DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 12 de setembro de 2005 Páx. 15.381

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 22 de xullo de 2005 pola que se establecen os distintivos de identificación, divisas e uniformes do Servizo de Gardacostas de Galicia.

Advertidos erros na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 153, do 10 de agosto de 2005, é necesario facer as oportunas correccións:

No anexo V, o nome das figuras de gorra de prato, de dereita a esquerda e de arriba a abaixo deberá ser o seguinte:

-A primeira figura terá coma texto no encabezamento «Subdirector xeral» e no pé «Figura V-A-1».

-A segunda figura terá coma texto no encabezamento «Escala técnica» e no pé «Figura V-A-2».

-A terceira figura terá coma texto no encabezamento «Escala executiva» e no pé «Figura V-A-3».

-A cuarta figura terá coma texto no encabezamento «Escala de axentes» e no pé «Figura V-A-4».

No punto 1 da letra E) do anexo VI, onde di: «O colo será do tipo camiseiro, con pé de colo e entreforrado, as puntas medirán 55 mm», debe dicir: «O colo será do tipo camiseiro, con pé de colo e entreforrado, as puntas medirán 50 mm».

CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS

E XUSTIZA