DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 165 Luns, 29 de agosto de 2005 Páx. 14.833

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 17 de agosto de 2005 pola que se deixa sen efecto a publicación da Orde do 24 de febreiro de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2005, publicada por erro no Diario Oficial de Galicia número 157, do 17 de agosto.

No Diario Oficial de Galicia nº 157, do 17 de agosto de 2005, publicouse por erro a Orde do 24 de febreiro de 2005 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de axudas para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2005, e que xa se publicou no DOG nº 43, do 3 de marzo.

O que en troques debería terse publicado é a Resolución do 20 de xullo de 2005 pola que se fai pública a concesión de axudas para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2005.

Polo tanto procédese a deixar sen efecto a publicación da devandita orde no DOG nº 157, do 17 de agosto de 2005, e ordenar a publicación da Resolución do 20 de xullo de 2005 pola que se fai pública a concesión de axudas para a substitución de guindastres-torre desmontables para obras na Comunidade Autónoma de Galicia, no ano 2005.

Santiago de Compostela, 17 de agosto de 2005.

Fernando Xabier Blanco Álvarez

Conselleiro de Innovación e Industria