DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 162 Mércores, 24 de agosto de 2005 Páx. 14.673

I. DISPOSICIÓNS XERAIS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

DECRETO 392/2005, do 28 de xullo, polo que se establece o currículo do ciclo formativo de grao superior correspondente ao título de técnico superior en química ambiental.

De acordo coa competencia plena que figura no artigo 31 do Estatuto de autonomía, de conformidade co Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, aprobouse o Decreto 239/1995, do 28 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral das ensinanzas de formación profesional e as directrices sobre os seus títulos na Comunidade Autónoma de Galicia, que determina os aspectos que deben cumprir os currículos dos diferentes ciclos formativos.

O Real decreto 812/1993, do 28 de maio, establece o título de técnico superior en química ambiental e as súas correspondentes ensinanzas mínimas, e, na súa disposición adicional segunda, habilita os órganos competentes das comunidades autónomas para executaren e desenvolveren o disposto neste real decreto.

O Real decreto 2207/1993, do 17 de decembro, modifica os horarios e os contidos básicos das ensinanzas mínimas, así como os requisitos mínimos de espazos e instalacións regulados polo Real decreto 812/1993, do 28 de maio.

O Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño, completa o Real decreto 812/1993, do 28 de maio.

O Real decreto 1635/1995, do 6 de outubro, adscribe o profesorado do corpo de profesorado de ensino secundario e do corpo de profesorado técnico de formación profesional ás especialidades propias da formación profesional específica.

O Real decreto 777/1998, do 30 de abril, polo que se desenvolven determinados aspectos da ordenación da formación profesional no ámbito do sistema educativo, completa a ordenación básica relativa a estas ensinanzas e, na súa disposición derradeira primeira, número 2, autoriza as comunidades autónomas para ditaren, no ámbito das súas competencias, as normas que cumpriren para a aplicación e o desenvolvemento deste real decreto.

Seguindo os principios xerais que rexerán a actividade educativa recollidos nos preceptos anteriores, o currículo dos ciclos formativos da formación profesional específica establécese de xeito que permita a adaptación da nova titulación ao campo profesional e de traballo na realidade socioeconómica galega, e ás necesidades de cualificación do sector produtivo da nosa economía, tendo en conta a marxe suficiente de autonomía pedagóxica que posibilite aos centros

adaptaren a docencia ás características do alumnado e ao contorno sociocultural do centro.

Isto require o posterior desenvolvemento nas programacións elaboradas polo equipo docente do ciclo formativo que concrete a adaptación sinalada, tomando como referencia inmediata as capacidades profesionais que definen o perfil profesional do título. Estas deben permitir realizar o papel do posto de traballo en actividades específicas que producen resultados concretos, dirixir as variacións que se dan na práctica do traballo e nos procesos produtivos, actuar correctamente ante anomalías, dirixir o conxunto do traballo e acadar os obxectivos da organización, así como establecer prioridades e actuar en coordinación con outros departamentos.

O currículo que se establece neste decreto desenvólvese tendo en conta os obxectivos xerais que fixan as capacidades que o alumnado debe acadar ao finalizar o ciclo formativo, e describe o conxunto de aptitudes que configura a cualificación profesional, así como os obxectivos dos distintos módulos profesionais, expresados neste decreto como capacidades terminais elementais, que definen en termos de resultados avaliables o comportamento, o saber e o comprender que se requiren do alumnado para acadar os logros profesionais do perfil profesional.

Estas capacidades acádanse a partir duns contidos mínimos necesarios de tipo conceptual, procedemental e actitudinal, que proporcionarán o soporte de información e destreza preciso para desenvolver comportamentos profesionais, tanto no aspecto tecnolóxico como no de valoración funcional e técnica. Estes contidos son igualmente importantes, xa que todos eles levan a acadar as capacidades terminais elementais sinaladas en cada módulo. Preséntanse agrupados en bloques que non constitúen un temario nin son unidades compartimentadas que teñan por si mesmas sentido; a súa estrutura responde a aquilo que deberá ter en conta o profesorado á hora de elaborar as programacións de aula e a orde en que se presentan non implica secuencia.

O proxecto integrado, que se inclúe neste ciclo formativo, permite comprender globalmente os aspectos sobresalientes da competencia profesional característica do título que foron abordados noutros módulos profesionais. Ademais, integra ordenadamente distintos coñecementos sobre organización, características, condicións, tipoloxía, técnicas e procesos que se desenvolvan nas diferentes actividades produtivas do sector a que corresponda o título e, ao mesmo tempo, permite adquirir coñecementos, habilidades, destrezas e actitudes que favorecen o desenvolvemento daquelas capacidades relacionadas coa profesión que, sendo demandadas polo contorno produtivo en que radica o centro, non puideron ser recollidas no resto dos módulos profesionais.

A inclusión do módulo de formación en centros de traballo (FCT) posibilita que o alumnado complete a competencia profesional acadada no centro

educativo mediante a realización dun conxunto de actividades produtivas e/ou de servizos -contidos- do centro de traballo. Estas actividades de referencia poden ser modificadas ou substituídas por outras que, adaptándose mellor ao proceso produtivo ou de servizos do centro de traballo, conduzan á adquisición das capacidades terminais deste módulo.

Os centros educativos disporán dun determinado número de horas que lles permitirán realizar o desenvolvemento curricular establecendo os obxectivos, os contidos, os criterios de avaliación, a secuencia e a metodoloxía que respondan ás características do alumnado e ás posibilidades de formación que ofrece o seu contorno.

Por todo isto, por proposta do conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, co informe do Consello Galego de Formación Profesional e do Consello Escolar de Galicia, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte e oito de xullo de dous mil cinco,

DISPOÑO:

I. Título, perfil e currículo.

Artigo 1º.-Identificación do título.

1. Este decreto establece o currículo que será de aplicación na Comunidade Autónoma galega para as ensinanzas de formación profesional relativas ao título de técnico superior en química ambiental, regulado polo Real decreto 812/1993, do 28 de maio, polo que se aproban as ensinanzas mínimas, modificado polo Real decreto 2207/1993, do 17 de decembro, e completado polo Real decreto 1411/1994, do 25 de xuño.

2. A denominación, o nivel de formación profesional e a duración do ciclo formativo son os que se establecen no número 1 do anexo deste decreto.

Artigo 2º.-Perfil profesional.

A competencia xeral, as capacidades profesionais, as unidades de competencia, as realizacións, os criterios de realización e o dominio profesional, así como a evolución da competencia e a posición no proceso produtivo que definen o perfil profesional do título son os que se establecen no número 2 do anexo deste decreto.

Artigo 3º.-Currículo do ciclo formativo.

O currículo do ciclo formativo é o que se establece no número 3 do anexo deste decreto. As capacidades terminais elementais son os resultados avaliables de cada módulo.

II. Ordenación académica e impartición.

Artigo 4º.-Admisión de alumnado

Os criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos son os que se expresan no número 4.1 do anexo deste decreto.

Artigo 5º.-Profesorado.

1. As especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos que compoñen este título son as que se expresan no número 4.2.1 do anexo deste decreto.

2. As materias de bacharelato que pode impartir o profesorado das especialidades relacionadas neste título son as que se expresan no número 4.2.2 do anexo deste decreto.

3. As titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia son as que se expresan no número 4.2.3 do anexo deste decreto.

Artigo 6º.-Espazos e instalacións.

Os requisitos de espazos e instalacións que deben reunir os centros educativos para a impartición deste ciclo formativo son os que se determinan no apartado 4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 7º.-Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

1. Os módulos susceptibles de validación por estudos de formación profesional ocupacional ou correspondencia coa práctica laboral son os que se especifican, respectivamente, nos números 4.4.1 e 4.4.2 do anexo deste decreto.

2. Sen prexuízo do anterior, por proposta do Ministerio de Educación e Ciencia e do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, poderanse incluír, de ser o caso, outros módulos susceptibles de validación e correspondencia coa formación profesional ocupacional e a práctica laboral.

3. As persoas que cursen este ciclo formativo poderán, unha vez que o superen, acceder aos estudos universitarios que se indican no número 4.4.3 do anexo deste decreto.

Artigo 8º.-Distribución horaria.

1. Os módulos profesionais deste ciclo formativo organizaranse segundo se establece no número 4.5 do anexo deste decreto.

2. As horas de libre disposición que se inclúen neste número serán utilizadas polos centros educativos para reforzar, nos módulos asociados a unidades de competencia, as capacidades de formación profesional de base ou de formación profesional específica, para lles dar resposta ás características dos alumnos e ter en conta as necesidades de desenvolvemento económico, social e de recursos humanos do seu contorno socioprodutivo.

Disposición adicional

Única.-A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria poderá adaptar as ensinanzas deste ciclo formativo ás peculiares características da educación a distancia e da educación de persoas adultas, así como ás características do alumnado con necesidades educativas especiais.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízase o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria para ditar cantas disposicións cumpriren, no ámbito das súas competencias, para a execución e o desenvolvemento do disposto neste decreto.

Segunda.-Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, vinte e oito de xullo dous mil cinco.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

1. Identificación do título.

Denominación: química ambiental.

Nivel: formación profesional de grao superior.

Duración (1.400 horas):

Da formación no centro educativo: 960 horas.

Da formación en centros de traballo: 440 horas.

2. Perfil profesional.

2.1. Competencia xeral.

Organizar e xestionar os medios e as medidas de protección ambiental; inspeccionar e controlar instalacións para prevención e conservación do medio; analizar as mostras de afluentes e efluentes e propor ou establecer as medidas correctoras necesarias.

2.2. Capacidades profesionais.

2.2.1. Capacidades técnicas.

* Posuír unha visión de conxunto dos problemas ambientais orixinados pola industria química, relacionando os distintos procesos co tipo e a magnitude da contaminación que poden causar, e cos medios de prevención e tratamento para a evitar.

* Colaborar na elaboración de plans de prevención e tratamento de todo tipo de contaminantes físicos, químicos e biolóxicos.

* Interpretar información sobre procesos industriais e sobre normativa e medidas de protección ambiental, analizala e localizar os factores e os puntos susceptibles de intervención e control.

* Efectuar ensaios e análises de posibles contaminantes en colaboración co laboratorio; tratar estatisticamente os datos obtidos; detectar desviacións e emitir informes técnicos e propostas de intervención para controlar os factores ambientais, cumprindo a normativa vixente.

* Manterse informado das novas técnicas e disposicións legais que poidan influír no desenvolvemento do seu traballo.

2.2.2. Capacidades para afrontar continxencias.

* Informar as outras persoas sobre riscos de contaminación e medidas de prevención, argumentando con rigor e tendo en conta a situación de traballo, o nivel de coñecementos técnicos e as características persoais dos seus interlocutores.

* Manter relacións con ou desde a Administración para resolver problemas derivados da aplicación da normativa ambiental.

* Actuar ante situacións de posible emerxencia transmitindo con celeridade e serenidade os sinais de alarma e aplicando os medios de seguridade establecidos para previr ou corrixir posibles riscos de contaminación por axentes químicos.

2.2.3. Capacidades para a dirección de tarefas.

* Organizar e dirixir o traballo doutros técnicos de nivel de cualificación inferior.

* Resolver problemas e tomar decisións individuais sobre as súas actuacións ou as dos demais, identificando e seguindo as normas establecidas procedentes, dentro do ámbito da súa competencia, e consultando esas decisións cando as súas repercusións económicas, de seguridade ou de coordinación técnica sexan importantes.

* Discernir as situacións de risco ambiental non previstas en que deba consultar ou dirixirse á persoa adecuada e aquelas en que deba respectar a autonomía dos seus subordinados.

2.2.4. Capacidades para adaptarse ao medio.

* Adaptarse aos cambios tecnolóxicos, organizativos, económicos e laborais que incidan na súa actividade profesional, no sistema de depuración da industria e na normativa de protección ambiental.

* Manter relacións fluídas cos membros do equipo funcional en que está integrado, colaborando na consecución dos obxectivos asignados ao grupo, respectando o traballo dos demais, participando na organización e no desenvolvemento de tarefas colectivas e cooperando na superación das dificultades que se presenten, cunha actitude tolerante cara a outras ideas.

2.3. Responsabilidade e autonomía nas situacións de traballo.

Este profesional recibe as instrucións fundamentais a través de plans de prevención, normativa ambiental e información de procesos químicos e de tratamentos, que pode estar contida en documentos ou en calquera outro tipo de soporte. Para levar a cabo as accións propias do seu nivel necesita interpretar e descodificar os esquemas, os diagramas e os sinais que representan os devanditos procesos, así como identificar e conseguir información complementaria, cando cumpra.

En caso de emerxencia, cando a situación creada non se poida resolver mediante as instrucións predefinidas, a responsabilidade deste técnico limita

rase a lle comunicar urxentemente o suceso ao seu superior xerárquico.

Este técnico é autónomo nas seguintes funcións ou actividades xerais:

* Modificar os parámetros do proceso en función dos resultados analíticos obtidos e en función das variacións das verteduras que cumpra tratar.

* Rexistrar os resultados obtidos nos procesos de tratamento.

* Formar e motivar o persoal que teña unha actividade relacionada co impacto ambiental.

Pode ser asistido en:

* Obtención de resultados analíticos dos parámetros químicos.

* Relacións exteriores con subministradores de materiais e produtos utilizables no seu ámbito.

Debe ser asistido para:

* Marcar os obxectivos da empresa en materia ambiental.

* Recibir unha formación permanente que lle permita coñecer a evolución das técnicas de tratamento de residuos.

2.4. Unidades de competencia.

1. Organizar e xestionar os medios e as medidas de protección química ambiental.

2. Controlar as emisións á atmosfera.

3. Controlar os residuos sólidos.

4. Controlar o tratamento de augas residuais.

5. Cumprir as normas de seguridade no traballo químico e controlar a hixiene química ambiental.

2.5. Realizacións e dominios profesionais.

2.5.1. Unidade de competencia 1: organizar e xestionar os medios e as medidas de protección química ambiental.

RealizaciónsCriterios de realización

1.1.Identificar os axentes contaminantes químicos e biolóxicos que se xeran nos procesos produtivos dunha industria.* Analízanse todos os procesos susceptibles de producir contaminación.

* Identifícase o tipo de contaminación que produce cada axente.

* Avalíase a magnitude dos danos que poderían producir os axentes identificados.

1.2.Identificar e aplicar a normativa ambiental que afecta unha industria química ou procesos químicos concretos, así como o seu contorno xeográfico.* Interprétanse e aplícanse as directrices marco e a normativa específica vixente.

* Analízase a nova normativa e infórmase a empresa acerca das modificacións.

* Elabórase o plan de adaptación á nova normativa ambiental e cúmprense as datas programadas.

1.3.Participar na elaboración e na posta en práctica de plans de prevención ambiental e de tratamento de residuos, seguindo normas e procedementos establecidos.* Localízanse os puntos de control en que se deben medir os parámetros de proceso relacionados coa produción de contaminantes.

* Compróbase que estes parámetros se manteñan dentro dos valores establecidos e, en caso necesario, propóñense medidas correctoras e transmíteselles información aos superiores.

RealizaciónsCriterios de realización

* Compróbase que as operacións de prevención e tratamento se realizaron seguindo as especificacións fixadas.

1.4.Participar na realización de auditorías ambientais externas, internas ou mixtas.* Aplícanse durante a auditoría as listas de chequeo aplicables á zona auditada, previamente preparadas.
* Compróbase que se cumpriran os obxectivos e a política da empresa en materia ambiental.
* Realízase o informe da auditoría interna e, no caso de ser externa, recíbese e analízase.
* Séguense periodicamente as accións correctoras derivadas da auditoría ata o seu total cumprimento.

1.5.Rexistrar e controlar os valores ambientais, e informar das desviacións.* Arquívanse os resultados dos controis dos procesos de tratamento.

* Realízande os estudos estatísticos dos resultados obtidos.

* Mantense ao día o histórico dos equipamentos utilizados nos procesos de tratamento.

1.6.Informar e motivar o persoal en materia ambiental.* Realízanse as instrucións de traballo nas instalacións e nos equipamentos de tratamento, incluíndo as medidas de seguridade e hixiene.
* Realízanse actividades para a formación dos traballadores das plantas de tratamento ou depuración.
* Todos os traballadores reciben charlas para diminuír o impacto ambiental da súa actividade, e avalíase o efecto desas actividades mediante seguimento.

1.7.Propor ou establecer actuacións ante posibles accidentes ambientais, colaborando nos plans de emerxencia cos responsables de seguridade.* Recóllense na análise de riscos e no plan de emerxencia interior os posibles fallos en proceso que levan consigo risco para o medio.

* Recóllese en instrucións o sistema de actuación ante supostos de accidentes contra o medio.

* Mantéñense as relacións con cargos e organismos da Administración e de empresas que deben actuar e/ou estar informados en caso de accidentes.

Dominio profesional

* Medios de información.

Diario Oficial de las Comunidades Europeas, Boletín Oficial del Estado, diarios oficiais das comunidades autónomas e recomendacións dos organismos internacionais.

* Información.

Normativa de residuos tóxicos e perigosos, normativa ambiental, de efluentes e de hixiene industrial.

* Documentación manexada na instalación.

Libros de rexistro, boletíns de análises, partes de fabricación, libros de avarías, instrucións de traballo, manuais de equipamentos, listas de chequeo, albarás, diagramas de fluxo, follas de rexistro e follas de proceso.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Persoal responsable de produción e de depuración. Administración ou axencias ambientais.

* Produtos ou resultados do traballo.

Plans ou instrucións de prevención ambiental, informes de auditorías, rexistros de datos ambientais e estudos estatísticos.

2.5.2. Unidade de competencia 2: controlar as emisións á atmosfera.

RealizaciónsCriterios de realización

2.1.Inspeccionar o funcionamento dos equipamentos depuradores segundo pautas establecidas.* Revísanse segundo instrucións os sistemas de depuración das verteduras gasosas.
* Rexístranse as anomalías encontradas e tómanse as medidas para as solucionar.
* Os equipamentos de reserva sométense ao mesmo tratamento que os que están en servizo.

2.2.Comprobar o correcto funcionamento dos sistemas de detección de contaminantes e tratamento dos residuos obtidos.* Próbanse os sistemas de detección e axústanse ás condicións de traballo.

* Os resultados analíticos do efluente tratado permiten comprobar o tratamento.

2.3.Medir os niveis de contaminación nos lugares programados, informar sobre eles e propor, cando proceda, as medidas correctoras establecidas.* Recóllese unha parte alícuota da emisión gasosa e mídese o seu volume.

* Anótanse as condicións en que se realizou a toma de mostra.

* Acondiciónase a mostra tendo en conta o parámetro para medir e as súas interferencias.

* Analízase cada contaminante e os seus valores quedan expresados en función da unidade de volume.

2.4.Rexistrar, tratar e explotar os valores obtidos, e conservar os arquivos.* Recóllense os resultados analíticos nos soportes previstos.
* Compáranse os valores obtidos cos que exixe a normativa e os plans de prevención da empresa.
* A estatística aplicada ás análises relacionadas coas condicións de funcionamento dos equipamentos permiten facer un óptimo tratamento.

2.5.Cumprir os requisitos da lexislación sobre emisións á atmosfera.* Todas as emisións á atmosfera están dentro dos límites que fixa a súa normativa específica.
* Téñense en conta as condicións xeográficas de poboación e as meteorolóxicas.
* Estúdase e dáse a coñecer a nova normativa vixente.
* Estúdanse as alternativas de tratamento resultado dos avances tecnolóxicos, e téñense en conta nas novas propostas de tratamento.

Dominio profesional

* Medios de produción.

Operacións básicas e equipamentos: separación de partículas sólidas (ciclóns, precipitadores electrostáticos e separador mecánico), separación de partículas líquidas (lavado e condensación) e operacións unitarias de tratamento (depuración, absorción, extracción e incineración). Medios de control (tomas de mostra -equipamentos, mostras de emisión e de inmisión-, determinación de caudais de mostra -contadores volumétricos e caudalímetros-, acondicionamento de mostra, análise automática, gravimetrías e espectrometría).

* Produtos ou resultados do traballo.

Emisións á atmosfera consonte as normas.

* Materiais e produtos intermedios.

Familias de contaminantes, tipos de contaminación gasosa de orixe industrial, pos, fumes e moléculas gasosas.

* Procesos, métodos e procedementos.

Proceso de depuración de gases. Métodos de separación de contaminantes gasosos. Métodos de análise

de gases. Técnicas de tratamento estatístico e elaboración de informes.

* Información.

Normas de emisións gasosas e límites de emisión.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Persoal de produción. Persoal de laboratorio de análise e control. Responsables de produción.

2.5.3. Unidade de competencia 3: controlar os residuos sólidos.

RealizaciónsCriterios de realización

3.1.Reducir os residuos sólidos dos procesos industriais.* Recóllense os residuos sólidos non reciclables para o seu tratamento, segundo instrucións.
* Recupéranse os residuos sólidos reciclables para a súa utilización.
* Estúdase cada vertedura sólida e fanse propostas para procurar alternativas que permitan a súa reutilización ou a súa non formación.

3.2.Controlar os tratamentos dos residuos sólidos mediante a vixilancia dos parámetros do proceso.* Sepárase cada residuo sólido dos outros residuos que son sometidos a un tratamento diferente.

* Efectúase o proceso de transformación dos residuos sólidos segundo os parámetros de traballo establecidos.

* Os equipamentos utilizados no tratamento quedan listos para unha nova operación de tratamento.

3.3.Analizar residuos sólidos industriais segundo técnicas adecuadas.* Realízase segundo instrucións cada toma de mostra dun residuo sólido.
* Acondiciónase, consérvase e identifícase a mostra para a aplicación da técnica analítica prevista.
* As técnicas analíticas aplicadas permiten coñecer o seu grao de aproveitamento na reutilización e/ou o nivel de toxicidade.
* A técnica analítica aplicada ao residuo xa tratado permite coñecer a eficacia do tratamento.

3.4.Supervisar as operacións básicas da vertedura para asegurar o cumprimento da normativa.* Colócanse os residuos no vertedoiro despois de comprobarse que a súa composición química e o seu nivel de toxicidade sexan os permitidos.
* Realízanse as operacións básicas da vertedura segundo instrucións para reducir a deterioración do contorno.
* Coordínase o envío da vertedura coa empresa adecuada para a súa recepción.

3.5.Cumprir os requisitos da lexislación sobre residuos e arquivar adecuadamente os rexistros.* Compróbase que todas as verteduras estean dentro de normas.

* Rexístrase a análise de cada vertedura, así como todos os datos referentes á súa orixe, ao seu tratamento e ao seu destino.

* Mantéñense ao día os arquivos de todas as verteduras realizadas, segundo a lexislación vixente.
* Estúdianse as situacións de risco para o contorno e para o traballador, e tómanse as medidas de prevención oportunas.

Dominio profesional

* Medios de produción ou depuración.

Operacións básicas e equipamentos: recolla e almacenaxe de residuos, transformación de residuos (bioquímica e química), acondicionamento para a vertedura (trituradores e compactadores), control do vertedoiro, extensión, compactación, recubrimento e acondicionamento do terreo. Medios de control: tomas de mostra (equipamentos de toma de mostra), técnicas

analíticas (método Kjeldahl, métodos gravimétricos, contido en humidade e poder calorífico) e libros de rexistro.

* Materiais e produtos.

Metais, plásticos, madeiras, redisolucións, envases, embalaxes, compost e envases reutilizables.

* Produtos ou resultados do traballo.

Verteduras de residuos sólidos consonte as normas.

* Procesos, métodos e procedementos.

Proceso de depuración e tratamento de residuos.

Métodos analíticos.

Métodos de elaboración de informes.

* Información.

Normas de verteduras de residuos sólidos.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Persoal e responsables de produción. Persoal de estación de tratamento de residuos. Administración e/ou axencias ambientais.

2.5.4. Unidade de competencia 4: controlar o tratamento de augas residuais.

RealizaciónsCriterios de realización

4.1.Supervisar que o funcionamento da estación depuradora se faga segundo as instrucións dadas.* Compróbase que o funcionamento dos equipamentos que compoñen o proceso sexa o normal.
* Anótanse as anomalías detectadas nos equipamentos en servizo e tómanse as medidas para a súa corrección nun prazo breve.
* Os equipamentos de reserva mantéñense na posición previa á súa posta en servizo.

4.2.Realizar ou supervisar o mantemento de uso das instalacións segundo unha programación determinada.* Realízase o mantemento preventivo dos equipamentos segundo o programa previsto.
* Compróbase o axuste dos equipamentos de lectura segundo as instrucións.
* Repáranse os equipamentos por parte de persoal especialista que cumpra as normativas de seguridade e hixiene da estación.

4.3.Actuar sobre equipamentos de control, para manter os procesos de depuración da estación dentro das marxes previstas.* Axústanse ás necesidades de tratamento os equipamentos que miden as variables do proceso.

* Calíbranse, dentro do programa previsto, os equipamentos de estación que analizan parámetros físicos ou químicos.

* Comunícanse os erros detectados nos axustes e nas calibraxes para evitar actuacións erróneas.
* Os valores dos parámetros do proceso mantéñense estables e dentro do rango de traballo previsto para o caudal de auga tratado.

4.4.Axustar as doses e realizar ensaios para facer óptima a dosificación que se aplicará na estación.* Os tanques de almacenaxe de reactivos teñen un nivel que asegura a súa dosificación en continuo.
* Prepáranse os reactivos químicos que se lle achegan ao proceso, segundo as instrucións.
* Realízanse os caudais de dosificación dos reactivos de acordo cos datos analíticos dados polo laboratorio e o caudal de tratamento.
* Tense en conta o caudal da auga residual que se debe tratar para determinar o caudal de cada fluxo que compón o proceso.
* Estúdanse os fluídos sobre os cales se aplican reactivos fronte a varias dosificacións de distintos reactivos, e aconséllase o valor óptimo.

RealizaciónsCriterios de realización

* Os cálculos realizados permiten coñecer a dosificación do reactivo necesario en unidades do volume do fluído que cumpra tratar.

4.5.Tomar mostras da estación de tratamento coa frecuencia e a técnica adecuadas a cada parámetro.* Tómanse as mostras das estacións de tratamento no momento, no lugar e no número apropiados.
* Tómanse as mostras segundo a técnica apropiada ao fluído e aos parámetros que cumpra analizar.
* Consérvase a mostra en función do parámetro que cumpra analizar e o tempo en que se vaia efectuar a análise.
* A etiqueta colocada no envase define inequivocamente a mostra de que se trata, e recolle ademais as condicións de mostraxe.

4.6.Analizar as mostras, presentar os resultados analíticos en unidades manexables e interpretar os resultados obtidos.* Calíbranse os equipamentos utilizados no laboratorio fronte a especies químicas ou patróns primarios.

* Lévase ao lugar de mostraxe o equipamento necesario para a análise, co fin de poder coñecer in situ o parámetro que cumpra analizar.

* Contrástanse as solucións preparadas para as valorar fronte a patróns primarios.
* Acondiciónase a mostra previamente á análise realizada, seguindo unha técnica adecuada ao rango de medida.
* Os resultados da análise exprésanse en unidades que permitan unha rápida identificación da magnitude do parámetro.
* Compáranse os valores atopados cos resultados esperados, e xustifícase a súa desviación.

4.7.Cumprir os requisitos da lexislación sobre augas residuais.* Coñécese a normativa vixente no tratamento das augas residuais nos campos que son de aplicación.
* A normativa queda recollida nas instrucións de traballo da estación, e compróbase o seu cumprimento e que as augas residuais cumpran en todo momento as súas especificacións.
* Estúdanse novas alternativas de tratamento para actuar ante normativas cada vez máis exixentes.

Dominio profesional

* Medios de produción ou depuración.

Operacións básicas e equipamentos: equipamentos unitarios de tratamento (decantadores, sedimentadores, dixestores e filtros). Operacións unitarias de tratamento (tratamentos físicoquímicos e biolóxicos, e acondicionamento de lodos).

Medios de control: tomas de mostra (métodos e tipos de mostraxe e mostraxeadores automáticos), métodos analíticos (DBO, DQO e nitróxeno), equipamentos portátiles de ensaio e análise (pH-metro e condutivímetros) e cálculo de dosificacións.

Equipamentos de control do proceso: medidores de parámetros de proceso (caudal e nivel), medidores de variables físicas (turbidez e temperatura) e medidores de variables químicas (oxíxeno e cloro).

* Materiais e produtos intermedios.

Tipos de contaminación de cada sector industrial (metais pesados, compostos tóxicos e nocivos, e moléculas orgánicas) e produtos químicos aplicables nos tratamentos (floculantes, estabilizadores e oxidantes).

* Produtos ou resultados do traballo.

Augas residuais consonte as normas.

* Procesos, métodos e procedementos.

Métodos de depuración e tratamento de augas. Métodos de análise. Métodos de tratamento estatístico de datos e elaboración de informes.

* Información.

Normas de verteduras, diagrama de verteduras, follas de fluxo e rexistros de proceso.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Persoal de estación de depuración ou tratamento de augas. Administración ou axencia ambiental.

2.5.5. Unidade de competencia 5: cumprir as normas de seguridade no traballo químico e controlar a hixiene química ambiental.

RealizaciónsCriterios de realización

5.1.Tomar mostras de contaminantes ambientais en lugares de traballo coa técnica adecuada ao tipo de contaminante e ao tipo de mostra.* Tómase a mostra de acordo coa metodoloxía establecida, de xeito que se corresponda co ambiente que se avalíe e que sexa representativa.
* Consérvase e transpórtase a mostra de xeito adecuado para a realización da análise.
* Realízanse as tomas de mostras necesarias para cumprir os obxectivos do control da hixiene no traballo.

5.2.Realizar análises sinxelas de axentes químicos e biolóxicos seguindo métodos escritos para medir niveis de contaminación en ambientes de traballo.* Identifícanse as substancias tóxicas utilizadas ou xeradas nos procesos que teñen lugar na zona que se controle.

* Póñense en marcha e axústanse os equipamentos de medida segundo as instrucións.

* Realízanse as análises precisas, de acordo con métodos establecidos, para determinar os parámetros químicos e biolóxicos contaminantes.
* Déixanse en condicións de uso os equipamentos medidores e os reactivos.
* Valóranse as medidas obtidas polos sistemas de detección ambiental.

5.3.Propor medidas preventivas puntuais para evitar os riscos hixiénicos causados por axentes físicos, químicos e biolóxicos do proceso produtivo.* Compróbase a efectividade do sistema de prevención mediante os resultados da análise ambiental.

