DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 172 Mércores, 07 de setembro de 2005 Páx. 15.258

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

ORDE do 2 de setembro de 2005 pola que se dispón que cese Víctor Tello Calvo como presidente do Instituto Galego de Consumo.

En uso das atribucións que me confire o artigo 3.1º do Decreto 329/1995, do 21 de decembro, polo que se desenvolve a Lei 8/1994, do 30 de decembro, de creación do Instituto Galego de Consumo,

DISPOÑO:

Que cese Víctor Tello Calvo como presidente do Instituto Galego de Consumo.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2005.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria