mesmo suxeito causante, o empresario poderá limitar o seu exercicio simultáneo por razóns xustificadas de funcionamento da empresa.

2.4. A concreción horaria e a determinación do período de desfrute de lactación e da redución da xornada previstos nos parágrafos anteriores corresponderán ao/á traballador/a, dentro da xornada ordinaria. O/a traballador/a deberá avisar o empresario con 15 días de antelación á data en que se reincorporará á súa xornada ordinaria.

Artigo 42º.-Troco do posto de traballo por embarazo.

1. Suspensión con reserva do posto de traballo.

1.1. No suposto de parto, a suspensión terá unha duración de 16 semanas, que se gozarán de maneira ininterrompida, ampliables no suposto de parto múltiple en dúas semanas máis por cada fillo/a a partir do segundo. O período de suspensión distribuirase segundo opción da interesada sempre que 6 semanas sexan inmediatamente posteriores ao parto. No caso de falecemento da nai, o pai poderá facer uso da totalidade ou, se é o caso, da parte que reste do período de suspensión.

1.2. Malia o anterior, e sen prexuízo das 6 semanas inmediatas posteriores ao parto de descanso obrigatorio para a nai, no caso de que o pai e a nai traballen, esta, ao iniciarse o período de descanso por maternidade, poderá optar porque o pai goce dunha parte determinada e ininterrompida do período de descanso posterior o parto ben de forma simultánea ou sucesiva co da nai, agás que no momento da súa efectividade na incorporación ao traballo da nai supoña un risco para a súa saúde.

1.3. Nos supostos de adopción e/ou acollemento tanto preadoptivo como permanente, de menores de ata 6 anos a suspensión terá unha duración de 16 semanas ininterrompidas, ampliable no suposto de adopción ou acollemento múltiple en dúas semanas máis por cada fillo a partir do segundo, contadas á elección do/a traballador/a, ben a partir da decisión administrativa ou xudicial de acollemento, ben a partir da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción. A duración da suspensión será, así mesmo, de 16 semanas nos supostos de adopción e acollemento de menores maiores de 6 anos de idade cando se trate de menores discapacitados ou minusválidos ou que polas súas circunstancias e experiencias persoais ou que por provir do estranxeiro, teñan especiais dificultades de inserción social e familiar debidamente acreditadas polos servizos sociais competentes. No caso de que a nai e o pai traballen, o período de suspensión distribuirase segundo opción dos interesados, que poderán gozalos de

xeito simultáneo ou sucesivo, sempre con períodos ininterrompidos e cos límites sinalados.

1.4. Nos casos de gozo simultáneo de períodos de descanso, a suma destes non poderá excederse

das 16 semanas previstas nos puntos anteriores ou das que correspondan no caso de parto múltiple.

1.5. Os períodos a que se refire este artigo poderán gozarse en réxime de xornada completa ou a tempo parcial, logo de acordo entre os empresarios e os/as traballadores/as afectados/as, no termos que regulamentariamente se determinen.

1.6. Nos supostos de adopción internacional cando sexa necesario o desprazamento previo dos pais ao país de orixe do adoptado, o período de suspensión, previsto para cada caso neste artigo, poderá iniciarse ata 4 semanas antes da resolución pola que se constitúe a adopción.

2. Protección á maternidade.

2.1. A avaliación dos riscos a que se refire o artigo 16 da Lei deberá comprender a determinación da natureza, o grao e a duración da exposición das traballadoras en situación de embarazo ou parto recente a axentes, procedementos ou condicións de traballo que poidan influír negativamente na saúde das traballadoras ou do feto, en calquera actividade susceptible de presentar un risco específico. Se os resultados da avaliación revelasen un risco para a seguridade e a saúde ou unha posible repercusión sobre o embarazo ou a lactación das citadas traballadoras, o empresario adoptará as medidas necesarias para evitar a exposición ao dito risco, a través dunha adaptación das condicións ou do tempo de traballo da traballadora afectada. As ditas medidas incluirán, cando resulte necesario, a non realización de traballo nocturno ou de traballo por quendas.

2.2. Cando a adaptación das condicións ou do tempo de traballo non resultase posible ou, a pesar de tal adaptación, as condicións dun posto de traballo puidesen influír negativamente na saúde da traballadora embarazada ou do feto, e así o certifiquen os servizos médicos do Instituto Nacional da Seguridade Social ou das mutuas, co informe do médico do Servizo Nacional da Saúde que asista facultativamente á traballadora, esta deberá desenvolver un posto de traballo ou función diferente e compatible co seu estado. O empresario deberá determinar, logo da consulta cos representantes dos traballadores, a relación dos postos de traballo exentos de riscos para estes efectos.

2.3. O cambio de posto ou de función levarase a cabo de conformidade cos regulamentos e criterios que se apliquen nos supostos de mobilidade funcional e terá efectos ata o momento en que o estado de saúde da traballadora permita a súa reincorporación ao anterior posto.

2.4. No suposto de que, aínda aplicando os regulamentos sinalados no parágrafo anterior, non existise posto de traballo ou función compatible, a traballadora poderá ser destinada a un posto non correspondente ao seu grupo ou categoría equivalente, ben que conservará o dereito ao conxunto de retribucións do seu posto de orixe.

2.5. Se o dito cambio de posto non resultase técnica ou obxectivamente posible, ou non poida razoablemente exixirse por motivos xustificados, poderá

declararse o paso da traballadora afectada á situación de suspensión do contrato por risco durante o embarazo, prevista no artigo 45.1º.d) do Estatuto dos traballadores, durante o período necesario para a protección da súa seguridade ou da súa saúde e mentres persista a imposibilidade de reincorporarse ao seu posto anterior ou a outro posto compatible co seu estado.

3. O disposto nos números 2.1 e 2.2 deste artigo será tamén de aplicación durante o período de lactación, se as condicións de traballo puidesen influír negativamente na saúde da muller ou do/a fillo/a e así o certifique o médico que, no réxime da Seguridade Social aplicable, asista facultativamente a traballadora.

