DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 167 Mércores, 31 de agosto de 2005 Páx. 14.934

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 2 de agosto de 2005, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do convenio colectivo da empresa Mediterránea de Cátering, S.L. (para o persoal ao servizo de cociña e alimentación do Hospital do Meixoeiro de Vigo).

Visto o texto do convenio colectivo da empresa Mediterránea de Cátering, S.L. (para o persoal ao servizo de cociña e alimentación do Hospital do Meixoeiro de Vigo), con nº de código 3602552 que tivo entrada no rexistro único do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo o día 19-7-2005, subscrito en representación da parte económica pola representación da empresa, e da parte social, polo comité de empresa, en data 7-6-2005. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo, e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordenar a súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, que consta nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordenar o seu depósito no Servizo de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñer a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Vigo, 2 de agosto de 2005.

Joaquín Macías Sánchez

Delegado provincial de Pontevedra

Capítulo I

Ámbito de aplicación e disposicións xerais

Artigo 1º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio regulará as relacións de traballo entre a empresa Mediterránea de Cátering, S.L. e o persoal dependente dela, no servizo de cociña e alimentación do Hospital do Meixoeiro, Vigo. Así mesmo, afectará de igual xeito a todas as empresas que no futuro poidan resultar adxudicatarias destes servizo.

Artigo 2º.-Carácter.

O convenio ten carácter de mínimo necesario e indivisible para todos os efectos, e no sentido de

que as condicións pactadas nel constitúan un todo orgánico e para efectos da súa aplicación práctica serán consideradas global e conxuntamente vinculadas á totalidade.

Artigo 3º.-Aplicación preferente.

As disposicións que contén este convenio aplicaranse con preferencia a calquera outra.

Artigo 4º.-Vixencia e duración.

A vixencia deste convenio será de dous anos, do 1 de xaneiro de 2005 ao 31 de decembro de 2006 independentemente da súa publicación no BOP, terá efectos a partir do día 1 de xaneiro de 2005.

Artigo 5º.-Comisión paritaria.

Para examinar e resolver cantas cuestións deriven da interpretación, vixencia e aplicación deste convenio, a mesa negociadora del constitúe unha comisión paritaria integrada por tres representantes da dirección e tres representantes do comité de empresa.

A comisión paritaria terá as seguintes funcións:

-Resolución de cantos asuntos ou reclamacións se sometan á súa consideración, así como de calquera das condicións establecidas neste convenio.

-Vixilancia e cumprimento do convenio colectivo.

-Atención ás denuncias de incumprimento deste.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

Serán respectadas na súa totalidade estritamente ad personan aquelas condicións máis beneficiosas que teña o traballador/a concedidas pola empresa, por pacto ou costume.

Artigo 7º.-Denuncia e prórroga.

Este convenio entenderase prorrogado por un ano, se algunha das partes non o denuncian cunha antelación de dous meses, ao seu vencemento.

Artigo 8º.-Equiparación.

Os traballadores/as afectados por este convenio quedan equiparados ao persoal do Sergas segundo categoría que se reflite no artigo 1 do capítulo II. De tal maneira que a partir desta equiparación toda modificación que repercuta no persoal do Hospital do Meixoeiro de Vigo aplicarase de igual forma aos traballadores/as afectados por este convenio.

Capítulo II

Remuneracións, salarios e complementos

Artigo 9º.-Remuneracións.

As nóminas reflectirán as remuneracións dos traballadores/as que serán iguais e polos mesmos conceptos que as que perciba mensualmente o persoal do Sergas segundo o grupo ao que se encontre equiparado e que é o seguinte:

Xestor/a: grupo B.

Dietista: grupo C.

Encargada/o: grupo C.

Xefe/a de cociña: grupo C.

Cociñeiros/as: grupo C.

Camareiras/os: grupo D (código 24).

Axudantes/as: grupo E.

Limpador/a: grupo E.

Artigo 10º.-Antigüidade.

O concepto de antigüidade será retribuído cos mesmos criterios e contía que ten establecido o Sergas.

Artigo 11º.-Horas extraordinarias.

Realizaranse soamente as que se necesiten por calquera urxencia xustificada e en todo caso, con coñecemento dos representantes legais dos traballadores/as. En caso de realización serán compensadas con tempo de descanso.

Artigo 12º.-Gratificacións extraordinarias.

O persoal afectado por este convenio percibirá as mesmas gratificacións extraordinarias que o persoal do Hospital do Meixoeiro segundo os niveis que lle correspondan independentemente de que o traballador/a estea de baixa por incapacidade temporal. Para o seu devengo teranse en conta os períodos do 1-1 ao 30-6 e na paga de xullo e do 1-7 ao 31-12 para a de Nadal. O seu aboamento será os días 15 de xullo e 15 de decembro.

Artigo 13º.-Complemento de nocturnidade.

Las horas traballadas entre as 22.00 e as 7.00 horas terán a consideración de nocturnas e, consecuentemente retribuiranse con iguais criterios que se apliquen aos traballadores/as do Sergas do correspondente nivel.

Artigo 14º.-Complemento de festividade.

Remuneraranse todos os domingos e festivos igual que o persoal do Sergas, e serán recoñecidos tamén como festivos os seguintes: 24 de decembro, 31 decembro e 5 de xaneiro.

Os días 25 de decembro e 1 e 6 de xaneiro, compensaranse como dobres.

Artigo 15º.-Complemento de IT, baixas por risco no embarazo ou accidente.

A empresa estará obrigada a completar ata o 100% do salario e todos os complementos en caso de accidente, baixa por enfermidade ou baixas por risco de embarazo desde o primeiro día.

Capítulo III

Dereitos sindicais de representación

Artigo 16º.-Organización sindical dos traballadores/as na empresa.

A empresa considera os sindicatos debidamente implantados no seu seo como elementos básicos e esenciais para encamiñar as relacións entre traballador/a e empresario/a.

En consecuencia, a empresa Mediterránea de Cátering, S.L. respectará o dereito dos traballadores/as que o desexen a sindicarse libremente e non poderán condicionar o ingreso de ningún traballador/a na empresa á súa afiliación sindical ou a que renuncie a iso e non incorrerá en conduta que supoña discriminación por razón de afiliación a un sindicato. En concreto, non poderá despedir ou prexudicar un traballador/a en calquera outra forma pola súa afiliación ou actividade sindical.

Artigo 17º.-Representantes dos traballadores/as.

O comité de empresa terá os dereitos e facultades que lles recoñece a lexislación.

Entre outras facultades deberán ser informados das propostas de sancións, variacións no cadro de persoal, e en xeral, vixiarán o cumprimento das disposicións vixentes.

Artigo 18º.-Garantías dos representantes dos traballadores/as.

Os membros do comité de empresa non poderán ser despedidos ou sancionados durante o exercicio das súas funcións, nin no ano inmediato seguinte ao seu cesamento, salvo que este se produza por revogación ou dimisión, se a causa do despedimento ou sanción se basea no exercicio legal da súa representación. Se o despedimento ou sanción por faltas moi graves ou graves obedecera a outras causas, deberá tramitarse expediente contraditorio no que serán oídos ademais do interesado/a, o comité de empresa.

Os citados representantes dos traballadores/as non poderán ser discriminados na súa promoción profesional ou económica por causa do desempeño da súa representación.

Artigo 19º.-Crédito horario.

Os membros do comité de empresa dispoñen dun crédito horario de 24 horas mensuais (288 horas anuais), retribuídas para o exercicio das súas funcións de representación. Poderán ser acumuladas durante o ano e en cómputo anual, podendo ser acumuladas igualmente nun ou varios membros do comité durante o mesmo ano.

As horas de crédito que se utilicen na negociación do convenio colectivo e na xestión do conflito derivado da negociación non computará como crédito horario mensual.

Artigo 20º.-Desconto en nómina da cota sindical.

A empresa descontaralles a cota sindical aos traballadores/as afiliados aos sindicatos, logo da súa correspondente autorización e remitirállela aos sindicatos correspondentes.

Artigo 21º.-Asembleas.

Os traballadores/as terán dereito a dispoñer de dúas horas mensuais para reunirse. Co ánimo de dificultar o mínimo a organización do traballo, o tempo que se empregará en cada reunión non deberá

superar os 60 minutos e celebrarase no horario acordado entre a dirección e o comité de empresa.

Artigo 22º.-Sección sindical.

Os sindicatos que acrediten ter máis do 50% de afiliación entre os traballadores/as do cadro de persoal terán dereito á creación da sección sindical, cun delegado/a que terá recoñecido, entre outros, os mesmos dereitos que ten o comité de empresa.

Capítulo IV

Organización do traballo, contratación e cadro de persoal

Artigo 23º.-Organización do traballo.

O responsable da organización do centro de traballo será o xestor.

A empresa durante a vixencia deste convenio elaborará un planning de traballo orientado a mellorar a prestación de servizos que se dá no hospital, para iso manterá reunións periódicas co comité de empresa co obxectivo de consensuar os cambios que poidan producirse na organización do traballo.

O persoal nos chamados tempos mortos non realizarán as tarefas de limpeza nas cámaras, almacén e na zona de recepción de provedores.

Artigo 24º.-Contratacións e altas na Seguridade Social.

Ao inicio da relación laboral, a empresa quedará obrigada a estender por escrito o contrato de traballo que conteña as especificacións recollidas pola normativa legal de aplicación, tanto sexa de carácter temporal como de duración indefinida, entregando copia deste contrato ao interesado/a.

A empresa estará obrigada a entregarlles aos traballadores/as fotocopia da alta destes na Seguridade Social, para o que disporá do prazo de dúas semanas desde a súa incorporación ao traballo. Así mesmo, a empresa obrígase á colocación da fotocopia dos boletíns de cotización no taboleiro de anuncios das súas oficinas no Hospital do Meixoeiro.

A empresa entregaralle ao comité de empresa unha copia básica do contrato que realice inmediatamente despois de ser rexistrado na oficina de emprego.

Artigo 25º.-Substitucións.

Os contratos de traballo de carácter temporal para a substitución de baixas, excedencias ou período de vacacións deberán realizarse polo tempo que dure a IT, excedencia ou o período de vacacións. Os contratos deberán realizarse tendo en conta as categorías profesionais que figuran no artigo 1 do capítulo II.

Para a súa contratación terase en conta os/as que figuran na bolsa de traballo constituída para o efecto, cunha relación que é a que figura no anexo deste convenio a cal poderá ser modificada de acordo entre a empresa e o comité.

Artigo 26º.-Cadro de persoal fixo.

O número de cadro de persoal mínimo establecido fixo será o seguinte:

Xestor/a: 1.

Dietista: 1.

Encargada/o: 1.

Xefe/a de cociña: 1.

Cociñeiros/as: 5.

Camareiras/os: 36.

Axudantes: 13.

Limpador/a: 1.

No referente a camareiros/as, 2 son os/as que prestan servizos nas fins de semana.

Non obstante, a presenza física diaria establécese en:

Responsable: 1.

Dietista: 1.

Cociñeiros/as: 4.

Camareiros/as: 26.

Axudantes de cociña: 10.

Limpador/a: 1.

Artigo 27º.-Promoción interna.

En caso de vacantes no cadro de persoal, pasarán a pasar estes postos as persoas fixas da fin de semana, por mellora de posto de traballo, e os seus postos serán ocupados por persoal da bolsa de traballo, tendo en conta en todo momento a antigüidade.

Así mesmo, en caso de vacantes nunha categoría superior, o acceso a estas levarase a cabo por orde de antigüidade, sempre que se reúnan os requisitos de cualificación profesional para o posto que se vai cubrir.

Capítulo V

Xornada de traballo, vacacións, licenzas, permisos e excedencias

Artigo 28º.-Xornada de traballo.

Durante a vixencia deste convenio a xornada laboral será de 1.624 horas anuais, computando os trinta minutos de descanso como tempo efectivo de traballo.

A súa aplicación acordarase entre o comité e os representantes da empresa.

Confeccionarase un calendario laboral anual, contando coa participación da representación legal dos traballadores, onde figuren os días de traballo, descanso semanal e días de vacacións de cada traballador ou traballadora. Este calendario exporase nun lugar visible para coñecemento de todos os traballadores e traballadoras.

Artigo 29º.-Festivos.

Os traballadores/as terán dereito a 14 días festivos os cales se aproveitarán de acordo con os criterios establecidos ata agora.

Artigo 30º.-Vacacións.

A empresa de acordo co comité elaborará as quendas correspondentes ás vacacións seguindo cada ano unha quenda rotatoria de preferencia. As vacacións gozaranse entre os meses de xuño e setembro, ambos inclusive, e a súa duración será dun mes podendo engadir a este días festivos.

Se ao inicio das vacacións un traballador/a estivese de baixa por IT, entendendo esta dentro do período de baixa terá dereito ao desfrute destas no mes distinto, acordándoo entre o traballador e a empresa, unha vez incorporado ao traballo.

Artigo 31º.-Licenzas e permisos.

Logo de solicitude dos traballadores/as afectados considerarase licenza retribuída polo tempo e os casos seguintes:

a) Matrimonio do traballador/a: 15 días naturais.

b) Matrimonio de pais, fillos ou irmáns: 1 día natural.

c) Parto de esposa: 5 días naturais.

d) Falecemento, enfermidade grave, hospitalización ou intervención cirúrxica de:

-Cónxuxe ou compañeiro/a: 5 días naturais.

-Parentes de primeiro grao (pais ou fillos, por consanguinidade, afinidade ou convivencia demostrable): 3 días naturais.

-Irmáns ou parentes ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade: 2 días naturais.

Se entre o traballador/a e os parentes anteriormente detallados houbese convivencia, a licenza será de 5 días naturais. O mesmo ocorrerá se o suposto d) se producise fóra de praza.

e) Falecemento de tíos/as: 1 día natural.

-Convivencia: 2 días.

f) Traslado de domicilio: 2 días laborables.

g) Permiso por lactación: as traballadoras, por lactación dun fillo/a menor de nove meses, terán dereito a unha hora de ausencia do traballo, que poderán dividir en dúas fraccións. O traballador/a, á súa vontade, poderá substituír este dereito pola redución da xornada normal dunha hora coa mesma finalidade.

Da mesma forma este dereito será de aplicación aos casos de adopción.

Este permiso aumentará proporcionalmente nos casos de parto múltiple.

h) Todo o anteriormente exposto será de aplicación ás parellas de feito, fidelisimamente acreditadas e inscritas no rexistro público correspondente.

i) Os traballadores/as que cursen estudos para a obtención dun título oficial, académico ou profesional, terán dereito a un permiso retribuído de ata 6 días ao ano para concorrer a exames logo de comunicación por parte dos traballadores/as á empresa e a súa posterior xustificación.

Igualmente o traballador/a solicitándoo coa debida antelación, terá dereito a dispoñer de 5 días de licenza ao ano non retribuído pola empresa.

Artigo 32º.-Solicitude e xustificación de permisos e licenzas.

Os traballadores/as que necesiten un permiso deberán comunicalo á empresa con xustificante de recepción, sempre e cando a circunstancia sexa previsible, se non é así bastará a comunicación telefónica.

Xustificaranse todos os permisos e licenzas a posteriori cos documentos acreditativos correspondentes que se detallan a continuación:

a) e b) Por matrimonio: fotocopia do libro de familia.

c) Por natalidade: fotocopia de partida de nacemento.

d) Por falecemento: necrolóxica ou documento acreditativo.

Por hospitalización ou intervención cirúrxica: documento de ingreso no hospital.

Por enfermidade grave de familiar: deberá presentarse xustificante de facultativo xeral ou pediatra da Seguridade Social.

Por traslado de domicilio: fotocopia de calquera documento oficial no que conste o novo domicilio (cambio de domicilio na Seguridade Social, contrato de compañía da auga, gas, electricidade, certificado do concello, etc.).