* Recóllense todos os datos relacionados con cada incidente e estúdanse sistematicamente para detectar as súas causas.

* Propóñense as medidas preventivas que se considere que melloran as condicións hixiénicas.
* Compróbase que os equipamentos de protección persoal propostos estean homologados, e consérvanse de xeito que manteñan as súas características técnicas.

5.4.Inspeccionar e controlar axentes físicos contaminantes en ambientes de traballo.* Determínanse os axentes físicos que se deban controlar (po, ruído, radiacións, vibracións, etc.) e a normativa de hixiene que regula os seus niveis.
* Déixanse en condicións de uso os equipamentos medidores.
* Determínase o perfil acústico da estación ou fábrica e propóñense solucións para aumentar a comodidade dos empregados.
* Mídese a temperatura do medio de traballo e verifícase o respecto ás normas referidas á comodidade térmica dos empregados.
* Mídese o nivel de iluminación do medio de traballo.
* Mídese a cantidade de po, a dimensión e a natureza das partículas no ambiente de traballo.

RealizaciónsCriterios de realización

5.5.Elaborar plans de hixiene industrial a partir da normativa vixente e de obxectivos ou políticas que fixa a empresa, e aplicalos adecuadamente.* Particípase na avaliación de riscos, na elaboración do plan preventivo, na súa execución e no seu seguimento.

* Estúdanse as normas de xeral cumprimento (directivas, leis, códigos, normas, etc.) e aplícanselles ás normas internas.

* Tense en conta a comparación dos resultados analíticos cos exixidos pola lexislación vixente, para marcar os obxectivos.
* Revísanse as instrucións dos postos de traballo para incluír as modificacións e as exixencias das normas.
* Asesórase o persoal sobre as normas hixiénicas que debe cumprir durante a súa actividade.
* Faise un seguimento da implantación do plan e dos seus resultados.
* Realízanse os traballos específicos asignados na organización da realización do mapa de riscos (toma de mostras, recolla de datos, elaboración de datos, etc.).
* Establécense os produtos susceptibles de producir danos para a saúde e a integridade física do traballador, así como as doses tolerables.
* Establécese a metodoloxía de elaboración do mapa de riscos e a organización da realización en colaboración con outras áreas, outras empresas ou outros organismos.
* Establécense os programas de análises necesarias para comprobar a súa presenza e concentración no ambiente. Establécense os dispositivos necesarios para a realización de tales análises e procedementos en caso de que os valores se sitúen fóra do rango admisible.

5.6.Xestionar o aprovisionamento, a conservación e o uso de equipamentos de protección individual para asegurar que se dispoña deles no momento e no lugar axeitados.* Infórmanse os superiores sobre os posibles equipamentos para utilizar, de acordo coas normas vixentes e o estado da ciencia.

* Maniféstaselles aos superiores o seu criterio de idoneidade.

* Infórmanse os superiores sobre os equipamentos existentes no mercado e as súas características.
* Estabécese un sistema de almacenaxe, con definición de mínimos e procedementos de reposición, que garanta a dispoñibilidade necesaria.
* Establécese un sistema de control dos diferentes equipamentos no almacén que garanta o bo estado dos equipamentos no momento do seu uso.
* Establécese un rexistro actualizado dos datos dos controis e fichas do estado dos equipamentos.

5.7.Responder en tempo e forma en condicións de emerxencia.* Ante unha emerxencia producida, actúase cos medios dispoñibles para o seu control.
* Cando a emerxencia puido ser controlada, notifícase co fin de tomar as medidas necesarias para anular o risco de repetición, se non se puideron tomar polos medios propios.
* Cando non se puido controlar, dáse a alarma para a entrada en funcionamento dos plans de emerxencia.
* Durante o funcionamento dos plans de emerxencia actúase consonte eses plans.
* Realízase toda a actuación con criterios propios, de acordo coa formación recibida.

Dominio profesional

* Medios de produción.

Medidas preventivas: extracción localizada (ventiladores), elementos de captación (filtros) e equipamentos de protección persoal (máscaras, equipamentos autónomos e protectores auditivos).

Medios de control: métodos de mostraxe (mostras en branco, equipamentos de mostraxe e redes fixas), volume de mostraxe, equipamentos de mostraxe (bombas aspiradoras e sonómetros), detector de gases, técnicas analíticas e termómetros.

* Materiais e produtos.

Tipos de contaminación de cada sector industrial (metais pesados, compostos tóxicos e nocivos, e moléculas orgánicas), mecanismos de dispersión de partículas no aire, ruídos, emisións radioactivas e vibracións.

* Procesos, métodos e procedementos.

Métodos de detección de contaminantes ambientais. Métodos de toma de mostra. Métodos analíticos. Métodos de programación e elaboración de informes.

* Información.

Normas de hixiene, valores permitidos (TLV e TVA), índices biolóxicos, mapas de riscos e instrucións.

* Persoal e/ou organizacións destinatarias.

Persoal de produción e depuración. En xeral, todo o persoal da empresa.

2.6. Evolución da competencia profesional.

2.6.1. Cambios nos factores tecnolóxicos, organizativos e económicos.

A protección do medio é unha preocupación importante dos organismos públicos e das empresas. Estas últimas precisan actuar nesta materia para protexer o ambiente no traballo e a saúde dos seus propios cadros de persoal, e para obter vantaxes económicas, pola presión da opinión pública e, sobre todo, por unha normativa cada vez máis ampla e exixente.

Son as grandes empresas as que van por diante en investigación e actuacións para a protección ambiental, xa que dispoñen de recursos e organización para asentar formalmente unha filosofía ambiental. Poucas son as empresas en que as accións alcanzan todos os departamentos mediante plans integrados. As medidas de protección adoitan limitarse á función de produción, e a responsabilidade na materia, ao se tratar dunha función emerxente, non ten unha situación similar en todas as empresas. Pódese encadrar nos servizos técnicos ou en departamentos de persoal e, nalgúns casos, nun coordinador específico.

No futuro, as actividades de protección ambiental estenderanse a empresas de todos os tamaños, alcanzarán outros ámbitos á parte do de produción e adquirirán unha entidade funcional como poida tela o control de calidade. Todo isto fai necesaria a aparición de novos profesionais que aborden especificamente este campo.

2.6.2. Cambios nas actividades profesionais.

Esta figura profesional desenvolverá o seu traballo en dous campos, un como membro dunha industria para resolver os problemas ambientais e outro como supervisor da Administración, para fiscalizar se as medidas tomadas, os medios utilizados e os resultados obtidos son os adecuados. En ambos os casos as acti

vidades de información, comunicación e coordinación xogarán un papel importante.

Dentro da actividade industrial poderá desenvolver as súas funcións nun departamento independente ou integrado dentro do proceso produtivo. Utilizará como referencia a normativa vixente, que pola súa vez se modifica en función do avance da tecnoloxía, o que permitirá unha mellor reciclaxe de residuos, a substitución de produtos por outros de menor impacto ambiental, unha determinación dos contaminantes máis precisa e un mellor coñecemento do impacto real de cada actividade no medio.

Os profesionais do ámbito ambiental irán actualizando os seus coñecementos sobre as medidas de prevención e protección do medio e, ante problemas concretos, estudarán distintas alternativas aplicando criterios económicos na elaboración das súas propostas.

Os requisitos lexislativos han conducir a aumentar a importancia das actividades relacionadas coa xestión de documentos e relacións co exterior.

A informatización dos procesos de análise e control de contaminantes levará consigo menor tempo na anotación e no rexistro de datos, pero será maior a necesidade de elaboración deses datos e dos informes onde se inclúan.

2.6.3. Cambios na formación.

Este profesional debe estar especialmente capacitado para analizar procesos e situacións moi variadas cunha óptica de protección ambiental química e para unha constante posta ao día nas tecnoloxías aplicadas a tratamentos preventivos e reciclaxe de residuos.

A súa formación deberá capacitalo para manter relacións e comunicarse eficazmente en actividades de información e resolución de situacións conflitivas.

Así mesmo, deberá ter a base lexislativa que lle permita pórse ao día na normativa autonómica, estatal e internacional que afecta a súa profesión.

2.7. Posición no proceso produtivo.

2.7.1. Contorno profesional e de traballo.

Esta figura profesional traballará nos campos de:

* Depuración de augas urbanas, industriais e residuais.

* Control de contaminacións: emisións á atmosfera, contaminación por ruído e vibracións.

* Reciclaxe, tratamento e control de residuos urbanos, industriais e agrícolas.

Estes traballos pódense realizar en:

* Empresas privadas.

-Industria química en estacións de tratamento de auga e de reciclaxe de residuos ou outras industrias que así o precisen.

-Laboratorios da industria química ou doutras industrias en que se produzan efluentes que incidan no medio.

-Consultoras ambientais.

* Administración pública.

-En departamentos ou áreas específicas de concellos, comunidades autónomas e ministerios.

O técnico en química ambiental na industria formará parte, normalmente, dun equipo de traballo independente do proceso produtivo, que asesorará e/ou controlará as actuacións que poidan ter influencia no ambiente.

Supervisará o traballo dos operadores que levan as estacións de tratamento, e decidirá as modificacións das variables do proceso de depuración.

Nas tarefas relacionadas co mantemento das instalacións relacionarase cos seus responsables.

Actuará en situacións de emerxencia, coordinado con outros departamentos, para reducir as emisións nocivas do proceso ao contorno.

2.7.2. Contorno funcional e tecnolóxico.

Esta figura profesional sitúase na subfunción ambiental ligada á produción, á depuración e ao control de calidade de contaminantes.

As técnicas e os coñecementos tecnolóxicos abranguen o campo da química industrial e química de laboratorio en canto a:

* Operacións básicas de separación de substancias no laboratorio e a escala industrial.

* Técnicas analíticas clásicas e instrumentais para detección e medida.

* Técnicas microbiolóxicas de tipo analítico e de aplicación para depuración e tratamento de residuos.

* Técnicas físicas de medición de ruído e vibracións.

* Técnicas relacionadas coa prevención do impacto ambiental.

2.7.3. Ocupacións, postos de traballo tipo máis relevantes.

Esta figura profesional dálle resposta á demanda crecente de cualificación para desempeñar funcións relacionadas coa conservación e a prevención da contaminación ambiental. Xorde como necesidade derivada das normas industriais e sanitarias, e da directiva marco europea na devandita materia.

Actualmente, aparece de xeito difuso nalgúns postos de traballo:

* Analista de auga en laboratorios.

* Encargado de recuperación na industria papeleira.

* Seguridade ambiental en fabricación.

Esta figura pódese especializar en depuración de augas, reciclaxe de residuos e control da emisión de contaminantes á atmosfera.

3. Currículo.

3.1. Obxectivos xerais do ciclo formativo.

* Analizar as normas e as regulacións ambientais de carácter autonómico, estatal e internacional que

afectan a industria química, con identificación e selección da específica para os procesos de control ambiental e con valoración da importancia dos procedementos de prevención e conservación ambiental.

* Analizar e, de ser o caso, realizar os tratamentos necesarios dos posibles elementos contaminantes do aire, o solo e a auga a través das emisións de verteduras e residuos dos procesos industriais, co fin de diminuír os riscos ambientais, tanto para a poboación laboral como para as persoas do contorno.

* Interpretar, analizar e realizar os procedementos analíticos e ensaios dos contaminantes emitidos pola industria, seleccionar os procedementos técnicos, rexistrar os datos nos seus soportes adecuados, e procesar e avaliar os resultados, de xeito que permitan a aplicación de medidas de control ambiental.

* Utilizar con autonomía as estratexias características do método científico e os procedementos propios do seu sector para tomar decisións fronte a problemas concretos ou supostos prácticos, en función de datos ou informacións coñecidas, valorando os resultados previsibles que da súa actuación puideren derivarse.

* Comprender o marco legal, económico e organizativo que regula e condiciona a actividade industrial, identificando os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais, e adquirindo a capacidade de seguir e mellorar os procedementos establecidos e de actuar propondo solucións ás anomalías que se poidan presentar neles.

* Analizar, adaptar e, de ser o caso, xerar documentación técnica imprescindible na formación e no adestramento de profesionais ao seu cargo.

* Seleccionar e valorar criticamente as diversas fontes de información relacionadas coa súa profesión que lle permitan o desenvolvemento da súa capacidade de autoaprendizaxe e posibiliten a evolución e a adaptación das súas capacidades profesionais aos cambios tecnolóxicos e organizativos do sector.

3.2. Módulos profesionais asociados a unha unidade de competencia.

3.2.1. Módulo profesional 1: organización e xestión da protección ambiental.

Asociado á unidade de competencia 1: organizar e xestionar os medios e as medidas de protección química ambiental.

Capacidades terminais elementais

* Identificar e localizar o conxunto de normas ambientais para aplicar a un determinado proceso produtivo ou actividade, destacando os seus aspectos esenciais que lle son aplicables.

* Avaliar os riscos potenciais do proceso produtivo desde a óptica da conformidade coa normativa vixente.

* Avaliar as implicacións económicas derivadas do cumprimento ou do incumprimento da normativa vixente.

* Identificar os parámetros do posible impacto ambiental xerado por unha actividade produtiva.

* Describir a metodoloxía de estudo de impacto ambiental máis idónea para cada situación considerada.

* Caracterizar un posible proceso de prevención e conservación do medio describindo:

-Operacións de prevención que se deben incluír no proceso produtivo.

-Operacións de tratamento de contaminantes do proceso produtivo (gases, sólidos e líquidos).

-Técnicas de detección, control e redución de contaminantes que se deben utilizar na acción preventiva.

-Tipo de análises necesarias para o control do proceso de prevención e conservación ambiental.

* Propor o tipo de auditoría ambiental máis adecuado a un determinado proceso, e indicar os aspectos técnicos e/ou económicos que se deben auditar.

* Especificar os puntos de comprobación e os axentes contaminantes aplicables nunha auditoría interna.

* Determinar o risco ambiental e as medidas correctoras que se deben aplicar, tendo en conta resultados da auditoría ambiental.

* Tratar estatística e informaticamente os datos dos contaminantes e as conclusións da auditoría.

* Valorar o grao de eficacia das medidas correctoras propostas en función dos resultados da auditoría.

* Aplicar o estudo estatístico oportuno para o tratamento dos valores dos parámetros que determinan un impacto ambiental.

* Describir as normas aplicables ao rexistro e arquivo dos controis dun proceso de tratamento ambiental.

* Determinar as medicións que a lexislación aplicable e a propia xestión ambiental da actividade produtiva exixen realizar.

* Describir os rexistros ambientais solicitados pola Administración.

* Utilizar unha base de datos para arquivar as conclusións do estudo ambiental realizado.

* Supervisar o bo funcionamento dos aparellos de medida e control da contaminación para asegurar a validación dos seus resultados.

* Identificar as zonas de risco ambiental en función do proceso de produción químico considerado.

* Elaborar un mapa de risco ambiental a partir da descrición dunha emerxencia ambiental nun proceso de produción químico.

* Realizar propostas de organización e xestión ante unha emerxencia ambiental no contexto do plan de emerxencia da actividade, de acordo coa lexislación vixente.

* Colaborar na definición das necesidades de formación e adestramento dos equipos de intervención, de acordo cos riscos ambientais, para poder actuar

de xeito rápido e efectivo en caso de accidente ambiental.

* Realizar o traballo de xeito autónomo e responsable, organizalo de acordo coas prioridades e amosar iniciativa na procura de información necesaria para a realización dos traballos encomendados.