4. As traballadoras embarazadas terán dereito a ausentarse do traballo, con dereito a remuneración, para a realización de exames prenatais e técnicas de preparación ao parto, logo do aviso ao empresario e xustificación da necesidade da súa realización dentro da xornada de traballo.

5. Situación protexida.

5.1. Para os efectos da prestación económica por risco durante o embarazo as mulleres embarazadas terán dereito a seren cambiadas de posto de traballo a outro máis acorde co seu estado, non estando obrigadas en ningún caso a desempeñar as súas funcións en lugares radioactivos, infecciosos ou perigosos para o seu embarazo.

5.2. Esta situación dará lugar a unha suspensión do contrato de traballo cunha duración máxima de 16 semanas, remitíndonos ao Decreto lei do 3 de marzo de 1989. Durante o período citado, a traballadora terá dereito ao aboamento das prestacións económicas correspondentes, con cargo á Seguridade Social e complementada ata o 100% do salario como para o caso de IT derivada de accidente de traballo.

5.3. A empresa non poderá realizar despedimentos ou extinción do contrato nos seguintes casos:

a) Os/as traballadores/as durante o período de suspensión do contrato de traballo por maternidade, risco durante o embarazo, adopción ou acollemento ou a notificada nunha data tal que o prazo finalice dentro do dito período.

b) As das traballadoras embarazadas desde a data do inicio de embarazo ata o comezo do período de suspensión a que se refire o punto anterior, a dos/as traballadores/as que solicitasen os permisos de suspensión neste convenio ou das alíneas 4 e 5 do artigo 37º do Estatuto dos traballadores, ou estean desfrutando deles ou solicitasen a excedencia prevista no convenio ou no punto 3 do artigo 46 da mesma lei.

c) O establecido anteriormente será de aplicación salvo que a decisión extintiva non garde ningunha relación co embarazo ou co exercicio do dereito aos permisos e excedencias sinaladas, debendo ser en todo caso xustificada ante a representación sindical ou organismo laboral competente.

Artigo 43º.-Acoso sexual, moral e psicolóxico.

1. Recoñéceselles aos traballadores e traballadoras o dereito ao respecto da súa intimidade e a consideración debida á súa dignidade, comprendida a protección fronte a ofensas verbais ou físicas de natureza sexual. Considérase acoso sexual a situación en que se produce calquera comportamento verbal, non verbal ou físico non desexado de índole sexual co propósito ou efecto de atentar contra a dignidade dunha persoa, en particular cando se crea un contorno intimidatorio, hostil, degradante, humillante ou ofensivo. O acoso sexual considérase discriminación por razón de sexo e, polo tanto, prohíbese. O rexeitamento de tal comportamento por parte dunha persoa ou a submisión a este non poderá utilizarse para tomar unha decisión que lle afecte.

2. A empresa velará pola consecución dun ambiente adecuado no traballo, libre de comportamentos indesexados de carácter ou connotación sexual, moral e psicolóxica, e adoptará as medidas oportunas para o efecto (entre outra a apertura de expediente contraditorio).

3. Con independencia das accións legais que poidan interpoñerse ao respecto ante calquera instancia administrativa ou xudicial, o procedemento interno e informal, iniciarase coa denuncia de acoso sexual, moral ou psicolóxico ante unha persoa da dirección da empresa.

4. A denuncia dará lugar á apertura de expediente informativo por parte da empresa, especialmente encamiñándoo a investigar os feitos e impedir a continuidade do acoso denunciado, para o que se artellarán as medidas oportunas para o afecto, quedando a empresa exonerada da posible responsabilidade pola vulneración dos dereitos fundamentais.

5. Porase en coñecemento inmediato da representación dos traballadores esta situación, se así o solicita a persoa afectada.

6. Nas pescudas que se fagan non se observará máis formalidade, ca a de dar trámite de audencia a todos os intervinientes, e practicaranse cantas dilixencias poidan considerarse conducentes á elucidación interviniente dos feitos acaecidos.

7. Durante todo o proceso que deberá de estar substanciado nun prazo máximo de 30 días, que todos os actuantes gardarán unha absoluta confidencialidade e reserva, por afectar directamente á intimidade e honorabilidade das persoas.

8. A constatación da existencia de acoso sexual, moral ou psicolóxico no caso denunciado, dará lugar á imposición dunha sanción que será considerada moi grave. Se a referida conduta é levada a cabo valéndose dunha posición xerárquica, suporá unha circunstancia agravante daquela.

Artigo 44º.-Información de absentismo.

1. O comité de seguridade e saúde será informado trimestralmente sobre absentismo, baixas por acci

dente, baixas por enfermidade e faltas inxustificadas, do persoal afecto por este convenio.

Artigo 45º.-Axuda familiar.

1. Os/as traballadores/as afectados por este convenio que teñan ao seu cargo unha persoa diminuída psíquica ou física, de acordo coas estipulacións requiridas pola Seguridade Social, e logo da xustificación, percibirán un complemento extrasalarial de 55,65 A mensuais.

Artigo 46º.-Xubilación.

1. Xubilación anticipada.

1.1. A empresa afectada por este convenio aceptará a xubilación anticipada para os/as traballadores/as que accedan a tal situación aos 64 anos, de acordo co regulado no Real decreto 1194/1985, do 17 de xullo.

A empresa subscribirá un contrato de revezamento, en substitución do traballador xubilado, por un período mínimo dun ano.

1.2. Actuarase igualmente cando o/a traballador/a solicite a súa xubilación anticipada a partir dos 60 ou 61 anos, de acordo co preceptuado no Real decreto 1132/2002, do 31 de outubro, ben que nestes casos non se concertará contrato de revezamento.