Outras ausencias ao posto de traballo.

Ausencias temporais inferiores a 1 día: a ausencia temporal do centro ou posto de traballo por tempo inferior a unha xornada laboral, indispensable para o cumprimento dun deber inescusable de carácter público ou persoal moi urxente (xulgados, notarios, médicos, etc.), será imprescindible xustificala debidamente e será polo tempo indispensable para cumprir a obriga de que se trate. Estes permisos serán autorizados pola dirección ou persoas en quen delegue, dando ao interesado/a o oportuno vale de saídas e que informará mensualmente dos concedidos, permisos e causas e duración. Formato de solicitude (anexo II).

Asistencia a consultores médicos: todos os traballadores/as terán dereito a tres horas retribuídas pola empresa cada vez que teñan asistir ao médico de cabeceira que lle correspondera ao traballador/a, se tivese o seu consultorio en localidade distinta daquela na que presta o seu servizo o traballador/a, estes poderán dispoñer do tempo necesario.

O traballador/a que teña que acudir ao consultorio médico estará obrigado/a a avisar con anterioridade á empresa, debendo xustificar que foi atendido polo médico de cabeceira. Para a súa asistencia á consulta do especialista os traballadores/as terán dereito a todo o tempo necesario, logo de presentación do volante do médico de cabeceira.

Os traballadores/as terán dereito para poder asistir ao consultorio médico cos seus fillos menores de 8 anos ou persoas dependentes que convivan con eles e polo tempo indispensable.

Para ter dereito a este permiso, no caso das persoas dependentes que non sexan fillos ou compañeiros/cónxuxes, deberase achegar o correspondente certificado de convivencia.

Ausencias por enfermidade: as ausencias por enfermidade deberán comunicarse telefonicamente ao encargado/a de quenda antes do comezo da quenda de que se trate.

Todas as ausencias por enfermidade xustificaranse mediante información do médico de cabeceira e o parte de baixa por enfermidade, que se entregarán na dirección ou se enviarán por correo certificado en casos de enfermidades de duración superior a tres días, seguindo o mesmo trámite para os partes de confirmación.

A non presentación do informe ou parte de baixa considerarase como falta sen xustificar para os efectos disciplinarios e que regulamentariamente correspondan.

Licenzas non retribuídas: aplicarase o disposto na normativa vixente.

Artigo 33º.-Días de libre disposición.

Durante a vixencia deste convenio os traballadores/as terán os mesmos días retribuídos de libre disposición que teñan os do persoal do Sergas, o seu desfrute realizarase de acordo cos seguintes criterios: 4 días no período de xaneiro a xullo e 5 días de agosto a decembro. Cando un traballador/a desfrute as vacacións fóra dos meses establecidos estes 9 días poderán xuntarse ás vacacións. Non obstante por situacións excepcionais, os traballadores/as poderán dispoñer dos 9 días de forma continuada logo de coñecemento do comité e acordo coa empresa.

Artigo 34º.-Excedencias.

A empresa vén obrigada a conceder a todo o persoal que o solicite e leve nesta o tempo mínimo dun ano de servizo, a excedencia voluntaria, a cal terá unha duración mínima dun mes e máxima de catro anos, quedando a empresa obrigada a reincorporar ao seu posto de traballo o traballador/a excedente que o solicite, cunha antelación dun mes, tempo de aviso previo, co obxecto de que a empresa poida axustar o dito persoal.

Todas as excedencias voluntarias cubriranse obrigatoriamente por contratas de substitución e polo período que dure a dita excedencia, reincorporándose o traballador ou traballadora excedente ao seu posto de traballo conforme o estipulado no parágrafo anterior.

Artigo 35º.-Excedencia especial.

A nai traballadora terá dereito a solicitar unha excedencia especial, ata que o fillo cumpra os dous

anos de idade, garantíndose a súa incorporación inmediata, con reserva do posto de traballo e sen que afecte ao dereito da excedencia ordinaria do artigo anterior. Este dereito é optativo para o pai traballador, podendo exercelo só un membro da parella, no caso de ámbolos dous traballen na mesma empresa.

