DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 164 Venres, 26 de agosto de 2005 Páx. 14.768

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

VICEPRESIDENCIA DA IGUALDADE E DO BENESTAR

DECRETO 392/2005, do 25 de agosto, polo que se dispón que cese Marta González Vázquez como directora xeral do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do vicepresidente da Igualdade e do Benestar, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día vinte e cinco de agosto de dous mil cinco,

DISPOÑO:

Que cese Marta González Vázquez como directora xeral do Servizo Galego de Promoción da Igualdade do Home e da Muller, agradecéndolle os servizos prestados.

Santiago de Compostela, vinte e cinco de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño

Presidente

Anxo Manuel Quintana González

Vicepresidente da Igualdade e do Benestar

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E TRANSPORTES