A Orde do 30 de xullo de 1997, conxunta das consellerías de Agricultura, Gandaría e Montes e de Sanidade e Servizos Sociais, pola que se establece na Comunidade Autónoma de Galicia a normativa reguladora para a homologación de cursos de capacitación para realizar tratamentos con praguicidas, así como para a obtención do carné de manipuladores destes produtos, establece no seu artigo 8.6º que os ministerios de Agricultura, Pesca e Alimentación e de Sanidade e Consumo comunicará aos organismos responsables na comunidade autónoma a homologación dos ditos cursos e, no seu artigo 9, a obrigatoriedade de que o organismo oficial responsable publique no Diario Oficial de Galicia a información correspondente a cada curso que vaia ter lugar.
En consecuencia, anúnciase a realización dun curso de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico, homologado polas direccións xerais de Saúde Pública do Ministerio de Sanidade e Consumo e de Agricultura do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, solicitados pola Asociación Nacional de Empresas de Control de Plagas (Anecpla), de acordo coas seguintes bases:
1. Denominación do curso:
Curso para a capacitación de aplicadores/manipuladores de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, nivel básico.
2. Entidade organizadora:
Anecpla (Asociación Nacional de Empresas de Control de Plagas).
3. Data:
Do 24 ao 28 de outubro de 2005.
4. Lugar de realización:
Feuga. Rúa Lope Gómez de Marzoa s/n. Campus Universitario Sur, 15705 Santiago de Compostela.
5. Número de prazas:
Máximo 25 alumnos.
6. Dirixido a:
Todo o persoal auxiliar dos servizos de aplicación de praguicidas de uso ambiental e uso na industria alimentaria, non clasificados como moi tóxicos, e persoal de establecementos.
7. Criterios de selección:
Por rigorosa orde de recepción de solicitude de inscrición.
8. Presentación de solicitudes:
Enviaranse a Anecpla (Polígono Industrial Vallecas. Estr. Villaverde-Vallecas nº 265. Edificio Hormigueras, 3º esqda., 28031 Madrid. Teléfono: 913 80 76 70. Fax: 917 77 99 45 anecpla*anecpla.com) por fax, carta ou e-mail, acompañado da seguinte documentación:
-Solicitude segundo modelo anexo.
-Xustificante de ter ingresado a cota de 150 A/alumno (asociados Anecpla) e 250 A/alumno (non asociados) na conta Anecpla nº 0049/5115/31/2716094078, do Banco Santander Central Hispano.
9. Data límite para a presentación de solicitudes:
Ata o 10 de outubro de 2005.
10. Programa:
24-10-2005 10.00-12.00 h. Introdución
12.00-14.00 h. Plagas ambientais e alimentarias (I)
25-10-2005 10.00-14.00 h. Plagas ambientais e alimentarias (II)
26-10-2005 10.00-14.00 h. Biocidas. Hixiene e seguridade no seu manexo
27-10-2005 10.00-11.00 h. Métodos de loita antivectorial. Biocidas e medionatural
11.00-14.00 h. Prevención, diagnóstico e primeiros auxilios en caso de intoxicación
28-10-2005 10.00-14.00 h. Equipos na loita antivectorial. Exercicio práctico
14.00-15.00 h. Avaliación
11. Certificado de superación do curso:
É obrigatoria a asistencia a todas as sesións do curso. Finalizado este, a entidade organizadora realizará as probas pertinentes que avalíen os coñecementos adquiridos polo alumnos e, en caso de superalas, expedirá o certificado correspondente, co que poderá solicitarlle á Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade o carné de aplicador/manipulador de praguicidas de uso ambiental e na industria alimentaria, nivel básico.
Santiago de Compostela, 19 de agosto de 2005.
Jorge Suanzes Hernández
Director xeral de Saúde Pública