DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 26 de agosto de 2005 Páx. 14.776

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 427/2005, do 25 de agosto, polo que se nomea presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia a Julia María Carmen Chamosa Martín.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e no artigo 4.1º do Decreto 223/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Pública e Transportes e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de agosto de dous mil cinco,

Nomeo presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia a Julia María Carmen Chamosa Martín.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes