DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 26 de agosto de 2005 Páx. 14.776

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 431/2005, do 25 de agosto, polo que se nomea delegado provincial da Coruña a Pedro Armas Diéguez.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta

da conselleira de Educación e Ordenación Universitaria e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de agosto de dous mil cinco,

Nomeo delegado provincial da Coruña da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria a Pedro Armas Diéguez.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Laura Elena Sánchez Piñón

Conselleira de Educación e Ordenación

Universitaria