DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Martes, 06 de setembro de 2005 Páx. 15.217

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

RESOLUCIÓN do 22 de agosto de 2005, da Dirección Xeral de Saúde Pública, pola que se fai pública a realización dun curso homologado de nivel cualificado para a obtención do carné de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria (tratamentos DDD).

A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicaránlles aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e no seu artigo 9 a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia ter lugar.

En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de

Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados pola Asociación Nacional de Empresas de Control de Plagas (Anecpla), de acordo coas seguintes bases:

1. Denominación do curso:

Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel cualificado.

2. Entidade organizadora:

Anecpla (Asociación Nacional de Empresas de Control de Plagas).

3. Data:

Do 7 ao 18 de novembro de 2005.

4. Lugar de realización:

Feuga. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Universitario Sur, 15705 Santiago de Compostela.

5. Número de prazas:

Máximo 25 alumnos.

6. Dirixido a:

Responsables técnicos de empresas de servizos de control de plagas.

7. Criterios de selección:

Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.

8. Presentación de solicitudes:

Enviaranse a Anecpla (Polígono Industrial Vallecas. Estr. Villaverde-Vallecas nº 265. Edificio Hormigueras, 3º esqda., 28031 Madrid. Teléfono: 913 80 76 70. Fax: 917 77 99 45 anecpla*anecpla.com) por fax, carta ou e-mail, acompañado da seguinte documentación:

-Solicitude segundo modelo anexo.

-Xustificante de ter ingresado a cota de 300 A/alumno (asociados Anecpla) e 460 A/alumno (non asociados) na conta Anecpla nº 0049/5115/31/2716094078, do Banco Santander Central Hispano.

9. Data límite para a presentación de solicitudes:

Ata o 25 de outubro de 2005.

10. Programa:

7-11-200509.00-11.00 h.Introdución

11.00-15.00 h.Descrición de pragas (I)

8-11-200509.00-11.00 h.Descrición de pragas (II)

11.00-15.00 h.Descrición de pragas (III)

9-11-200509.00-11.00 h.Produtos biocidas (insecticidas, rodenticidas, desinfectantes, outros) (I)

11.00-15.00 h.Produtos biocidas (insecticidas, rodenticidas, desinfectantes, outros) (II)

10-11-200509.00-11.00 h.Produtos biocidas (insecticidas, rodenticidas, desinfectantes, outros) (III)

11.00-15.00 h.Produtos biocidas (insecticidas, rodenticidas, desinfectantes, outros ) (IV)

11-11-200509.00-11.00 h.Equipos na loita contra pragas

11.00-15.00 h.Estratexias de intervención (I)

14-11-200509.00-11.00 h.Estratexias de intervención (II)

11.00-15.00 h.Estratexias de intervención (III)

15-11-200509.00-11.00 h.Estratexias de intervención (IV)

11.00-15.00 h.Procedementos de loita contra pragas (I)

16-11-200509.00-11.00 h.Procedementos de loita contra pragas (II)

11.00-15.00 h.Procedementos de loita contra pragas (III)

17-11-200509.00-11.00 h.Exercicio práctico sobre o terreo

11.00-15.00 h.Loita contra pragas e medio natural (I)

18-11-200509.00-11.00 h.Loita contra pragas e medio natural (II)

11.00-12.00 h.Prevención de accidentes no sector (I)

12.00-13.00 h.Prevención de accidentes no sector (II)

13.00-15.00 h.Avaliación

11. Certificado de superación do curso:

É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polos alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente co que poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel cualificado.

Santiago de Compostela, 22 de agosto de 2005.

Jorge Suanzes Hernández

Director xeral de Saúde Pública