Contidos (duración: 130 horas)

Contidos procedementais

Impacto ambiental dos procesos industriais.

* Dedución das consecuencias ambientais dunha actividade produtiva.

* Análise dos riscos ambientais detectados a través de técnicas de análise causal dun efecto.

* Análise dos efectos ambientais detectados consonte os requisitos lexislativos que son de aplicación.

* Xustificación da necesidade de aplicar as técnicas de prevención, eliminación, redución, control e tratamento dos efectos ambientais detectados.

* Preparación dos equipamentos de verificación e ensaios ambientais para control e verificación, e aseguramento da validación dos resultados obtidos.

* Prevención dos efectos ambientais de toda actividade produtiva por parte do persoal.

* Realización do mantemento de aparellos de medida e control da contaminación para asegurar a validación dos resultados obtidos.

* Aplicación do procedemento adecuado aos parámetros analizados como retroinformación para a correcta xestión.

* Realización do procedemento estatístico e gráfico dos parámetros, segundo os requisitos lexislativos e as necesidades de xestión, para valorar o comportamento ambiental da actividade produtiva.

Técnicas de documentación e elaboración de informes.

* Selección das ferramentas informáticas máis adecuadas para o procesamento e a edición gráfica dos resultados, así como para o seu arquivo correspondente, co fin de mellorar a produtividade e a fiabilidade dos traballos, e de asegurar a correcta presentación dos resultados.

Avaliación do impacto ambiental.

* Observación dos efectos ambientais en condicións anormais de operación, aplicando para iso técnicas definidas de análise de riscos.

* Realización dos mapas de riscos ambientais despois de interpretar os planos de instalacións e de equipamentos.

* Identificación e rexistro de todos os riscos para a súa análise e avaliación.

* Explicación do resultado dunha auditoría ambiental.

* Realización do proxecto, o estudo e a avaliación de impacto ambiental dunha plantación forestal, da

construción dun encoro, da construción dunha autovía, etc., con métodos sistemáticos (matriz de Leopold) e non sistemáticos (de Batell).

Contidos conceptuais

Impacto ambiental dos procesos industriais.

* Evolución tecnolóxica e consecuencias ambientais.

* Problemática ambiental actual.

-Efecto invernadoiro.

-Diminución da capa de ozono.

-Desertización.

-Extinción de fauna e flora.

-Chuvia ácida.

-Complexidade na lexislación ambiental.

* Desenvolvemento sustentable.

* Concepto de mellor tecnoloxía dispoñible a un custo razoable.

* Economía e ambiente.

* Concepto de boas prácticas ambientais.

* Ferramentas de xestión.

-Análise de situacións.

-Diagrama causa-efecto.

-Avaliación de impacto ambiental.

Técnicas de documentación e elaboración de informes.

* Ferramentas técnicas: estatísticas e informáticas.

Lexislación ambiental autonómica, estatal e comunitaria de carácter xeral.

* Normas legais.

-Xerarquía normativa.

-Requisitos documentais; mantemento de rexistros e arquivos.

* Fontes lexisladoras en materia ambiental.

-Unión Europea.

-Estado español.

-Comunidade Autónoma galega.

-Administración local.

* Sector primario.

-Produción de enerxía: tecnoloxía e efectos ambientais.

-Actividades extractivas: tecnoloxía e efectos ambientais.

-Petroquímicas: tecnoloxía e efectos ambientais asociados. Estacións de refinación.

-Infraestruturas: tecnoloxía e efectos ambientais asociados. Construción de autovías, autoestradas, aeroportos e grandes portos.

-Actividades agrarias, gandeiras e pesqueiras: tecnoloxía e efectos ambientais asociados. Monocultivos extensivos, grandes instalacións gandeiras e actividade pesqueira.

* Sector secundario.

-Tratamento e transformación de metais: tecnoloxía e efectos ambientais asociados. Siderurxias, fundicións e forxa, tratamento superficial de metais e fabricación de bens de equipamento, de automóbiles e de electrodomésticos.

-Actividades químicas: tecnoloxía e efectos ambientais asociados. Produción farmacéutica, de insecticidas e pesticidas, de monómeros plásticos, e de pinturas e disolventes.

-Industria papeleira: tecnoloxía e efectos ambientais asociados.

-Industria electrónica: tecnoloxía e efectos ambientais asociados. Fabricación de semicondutores.

-Industria agroalimentaria: tecnoloxía e efectos ambientais asociados. Produción de conservas, lácteos e aceites, e matadoiros industriais.

* Sector terciario.

-Distribución: tecnoloxía e efectos ambientais derivados. Grandes superficies de venda.

-Transporte: tecnoloxía e efectos ambientais derivados. Transporte aéreo, marítimo e terrestre.

-Ensino: tecnoloxías e efectos ambientais derivados. Grandes centros educativos.

-Sanidade: tecnoloxía e efectos ambientais derivados. Grandes centros sanitarios.

-Turismo e hostalaría: tecnoloxía e efectos ambientais derivados. Turismo. Grandes complexos hostaleiros.

-Gasolineiras: tecnoloxías e efectos ambientais derivados. Estacións de servizo.

Avaliación do impacto ambiental.

* Concepto e características de emisión, vertedura, residuo, solo e ruído.

* Medidas correctoras para identificar, analizar, vixiar e controlar o efecto ambiental.

* Concepto de impacto ambiental.

* Concepto e definición de sistema de xestión.

* Sistemas de xestión de calidade normalizada UNE/ISO.

* Sistemas de xestión ambiental normalizada UNE. Requisitos dun sistema de xestión ambiental.

* Sistemas de xestión de seguridade e saúde laboral.

* Sistemas de xestión integrados.

* Calidade total e xestión ambiental.

* Custos da xestión ambiental.

* Risco ambiental: tipos. Accións de prevención de riscos. Mapa de riscos.

* Emerxencia ambiental: definición e graos.

* Inspección ambiental: tipos.

Auditorías ambientais.

* Auditorías ambientais normalizadas UNE.

* Acreditación, certificación e validación ambiental.

Estrutura organizativa e funcional da industria.

* Proxecto de organización e xestión dunha actividade.

Contidos actitudinais

* Concienciación da importancia da aplicación dunhas boas prácticas ambientais no desenvolvemento dos distintos procesos produtivos e na conservación do medio.

* Recoñecemento da responsabilidade do químico ambiental na consecución dunha produción máis respectuosa co medio.

* Respecto pola aplicación da normativa ambiental existente para conseguir unha boa xestión ambiental.

* Valoración da necesidade de colaboración entre diferentes departamentos para a implantación, o control e o seguimento de accións preventivas ou correctoras de efectos ambientais.

* Valoración do traballo en equipo, con estimación dos datos achegados por cada membro para realizar tratamentos estatísticos.

* Consideración das materias primas como recursos limitados, respectando e cumprindo as normas e os procedementos de actuación establecidos.

* Valoración económica dos bens producidos nos distintos sectores para evitar o seu uso desmesurado.

* Valoración da introdución da cuestión ambiental na xestión tradicional da empresa.

3.2.2. Módulo profesional 2: control de emisións á atmosfera.

Asociado á unidade de competencia 2: controlar as emisións á atmosfera.

Capacidades terminais elementais

* Expresar correctamente, nas unidades apropiadas, a composición dunha mestura gasosa.

* Identificar os contaminantes primarios máis frecuentes no aire, as fontes máis comúns e os límites permitidos pola lexislación ambiental.

* Identificar os tipos e os parámetros dos contaminantes na atmosfera xerados polo proceso produtivo e a súa posible interferencia no medio.

* Describir a formación dos contaminantes secundarios e os seus sistemas de detección e control.

* Relacionar a relación causa-efecto da chuvia ácida e outras consecuencias das emisións gasosas de contaminantes industriais, e identificar os tipos de industrias potencialmente máis contaminantes.

* Describir os métodos de recuperación das partículas emitidas por unha cheminea e relacionar os tipos de filtro que se deben utilizar coa precisión requirida, a temperatura e a natureza das partículas.

* Relacionar os valores de emisión dos contaminantes químicos coas condicións meteorolóxicas do contorno e cos valores de inmisión.

* Recoñecer a formación de contaminantes secundarios e os seus efectos ambientais.

* Identificar os mecanismos de control das emanacións de contaminantes industriais e non industriais, e relacionar o método aplicado coa natureza da emisión.

* Comprobar o funcionamento dos equipamentos de detección en función dos parámetros que se midan e as condicións de seguridade preestablecidas.

* Realizar as medidas de detección dos contaminantes máis comúns cos equipamentos, segundo sistemas normalizados de traballo.

* Identificar sobre un plano o lugar adecuado de localización dos equipamentos de detección para un suposto proceso de produción de industria química.

* Describir un plan de toma de mostras adecuado á natureza do proceso de produción de química industrial e aos equipamentos de detección.

* Describir un posible procedemento de obtención e tratamento da información sobre os parámetros do proceso con incidencia ambiental, mediante o sistema de control integrado dun proceso dado de produción de química industrial.

* Determinar as condicións da toma de mostras do aire e contaminantes sólidos, segundo os métodos instrumentais que se utilicen.

* Explicar os métodos físico-químicos utilizados para medir a presenza de contaminantes na atmosfera.

* Realizar a toma de mostras de acordo co proceso e cos equipamentos de detección establecidos nos métodos oficiais, e en función do tipo de contaminante (gasoso e/ou sólido).

* Analizar cualitativa e cuantitativamente unha mostra de aire que posúa contaminantes sólidos, segundo os métodos oficiais de análise.

* Comparar os datos obtidos na análise cos valores indicados na normativa ambiental, así como rexistrar e arquivar os datos segundo a norma.

* Tratar estatística e informaticamente os datos dos contaminantes atmosféricos, co fin de elaborar informes sobre a contaminación atmosférica, seguindo os protocolos adecuados.

* Elaborar un informe da análise en función do método e a técnica empregados, e valorar os resultados e as observacións detectadas.

* Inspeccionar o funcionamento dos sistemas de depuración e equipamentos de reserva, e mantelos seguindo normas do fabricante ou procedementos normalizados.

Contidos (duración: 110 horas)

Contidos procedementais

Estudo dos gases como contaminantes.

* Medida de cantidades e concentracións de gases en disolución e cálculo das súas variacións, se cambian as condicións de presión e temperatura.

* Utilización de aparellos meteorolóxicos: anemómetros, barómetros, termómetros, pluviómetros e higrómetros.

* Medida de parámetros meteorolóxicos e transformación a outras unidades de medida.

* Interpretación das condicións atmosféricas e determinación da súa influencia sobre a dispersión dun contaminante.

* Predición da evolución do fume segundo as condicións de estabilidade atmosférica.

Tratamento e control da contaminación do aire.

* Realización do mantemento de equipamentos de redución ou eliminación de contaminantes; rexeneración de adsorbentes.

* Análise do rendemento de sistemas de depuración.

Estimación dos niveis de contaminación producidos. Redes de vixilancia.

* Realización dun plan de toma de mostras tendo en conta o tipo de contaminantes e a localización dos puntos de mostraxe.

* Toma de mostras e preparación adecuada para as conservar e as transportar.

* Almacenaxe de mostras e reactivos no lugar e na moblaxe axeitados segundo o seu perigo, cumprindo as normas de seguridade que marca a lexislación.

* Medición da velocidade dun gas nunha cheminea cun tubo Pitot.

* Medición de caudais de gases.

* Medición das partículas en suspensión mediante un nefelómetro.

* Medición de fumes cun opacímetro.

* Calibraxe de analizadores automáticos.

* Medición de parámetros contaminantes utilizando aparellos de medición directa.

* Análise de contaminantes por métodos químicos oficiais, seguindo procedementos normalizados.

* Comprobación da contaminación atmosférica dunha zona empregando bioindicadores.

* Cálculo de índices de contaminación.

* Elaboración dun informe das análises efectuadas en que se describa o sistema de toma de mostras, a técnica analítica seguida e a valoración dos resultados segundo a normativa aplicable.

* Utilización dos datos dunha rede de vixilancia para comprobar a evolución da contaminación atmosférica.

* Utilización de radiómetros para medir contaminación por radiacións.

* Calibraxe do sonómetro e medición do ruído nunha instalación.

* Proposición de medidas correctoras para reducir o nivel de ruído.

Normas e lexislación aplicable á contaminación do aire.

* Realización dunha auditoría ambiental.

Datos do libro de rexistro de autocontrol: control, inspección e vixilancia do correcto funcionamento das instalacións.

Contidos conceptuais

Estudo dos gases como contaminantes.

* Características e actividades propias dun técnico en control de emisións á atmosfera.

* Variables no estudo dos gases. Disolucións gasosas; unidades para expresar os compoñentes dunha mestura gasosa.

* Composición e estrutura da atmosfera. Parámetros meteorolóxicos: temperatura, presión, etc.

* Variación da temperatura coa altitude: inversión térmica. O vento: rosa dos ventos e escala Beaufort. Turbulencias: influencia da topografía.

* Clasificación e características dos contaminantes atmosféricos.

-Segundo a súa orixe: naturais e artificiais.

-Segundo a súa natureza: físicos (ruído, vibracións, radiacións, etc.), químicos (óxidos de C, N, etc.) ou biolóxicos.

-Segundo a xeración: primarios e secundarios.

* Problemas da contaminación atmosférica: smog, chuvia ácida, diminución da capa de ozono e efecto invernadoiro.

* Emisión de contaminantes: tipos de focos. Fontes de contaminación do aire. Dispersión dos contaminantes no aire: comportamento do penacho segundo a estabilidade atmosférica. Deseño de chemineas.

Tratamento e control da contaminación do aire.

* Operacións básicas máis contaminantes da atmosfera.

-Centrais de enerxía e caldeiras.

-Refinarías de petróleo.

-Industrias siderúrxicas e metalúrxicas.

-Industrias cementeiras.

-Plantas con operacións inorgánicas básicas: fabricación de ácidos, fertilizantes ou cloro-sosa.

-Plantas asociadas a cheiros: papeleiras, rexeneración de graxas, etc.

-Plantas de incineración de lixo.

* Tratamento e control das emanacións industriais: procesos de absorción-desorción, procesos de adsorción e procesos de eliminación de partículas e po. Tratamento e control das emisións de automóbiles (catalizadores).

Estimación dos niveis de contaminación producidos. Redes de vixilancia.

* Medida da contaminación: niveis de emisión e inmisión.

* Toma de mostras de gases e de partículas: equipamentos, métodos, conservación e transporte das mostras.

* Equipamentos de medición da calidade do aire.

-Técnicas analíticas de control de emisións: métodos instrumentais directos e métodos químicos de análise aplicables.

-Analizadores automáticos por métodos físicos e por métodos químicos.

-Sensores automáticos para medidas de inmisión de gases e partículas en suspensión.

* Redes de vixilancia de niveis de inmisión: tipos e configuración. Rede de vixilancia manual. Rede de vixilancia automática: estación central e estación remota. Control da contaminación mediante bioindicadores tipo lique terrestre, planta de tabaco ou produtos hortícolas como leitugas, feixóns, etc.

* Ruído: propagación e tipos. Equipamentos e métodos de medición de ruído.

* Medidas correctoras para vibracións de máquinas.

* Medios de eliminación ou redución do ruído.

Normas e lexislación aplicable á contaminación do aire.