2. Xubilación parcial.

2.1. A empresa afectada por este convenio aceptará a xubilación parcial dos/as traballadores/as que accedan a tal situación a partir dos 60 anos, de acordo co regulado no Real decreto 1131/2002, do 31 de outubro.

Cando o traballador que acceda a esta situación teña unha idade inferior aos 65 anos, a empresa subscribirá un contrato de revezamento, en substitución do traballador xubilado parcialmente, polo período que resta para a xubilación total do taballador/a relevado.

O traballador que opte a esta situación deberá reducir a súa xornada anual de traballo e de salario, entre un mínimo dun 25% e un máximo dun 85%. A xornada efectiva de traballo, en horas anuais, que resulte de aplicar a porcentaxe de redución a xornada anual do servizo, será executada de forma ininterrompida, a xornada completa, no período de tempo que determine a empresa.

2.2. Xubilación parcial do 85%: para os operarios que soliciten e accedan á xubilación parcial, de acordo cos requisitos exixidos na normativa aplicable, con redución da xornada de traballo nun 85% e a prestación efectiva da xornada do 15%, establécese a acumulación da prestación do tempo real do traballo a partir da data da xubilación parcial, de forma ininterrompida. O traballador percibirá o importe do 15% do salario que lle corresponda, en función da súa categoría laboral e antigüidade, mes a mes, ata alcanzar a idade de 65 anos en que pasará a situación de xubilación total.

Establécese unha dispensa do tempo de traballo efectivo de acordo coa seguinte escala:

1. Aos 20 anos de servizo na empresa: o 100%.

2. Aos 15 anos de servizo na empresa: o 75%.

3. Aos 10 anos de servizo na empresa: o 50%.

3. Xubilación forzosa.

Como política de fomento de emprego e independentemente do previsto nas epígrafes anteriores, establécese a xubilación forzosa aos 65 anos de idade, salvo pacto individual en contrario dos/as traballadores/as que teñan cuberto o período mínimo legal de carencia para obtela.

Como medida de fomento de emprego independentemente do previsto no parágrafo anterior, todas as xubilacións forzosas a empresa esta obrigada a cubrilas con traballadores/as desempregados.

Artigo 47º.-Créditos persoais.

1. Crearase un fondo de 41.500 euros e a comisión mixta paritaria regulará a forma de distribución e reintegro.

2. Regulamento para a concesión de créditos persoais.

1º. O persoal de Fomento de Construcciones y Contratas, S.A. adcritos ao contrato da xestión do servizo de recollida de residuos sólidos urbanos, limpeza urbana e de praias en Vigo, poderá solicitar un crédito persoal por un importe máximo de mil oitocentos euros (1.800 A).

2º. A petición deberase facer nun impreso normalizado, que se lle remitirá á comisión mixta paritaria, para o seu estudo e aprobación, se é o caso.

3º. As peticións estudaraas e resolveraas a comisión mixta paritaria. Emitirá o seu informe no prazo dun mes e comunicaralle a súa decisión á dirección.

4º. O crédito concederáselle unicamente para cubrir necesidades perentorias que afecten ao empregado/a, esposa/o e fillos. Daráselle preferencia a aquelas derivadas de enfermidade. Non se prevé a concesión deste crédito para a adquisición ou reparación de todo tipo de vehículos, cancelación de créditos bancarios, viaxes, festas ou celebracións de carácter relixioso, social ou privado.

5º. O crédito amortizarase no prazo máximo dun ano, descontándose da nómina de fin de mes e pagas extras, en cantidades redondeadas en múltiplos de dez. O persoal eventual amortizará o crédito dentro do período de vixencia do seu contrato.

6º. Ata a total cancelación do crédito, o beneficiario deste, no caso de solicitar anticipo quincenal, aceptará a cantidade que se fixe como máxima no documento de solicitude.

7º. Os fondos dispoñibles serán os que se fixen no convenio colectivo vixente en cada intre. Os créditos concederanse como máximo ata o día 1 de decembro de cada ano.

8º. A concesión do crédito estará supeditada en todo intre á existencia de fondos dispoñibles.

9º. Non se concederá un novo crédito a quen teña outro en curso de amortización.

10º. Á sinatura dun novo convenio e unha vez pactada a cantidade en euros, para estes créditos persoais, descontaranse desta, as cantidades pendentes de amortizar dos créditos concedidos anteriormente, para que a cantidade circulante sexa sempre a pactada no convenio.

11º. Un vez aprobado o crédito e entregado o seu importe, o beneficiario deberao xustificar documentalmente, nun prazo de vinte días naturais, se non o tivese feito con anterioridade á concesión.

12º. A amortización comezará o mes seguinte ao da súa concesión.

13º. A non-xustificación documental do crédito ou a falsidade nas probas achegadas para a súa concesión dará lugar á súa cancelación de forma inmediata, co desconto na nómina se fose preciso, e a sanción que proceda.

14º. Para a concesión do crédito valorarase o expediente persoal do solicitante, tendo en conta as faltas e sancións habidas no ano anterior á solicitude.

Artigo 48º.-San Martiño de Porres.

1. O día de San Martiño de Porres, 3 de novembro, considerarase festivo. Cando o dito día coincida en sabado, (cando a xornada laboral sexa de luns a venres, como se determina no artigo 23 deste convenio) domingo ou festivo, a súa celebración adiantarase ou atrasarase ata o segundo día laborable anterior ou posterior, sempre que os ditos días non sexan, así mesmo, festivos.

Artigo 49º.-Servizo mecánico e lavacoches.

1. O servizo mecánico da quenda de noite estará destinado exclusivamente para facer servizos de retén.

2. O servizo mecánico terá que auxiliar nos casos de avaría, picadas, etc. no desenvolvemento do traballo.

Artigo 50º.-Capacidade diminuída.