Unicamente durante o primeiro ano computarase a antigüidade.

Artigo 36º.-Xubilación parcial.

Os traballadores e traballadoras que o soliciten terán dereito a se acoller á xubilación parcial, segundo o especificado no Real decreto 1131/2002, estando a empresa obrigada a subscribir o correspondente contrato de revezamento.

No caso de que durante a situación de xubilación parcial o traballador ou traballadora sexa despedido, a indemnización que lle corresponda calcularase en función do salario á xornada completa e desde o inicio da relación laboral.

Capítulo VI

Prevención de riscos laborais

Artigo 37º.-Comité de seguridade e saúde.

De acordo con a Lei de saúde laboral constitúese un comité de seguridade e saúde. A súa composición será de 2 representantes dos traballadores/as e 2 da empresa. Con carácter anual este comité realizará un estudo de riscos e elaborará un plan para eliminalos. Os representantes dos traballadores/as disporán do mesmo crédito de horas retribuídas que os membros do comité de empresa, co obxecto de facilitar a súa formación e funcións.

Artigo 38º.-Control médico obrigatorio.

Todo o persoal comprendido neste convenio terá dereito e obriga de efectuar unha revisión médica anual, a cargo da empresa, sendo esta realizada nunha clínica que dispoña a mutua.

O control médico obrigatorio consistirá en:

-Audiometría.-Control da vista.-Analítica de sangue.-Analítica de urina.-Expirometría.-Exploración clínica.-Vacinas do tétanos, hepatite e gripe.-As específicas do posto de traballo.

Todo traballador/a realizará a revisión en horas de traballo.

Artigo 39º.-Vestiarios.

La empresa facilitará vestiarios adecuados e duchas.

Artigo 40º.-Roupa de traballo.

Proverase a todos os traballadores/as de dobre uniforme no mes de xaneiro (uniformes e zocos) as demais pezas como guantes, mandiletas, chaquetas,

roupa de abrigo e protección, adecuadas e accesibles, sempre que sexa necesario.

Uniformes de premamá: proveranse en cada caso que sexa necesario.

Artigo 41º.-Póliza de seguro.

Sempre que sexan derivados de accidente ou enfermidade profesional a empresa indemnizará os traballadores/as nos seguintes supostos e cantidades:

-En caso de morte ou invalidez total: 18.030,36 euros.

-En caso de invalidez absoluta: 24.040,48 euros.

Artigo 42º.-Cambios de posto de traballo por embarazo.

As traballadoras embarazadas terán dereito a que se lles cambie o posto de traballo a outro máis acorde coa súa situación.

Capítulo VII

Subrogación dos traballadores/as

Artigo 43º.-Adscrición do persoal.

Primeiro.-Ao termo da concesión da contrata dos traballadores/as da empresa contratista saínte, pasarán a estar adscritos á nova titular da contrata, quen se subrogará en todos os dereitos e obrigas, sempre que se dea algún dos seguinte supostos:

a) Traballadores/as en activo que presten os seus servizos no dito centro, sexa cal for a modalidade do seu contrato de traballo.

b) Traballadores/as que con contrato de interinidade substitúan a algún dos traballadores/as enunciados no punto anterior.

c) Traballadores/as de novo ingreso que por esixencias do cliente se incorporaran ao centro como consecuencia de ampliación de contrata.

Segundo.-Todos os supostos anteriormente recollidos deberán ser acreditados fidedigna e documentalmente pola empresa saínte á entrante, nun prazo de tres días hábiles, mediante os documentos que se detallan ao final deste artigo.

O indicado prazo contarase desde o primeiro momento en que a empresa entrante comunique fidelisimamente á saínte e á Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Pontevedra ser a nova adxudicaría do servizo. De non cumprir este requisito, a empresa entrante, automaticamente e sen máis formalidades, subrogarase de todo o persoal que presta os seus servizos no centro de traballo.

En calquera caso, o contrato de traballo entre a empresa saínte e os traballadores/as só se extingue no momento en que se produza o dereito da subrogación deste á nova adxudicataria. Enténdese que os traballadores/as non poderán ser trasladados do centro de traballo a non ser que sexa por mutuo acordo entre as partes.