* Normas legais sobre protección, prevención, corrección e medida da contaminación do aire.

* Valores límite de emisión de certos contaminantes.

* Auditoría ambiental sobre contaminación atmosférica: fases, identificación de contaminantes, características do medio físico, modelizacións, estimación de niveis de contaminación e estimación de efectos.

* Libro rexistro de autocontrol.

Contidos actitudinais

* Actuación sistemática, traballando sempre con orde e limpeza, para evitar erros nos resultados.

* Interese polo uso de medidas de conservación, identificación e limpeza de instrumentos, materiais e reactivos, así como do posto de traballo, para evitar erros e riscos.

* Hábito de consulta dos catálogos, manuais, etc., para intentar resolver problemas ou dúbidas.

* Valoración dos requisitos lexislativos como ferramentas de mellora do comportamento ambiental dunha actividade produtiva.

* Respecto ás normas, actuando baixo procedementos e instrucións definidas, co fin de reducir os efectos prexudiciais sobre as persoas, os bens e o medio.

* Actitude de prevención cara aos riscos propios da actividade e os posibles sobre o medio.

* Interese na participación nos debates, escoitando os demais con atención e interese, para contrastar opinións e enriquecer o seu propio traballo e a súa formación.

3.2.3. Módulo profesional 3: control de residuos.

Asociado á unidade de competencia 3: controlar os residuos sólidos.

Capacidades terminais elementais

* Describir os principais residuos orixinados polos diferentes sectores produtivos e identificar as operacións máis importantes que os producen.

* Caracterizar os distintos tipos de residuos xerados na industria de acordo coas súas propiedades físico-químicas.

* Representar distintas actividades produtivas en forma de diagrama de fluxo para localizar os focos xeradores de residuos.

* Establecer o procedemento normalizado para a recolla, o tratamento, a etiquetaxe, a almacenaxe, o transporte e a eliminación de residuos, utilizando criterios de boas prácticas ambientais.

* Cuantificar os residuos que se xeran nunha etapa determinada do proceso produtivo, realizar balances de materia e explicar as causas das súas posibles variacións.

* Explicar os efectos nocivos que a vertedura e a difusión de residuos sólidos tóxicos e perigosos poden producir na saúde humana e no medio.

* Elixir o proceso de tratamento e/ou eliminación máis adecuado para cada residuo, de acordo coa súa natureza, o custo e a diminución do dano ambiental.

* Explicar os principais procesos de tratamento e/ou eliminación, describindo as súas fases, as operacións fundamentais e os equipamentos utilizados.

* Analizar procesos de reciclaxe, recuperación e reutilización de residuos, co fin de diminuír custos produtivos e reducir o impacto ambiental.

* Valorar a viabilidade do uso de tecnoloxías limpas en distintos procesos industriais e xustificar a súa aplicación ante calquera outra alternativa.

* Explicar, relacionar e valorar diferentes xeitos de obter enerxía dos residuos sólidos.

* Realizar a toma e o acondicionamento de mostras de residuos, lixiviados e solos, para a súa análise.

* Realizar ensaios físico-químicos e biolóxicos de identificación e medida de propiedades de residuos, lixiviados e solos, seguindo métodos e procedementos normalizados.

* Expresar os resultados obtidos de acordo co método ou o procedemento empregado, nas unidades correctas e utilizando os soportes adecuados.

* Aplicar as técnicas, os métodos e os procedementos con rigor, realizando o tratamento estatístico e gráfico adecuado aos datos, para garantir a fiabilidade dos resultados.

* Contrastar os resultados analíticos con patróns e rexistros de residuos sólidos (segundo a normativa vixente).

* Valorar a importancia do respecto ás normas e aos procedementos na xestión de residuos para protexer o medio e a saúde humana.

Contidos (duración: 130 horas)

Contidos procedementais

Residuos e a súa influencia ambiental.

* Aplicación de criterios para clasificar residuos como tóxicos e/ou perigosos segundo:

-As súas propiedades físico-químicas.

-As súas propiedades toxicolóxicas.

-Os seus efectos sobre a saúde humana.

-Os seus efectos sobre o medio.

* Clasificación dos diferentes tipos de residuos sólidos segundo a actividade en que se xeraron.

* Determinación das principais propiedades dos residuos sólidos, e indicación do resultado nas unidades adecuadas.

* Clasificación das distintas empresas segundo os residuos que xeran, marcando as operacións máis importantes onde se orixinan.

* Relación dos efectos negativos que ten para a saúde e para o medio a vertedura ou a difusión de residuos tóxicos e perigosos, coa súa interacción cos ciclos da natureza.

* Realización de diagramas de fluxo de actividades que xeran distintos tipos de residuos, aplicando o principio de conservación da materia para a súa identificación e cuantificación.

* Debuxo de procesos industriais sinxelos en forma de diagramas.

* Elaboración de cadros e fichas para controlar materias primas e auxiliares nunha actividade industrial.

* Aplicación de criterios para detectar se un solo está contaminado.

* Comprobación de se as operacións de limpeza dun solo foron satisfactorias e acadaron a súa recuperación.

* Realización de propostas sobre reciclaxe de residuos.

* Recoñecemento das posibilidades de reutilización de residuos para outra actividade produtiva.

* Análise do lixo doméstico, establecendo o seu contido en forma cualitativa e cuantitativa.

Tratamento e redución de residuos.

* Comparación da xestión de residuos en distintos países.

* Interpretación dos aspectos económicos esenciais na xestión de residuos.

* Realización dun proxecto global de xestión dun residuo pesqueiro.

* Deseño e organización dun plan de redución.

* Exposición dunha experiencia práctica de redución de residuos.

* Aplicación de técnicas de valoración de residuos.

* Aplicación de boas prácticas ambientais nas operacións de control.

* Aplicación de técnicas de recuperación e reutilización de residuos.

* Establecemento da secuencia técnica destinada a reducir residuos, baseada en criterios ecolóxicos, económicos e técnicos.

* Identificación dos materiais que se poden reciclar nunha determinada empresa.

* Elaboración de listaxes de exemplos de empresas que poden utilizar tecnoloxías limpas.

* Elaboración de informes para describir o desenvolvemento do plan de redución.

* Realización de enquisas entre o persoal implicado para estimar o grao de implantación do plan de redución.

* Distinción dos parámetros que cumpra determinar para caracterizar un residuo inertizado.

* Caracterización dos parámetros que cumpra medir para aceptar un residuo nun vertedoiro.

* Clasificación dos materiais máis correntes integrantes de RSU.

* Análise dos comportamentos que presentan os materiais nun vertedoiro.

* Selección das medidas para diminuír a produción de RSU.

* Descrición de criterios técnicos, económicos e lexislativos para decidir a localización dun vertedoiro.

* Interpretación dos diferentes tratamentos físico-químicos de residuos.

* Determinación do tratamento que se lle debe dar a un residuo cuxas características se coñecen.

Métodos de ensaio e análise de residuos industriais.

* Mostraxe de residuos, lixiviados e solos, segundo normativa.

* Realización de plans de mostraxe, utilizando tratamento estatístico.

* Rexistro e etiquetaxe de mostras segundo procedementos normalizados.

* Preparación da mostra para a aplicación da técnica analítica prevista.

* Selección dos equipamentos para toma de mostras de acordo coas súas características e o tipo de ensaio que se realice.

* Prevención da contaminación na toma de mostras no campo.

* Mantemento das mostras envasadas e conservadas, nos traballos de campo e laboratorio.

* Almacenaxe de mostras e reactivos no lugar e na moblaxe axeitados, cumprindo as normas de seguridade que marca a lexislación.

* Determinación da densidade do residuo, o lixiviado e o solo.

* Determinación da humidade coa estufa de secado.

* Determinación do PCI coa bomba calorimétrica.

* Determinación de gases e cinsas con forno de mufla.

* Determinacións de campo de gases, radioactividade, pH e condutividade, Odisolto e temperatura.

* Determinación de metais pesados con absorción atómica.

* Determinación de carbono orgánico total (TOC).

* Determinación de N polo método Kjeldal.

* Determinación de S co calorímetro de Parr.

* Determinación de K por fotometría de chama.

* Determinación de ións CN, S, NH por cromatografía iónica.

* Determinación de DBO nun lixiviado.

* Determinación de compoñentes orgánicos volátiles por cromatografía.

* Determinación de PCB por cromatografía.

* Etiquetaxe de substancias e residuos perigosos segundo normas legais.

* Aplicación de frases de prudencia.

* Aplicación de procedementos de información sobre precaucións obrigatorias para certos preparados perigosos.

Lexislación de residuos.

* Utilización do PNRI para ordenar os sectores produtivos segundo os residuos xerados.

* Utilización dos códigos CNAE.

* Manexo dos números CEE, EINECS e ELINCS.

* Manexo da lexislación europea, estatal, autonómica e local sobre residuos.

* Interpretación e aplicación de diferentes lexislacións sobre residuos.

* Manexo da lexislación de RTP.

* Recolla de información sobre xestores de RTP na comunidade.

* Utilización de protocolos de control da xestión de RTP.

* Etiquetaxe de substancias e residuos perigosos.

* Recompilación da lexislación aplicable a residuos especiais.

* Resolución de supostos prácticos sobre residuos especiais.

* Análise dos obxectivos sobre tratamento de residuos do Plan nacional de residuos perigosos.

* Análise do Plan nacional de recuperación de solos contaminados.

Contidos conceptuais

Residuos e a súa influencia ambiental.

* Concepto de residuo. Tipos de residuo en función da súa orixe: urbanos, sanitarios, industriais, agropecuarios e forestais, pesqueiros, mineiros e radioactivos.

* Características dos residuos.

-Físicas: densidade, humidade, poder calorífico, etc.

-Químicas: compostos volátiles, cinsas, carbono orgánico total, nitróxeno total, potasio, xofre, pH, metais pesados, etc.

* Residuos sólidos urbanos. Tipos: inertes, fermentables e combustibles.

* Residuos sanitarios. Tipos: asimilables aos urbanos, clínicos, tóxicos e perigosos, e radioactivos.

* Residuos industriais. Tipos: asimilables aos urbanos, específicos (inertes e fermentables), e tóxicos e perigosos (RTP).

* RTP: criterios para a súa caracterización.

-Características de residuo perigoso: inflamabilidade, corrosividade, reactividade, toxicidade EP (metais pesados, pesticidas, herbicidas, etc.).

-Características de residuo tóxico: toxicidade oral DL50, toxicidade dérmica DL50, inhalación CL50 e toxicidade dos lixiviados.

-Listaxe de RTP da normativa legal.

* Industrias produtoras de RTP: química, de papel e celulosas, de transformados metálicos, téxtil, de coiro, de alimentación, de petróleo e carbón, de compoñentes eléctricos e electrónicos, etc.

* Tipos de RTP: sanitarios, farmacéuticos, disolventes, sales de tempero cianurados, aceites, produtos que conteñan PCB ou PCT, etc.

* Constituíntes que dan aos residuos o seu carácter perigoso: metais pesados, cianuros orgánicos e inorgánicos, PCB, dioxinas, pesticidas, herbicidas, etc.

* Posibles causas das variacións das cantidades das verteduras e residuos sólidos producidos pola indus

tria: modificación das operacións, aumento da produción, etc.

* Elementos químicos no medio. Ciclos dos elementos químicos na natureza (O, C, N, S e P).

* Tipos de sólidos. Enlaces.

* Depósitos minerais. Recursos naturais.

* Compoñentes da materia viva.

* Polímeros. Plásticos.

* Contaminación por residuos: metais pesados (As, Hg, Cd, Pb, Sb, etc.), sales de Cr(VI), cianuros orgánicos e inorgánicos, PCB, compostos aromáticos volátiles, pesticidas organoclorados, amianto, etc.

* Procedementos para identificar as fontes de residuos: fluxos de materia e enerxía en procesos produtivos; entradas, transformación e saídas, e identificación de residuos nun balance de materia.

* Manexo de residuos. Respostas en casos de emerxencia ou efusións.

* Solos contaminados. Criterios para a súa caracterización. Limpeza e recuperación de solos contaminados. Industrias potencialmente contaminantes de solos.

* Residuos radioactivos. Normas xerais para a almacenaxe e a evacuación de residuos radioactivos. Itinerario de recolla de residuos radioactivos. Emerxencia radioactiva. Protección do persoal.

Tratamento e redución de residuos.

* Xestión de residuos: recolla, clasificación, recolla selectiva, transporte, estacións de transferencia, tratamento, almacenaxe e depósito.

* Valoración de residuos: reciclaxe (vidro, plástico, papel, etc.). Recuperación e reutilización de disolventes, metais, compoñentes metálicos, aceites usados, ácidos e bases, etc.

* Valoración enerxética.

* Técnicas de tratamento de:

-Residuos sólidos urbanos: vertedura controlada, compostaxe (fermentación lenta ou acelerada) e incineración (con ou sen recuperación de enerxía).

-Residuos gandeiros: irrigación, fermentación aerobia e fermentación anaerobia (produción de biogás).

-Residuos agrícolas e forestais: rachadura (combustión e gasificación), compactaxe ou peletización, pirólise, hidrólise e fermentación.

* Técnicas de tratamento de RTP:

-Físicas: sedimentación, filtraxe, centrifugación, floculación, destilación, intercambio iónico, electrodiálise, ósmose, adsorción por carbón ou resinas, extracción de disolventes, etc.

-Químicas: neutralización, precipitación, oxidación, redución, clorólise, etc.

-Biolóxicas: lodos activados, filtros percoladores e contactor biolóxico de rotación.

* Inertización e estabilización, depósitos de residuos inertizados e de seguridade.

* Incineración de residuos especiais.

* Técnicas innovadoras de tratamento de residuos: oxidación húmida, pirólise avanzada e plasma.

* Fundamentos e variables que inflúen na escolla dunha técnica.

* Vertedoiros: tipos, equipamentos especiais, condicións de localización, operacións, accesos e servizos. Rede de desviación de pluviais. Tratamento de lixiviados. Tubos de ventilación.

* Comportamento dos distintos materiais nos vertedoiros: avellentamento, desintegración, lixiviación, etc.

* Variables determinantes para a aceptación de residuos nun vertedoiro: test de lixiviación.

* Incineradoras: forno descontinuo, continuo (grellas fixas, fornos rotatorios, en suspensión, etc.) e refractario. Extracción de escouras e cinsas. Tratamento de gases. Recuperación de enerxía.

* Variables determinantes na escolla desta técnica: capacidade, PCI dos residuos, composición química, etc.

* Instalacións de produción de biogás: trituradores de biomasa. Pretratamento. Dixestores anaeróbicos descontinuos e continuos. Separadores de gases. Tratamento de efluentes líquidos.

* Plan de redución de residuos.

* Principio de responsabilidade e autosuficiencia.

Métodos de ensaio e análise de residuos industriais.

* Toma, acondicionamento e transporte de mostras de residuos (sólidos, pastosos e líquidos), lixiviados e solos.

* Aparellos utilizados na mostraxe de residuos, lixiviados e solos. Mostra representativa: número e cantidades.

* Número de puntos de mostraxe en vertedoiros. Control de lixiviados.

* Sistemas de perforación de solos. Características e campos de aplicación.

* Prevención da contaminación das mostras no campo.

* Técnicas de análise máis comúns.

-Determinación de parámetros físicos: volume, masa, densidade, poro, grao de compactación, humidade, PCI, temperatura, etc.

