DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 175 Luns, 12 de setembro de 2005 Páx. 15.381

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE CULTURA E DEPORTE

DECRETO 490/2005, do 1 de setembro, polo que se derroga o Decreto 10/2005, do 20 de xaneiro, para a utilización da imaxe corporativa Galicia, camiños de concordia.

Unha vez rematado o programa Caminos de Concordia, faise preciso normalizar a imaxe corporativa da Xunta, eliminando as referencias ao devandito programa en todas as súas actividades de comunicación audiovisuais e escritas.

Na súa virtude, por proposta da conselleira de Cultura e Deporte, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día un de setembro de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Artigo único.

Queda derrogado o Decreto 10/2005, do 20 de xaneiro, para a utilización da imaxe corporativa Galicia, camiños de concordia.

Disposiciones derradeiras

Primeira.-Facúltase a conselleira de Cultura e Deporte para a execución deste decreto.

Segundo.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, un de setembro de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Ánxela Bugallo Rodríguez

Conselleira de Cultura e Deporte