DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 26 de agosto de 2005 Páx. 14.775

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E TRANSPORTES

DECRETO 426/2005, do 25 de agosto, polo que se nomea presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia a Vicente Irisarri Castro.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e no artigo 6.2º da Lei 5/1994, do 29 de novembro, de creación do ente público Portos de Galicia, por proposta da conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e logo de deliberación do Consello da

Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de agosto de dous mil cinco,

Nomeo presidente do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia a Vicente Irisarri Castro.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Caride Estévez

Conselleira de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes