DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 176 Martes, 13 de setembro de 2005 Páx. 15.429

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 5 de setembro de 2005 pola que se modifica a do 19 de novembro de 2003, pola que se fai pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Pola Orde do 19 de novembro de 2003 (DOG do 24 de novembro), fíxose pública a composición do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

De acordo co artigo 10.1º b) da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, os membros dos consellos sociais cesarán por renuncia, incapacidade declarada por resolución xudicial firme, morte ou declaración de falecemento.

A renuncia deberá presentárselles por escrito á autoridade, entidade ou institución designante e ao presidente do Consello Social, quen lla comunicará á consellería competente en materia universitaria, e publicarase no Diario Oficial de Galicia, data desde a que producirá efectos.

Segundo o artigo 10.2º da dita Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, as vacantes deberán cubrirse pola autoridade, entidade ou institución correspondente no prazo máximo de 3 meses. De non comunicárselle o acordo de designación dentro do devandito prazo ao conselleiro competente en materia universitaria, o posto permanecerá vacante deica a finalización do correspondente mandato. En todo caso, o membro substituído entenderase nomeado polo período que reste do anterior mandato.

O 20 de xuño de 2005, a Confederación de Empresarios de Galicia pon en coñecemento do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela a solicitude de baixa que, por razóns persoais, remite o representante proposto como vogal Ricardo Rúa Pintos.

Con data do 24 de xuño de 2005, a presidenta do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela, en cumprimento do disposto no artigo 10 da Lei 1/2003, do 9 de maio, dos consellos sociais do sistema universitario de Galicia, comunica a solicitude de baixa por razóns persoais de Ricardo Rúa Pintos como representante da Confederación de Empresarios de Galicia.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único.-Facer público o cesamento por renuncia de Ricardo Rúa Pintos, representante

designado pola Confederación de Empresarios de Galicia no Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela.

Disposición derradeira

Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 5 de setembro de 2005.

Laura Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación Universitaria