DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 177 Mércores, 14 de setembro de 2005 Páx. 15.486

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 6 de setembro de 2005, da Dirección Xeral de Turismo, pola que se delega no/a titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo, o exercicio da competencia para efectuar a proposta de resolución de concesión do título licenza das axencias de viaxes.

Tendo en conta o gran volume da actividade administrativa que a normativa lle atribúe á Dirección Xeral de Turismo, co fin de evitar unha concentración excesiva e lograr unha maior axilidade administrativa que redunde en beneficio tanto da Administración como dos administrados, faise conveniente que, dentro do respecto aos principios informadores da actuación administrativa, e con suxeición á normativa legal vixente, se deleguen no/a titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo determinadas competencias.

Na súa virtude, facendo uso das atribucións que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoño delegar no/a titular da Subdirección Xeral de Ordenación do Turismo o exercicio da competencia para efectuar a proposta de resolución de concesión do título licenza das axencias de viaxes.

A Dirección Xeral de Turismo poderá, non obstante, avocar para si en calquera momento o exercicio da competencia delegada nesta resolución, de acordo co establecido no artigo 14 da citada lei.

As resolucións administrativas que se adopten facendo uso da delegación contida na presente resolución farán constar expresamente esta circunstancia e consideraranse ditadas pola autoridade que a concedeu.

Santiago de Compostela, 6 de setembro de 2005.

Rubén C. Lois González

Director xeral de Turismo