DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 26 de agosto de 2005 Páx. 14.771

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 404/2005, do 25 de agosto, polo que se dispón que cese Manuel Barral Castro como delegado provincial da Coruña.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta da conselleira de Sanidade e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese Manuel Barral Castro como delegado provincial da Coruña, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

María José Rubio Vidal

Conselleira de Sanidade