Ao/á traballador/a que, por causas de accidente ocorrido na prestación do traballo á empresa, lle sexa recoñecida polo tribunal médico de incapacidades, unha incapacidade parcial para o seu traballo habitual, a empresa poderá asignarlle un posto de traballo que se adapte á nova aptitude do/a traballador/a, sempre que exista praza vacante, en que o/a traballador/a terá prioridade sobre calquera contratación eventual.

Artigo 51º.-Fondo social.

Dotarase un fondo social coa cantidade de 3.000 A. Este fondo será xestionado pola comisión mixta paritaria e estará destinado a financiar accións e programas de carácter social, cultural ou deportivo, do persoal adscrito a este centro de traballo.

Capítulo VI

Dereitos sindicais

Artigo 52º.-Cota sindical.

A empresa descontaralle da nómina dos/as traballadores/as a cota sindical, logo da solicitude escrita de cada un deles.

Artigo 53º.-Horas sindicais.

1. Logo da notificación á empresa, poderanse acumular as horas sindicais nalgún membro do comité de empresa, delegados sindicais ou membros do comité de seguridade e saúde. A comisión mixta paritaria establecerá e regulará os métodos para establecer cómputos das horas sindicais para os efectos da súa utilización.

2. Os membros do comité de empresa, delegados sindicais e delegados do comité de seguridade e saúde terán dereito a 55 días/ano para o exercicio das súas funcións de representación, de acordo co artigo 68.e do Estatuto dos traballadores.

Artigo 54º.-Altas e baixas na empresa.

1. Entregaráselle ao comité de empresa a copia básica dos contratos que se realicen no ámbito de aplicación deste convenio, igualmente notificaránselles as baixas na empresa.

2. Ao/á traballador/a entregaráselle copia do seu contrato de traballo.

3. O/a traballador/a que desexe cesar na empresa deberá comunicalo cunha antelación de 7 días. Este prazo será de 15 días para o persoal administrativo e dun mes para o persoal titulado.

Artigo 55º.-Dereito de información.

1. A empresa facilitaralle ao comité a información establecida con carácter xeral no artigo 64.1º do Estatuto dos traballadores, referida á cidade de Vigo.

2. Así mesmo, facilitará información sobre o número de toneladas de lixo total e por distritos, así como a variación en superficie do servizo de limpeza.

Artigo 56º.-Asembleas.

Os/as traballadores/as disporán dun crédito de 12 horas anuais para a celebración de asembleas dentro da xornada de traballo, logo da notificación á empresa.

Artigo 57º.-Dereitos e normalización do idioma galego.

Os/as traballadores/as teñen dereito a desenvolver a súa actividade laboral e profesional no idioma galego, como lingua propia de Galicia e recibir formación lingüística para mellorar o servizo ao público no seu posto de traballo.

Artigo 58º.-Comisión de formación.

1. No prazo de dous meses, constituirase unha comisión de formación integrada por tres representantes dos/as traballadores/as, pertencentes ao comité de empresa e por tres representantes da empresa, que programe, estude e xestione as diversas actividades formativas que se impartirán aos/ás traballadores/as.

Capítulo VII

Subrogación do persoal

Artigo 59º.-Subrogación do persoal.

1. O cambio de titularidade da empresa ou dunha unidade autónoma desta non extinguirá por se mesma a relación laboral, quedando o novo empresario subrogado nos dereitos e obrigas laborais do anterior. O cambio de titularidade exixirá o recoñecemento da representación sindical dos/as traballadores/as afectados.

2. Se algún dos servizos mencionados deixase de prestarse pola non-renovación ou rescisión da concesión administrativa, os/as traballadores/as adscritos aos ditos servizos serán absorbidos pola nova empresa adxudicataria, ou se é o caso, polo propio Concello de Vigo, nas mesmas condicións económicas e laborais que se establecen neste convenio, ou no que o substitúa.

3. Tanto o empresario cedente coma o novo concesionario responderán solidariamente das obrigas laborais nacidas con anterioridade á transmisión e que non fosen satisfeitas.

4. Para todo o non previsto neste artigo observarase o estipulado con carácter xeral no capítulo XI do convenio colectivo do sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación de rede de sumidoiros (BOE nº 58 do 7 de marzo de 1996) así como o estabelecido no artigo 44.1º do Estatuto dos traballadores.

Capítulo VIII

Código de conduta laboral

Artigo 60º.-Código de conduta.

1. Este acordo sobre o código de conduta laboral ten por obxecto o mantemento dun ambente laboral respectuoso coa normal convivencia, ordenación técnica e organización da empresa, así como a garantía e defensa dos dereitos e lexítimos intereses dos/as traballadores/as e da empresa.

2. A dirección da empresa poderá sancionar as accións ou omisións culpables dos/as traballadores/as que supoñan un incumprimento contractual dos seus deberes laborais, de acordo coa gradación das faltas que se estabelece nos artigos seguintes.

3. Correspóndelle á empresa, no uso da facultade de dirección, impoñer sancións nos termos estipulados neste acordo.

4. Para a aplicación e gradación das faltas terase en conta o maior ou menor grao de responsabilidade do que comete a falta, así como a repercusión do feito nos/as demais traballadores/as e na empresa.

5. Todas as faltas e sancións comunicaránselles simultaneamente ao traballador/a e ao comité de empresa.

6. Imposta a sanción, o seu cumprimento temporal poderase dilatar ata 60 días despois da data da súa imposición.

Artigo 61º.-Gradación das faltas.

1. Toda falta cometida polos traballadores/as clasificarase en atención á súa transcendencia ou intención en: leve, grave e moi grave.

2. Todas as faltas e sancións comunicaranse simultaneamente ao traballador/a e ao comité de empresa.

Artigo 62º.-Faltas leves.

Consideraranse faltas leves as seguintes:

1. As de descoido, erro o demora inexplicable na execución de calquera tipo de traballo.

2. Dunha a tres faltas de puntualidade na asistencia ao traballo durante o período dun mes, sen que existan causas xustificadas.

3. O abandono sen causa xustificada do posto de traballo, aínda que sexa por breve tempo, sempre que o dito abandono non resultase prexudicial para a empresa nin perturbase o traballo dos demais operarios, en cuxos supostos se considerará falta grave o moi grave.

4. Falta de aseo e limpeza persoal ocasionalmente.

5. Faltar un día ao traballo sen autorización ou causa xustificada.

6. Atrasar a entrega dos partes de alta, baixa ou confirmación no caso de incapacidade temporal.

7. Non comunicar, con carácter previo a ausencia ao traballo e non xustificación dentro das vinte e catro horas seguintes a razón que a motivou, agás que se probe a imposibilidade de telo feito.

8. Faltas de respecto e educación no trato cos/as compañeiros/as de traballo e faltas de respecto no modo de dirixirse aos superiores.

9. O incumprimento de normas de seguridade e hixiene cando non comporten riscos persoais e materiais.

10. A diminución voluntaria do rendemento normal do traballo.

11. Todas aqueloutras de semellante natureza.

Artigo 63º.-Faltas graves.

Consideraranse faltas graves as seguintes:

1. Máis de 3 faltas de puntualidade ao mes, non xustificadas.

2. Faltar de dous días a tres ao traballo durante un período de trinta días sen causa xustificada.

3. A simulación de enfermidade ou accidente.

4. Calquera alteración intencionada ou falsificación de datos persoais ou laborais relativos ao propio traballador ou ao seus/súas compañeiros/as.

5. Durmir durante a xornada de traballo.

6. Realizar sen o oportuno permiso traballos particulares durante a xornada, así como empregar para uso propio ferramenta ou materiais da empresa sen a debida autorización.

7. O abandono do posto de traballo, sen causa xustificada, que ocasione prexuízos á empresa ou poida ser causa de accidente dos seus compañeiros/as.

8. A embriaguez ou toxicomanía durante o traballo cando non sexa habitual, ou fóra del vestindo o uniforme da empresa.

9. Ofender de palabra ou mediante ameazas a un compañeiro/a ou a un/unha subordinado/a.

10. A diminución voluntaria e continuada do rendemento normal do traballo.

11. Calquera atentado contra da liberdade sexual dos/das traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais, falla de respecto á intimidade ou dignidade das persoas.

12. A reincidencia na comisión da falta leve (agás a puntualidade) aínda que sexa de distinta natureza, dentro dun trimestre e tendo mediado sanción.

13. Todas aqueloutras de semellante natureza.

Artigo 64º.-Faltas moi graves.

Consideraranse faltas moi graves as seguintes:

1. Máis de trece faltas de asistencia ao traballo sen xustificar nun período de seis meses ou vinte e seis durante un ano.

2. Faltar ao traballo máis de tres días nun período de trinta días sen causa xustificada.

3. A fraude, deslealdade ou abuso de confianza no traballo.

4. O furto ou roubo, tanto aos/ás compañeiros/as de traballo como á empresa ou calquera outra persoa dentro das dependencias da empresa, ou durante o traballo en calquera outro lugar.

5. Quebrantar ou violar intencionadamente o segredo da correspondencia ou documentos reservados da empresa, dos/as seus/súas traballadores/as ou das representacións sindicais.

6. A embriaguez ou toxicomanía habitual se repercute negativamente no traballo.

7. A competencia desleal.

8. Os malos tratos de palabra ou obra ou faltas graves de respecto e consideración aos superiores, compañeiros/as ou subordinados/as.

9. O abandono do posto de traballo sen xustificación cando isto ocasione grave prexuízo para a empresa ou fose causa de accidente para o/a traballador/a, os /as seus/súas compañeiros/as ou terceiros.

10. A imprudencia ou neglixencia inexcusable, así como o incumprimento das normas de seguridade e hixiene no traballo que ocasionen risco grave de accidente laboral, prexuízos aos/ás seus/súas compañeiros/as ou a terceiros.

11. A desobediencia ás ordes ou mandatos dos seus superiores en calquera materia de traballo, se implicase prexuízo notorio para a empresa ou os/as seus/súas compañeiros/as de traballo, salvo que sexan debidos a abuso da autoridade.

12. A reincidencia en falta grave aínda que sexa de distinta natureza, sempre que as faltas se cometan nun período dos dous últimos meses e fosen obxeto de sanción.

13. Os atentados contra a liberdade sexual que se produzan aproveitándose dunha posición de superioridade laboral, ou se exerzan sobre persoas especialmente vulnerables pola súa situación persoal ou laboral.

14. Calquera atentado contra da liberdade sexual dos/as traballadores/as que se manifeste en ofensas verbais ou físicas, falla de respecto á intimidade ou á dignidade das persoas.

15. O abuso de autoridade por parte de quen a ostente.Terán consideración de abuso de autoridade, os actos realizados por directivos, xefes ou mandos intermedios, con infracción manifesta e deliberada dos preceptos legais, e con prexuízo do/da traballador/a, o cal poderá dar conta por escrito ou a través dos representantes dos traballadores/as, á dirección da empresa dos actos que supoñan o abuso de autoridade ou deixamento dos seus mandos superiores. Recibindo o escrito a dirección abrirá o oportuno expediente, e no prazo maximo de 10 días deberá emitir o seu informe. No caso contrario os representantes dos/as traballadores/as, deberán formular a oportuna denuncia ante a autoridade laboral competente.

16. Todas aqueloutras de semellante natureza.

Artigo 65º.-Réxime de sancións.

As sancións que a empresa poderá impoñer, segundo a gravidade ou circunstancias das faltas cometidas, serán as seguintes:

1. Por faltas leves:

-Amoestación verbal.

-Amoestación por escrito.

-Suspensión de emprego e soldo por un día.

2. Por falta grave:

-Suspensión de emprego e soldo de dous a dez días.

3. Por falta moi grave:

-Suspensión de emprego e soldo de once a sesenta días.

-Despedimento.

Artigo 66º.-Prescrición.

Dependendo da súa graduación, as faltas prescriben aos seguintes días:

-Faltas leves: 10 días.

-Faltas graves: 20 días.

-Faltas moi graves: 30 días.

A prescrición das faltas sinaladas comezará a contar a partir da data en que a empresa tivo coñecemento da súa comisión e, en todo caso aos tres meses de terse cometido.

Capítulo IX

Control de ascensos e promoción interna

Artigo 67º.-Control de ascensos e promoción interna.

Reflítese o sistema de provisión de prazas para as categorías de oficiais 1ª condutores, oficiais 1ª

mecánicos e capataces. No caso de ausencia de regulación, observarase o disposto no convenio xeral do sector.

A. Sistema para a provisión de prazas de oficiais 1ª condutores.

1. Comunicarase publicamente nos taboleiros de anuncios da empresa, cunha antelación mínima de 15 días antes da data da realización da primeira proba.

2. Poderán optar todos os empregados fixos de F.C.C., S.A. que presten os seus servizos na contrata da cidade de Vigo, de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e limpeza de praias.

3. Deberán estar en posesión do permiso de conducir vixente, coa categoría necesaria, ou outra superior, para conducir calquera tipo de vehículo de que F.C.C., S.A. dispoña na contrata de Vigo antes citada.

4. Non poderá padecer enfermidade, lesión ou defecto que impida desenvolver de xeito eficaz as laborías propias da categoría. Poderase exixir certificado médico.

5. Non poderán optar aqueles empregados que teñan sido sancionados pola comisión duna falta grave ou moi grave nos 30 e 90 días respectivamente anteriores ao día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes para optar á praza de oficial 1ª condutor.

6. As prazas proveranse mediante un sistema de concurso-exame.

7. Para a fase de concurso valorarase da seguinte maneira:

a) 0,5 puntos por cada ano de antigüidade na empresa, ata un máximo de cinco puntos por este concepto.

b) 2 puntos pola asistencia a cada un dos cursos de formación organizados pola empresa, ou impartidos por centros especializados, relacionados co traballo que se vaia desempeñar, sempre que esta fose de xeito continuado e con aproveitamento satisfactorio. No caso dos non organizados pola empresa, estes deberán estar debidamente homologados e deberán xustificarse documentalmente.

c) Ata 1 punto, a criterio do tribunal examinador, pola experiencia adquirida en traballos propios da categoría de oficial 1ª condutor, con vehículos ou maquinaria da empresa adscritos á contrata de Vigo.

8. As puntuacións da fase de concurso faranse públicas nos taboleiros de anuncios da empresa xunto coa relación de aspirantes admitidos, fixándose un prazo de 5 días naturais para posibles reclamacións perante o tribunal examinador.

9. Para a fase de exames as probas valoraranse e faranse da seguinte maneira:

a) As probas de aptitude poderán ser teóricas e/ou prácticas e terán carácter eliminatorio.

Puntuaranse de 0 a 10 puntos e considerarase que non as superan aqueles que non acaden os cinco puntos de media das puntuacións emitidas polos membros do tribunal examinador.

b) As probas teóricas consistirán nun exame escrito ou oral, de 10 preguntas escollidas ao chou entre aquelas que previamente sexan propostas polos membros do tribunal examinador. Cada pregunta valorarase entre 0 e 1 punto.

c) As probas prácticas valoraranse de 0 a 10 puntos e realizaranse nas máquinas ou nos vehículos que decida o tribunal examinador.

10. O tribunal examinador estará composto do xeito seguinte:

En representación da parte social tres membros do comité de empresa ou traballadores/as que este designe.

En representación da parte empresarial tres membros que a empresa designe.

Todos os membros do tribunal examinador terán voz e voto.

11. O tribunal examinador encargarase de deseñar a forma de realizar as probas para garantir a igualdade de oportunidades entre todos os aspirantes. Garantirá que, naquelas probas escritas que se realicen se descoñeza a identidade do aspirante ata que esta sexan corrixidas.

Poderá modificar o xeito de facer algunha proba, e mesmo suprimila e non realizala se considerase que non é necesaria para a elección.

12. A praza ou prazas que se convoquen adxudicaranse a aqueles aspirantes que obteñan as maiores puntuacións, sumando as da fase de concurso e as da fase de exame, emitidas por cada un dos membros do tribunal examinador en cada unha das probas realizadas.

13. O/a adxudicatario/a ou adxudicatarios/as das novas prazas deberán prestar servizo na zona e quenda que lles asigne a empresa e poderán sufrir variacións por necesidade do servizo.

14. No caso de empate nas puntuacións, o tribunal examinador poderá realizar calquera outra proba (oral, escrita, práctica, etc.) que considere oportuna. No caso de persistir o empate, decidirá o membro do tribunal examinador coa categoría laboral superior dentro da empresa.

15. As decisións e puntuacións emanadas do tribunal examinador serán expostas nos taboleiros de anuncios da empresa, fixándose un prazo de 5 días naturais para posibles reclamacións e correccións de erros. Durante este prazo os aspirantes poderán presentar reclamacións por escrito ou solicitar, se é o caso, o dereito á comprobación do seu exame.

De existir algunha reclamación o tribunal examinador reunirase para valorala e adoptará unha decisión definitiva que será inapelable.

16. As probas superadas polos aspirantes nunha convocatoria non terán validez noutras futuras convocatorias.

17. O tempo investido polos membros do tribunal examinador en todo o proceso para a provisión das prazas non será retribuído nin será considerado como xornada de traballo. Tampouco será retribuído e non se considerará como xornada de traballo o tempo empregado polos aspirantes na realización de todas e cada unha das probas, agás se coincide coa súa xornada normal de traballo.

18. Ao remate das probas e da súa corrección faranse públicas as puntuacións obtidas por todos os aspirantes e a relación dos que teñan acadado as prazas.

19. Non se poderá contratar persoal con categoría de oficial 1ª condutor. O persoal que cubrirá estas prazas serán os traballadores do cadro de persoal con contrato fixo e a través do cumprimento deste artigo.

B. Sistema para a provisión de prazas de oficiais 1ª mecánicos.

1. Comunicarase publicamente nos taboleiros de anuncios da empresa, cunha antelación mínima de 15 días antes da data da realización da primeira proba.

2. Poderán optar todos os empregados fixos de F.C.C., S.A. adscritos ao contrato de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e limpeza de praias do concello de Vigo, que a empresa ten asinado co citado concello.

3. Non poderán padecer enfermidade, lesión ou defecto que impida desenvolver de xeito eficaz as laborías propias de oficial 1ª mecánico. Poderase exixir certificado médico.

4. Non poderán optar aqueles empregados que teñan sido sancionados pola comisión dunha falta grave ou moi grave nos 60 e 90 días respectivamente anteriores ao día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes para optar á praza de oficial 1ª mecánico.

5. As prazas proveranse mediante un sistema de concurso-exame.

6. Para a fase de concurso valorarase da seguinte maneira:

a) 0,5 puntos por cada ano de antigüidade na empresa, ata un máximo de cinco puntos por este concepto.

b) 2 puntos por a cada curso realizado e que estea relacionado co posto que se vaia ocupar, sempre que a asistencia a estes fose continuada e con aproveitamento satisfactorio, deberase demostrar cos certificados correspondentes.

c) Ata 1 punto, a criterio do tribunal examinador, logo da consulta co resposable do taller pola experiencia adquirida, en traballos propios de oficial 1ª mecánico, nos talleres da empresa en Vigo.

d) 3 puntos por estar en posesión do permiso de conducir vixente, coa categoría necesaria, para conducir calquera vehículo de que F.C.C., S.A. dispoña na contrata de Vigo.

7. As puntuacións da fase de concurso faranse públicas nos taboleiros de anuncios da empresa xunto coa relación de aspirantes admitidos, fixándose un prazo de 5 días naturais para posibles reclamacións perante o tribunal examinador.

8. As probas de aptitude poderán ser orais, escritas ou prácticas e terán carácter eliminatorio. Poderanse realizar en calquera orde e considerarase que non as superan os aspirantes que non cheguen aos cinco puntos de media das puntuacións emitidas polos membros do tribunal examinador.

9. As probas orais ou escritas constarán de 10 preguntas escollidas ao chou entre aquelas que previamente sexan propostas polos membros do tribunal examinador e valorarase entre 0 e 10 puntos.

No caso da realización dunha proba escrita e para garantir a súa equidade, atribuirase unha forma de facelo para que non sexa coñecida a identidade do examinado ata despois de corrixir a proba.

10. As probas prácticas tamén serán escollidas ao chou entre aqueles que logo damente sexan propostas polos membros do tribunal examinador e tamén se valorarán de 0 a 10 puntos.

Estas probas realizaranse preferentemente con material propio da empresa.

11. O tribunal examinador estará composto por tres membros elixidos pola empresa e tres membros do comité de empresa ou traballadores que este designe.

12. No caso de empate nas puntuacións, o tribunal examinador poderá realizar calquera outra proba (oral, escrita, práctica, etc.) que considere oportuna. No caso de persistir o empate, decidirá o membro do tribunal examinador coa categoría laboral superior dentro da empresa.

13. A praza adxudicarase de forma provisional ao aspirante que obteña a maior puntuación, sumando as da fase de concurso coas das probas de aptitude emitidas por todos os membros do tribunal examinador.

14. O aspirante que consiga a puntuación máis alta será o proposto para cubrir a praza e pasará a desenvolver funcións propias desta a modo de período de proba, por un prazo comprendido entre dous e seis meses.

Transcorrido dous meses e antes dos seis, e tendo en conta o informe emitido polo responsable do taller ou persoa que a empresa designe, o tribunal examinador decidirá se se lle outorga a categoría de maneira definitiva ou se debe de permanecer na que tiña anteriormente.

O período da proba que traballe no taller poderá computarse noutras convocatorias, tal como se reflite no punto 7, alínea c.

15. O adxudicatario da nova praza deberá prestar servizo no lugar e quenda que se asigne a empresa e poderá sufrir variacións por necesidades do servizo.

16. As decisións e puntuacións emanadas do tribunal examinador serán expostas nos taboleiros de anuncios da empresa, fixándose un prazo de 5 días

naturais para posibles reclamacións e correccións de erros. Durante este prazo os aspirantes poderán presentar reclamacións por escrito ou solicitar, se é o caso, o dereito á comprobación do seu exame.

De existir algunha reclamación o tribunal examinador reunirase para valorala e adoptará unha decisión definitiva que será inapelable.

17. As probas superadas polos aspirantes nunha convocatoria non terán validez noutras futuras convocatorias.

18. O tempo investido polos membros do tribunal examinador en todo o proceso para a provisión das prazas non será retribuído nin será considerado como xornada de traballo. Tampouco será retribuído e non se considerará como xornada de traballo o tempo empregado polos aspirantes na realización de todas e cada unha das probas, agás se coincide coa súa xornada normal de traballo.

19. Ao remate das probas e unha vez obtidas as puntuacións finais faranse públicas as conseguidas por todos os aspirantes e a relación dos que conseguiron as prazas.

20. Para cubrir vacantes temporalmente, por necesidades do servizo, situacións de IT, períodos de vacacións, etc., teranse en conta aqueles aspirantes que non conseguiron a praza obtiveron as maiores puntuacións tras os que se a alcanzaron.

C. Sistemas para aprovisión de prazas de capataces.

1. Comunicarase publicamente nos taboleiros de anuncios da empresa, cunha antelación mínima de 15 días antes da data da realización da primeira proba.

2. Poderán optar todos os empregados fixos de F.C.C., S.A. que presten os seus servizos na contrata da cidade de Vigo, de recollida e transporte de residuos sólidos urbanos, limpeza viaria e limpeza de praias.

3. Non poderán padecer enfermidade, lesión ou defecto que impida desenvolver de xeito eficaz as laborías propias de capataz. Poderase exixir certificado médico.

4. No poderán optar aqueles empregados que teñan sido sancionados pola comisión dunha falta grave ou moi grave nos 90 e 150 días respectivamente anteriores ao día en que finalice o prazo de presentación de solicitudes para optar á praza de capataz.

5. Os aspirantes deberán estar en posesión do permiso de conducir vixente coa categoría necesaria ou outra superior para conducir calquera tipo de turismos.

6. As prazas proveranse mediante un sistema de concurso-exame.

7. Para a fase de concurso valorarase da seguinte maneira:

a) 0,5 puntos por cada ano de antigüidade na empresa, ata un máximo de cinco puntos por este concepto.

b) 1 punto por estar en posesión do permiso de conducir vixente para conducir calquera tipo de vehículo de que dispón a empresa nesta contrata, actualmente tipo C.

c) 1 punto pola asistencia a cada un dos cursos de formación organizados pola empresa, e que teñan relación cos labores que se vaian desenvolver na categoría da praza á que opta, sempre que asistise de forma continuada e con aproveitamento satisfactorio.

d) 1 punto por cada curso que garde relación co posto que vaia desempeñar aos cales asistise, con aproveitamento satisfactorio, realizados fóra da empresa, presentando o correspondente xustificante ou título.

e) 1 punto por estar en posesión dunha titulación académica de grao medio ou diplomatura.

f) 2 puntos por estar en posesión dunha titulación académica de grao superior ou licenciatura.

g) Ata 1 punto, a criterio do tribunal examinador, pola experiencia adquirida en traballos propios da categoría de capataz, desenvolvidos na empresa.

8. As puntuacións da fase de concurso faranse públicas nos taboleiros de anuncios da empresa xunto coa relación de aspirantes admitidos, fixándose un prazo de 5 días naturais para posibles reclamacións perante o tribunal examinador.

9. As probas de aptitude poderán ser orais, escritas ou practicas e terán carácter eliminatorio.

Considérase que non as superan os aspirantes que non cheguen aos cinco puntos de media das puntuacións emitidas polos membros do tribunal examinador

10. A proba ou probas de aptitudes orais ou escritas constarán de 10 preguntas escollidas ao chou entre aquelas que previamente sexan propostas polos membros do tribunal examinador e valoraranse entre 0 e 10 puntos.

11. No caso da realización dalgunha proba práctica valorarase de 0 a 10 puntos, serán escollidas ao chou entre aquelas que previamente sexan propostas polos membros do tribunal examinador.

12. O tribunal examinador encargarase de deseñar a forma de realizar as probas para garantir a igualdade de oportunidades entre todos os aspirantes. Garantirase que naquelas probas escritas que se realicen sexa descoñecida a identidade do aspirante ata que estas sexan corrixidas.

Poderá modificarse a forma de facer algunha proba, ou suprimila ou non realizala, se se considera que non é necesaria para a elección.

13. O tribunal examinador estará composto por tres membros elixidos pola empresa con voz e voto, e tres membros do comité de empresa ou traballadores que este designe, en calidade de observadores e controladores de todo o proceso, con voz pero sen voto.

14. A praza adxudicarase ao aspirante que obteña a maior puntuación, sumando a da fase de concurso coa das probas de aptitude.

15. No caso de empate nas puntuacións, o tribunal examinador poderá realizar máis probas de aptitude, e no caso de persistir o empate, decidirá o membro do tribunal examinador coa categoría laboral superior dentro da empresa.

16. As probas superadas polos aspirantes nunha convocatoria non terán validez noutras convocatorias posteriores.

17. O aspirante que consiga a puntuación máis alta será o proposto para cubrir a praza e pasará a desenvolver funcións propias desta modo de período de proba, por un prazo comprendido entre dous e seis meses.

Transcorridos dous meses e antes dos seis, e tendo en conta o informe emitido polo xefe do servizo ou persoa que a empresa designe, o tribunal examinador decidirá se se lle outorga a categoría de maneira definitiva ou se debe permanecer na que tiña anteriormente.

O período de proba que traballe como capataz poderá computarse noutras convocatorias, tal como se reflite no punto 7, alínea d.

18. O adxudicatario da nova praza deberá prestar servizo no lugar e quenda que se lle asigne á empresa e poderá sufrir variacións por necesidades do servizo.

19. As decisións e puntuacións emanadas do tribunal examinador serán expostas nos taboleiros de anuncios da empresa, fixándose un prazo de 5 días naturais para posibles reclamacións e correccións de erros. Durante este prazo os aspirantes poderán presentar reclamacións por escrito ou solicitar, se é o caso, o dereito á comprobación do seu exame.

De existir algunha reclamación o tribunal examinador reunirase para valorala e adoptará unha decisión definitiva que será inapelable.

20. As probas superadas polos aspirantes nunha convocatoria non terán validez noutras futuras convocatorias.

21. O tempo investido polos membros do tribunal examinador en todo o proceso para a provisión das prazas non será retribuído nin será considerado como xornada de traballo. Tampouco será retribuído e non se considerará como xornada de traballo o tempo empregado polos aspirantes na realización de todas e cada unha das probas, agás se coincide coa súa xornada normal de traballo.

22. Ao remate das probas faranse públicas as puntuacións obtidas por todos os aspirantes e a relación dos que conseguiron as prazas.

Disposición derradeira

Única.-Para todo o non previsto no vixente convenio observarase o disposto no convenio colectivo del sector de limpeza pública, viaria, regas, recollida tratamento e eliminación de residuos, limpeza e conservación da rede de sumidoiros (BOE nº 58 do 7 de marzo 1996), e no Estatuto dos traballadores e demais lexislación laboral vixente.

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA