En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia,
na súa reunión do día vinte e cinco de agosto de dous mil cinco,
Nomeo delegado provincial da Igualdade e do Benestar de Pontevedra a Francisco Javier Verea Argibay.
Santiago de Compostela, vinte e cinco de agosto de dous mil cinco.
Emilio Pérez Touriño
Presidente
Anxo Manuel Quintana González
Vicepresidente da Igualdade e do Benestar
CONSELLERÍA DE PRESIDENCIA, ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS
E XUSTIZA