-Determinación de parámetros químicos: pH, gases, cinsas, C, N, K, S, DBO, DQO, metais pesados, inflamabilidade, corrosividade, estabilidade biolóxica, etc.

-Determinacións microbiolóxicas: coliformes, coliformes totais, Escherichia coli, Streptococos fecais, Salmonella, etc.

* Informe dunha análise: estrutura, tipo de destinatario, xustificación da escolla dos aparellos e métodos utilizados, indicadores económicos e tempo empregado en cada método.

Lexislación de residuos.

* Lexislación europea, estatal e autonómica sobre a xestión de residuos.

Contidos actitudinais

* Interese polas calidades exixibles e desexables nun químico ambiental.

* Interese pola aplicación de boas prácticas ambientais ás operacións de control.

* Hábito de manexo de material bibliográfico para resolver problemas e dúbidas.

* Interese pola aplicación de normas de calidade nos ensaios realizados.

* Valoración da importancia da educación escolar, familiar e social para redución de residuos.

* Interese pola participación nos traballos de grupo para a realización das tarefas e proxectos.

* Hábito de planificación axeitada dos ensaios, aplicando normas de boas prácticas de laboratorio en todas as operacións.

* Valoración da importancia da mostraxe na fiabilidade dos resultados analíticos.

* Valoración da precisión dos procedementos de control e métodos analíticos.

* Mostra de interese pola situación da xestión dos residuos na súa zona.

3.2.4. Módulo profesional 4: depuración de augas.

Asociado á unidade de competencia 4: controlar o tratamento de augas residuais.

Capacidades terminais elementais

* Clasificar os tipos de augas (urbanas, industriais e agrícolas) e definir as súas características físicas, químicas e biolóxicas.

* Describir os efectos nocivos dos contaminantes das augas residuais no medio e indicar os límites permitidos pola lexislación.

* Valorar a importancia do control da calidade no seu consumo humano, e á entrada e á saída do proceso produtivo.

* Describir os distintos tipos de contaminantes da auga (físicos, químicos e biolóxicos) e indicar os axentes responsables máis frecuentes, os procesos produtivos que os orixinan e os límites permitidos na lexislación.

* Explicar os procesos de depuración de augas residuais.

* Explicar o funcionamento dunha estación depuradora.

* Interpretar os efectos que produce cada unidade do proceso de depuración sobre os diferentes contaminantes da auga residual.

* Explicar a realización do mantemento de uso dos equipamentos de depuración, tanto dos de servizo como dos de reserva, e interpretar as instrucións de fabricantes ou outros procedementos.

* Supervisar que os controis que se efectúan sobre o proceso de depuración se realicen seguindo instrucións.

* Interpretar a documentación técnica dos equipamentos e dos aparellos da estación depuradora.

* Relacionar os equipamentos de captación (válvulas) e impulsión (bombas) co control das variables do proceso de depuración.

* Interpretar as causas das anomalías producidas nos diversos equipamentos e sistemas da estación depuradora.

* Elaborar procedementos normalizados de traballo referentes ao control do proceso de depuración.

* Relacionar os principais parámetros (físicos, químicos e microbiolóxicos) das augas residuais coa técnica e os instrumentos utilizados para a súa medición.

* Describir a técnica adecuada de toma de mostras e relacionala coas características do tratamento da auga residual.

* Describir o funcionamento e calibrar os principais instrumentos de medida utilizados para medir os parámetros de presión, temperatura, nivel e caudal das augas residuais.

* Especificar os parámetros de control necesarios en cada operación do proceso de depuración.

* Relacionar a influencia de cada variable do proceso co efecto que produce na calidade da vertedura.

* Describir o funcionamento e calibrar os principais instrumentos de medida do proceso ou dos procesos de depuración.

* Xustificar a necesidade de transmitir a información necesaria, en tempo e forma, a calquera persoa que deba coñecela.

* Explicar a realización de mantemento do uso dos equipamentos necesarios para as operacións de tratamento.

* Rexistrar os resultados obtidos de depuración de vertedura nos soportes adecuados, analizalos e realizar o informe correspondente.

* Explicar as técnicas analíticas máis comúns utilizables para o control da calidade da auga, e relacionar o tipo de técnica coas características da auga.

* Explicar as técnicas de recolla e preparación das mostras de augas, e relacionalas cos procedementos de análise.

* Describir as características morfolóxicas dos microorganismos presentes nunha mostra de auga residual.

* Explicar os métodos de determinación de microorganismos máis comúns na análise de augas, para comprender e utilizar os tests microbiolóxicos.

* Describir os fenómenos biolóxicos producidos polos microorganismos nos procesos de depuración de augas residuais.

* Realizar análises de augas utilizando técnicas de campo ou de detección directa, coas cales se identifiquen os distintos tipos de contaminantes da auga.

Describir e relacionar os métodos e os procedementos de análise co tipo de auga residual.

* Comparar os resultados da análise cos índices aplicables na normativa.

* Aplicar o tratamento estatístico e gráfico adecuado aos datos da análise, e expresar o resultado nas unidades adecuadas e coa precisión requirida.

* Elaborar un informe sobre a calidade da auga residual, identificando e estruturando a información que se debe incluír para o cumprimento da normativa vixente.

* Demostrar interese polos avances tecnolóxicos en materia de análise de augas residuais.

* Valorar o trato coidadoso do material e realizar o seu traballo de xeito autónomo e responsable, deixando limpo e ordenado tanto o posto de traballo como os materiais.

Contidos (duración: 240 horas)

Contidos procedementais

Estudo da auga e as súas solucións. Contaminación da auga.

* Recoñecemento da calidade dunha auga segundo o uso a que vai destinada.

* Descrición das características das disolucións acuosas, solucións e electrólitos.

* Identificación dunha auga residual.

* Identificación dos axentes contaminantes máis importantes.

Tratamento de augas residuais.

* Identificación das diferentes técnicas de tratamento dunha auga residual urbana e industrial: primario, secundario e terciario.

* Descrición do funcionamento dunha planta depuradora.

* Establecemento de fases, tempos e produtos necesarios para un bo mantemento dunha estación depuradora de augas residuais, en función da calidade da auga que se trate.

* Realización das diferentes técnicas de mostraxe dunha auga residual: manual e automática. Cantidade, representatividade e manexo da mostra.

* Almacenaxe de mostras e reactivos no lugar e na moblaxe axeitados segundo o seu perigo, cumprindo as normas de seguridade que marca a lexislación.

Técnicas de análise de augas.

* Determinación de sólidos en suspensión, temperatura, cor, cheiro, condutividade e radioactividade, usando métodos e técnicas oficiais.

* Determinación de DBO, DQO e COT dunha auga residual, usando métodos e técnicas oficiais.

* Medición da carga global de organofosforados e carbamatos con electrodo de colinesterasa.

* Avaliación da carga de DBO mediante biosensores.

* Determinación de compostos particulares: proteínas, hidratos de carbono, graxas animais, aceites e graxas minerais, axentes tensioactivos, fenois e pesticidas.

* Determinación dos parámetros inorgánicos: alcalinidade, pH, cloruros, nitróxeno (total orgánico, amoniacal, nitritos e nitratos), fósforo (total, orgánico e inorgánico), xofre e metais pesados (mercurio, metilmercurio, arsénico, antimonio, cromo, etc.).

* Medida dos gases presentes: oxíxeno disolto, sulfhídrico, metano, amoníaco e anhídrido carbónico.

* Determinación dos microorganismos: protistas, virus, animais e plantas.

* Identificación de organismos coliformes.

* Determinación do grao de toxicidade dunha auga mediante a realización de tests homologados, tipo Daphnia magna ou outros.

Lexislación sobre augas residuais.

* Elaboración de informes sobre os resultados de análise de augas potables ou residuais realizadas con augas dunha estación depuradora de augas potables ou de augas residuais.

Contidos conceptuais

Estudo da auga e as súas solucións. Contaminación da auga.

* Natureza e propiedades da auga.

* Criterios de clasificación das augas: segundo os seus usos e segundo as súas aplicacións.

* Características das disolucións acuosas; electrólitos.

* Equilibrios ácido-base.

* Importancia ambiental da auga.

* Contaminación mariña e de ríos.

* Tipos de augas residuais: urbanas e industriais.

* Axentes contaminantes máis importantes.

* Desinfección e esterilización.

* Parámetros definitorios dunha auga residual: caudal e características físicas, químicas e biolóxicas.

* Métodos de mostraxe para determinar a calidade dunha auga residual.

* Técnicas de conservación e transporte de mostras.

* Equipamentos portátiles para análise de augas residuais.

Tratamento de augas residuais.

* Operacións básicas de pretratamento dunha auga residual: desbaste, peneiradura, desareamento e desengraxamento.

* Diferentes técnicas de tratamento dunha auga residual urbana e industrial:

-Primario: caudal de deseño, decantación, flotación e filtración, etc.

-Secundario: lodos activados e leitos bacterianos, etc.

-Terciario: eliminación biolóxica do nitróxeno, eliminación do fósforo, adsorción, cambio iónico e procesos de separación de membranas, etc.

* Funcionamento dunha estación depuradora. Dispositivos de seguridade.

* Métodos de tratamento dunha auga residual, segundo o tipo de industria que a xere.

Técnicas de análise de augas.

* Técnicas de mostraxe específicas nos diferentes tipos de augas residuais.

* Técnicas utilizadas para o control de calidade dunha auga residual (medida de pH, turbidez, condutividade, radioactividade, etc.) e técnicas electroanalíticas (incluíndo biosensores), espectrofotométricas e cromatográficas.

* Tratamento estatístico e manipulación informática de datos.

* Microorganismos depuradores.

* Bacterias anaerobias: formadoras de ácidos, metanoxénicas, sulforredutoras e sulfobacterias purpúreas.

* Bacterias nitrificantes e desnitrificantes.

* Bacterias patóxenas.

* Organismos fotosintéticos presentes nas algas.

* Tipos de microorganismos presentes nunha auga residual: metabolismo e crecemento.

* Eutrofización. Augas superficiais oligotróficas e eutróficas.

* Tratamento aerobio e anaerobio que se lle pode realizar a unha auga residual.

* Técnica utilizada na fabricación de compost.

* Técnicas de bioensaios para caracterizar toxicidades da auga homologadas pola UE, do tipo Daphnia magna, Thamnocephalus platyurus, Brachionus calyciflorus, Selenastrum capricornutum, Artemia salina e Photobacterium phosphoreum.

* Técnicas para detección e cuantificación de residuos de pesticidas mediante bioensaios tipo ELISA.

Lexislación sobre augas residuais.

* Límites permitidos na lexislación para cada un dos parámetros establecidos no control da depuración dunha auga residual.

* Lei de augas.

Contidos actitudinais

* Valoración da importancia do control de calidade da auga no seu consumo humano, e á entrada e á saída do proceso produtivo.

* Recoñecemento dos prexuízos producidos polo impacto ambiental nas actividades humanas e a importancia da química como axuda para corrixir, evitar e previr riscos ambientais.

* Valoración do coidado do material.

* Hábito de realización do traballo de xeito autónomo e responsable, deixando limpos e ordenados os materiais, os instrumentos e o posto de traballo.

* Hábito de aplicación de normas de seguridade e hixiene cando se traballa nas diferentes etapas do proceso de depuración de augas.

* Respecto polas instrucións de uso e as normas de seguridade e hixiene no manexo de aparellos, produtos e mostras nas análises de augas.

* Hábito de rigor, método, orde e limpeza na manipulación de utensilios e produtos na análise de augas, co fin de previr riscos e conseguir bos resultados.

* Colaboración en tarefas colectivas, organizando o propio traballo, analizando os resultados obtidos e presentando os informes en tempo e forma.

* Interese pola intervención nos debates suscitados.

3.2.5. Módulo profesional 5: seguridade química e hixiene industrial.

Asociado á unidade de competencia 5: cumprir as normas de seguridade no traballo químico e controlar a hixiene química ambiental.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as medidas de seguridade relativas á prevención do risco derivado dos produtos químicos.

* Interpretar a normativa de seguridade aplicable na etiquetaxe, no envase, no transporte, na almacenaxe e no uso de produtos químicos.

* Analizar as accións e as condicións perigosas que se detecten nas actividades de manipulación e almacenaxe dos produtos químicos.

* Almacenar os produtos químicos evitando incompatibilidades, para reducir riscos e asegurar a súa conservación e o seu control.

* Analizar as medidas de seguridade relativas aos procedementos e aos métodos de traballo da industria.

* Propor accións correctoras para eliminar os riscos derivados das accións e condicións perigosas detectadas en inspeccións de seguridade.

* Realizar unha análise global das instalacións antes de permitir traballos de mantemento, para previr riscos debidos á actividade industrial e aos produtos químicos utilizados.

* Identificar as zonas de maior risco potencial nunha estación industrial e propor as sinalizacións adecuadas para advertir, prohibir ou informar das accións ou das condicións perigosas.

* Explicar os plans de emerxencia máis comúns aplicables na industria, e as medidas de protección e prevención contra escapes de substancias perigosas, incendios e explosións.

* Describir técnicas de primeiros auxilios adecuadas ao tipo de accidente.

* Recoñecer os distintos tipos de contaminantes que se poden producir nunha industria.

* Realizar a avaliación do risco hixiénico debido ao ambiente químico e biolóxico, aplicando as técnicas de mostraxe e dispositivos de detección e medida precisos, e propor medidas puntuais de prevención e, de ser o caso, de protección.

* Realizar a avaliación do risco hixiénico debido ao ambiente físico e ao derivado do microclima de traballo, con aplicación de técnicas de mostraxe e dispositivos de detección e medida precisos, e propor medidas puntuais de prevención e, de ser o caso, de protección.

Contidos (duración: 110 horas)

Contidos procedementais

Seguridade e prevención.

* Realización dun mapa de riscos dunha estación industrial simulada ou real.

* Realización dunha inspección de seguridade e elaboración dun informe.

* Formalización dun parte de accidentes.

* Determinación de índices estatísticos e interpretación de estatísticas de accidentes.

* Realización dun informe que describa os equipamentos de protección individual que cumprirían nas distintas zonas dunha instalación industrial.

* Selección e utilización de equipamentos de protección individual.

* Elaboración dun informe que describa as sinalizacións de seguridade que se deberían pór nunha instalación industrial.

* Interpretación da información que aparece nos envases dos produtos químicos.

* Almacenaxe de produtos químicos seguindo criterios de seguridade e prevención.

* Descrición dos distintos tipos de extintores utilizables nun laboratorio, con indicación do que sexa máis axeitado para cada tipo de lume.

* Substitución dunha botella de gas nunha instalación de gases e comprobación de fugas.

* Elaboración de esquemas sobre a instalación eléctrica do laboratorio.

* Descrición dos riscos máis habituais en traballos de mantemento.

* Elaboración dun plan de emerxencia.

* Elaboración dun plan de actuación ante un accidente: electrocución, queimadura, parada cardiorrespiratoria, etc.

Hixiene industrial.

* Toma de mostras e aplicación de medidas directas e indirectas da contaminación.

* Realización de medidas do ruído emitido por máquinas.

* Realización de informes sobre os riscos hixiénicos dun posto de traballo e as medidas preventivas que se poden desenvolver.

* Realización de informes en que se analicen as actividades dunha instalación industrial, con indicación dos contaminantes de orixe química ou biolóxica que se poden producir e as medidas preventivas que se poden adoptar.

Lexislación sobre saúde laboral e hixiene industrial.

* Consulta e interpretación da lexislación en casos propostos.

Contidos conceptuais

Seguridade e prevención.

* Técnicas de seguridade: planificación de medidas preventivas. Análise de riscos. Estudo, implantación e control de medidas de seguridade. Equipamento de protección persoal. Sinalización de seguridade.

* Prevención do risco do traballo químico. Clasificación de produtos químicos respecto á seguridade: o seu envase e a súa etiquetaxe. Precaucións na almacenaxe. Avaliación do risco químico.

* Prevención e protección do risco de incendio e explosión: tetraedro do lume, combustibles e comburentes, sistemas de detección e extinción.

* Prevención con equipamentos que traballan a presión ou en baleiro: botellas de gases, instalacións de gases e válvulas de seguridade.

* Prevención ante os riscos eléctricos: simboloxía de elementos eléctricos e sistemas de protección.

* Prevención no mantemento de instalacións: aparellos para movemento de cargas, estadas, plataformas, escaleiras, equipamentos de corte e soldadura, máquinas e ferramentas.

* Plans de emerxencia.

-Clases de emerxencias.

-Equipamentos de emerxencia: de alarma e evacuación, de primeiros auxilios e de intervención.

-Avaliación das áreas de risco.

-Organigrama da emerxencia.

-Equipamentos e técnicas de extinción de incendios.

-Actuacións fronte a explosións, electrocucións e intoxicacións.

-Protección civil.

-Primeiros auxilios. Caixa de urxencias.

Hixiene industrial.

* Metodoloxía de actuación da hixiene industrial. Clasificación dos contaminantes. Mapa de riscos hixiénicos. Protección individual e colectiva.

* Contaminantes químicos do ambiente de traballo. Posibles orixes. Dispositivos de detección e medida. Técnicas analíticas. Valores límite de exposición. Sistemas de protección e control dos contaminantes.

* Contaminantes físicos: ruídos, vibracións, radiacións e campos electrostáticos e magnéticos. Riscos hixiénicos. Dispositivos de detección e medida. Valores límite de exposición.

* Contaminantes do microclima de traballo: temperatura, ventilación, humidade, presión e iluminación. Medición e valoración.

* Contaminantes biolóxicos. Metodoloxía de mostraxes. Técnicas de análise. Valores límite de exposición. Normas e actuacións preventivas.

Lexislación sobre saúde laboral e hixiene industrial.

* Regulamentación autonómica, estatal e comunitaria sobre seguridade e hixiene.

* Ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

* Lei de prevención de riscos laborais.

* Valores límite permitidos para as substancias químicas e os axentes físicos no ambiente de traballo, e índices biolóxicos de exposición.

Contidos actitudinais

* Hábito de organización do traballo para a súa realización con orde e método.

* Hábito de uso de medidas de conservación, identificación e limpeza de instrumentos, materiais, reactivos e posto de traballo, para evitar erros e riscos.

* Hábito de consulta de catálogos e manuais para intentar resolver problemas ou dúbidas.

* Valoración dos requisitos lexislativos como ferramentas de mellora do comportamento ambiental dunha actividade produtiva.

* Respecto e transmisión do respecto ás normas, actuando baixo procedementos e instrucións definidas, co fin de reducir os efectos prexudiciais sobre as persoas, os bens e o medio.

* Hábito de realización do traballo cunha actitude de prevención cara aos riscos propios desa actividade e os posibles riscos sobre o medio.

* Valoración da utilización dos sistemas de protección persoais e colectivos para previr os riscos hixiénicos.

* Hábito de análise dos resultados e perseveranza na procura de solucións.

* Interese pola participación nos debates, escoitando os demais con atención e interese, para contrastar opinións e enriquecer o traballo propio e a formación.

3.3. Módulos profesionais transversais.

3.3.1. Módulo profesional 6: relacións no contorno de traballo.

Capacidades terminais elementais

* Describir as distintas vías e os sentidos da comunicación no ámbito laboral que permitan recibir e emitir instrucións e información, así como intercambiar ideas, asignar tarefas e coordinar proxectos.

* Utilizar eficazmente os sistemas de información no medio laboral.

* Analizar os conflitos que se orixinen no contorno de traballo e darlles resposta mediante a negociación e a participación de todos os membros do grupo.

* Aplicar o método adecuado para preparar unha negociación identificando as estratexias idóneas para a resolución de conflitos na empresa.

* Identificar os aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións respectando e tendo en conta as opinións dos demais.

* Dirixir un equipo de traballo adoptando o estilo máis apropiado en cada situación.

* Analizar comparativamente as funcións de dirección ou mando e as de liderado tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce e a responsabilidade que entrañan as tarefas e os compromisos asumidos.

* Conducir, moderar e participar en reunións, colaborando e conseguindo a colaboración dos participantes.

* Describir as teorías e os principios que sustentan a dinámica de grupos, así como as vantaxes do traballo en grupo fronte ao traballo individual.

* Impulsar o proceso de motivación no contorno laboral, facilitando a mellora no ambiente de traballo e o compromiso das persoas cos obxectivos da empresa.

* Dinamizar os factores que favorecen a motivación no traballo e, en especial, as actuacións xerais de empresa sobre recursos humanos.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Comunicación na empresa.

* Produción de documentos.

* Descrición dos diferentes xeitos e tipos de envío de información e documentación.

* Identificación das alteracións producidas na comunicación dunha mensaxe en que exista disparidade entre o emitido e o percibido.

* Análise dos procedementos de control de entrada e saída de documentación e información.

Conflitos.

* Identificación da existencia dun conflito.

* Análise das causas do conflito.

* Selección da alternativa adecuada para a resolución do conflito.

* Escolla de supostos conflitivos de actualidade co obxecto de elaborar un método para a recolla de información do conflito, avaliación dos intereses postos en xogo e procedemento interno para a súa solución.

Negociación.

* Identificación dos principais aspectos da negociación.

* Aplicación das técnicas concretas de negociación.

* Peche da negociación.

Toma de decisións.

* Identificación dos aspectos que caracterizan o proceso de toma de decisións.

* Análise dos factores que inflúen nunha decisión.

* Determinación da alternativa máis adecuada aplicando o método de procura.

Liderado.

* Análise comparativa das funcións de dirección e as de liderado, tendo en conta o tipo de autoridade que se exerce.

* Investigación mediante entrevistas ou observacións sobre que estilo de mando predomina nas empresas do sector.

* Delimitación do papel e das competencias do mando intermedio.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Análise da incidencia da dinámica de grupos no mundo laboral.

* Selección da técnica de traballo en grupo máis adecuada en función das variables de grupo.

* Determinación das habilidades sociais máis elementais para conducir unha reunión de traballo.

* Identificación das distintas tipoloxías de participantes.

* Descrición de problemas que se poden desencadear no desenvolvemento dunha reunión e proposta de solución.

* Simulación do desenvolvemento dunha reunión de traballo en que se deba tomar unha decisión sobre un problema laboral.

Motivación no contorno laboral.

* Análise do proceso de motivación tomando exemplos da realidade.

* Identificación dos elementos do proceso da motivación, con diferenciación do significado de cada un deles.

* Contraste das teorías da motivación e establecemento de relacións entre elas.

* Análise da actitude humana ante o traballo.

* Selección de incentivos segundo as actitudes constatadas.

* Aplicación e efectos dos incentivos.

Contidos conceptuais

Comunicación na empresa.

* Tipos de comunicación.

* Etapas dun proceso de comunicación.

* Canles e redes de comunicación.

* Dificultades e barreiras na comunicación.

* Recursos para manipular os datos da percepción.

* Comunicación na empresa.

* Control da información.

Conflitos.

* Clases.

* Causas.

* Xeitos de exteriorización.

* Solución de conflitos.

Negociación.

* Condicións.

* Estilos de negociación.

* Fases nunha negociación.

Toma de decisións.

* Factores que inflúen na toma de decisións.

* Fases do proceso decisorio.

* Tipos de decisións.

Liderado.

* Características.

* Teorías do liderado.

* Estilos de dirección.

* Supervisión do traballo.

* Delegación eficaz.

* Políticas de empresa.

Condución e dirección de equipos de traballo.

* Características dos grupos.

* Funcionamento dos grupos.

* Técnicas de dinámica e dirección de grupos.

* Tipos de reunións.

* Preparación de reunións.

* Desenvolvemento.

* Problemas que presentan as reunións.

Motivación no contorno laboral.

* Concepto.

* Principais teorías de motivación.

* Factores de motivación.

* Sistemas de motivación no contorno laboral: programas de formación e políticas salariais.

Contidos actitudinais

Comunicación na empresa.

* Coidado na elaboración e na transmisión de mensaxes para facilitar a súa comprensión.

* Reacción creativa ante as barreiras comunicativas.

* Aceptación da necesidade de integrar os propios comunicados nun sistema de información empresarial planificado.

* Hábito de manexo de grandes bloques de información sintetizando o seu contido en función dos obxectivos e dos destinatarios.

Conflitos.

* Cordialidade á hora de establecer relacións cos demais.

* Respecto ante opinións, condutas ou ideas non coincidentes coas propias, demostrando unha actitude tolerante con elas.

* Comportamento hábil para manipular situacións de confrontación entre individuos.

* Comportamento responsable e coherente para resolver un conflito.

Negociación.

* Sensibilización para captar os matices dunha negociación, valorando as súas implicacións.

* Imparcialidade á hora de escoitar cada unha das partes.

* Apreciación do poder de influencia.

* Destreza para elixir a alternativa de resolución máis axeitada.

Toma de decisións.

* Toma de conciencia da importancia que implica o proceso de toma de decisións para a vida persoal, social e laboral.

* Valoración crítica das técnicas que se utilizan na resolución de problemas.

* Predisposición responsable para aceptar a toma de decisión que o grupo considerase como a máis adecuada.

* Responsabilidade na acción de integrar as decisións adoptadas no ámbito laboral.

Liderado.

* Valoración da entrega e a responsabilidade que implican as funcións de dirección.

* Coidado no xeito de organizar e dirixir as tarefas dos subordinados.

* Aplicación dos mecanismos necesarios para realizar unha delegación eficaz.

* Interese e curiosidade por descubrir as posibilidades e os tipos de liderado nun mesmo e nos membros dos grupos a que se pertence.

Condución ou dirección de equipos de traballo.

* Fomento de iniciativas dirixidas ao traballo en grupo.

* Toma de conciencia da necesidade da participación e da colaboración para o logro dos obxectivos da empresa.

* Valoración do papel e das competencias do mando intermedio nunha organización.

* Respecto polas persoas e a súa liberdade individual dentro dun grupo social.

Motivación no contorno laboral.

* Valoración da influencia da motivación no desenvolvemento profesional.

* Responsabilidade ante os prexuízos existentes acerca das actividades humanas no mundo laboral.

* Fomento dos sistemas de motivación de carácter responsable, creativo e que potencien o desenvolvemento persoal.

3.3.2. Módulo profesional de proxecto integrado.

Duración: 80 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

1.Avaliar a contaminación que poida producir un determinado proceso industrial ou núcleo de poboación, e xestionar os medios e as medidas correctoras.* Relacionar os parámetros que se deben medir para determinar a posible contaminación producida nun proceso produtivo ou agrupamento de poboación.
* Programa secuenciadamente a toma de datos.-Localizar as zonas para estudar (climatoloxía, orografía, etc.).
-Observar a flora e a fauna en cada zona de mostraxe.
-Determinar os puntos e a frecuencia de mostraxe.
-Determinar os parámetros in situ.
-Transportar a mostra para a súa análise no laboratorio.
-Preparar a mostra para a análise.
* Elaborar un informe cos resultados obtidos.
* Enumerar as medidas de seguridade para tomar durante todo o proceso.
* Identificar e aplicar a normativa ambiental que afecta ao proceso produtivo ou agrupamento de poboación.
* Identificar, segundo as normas oficiais establecidas, os medios e as medidas correctoras que cumpra aplicar, unha vez avaliado o impacto ambiental producido.
* Elaborar os plans de xestión de residuos industriais e urbanos producidos.

2.Planificar accións de control das diferentes actividades industriais, agrícolas, gandeiras e urbanas, para a prevención e a conservación do medio natural* Identificar os elementos correctores de contaminación existentes nunha determinada industria ou nun núcleo de poboación.

* Controlar os equipamentos de depuración segundo normas establecidas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Comprobar o correcto funcionamento dos sistemas de detección e control de contaminantes, así como o tratamento dos residuos xerados.
* Medir os niveis de contaminación nos lugares de produción.
* Rexistrar e avaliar os valores dos distintos parámetros obtidos.
* Elaborar un informe en que se reflictan os datos obtidos e a avaliación da capacidade correctora deses controis, para a súa adecuación á normativa ambiental vixente.

3.Analizar as normas de seguridade e hixiene no traballo químico, e establecer o plan de emerxencia axeitado.* Organizar a seguridade no traballo químico.-Identificar o tipo de proceso.-Escoller os equipamentos de protección.
-Avaliar os riscos do proceso.
-Propor as medidas de control de riscos.
-Empregar a normativa oficial sobre seguridade.
* Elaborar medidas preventivas para evitar riscos hixiénicos causados por axentes físicos, químicos e biolóxicos do proceso produtivo.
-Establecer barreiras protectoras.
-Cumprir a normativa oficial sobre hixiene.
* Controlar as medidas de seguridade e hixiene nun proceso químico industrial segundo procedementos oficiais establecidos.
* Avaliar o plan de emerxencia establecido para unha determinada actividade industrial.
* Controlar a eficacia en tempo e forma do plan, ante unha situación de emerxencia.

3.4. Módulo profesional de formación en centros de traballo.

Duración: 440 horas.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

1.Analizar as causas da potencial contaminación que poden orixinar os procesos químicos reais e os seus efectos sobre o medio.* Identificar as fases e as operacións do proceso químico produtivo potencialmente contaminantes.

* Identificar os contaminantes que se xeran no proceso produtivo dunha empresa, e facer a súa clasificación de acordo coas súas características.

* Describir o tipo de contaminación que produce o axente identificado e seleccionar o seu tratamento.
* Identificar as zonas e os lugares con máis risco de contaminación ou emisión de substancias nocivas.
* Identificar as operacións e os equipamentos previstos no proceso para eliminar ou reducir a produción de contaminantes.
* Elaborar plans de prevención ambiental e de tratamento de residuos, seguindo normas e procedementos establecidos.
* Avaliar os riscos de contaminación ambiental en caso de fuga ou descontrol dos sistemas de detección.

2.Supervisar e regular os dispositivos de detección e control da instalación e dos procesos químicos para evitar a emisión ou produción perigosa de substancias contaminantes.* Analizar e aplicar a normativa ambiental que afecte a industria química concreta, para normalizar e secuenciar as operacións de control que se realicen.
* Identificar o sistema de detección e control de substancias contaminantes nun determinado proceso químico.
* Interpretar na instalación industrial os sistemas e os dispositivos de detección e control de fugas e irregularidades do proceso, e sobre emisión de contaminantes.
* Aplicar as operacións de regulación do proceso para eliminar a produción de contaminantes.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

* Axustar e comprobar os sistemas de detección.
* Manter os equipamentos de control en funcionamento e dentro das marxes previstas.
* Manter os equipamentos de reserva na posición previa á súa posta en servizo.
* Rexistrar as anomalías detectadas, informar os seus superiores e propor, de ser o caso, as medidas correctoras.
* Calibrar os equipamentos de instalación que analicen parámetros físicos e químicos segundo as instrucións recibidas.
* Comunicar erros detectados en axustes e calibraxes.

3.Realizar as tomas de mostra e as análises de substancias potencialmente contaminantes utilizando os produtos, os medios de control industriais e os procedementos establecidos.* Realizar tomas de mostras segundo normas e procedementos establecidos.

* Envasar, conservar e etiquetar a mostra segundo a análise que se realice e consonte a normativa prescrita.

* Calibrar e preparar os equipamentos e os aparellos de medida.
* Realizar as análises correspondentes aos parámetros que se queiran medir, seguindo as normas e os procedementos establecidos e medindo coa frecuencia programada.
* Axustar e pór a punto os elementos de medida e controlar as datas de caducidade das substancias utilizadas para a análise.
* Avaliar os resultados obtidos na análise, tomando como referencia a normativa vixente e os valores límite permitidos.
* Rexistrar os resultados das análises nos soportes previstos, expresados nas unidades adecuadas.
* Realizar o tratamento estatístico dos datos e a súa manipulación informática.

4.Elaborar informes relativos aos efectos contaminantes dos procesos químicos e ao impacto ambiental.* Manexar e interpretar a documentación relativa ás normas que regulan os índices de contaminación permitidos.
* Propor medidas para mellorar os índices de contaminación.
* Definir medidas correctoras cando se detectan emisións fóra de norma.
* Colaborar na definición de novos procesos ou operacións de depuración de substancias e tratamento de residuos.
* Participar na realización de auditorías ambientais externas, internas ou mixtas.

5.Actuar de xeito responsable e integrarse no sistema de relacións técnico-sociais do centro de traballo.* Interpretar e executar con dilixencia as instrucións que reciba, responsabilizarse do traballo que desenvolve e comunicarse eficazmente coas persoas adecuadas en cada momento.
* Observar os procedementos e as normas internas de relacións laborais establecidas no centro de traballo e amosar en todo momento unha actitude de respecto á estrutura de mando da empresa.
* Analizar as repercusións da súa actividade no sistema de produción e no logro dos obxectivos da empresa.
* Axustarse ao prescrito polas normas e polos procedementos técnicos establecidos (información de proceso, normas de calidade, normas de seguridade, etc.), participando nas melloras de calidade e produtividade.
* Demostrar un bo facer profesional ao cumprir os obxectivos e as tarefas asignadas en orde de prioridade e con criterios de produtividade e eficacia no traballo.
* Incorporarse puntualmente ao posto de traballo, realizar a xornada establecida, efectuar os descansos instituídos e non abandonar o centro de traballo antes do establecido sen motivos debidamente xustificados.

Capacidades terminais

elementais

Actividades formativas

de referencia

6.Actuar nas actividades relacionadas co posto de traballo consonte as normas de seguridade e hixiene establecidas no centro de traballo.* Ter unha actitude cauta e previsora, respectando fielmente e en todo momento as normas de seguridade persoais e colectivas, no desenvolvemento das distintas actividades, tanto as recollidas na normativa específica como nas particulares establecidas pola empresa.
* Manter a zona de traballo libre de riscos e con orde e limpeza.
* Identificar os riscos asociados ao desenvolvemento dos procesos, aos materiais, aos equipamentos e ás instalacións, así como a información dos sinais de perigo que existan no lugar da súa actividade.
* Identificar os medios de protección e o comportamento preventivo que se deban adoptar para distintos traballos en caso de emerxencia.
* Empregar os útiles de protección persoal dispoñibles e establecidos para as distintas operacións.

3.5. Módulo profesional de formación e orientación laboral.

Capacidades terminais elementais

* Analizar as situacións de risco máis habituais no ámbito laboral que poidan afectar a saúde.

* Aplicar, no ámbito laboral, as medidas de protección e prevención que correspondan ás situacións de risco existentes.

* Analizar as actuacións para seguir en caso de accidentes de traballo.

* Aplicar as medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente en situacións simuladas.

* Analizar as formas e os procedementos de inserción na realidade laboral como traballador por conta propia ou por conta allea.

* Analizar as propias capacidades e os intereses, así como os itinerarios profesionais máis idóneos.

* Identificar o proceso para unha boa orientación e integración do traballador na empresa.

* Identificar as ofertas de traballo no sector produtivo referido aos seus intereses.

* Analizar os dereitos e as obrigas que se derivan das relacións laborais.

* Describir o sistema de protección social.

* Interpretar os datos da estrutura socioeconómica de Galicia, identificando as diferentes variables implicadas e as consecuencias das súas posibles variacións.

* Analizar a organización e a situación económica dunha empresa do sector, e interpretar os parámetros económicos que a determinan.

* Analizar o tecido empresarial de Galicia e comparalo co doutras comunidades autónomas.

* Analizar a evolución socioeconómica do sector produtivo en Galicia.

Contidos (duración: 55 horas)

Contidos procedementais

Saúde laboral.

* Localización da normativa aplicable en materia de seguridade para a empresa e para os traballadores.

* Aplicación das medidas sanitarias básicas inmediatas no lugar do accidente, nunha situación simulada.

* Identificación dos factores de riscos nun contexto concreto.

* Determinación dos xeitos de actuación ante os riscos atopados.

* Identificación de anomalías nas máquinas e nas ferramentas do taller.

* Determinación dos equipamentos de protección individual.

Lexislación e relacións laborais.

* Identificación das distintas modalidades de contratación.

* Identificación dos dereitos e as obrigas dos empresarios e dos traballadores.

* Interpretación dun convenio colectivo, relacionándoo coas normas do Estatuto dos traballadores.

* Elaboración dunha folla de salario.

* Aplicación da normativa da Seguridade Social en cada caso concreto.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Elaboración do currículum vitae e actividades complementarias.

* Identificación e definición de actividades profesionais.

* Localización de institucións formativas, investigación e temporalización dos seus plans de estudos.

Principios de economía.

* Lectura e interpretación de diferentes artigos de prensa e de textos técnicos sobre diferentes temas económicos.

* Manexo e interpretación de táboas económicas.

* Análise das causas e as variables que poden influír no investimento, no consumo e no aforro nas economías domésticas e nas empresas.

Economía e organización da empresa.

* Análise das empresas da localidade onde estea situado o instituto para estudar as características xerais, comerciais, financeiras, etc.

* Confección de organigramas de diferentes empresas e estudo das necesidades específicas de cada unha.

O sector produtivo en Galicia.

* Análise dunha empresa do sector.

* Comparación e clasificación das distintas empresas do sector.

* Lectura e análise dun convenio colectivo do sector.

Contidos conceptuais

Saúde laboral.

* Condicións de traballo e seguridade.

* Factores de risco: físicos, químicos, biolóxicos e organizativos.

* Danos profesionais.

* Medidas de prevención e protección.

* Marco legal de prevención laboral.

* Notificación e investigación de accidentes.

* Estatística para a seguridade.

* Primeiros auxilios.

Lexislación e relacións laborais.

* Dereito laboral autonómico, estatal e comunitario.

* Contrato de traballo.

* Modalidades de contratación.

* Modificación, suspensión e extinción da relación laboral.

* Órganos de representación dos traballadores.

* Convenios colectivos.

* Conflitos colectivos.

* Seguridade Social e outras prestacións.

Orientación e inserción sociolaboral.

* Mercado de traballo.

* Autoorientación profesional.

* Proceso de procura de emprego. Fontes de información e emprego.

* Traballo asalariado, na Administración e por conta propia. Empresa social.

* Análise e avaliación do propio potencial profesional e dos intereses persoais.

* Itinerarios formativos e profesionalizadores.

Principios de economía.

* Variables macroeconómicas e indicadores socioeconómicos.

* Relacións socioeconómicas internacionais.

Economía e organización da empresa.

* Empresa: tipos de modelos organizativos, áreas funcionais e organigramas.

* Funcionamento económico da empresa.

-Patrimonio da empresa.

-Obtención de recursos: financiamento propio e alleo.

-Interpretación de estados de contas anuais.

-Custos fixos e variables.

O sector produtivo en Galicia.

* Tipoloxía e funcionamento das empresas.

* Evolución socioeconómica do sector.

* Situación e tendencia do mercado de traballo.

Contidos actitudinais

* Respecto pola saúde persoal e colectiva.

* Interese polas condicións de saúde no traballo.

* Valoración do medio como patrimonio común.

* Interese por coñecer e respectar as disposicións legais por que se rexen os contratos laborais.

* Valoración e cumprimento da normativa laboral.

* Igualdade ante as diferenzas socioculturais e trato non discriminatorio en todos os aspectos inherentes á relación laboral.

* Toma de conciencia dos valores persoais.

* Actitude emprendedora e creativa para se adaptar ás propias necesidades e aspiracións.

* Preocupación polo mantemento da ética profesional.

* Valoración da importancia da utilización dos bens de uso común e público, e dos bens libres de uso cotián, como por exemplo, a auga.

* Valoración crítica dunha economía de mercado.

* Valoración do traballo en equipo.

* Toma de consciencia de que as cooperativas se están constituíndo coa finalidade fundamental de crear emprego.

4. Ordenación académica e impartición.

4.1. Criterios de prioridade na admisión de alumnado para acceder a este ciclo formativo.

Na admisión do alumnado para este ciclo formativo en centros sostidos con fondos públicos, cando non existan prazas suficientes, aplicaranse sucesivamente os seguintes criterios de prioridade:

* Ter cursada algunha das seguintes modalidades de bacharelato:

* Ciencias da natureza e da saúde.

* Tecnoloxía.

* O expediente académico do alumno, no cal se valorará sucesivamente a nota media e ter cursada a seguinte materia de bacharelato:

* Química.

4.2. Profesorado.

4.2.1. Especialidades do profesorado con atribución docente nos módulos profesionais do ciclo formativo de química ambiental.

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

1Organización e xestión da protección ambientalAnálise e química industrial (1)Profesorado de ensino secundario

2Control de emisión á atmosferaAnálise e química industrial (1)Profesorado de ensino secundario

Módulo profesionalEspecialidade

do profesorado

Corpo

3Control de residuosLaboratorioProfesorado técnico de FP

4Depuración de augasAnálise e química industrial (1)Profesorado de ensino secundario

5Seguridade química e hixiene industrialLaboratorio

Operacións de procesos

Profesorado técnico de FP

6Relacións no contorno de traballoFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

7Formación e orientación laboralFormación e orientación laboralProfesorado de ensino secundario

(1) O profesorado de ensino secundario das especialidades de física e de química -con licenciatura en química-, e de bioloxía e xeoloxía -con licenciatura en bioloxía ou en ciencias do mar- ten competencia docente para impartir este módulo sen prexuízo da prioridade e da obriga que para impartir este módulo ten o profesorado da especialidade citada na táboa.

4.2.2. Materias de bacharelato que poden ser impartidas polo profesorado das especialidades relacionadas neste decreto.

MateriasEspecialidade

do profesorado

Corpo

QuímicaAnálise e química industrialProfesorado de ensino secundario

EconomíaFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

Economía e organización de empresasFormación e orientación laboral (1)Profesorado de ensino secundario

(1) Licenciatura en administración e dirección de empresas; licenciatura en ciencias empresariais; licenciatura en ciencias actuariais e financeiras; licenciatura en economía; licenciatura en investigación e técnicas de mercado; diplomatura en ciencias empresariais; diplomatura en xestión e administración pública.

4.2.3. Titulacións declaradas equivalentes para efectos de docencia.

* As titulacións declaradas equivalentes, para efectos de docencia, para o ingreso nas especialidades do corpo de profesorado de ensino secundario deste título son as que figuran na táboa. Tamén son equivalentes para efectos de docencia as titulacións homólogas ás especificadas segundo o Real decreto 1954/1994, do 30 de setembro.

Especialidade do profesoradoTitulación declarada equivalente

para efectos de docencia

Análise e química industrial-Enxeñaría técnica industrial (especialidade en química industrial)-Enxeñaría técnica forestal (especialidade en industrias forestais)

Formación e orientación laboral-Diplomatura en ciencias empresariais-Diplomatura en relacións laborais-Diplomatura en traballo social-Diplomatura en educación social-Diplomatura en xestión e administración pública

4.3. Requisitos mínimos de espazos e instalacións para impartir estas ensinanzas.

De conformidade co establecido no Real decreto 777/1998, do 30 de abril, o ciclo formativo de formación profesional de grao superior de química ambiental require, para a impartición das ensinanzas relacionadas neste decreto, os seguintes espazos mínimos:

Espazo formativoSuperficie

(30 alumnos)

Superficie

(20 alumnos)

Grao de

utilización

Aula polivalente60 m40 m35%

Laboratorio de análises90 m60 m25%

Laboratorio de microbioloxía60 m60 m15%

Taller de química industrial180 m150 m25%

* A superficie indicada na segunda columna da táboa corresponde ao número de postos escolares establecido no artigo 27.1º do Real decreto 1537/2003, do 5 de decembro. Poderanse autorizar unidades para menos de trinta postos escolares, polo que será posible reducir os espazos formativos proporcionalmente ao número de alumnos, tomando como referencia para a determinación das superficies necesarias as cifras indicadas nas columnas segunda e terceira da táboa.

* O grao de utilización expresa en tanto por cento a ocupación en horas do espazo prevista para a impartición das ensinanzas por un grupo de alumnos, respecto da duración total destas ensinanzas.

* Na marxe permitida polo grao de utilización, os espazos formativos establecidos poden ser ocupados por outros grupos de alumnos que cursen o mesmo ou outros ciclos formativos, ou outras etapas educativas.

* En todo caso, as actividades de aprendizaxe asociadas aos espazos formativos (coa ocupación expresada polo grao de utilización) poderán realizarse en superficies utilizadas tamén para outras actividades formativas afíns.

* Non se debe interpretar que os diversos espazos formativos identificados deban diferenciarse necesariamente mediante pechamentos.

4.4. Validacións, correspondencias e acceso a estudos universitarios.

4.4.1. Módulos profesionais que poden ser obxecto de validación coa formación profesional ocupacional.

* Control de emisións á atmosfera.

* Control de residuos.

4.4.2. Módulos profesionais que poden ser obxecto de correspondencia coa práctica laboral.

* Control de emisións á atmosfera.

* Control de residuos.

* Formación en centros de traballo.

* Formación e orientación laboral.

4.4.3. Acceso a estudos universitarios.

* Diplomatura en enfermaría.

* Diplomatura en fisioterapia.

* Diplomatura en logopedia.

* Diplomatura en podoloxía.

* Diplomatura en terapia ocupacional.

* Enxeñaría técnica aeronáutica (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica agrícola (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica forestal (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica industrial (todas as especialidades).

* Enxeñaría técnica de minas (todas as especialidades).

4.5. Distribución horaria.

* Os módulos profesionais deste ciclo formativo organízanse do seguinte xeito:

Horas totaisDenominación dos módulos

1º, 2º e 3º trimestre

130Organización e xestión da protección ambiental

110Control de emisións á atmosfera

130Control de residuos

240Depuración de augas

110Seguridade química e hixiene industrial

55Relacións no contorno de traballo

55Formación e orientación laboral

80Proxecto integrado

4º trimestre

440Formación en centros de traballo

* As horas de libre disposición do centro neste ciclo formativo son 50, que se utilizarán nos tres primeiros trimestres.