DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 26 de agosto de 2005 Páx. 14.771

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

DECRETO 406/2005, do 25 de agosto, polo que se dispón que cese Pablo Ramón Fernández Asensio como delegado territorial de Lugo (Celeiro).

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada

pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese Pablo Ramón Fernández Asensio como delegado territorial de Lugo (Celeiro), agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Mª del Carmen Gallego Calvar

Conselleira de Pesca e Asuntos Marítimos