Terceiro.-Documentos que lle terá que facilitar a empresa saínte á entrante:

* Certificado do organismo competente de estar ao corrente do pagamento da Seguridade Social.

* Fotocopia das catro últimas nóminas mensuais dos traballadores/as afectados.

* Fotocopias dos TC-1 e TC-2 de cotizacións á Seguridade Social dos catro últimos meses.

* Relación de persoal en que se especifique nome e apelidos, domicilio, número de afiliación á Seguridade Social, antigüidade, xornada, horario, modalidade de súa contratación e data de desfrute das súas vacacións.

* Copia de documento debidamente dilixenciado por cada traballador/a afectado/a no que se faga constar que este recibiu da empresa saínte á súa liquidación de partes proporcionais de seus haberes ata o momento da súa subrogación, non quedando pendente ningunha cantidade. Este documento deberá estar en poder da nova adxudicataria na data do inicio do servizo como nova titular.

Cuarto.-O empresario/a saínte estará obrigado/a a liquidar ao entrante as partes proporcionais dos conceptos retributivos dos traballadores/as co obxecto de que estes cobren integramente as pagas correspondentes.

Artigo derradeiro.-Partes asinantes.

-Pola empresa:

Alfredo Vázquez

Alberto Davila

Ricardo Santos

-Polo comité de empresa:

Mª Dolores Roman Graña

María José Valderrama Martínez

Ana Carbajales González

Mª Isabel Aldao López

Inocencio Sotelino Blanco

-Pola sección sindical de CC.OO.:

José Luis Tizón Guisande

Acta anexa ao convenio colectivo da empresa Mediterránea de Cátering, S.L. para o centro de traballo na cociña do Hospital do Meixoeiro de Vigo.

Relación de traballadores/as que conforman os listaxes de substitucións actualizado a maio de 2005.

Listaxes de camareiros/as.

NomeAntigüidade

Isabel Martín Amoedo19-6-1995
Mª Jesús Alonso Abalde30-8-1995
Silvia Alonso Abalde3-6-1999
Ana Mª Rivas Piñón5-6-1999
Concepción Cal Nicolao19-6-1999
Mª Dolores Cameselle Costas20-6-1999
Nuria Sotelino García23-10-1999
Mar Presa Fernández20-4-2000
Ana Isabel Lago Costas21-6-2001
Ana Mª Cabaleiro1-7-2001
Clotilde Muñoz Bugallo11-12-2001
Luz Dary Casas Camacho24-12-2001
Olga Domínguez Posada25-12-2001

NomeAntigüidade

Lorena Moure Rodríguez20-12-2002
Ana Casas Fontenla20-3-2003
Concepción Carpintero Toucedo3-7-2004
María Groba Groba1-8-2004

Listaxe de cociñeiros/as-axudantes.

NomeAntigüidade

* Cociñeiros/as
Carlos Rodríguez Durán1-6-1998

* Axudantes
Begoña Álvarez Losada17-9-1994
Carmen Portela Fernández22-5-2000
Ana Mª Castro Cal25-6-2000
Consuelo Lago Pérez2-7-2001
Esther Rodrigueira Carrera28-12-2001
Carmen Romano28-6-2003
Mercedes Machado Fernández3-7-2004
Mª Jesús Pérez Costas3-7-2004
Mónica Domínguez Vidal9-7-2004

Estas listas poderán ser ampliadas segundo as necesidades do servizo e cando vaian quedando vacantes.

Funcionamento da lista.

1. O funcionamento das listas faranse por rotación, pasando ao final da lista unha vez rematado o contrato.

2. Todo traballador incluído na lista, terá un prazo máximo de seis meses para a reserva da súa antigüedade, exceptuando se se atopa en situación de baixa ou paro.

3. Nos supostos de excedencia, baixa maternal e vacacións, a rotación farase por antigüidade ata rematar toda a listaxe.

Nos dous primeiros supostos a duración do contrato será polo tempo que dure a causa.